Disturbed
Disturbed é un grupo musical de nu metal, formado en 1996 en Chicago, Illinois. Vendeu máis de 10 millóns de copias no mundo enteiro.
Disturbed | |
---|---|
Orixe | Chicago, Illinois, |
Período | 1996 - actualidade |
Xénero(s) | nu metal, metal alternativo |
Selo(s) discográfico(s) | Giants Records Warner Bros. Records Reprise Records |
Membros | David Draiman Dan Donegan John Moyer Mike Wengren |
Na rede | |
www.disturbed1.com | |
Historia
editarO grupo formouse cando David Draiman respondeu a un anuncio de procura dun cantante feito polos membros de grupo. Draiman, quen en pouco tempo transformaríase no líder do grupo, crecera nunha familia extremadamente relixiosa contra a que se rebelou na súa adolescencia, amosando no contido das letras das cancións a negación da benevolencia dun ser superior.
A banda gravou dous EPs nos seus primeiros anos, enviados a distintas discografías. Tiveron un éxito notable có seu single "Stupify" no ano 2000 e seguidamente có álbum The Sickness, produción que finalmente os lanzou ao éxito. Un ano máis tarde participaron no Ozzfest tour 2001, iniciando logo o "Music as a Weapon" Tour, por Estados Unidos e Europa.
En outubro do 2002, o seu segundo álbum Believe chegou ao número 1 das listas de éxitos estadounidenses, o que levou á banda a participar novamente no Ozzfest tour do 2003.
Fixeron unha xira con 10 Years e Ill Niño presentando o seu terceiro álbum Ten Thousand Fists, lanzado mundialmente o 20 de setembro de 2005. O álbum debutou no número 1 nos Estados Unidos. Ademais de Ten Thousand Fists o grupo lanzou os sinxelos Hell e Monster. Electronic Arts utilizou a canción "Decadence" deste álbum para o seu videoxogo Need for Speed: Most Wanted.
Entre o 2005 e o 2006 o grupo aprazou dúas veces unha xira europea debido a problemas de voz de David Draiman. (Jägermeister tour en novembro do 2005 e "Music as a Weapon III" a comezos do 2006).
O seu single "Stricken" foi o tema central do evento de loita libre "WWE New Years Revolution" 2006. En 2008 saíu á venda o seu último álbum Indestructible, producido por eles mesmos.
Membros
editar- David Draiman - voz
- Dan Donegan - guitarra, voces
- John Moyer - baixo, voces
- Mike Wengren - batería
Antigos Membros
editar- Steve "Fuzz" Kmak - Baixo
- Marty O'Brian - Baixo
Discografía
editarÁlbums
editarÁlbum | Ano | Selo |
---|---|---|
The Sickness | 2000 | Giant Records |
Believe | 2002 | Reprise Records |
Ten Thousand Fists | 2005 | Reprise Records |
Indestructible | 2008 | Reprise Records |
Asylum | 2010 | Reprise Records |
Immortalized | 2015 | Reprise, Warner Bros. |
Evolution | 2018 | Reprise, Warner Bros. |
Divisive | 2022 | Reprise |
Singles
editar- Stupify - 2001 / Giant Records
- Voices - 2001 / Giant Records
- Down With The Sickness - 2001 / Giant Records
- Prayer - 2002 / Reprise Records
- Remember - 2002 / Reprise Records
- Stricken - 2002 / Reprise Records
- Land of Confusion - 2005
- Inside the Fire - 2008
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Páxina Oficial (en inglés)
- Club de Fans Oficial (en inglés)
- Foro Oficial (en inglés)