Helsingin jäähalli

Coordenadas: 60°11′21″N 24°55′20″L / 60.189167, 24.922222

Helsingin jäähalli en lingua finesa ou Helsingfors islahh en sueco (en galego Pazo de Xeo de Helsinqui) é un pavillón deportivo da cidade de Helsinqui, Finlandia. Foi construído en 1966 e ten capacidade para 8.200 espectadores.

Helsingin jäähalli
Vista do exterior.
Datos
LocalizaciónHelsinqui, Finlandia Finlandia
Outros nomesNordis
DDR-halli
Nordenskiöldinkadun hornankattila
Construción
Inauguración1 de outubro de 1966
ArquitectoJaakko Kontio, Kauko Räike
Estadio
Capacidade8.200 espectadores
LocalíaHIFK (1966-)
Jokerit (1967-1997)
Eventos
Campionato do Mundo de hóckey sobre xeo masculino de 1991 (sede principal)
Campionato do Mundo de hóckey sobre xeo masculino de 1997
Campionato do Mundo de hóckey sobre xeo masculino de 2003
O equipo local do HIFK fronte ao Tappara nun partido da SM-liiga no Helsingin jäähalli.

O pavillón é a casa dun dos dous principais equipos de hóckey sobre xeo da capital finlandesa, o HIFK, que actualmente compite na máxima categoría desta modalidade en Finlandia, a SM-liiga. Ás veces é chamado Petoluola, que significa "A cova da besta", facendo alusión ao logo do HIFK: unha pantera vermella.

O Helsingin jäähalli adoitaba ser o principal recinto para acoller tódolos eventos importantes de deportes de xeo, así como concertos, mais trala construción do Turkuhalli en Turku e o Hartwall Areena (o pavillón máis grande do país) en Helsinqui, moitos eventos pasaron a realizarse nos novos recintos, polo que estes eventos diminuiron notáblemente, mais sen chegar a desaparecer.

Eventos editar