Rauman Lukko Naiset, ou simplemente Lukko Naiset, foi un equipo feminino de hóckey sobre xeo da cidade de Rauma. A finais de abril de 2023 a empresa que xestionaba o equipo, Lukko ry, decidiu disolvelo.

Lukko Naiset
Fundación2011
Cidade Rauma,
Satakunta
Finlandia Finlandia
EstadioWestinghouse Areena
LigaNaisten Liiga
AdestradorFinlandia Vesa Kaukola
CoresAzul e amarelo
           
Na rede
https://www.juniorilukko.fi/jaakiekko/joukkueet/6650
Facebook: lukkonaiset Twitter: LukkoNaiset Instagram: lukkonaiset Editar o valor en Wikidata

Dende 2021 disputou os seus partidos como local no Westinghouse Areena da localidade de Eurajoki.[1]

Historia

editar

Na tempada 1997-98 o Lukko oficializou o seu equipo representativo feminino ao inscribilo para as eliminatorias de I-divisioona.[2] O equipo reapareceu en 2011, cando se inscribiu para competir no terceiro nivel do hóckey sobre xeo feminino en Finlandia, a Naisten Suomi-sarja, a partir da tempada 2011-12.[3]

 
Sami Piilikangas (con gorro) devolveu o equipo á máxima categoría na tempada 2021-22.

O equipo comezou a tempada 2021-22 da Naisten Mestis, na que se proclamou campión do seu grupo, xogándose a clasificación para o grupo inferior da Naisten Liiga na segunda metade da tempada, fronte a APV e Kiekko-Espoo Akatemia.[4] Na final, o equipo conseguiu a clasificación para disputar a máxima categoría a pesar da derrota no primeiro partido disputado en Alavus fronte a APV, xa que conseguiu derrotar ás xogadoras de Espoo na casa por tres goles a cero.[5] Deste xeito Lukko regresaba á máxima categoría por segundo ano consecutivo. A falta de dous partidos para a finalización da tempada 2021-22 da Naisten Liiga Lukko conseguiu o seu ascenso á máxima categoría para a tempada seguinte, ao ser a diferenza de puntos insalvable para os dous últimos clasificados da fase de permanencia, Sport e APV.[6]

O 28 de abril de 2023 Lukko ry, a empresa que xestionaba o equipo feminino entre outros, decidiu suprimir o equipo da Naisten Liiga sinalando unha presunta falta de xogadoras.[7] Nunha entrevista no portal Jatkoaika, a capitá do equipo, Maija Koski, sinalaba a ausencia de comunicación co equipo por parte de Lukko ry, que en nigún momento se reuniu coas xogadoras para analizar a situación para chegar a un acordo e manter o equipo na competición. Pouco despois da toma da decisión o equipo feminino foi eliminado das listas de equipos de Lukko.[8]

Pouco máis dun ano despois de suprimir o equipo feminino, en maio de 2024, anunciouse que o Lukko regresaría á competición en categoría feminina para a tempada 2024-25. O 11 de maio a Federación Finlandesa de Hóckey sobre Xeo aceptou a proposta do Lukko e o Panelian Raikas, pola cal o equipo de Rauma adquiría a praza do de Panelia na segunda categoría, a Naisten Mestis. A pesar de que os equipos non podían decidir por si mesmos a transferencia de prazas nunha competición, a decisión positiva da federación debeuse ao compromiso do Lukko por desenvolver o hóckey sobre xeo feminino na rexión.[9]

Palmarés

editar

Trofeos individuais

editar
  1. "Eurajoen Westinghouse Areena on Lukko Naisten uusi koti" (en finés). juniorilukko.fi. 28 de abril de 2021. Consultado o 14 de xaneiro de 2022. 
  2. "Lukko" (en finés). Leijonat.fi. 6 de febreiro de 2023. Consultado o 9 de xuño de 2023. 
  3. "Rauman Lukko mukaan naiskiekkoon kovin tavoittein" (en finés). leijonat.fi. 19 de agosto de 2011. Consultado o 5 de febreiro de 2022. 
  4. "Nämä kolme Naisten Mestiksen joukkuetta pelaavat ensi viikonloppuna paikoista Naisten Liigan alemmassa jatkosarjassa" (en finés). leijonat.fi. 13 de decembro de 2021. Consultado o 14 de xaneiro de 2022. 
  5. "Saara Rintamaa nollasi espoolaiset" (en finés). juniorilukko.fi. 18 de decembro de 2021. Consultado o 14 de xaneiro de 2022. 
  6. Ruotsalainen, Annu (3 de abril de 2022). "Vaasan Sportin taival Naisten Liigassa päättyi karsintasarjaan – Lukko ja RoKi varmistivat paikkansa ensi kaudelle". Jatkoaika.com (en finés). Consultado o 4 de abril de 2022. 
  7. Seppä, Lassi (28 de abril de 2023). "Lukko luopuu Naisten Liigan paikastaan". Jatkoaika.com (en finés). Consultado o 4 de maio de 2023. 
  8. Seppä, Lassi (29 de abril de 2023). "Kapteeni Maija Kosken Lukko-sydän murtui joukkueen lopetusuutisesta − "Aikuisten, maksavien pelaajien mielipidettä ei kysytty"". Jatkoaika.com (en finés). Consultado o 4 de maio de 2023. 
  9. Seppä, Lassi (18 de maio de 2024). "Lukko palaa naisten kiekkokartalle − saa PaRalta sarjapaikan Naisten Mestiksestä". Jatkoaika.com (en finés). Consultado o 10 de xuño de 2024. 
  10. "Awards - Naisten Liiga (W) Best Goaltender (Tuula Puputti Award)" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 4 de abril de 2022. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar