Linguas románicas occidentais

As linguas románicas occidentais son unha das dúas divisións propostas das linguas románicas baseadas na liña Massa-Senigallia. Inclúen as linguas galorrománicas e as linguas iberorrománicas, así como as do norte de Italia. A subdivisión baséase principalmente no uso do "s" para a formación dos plurais, o debilitamento dalgunhas consoantes e a pronunciación de “c suave” como /t͡s/ (a miúdo /s/) máis que /t͡ʃ/ como no italiano e o romanés, mais iso fai que a categorización sexa moi problemática xa que hai unha similitude léxica moito maior entre tódolos dialectos do italiano e o francés que entre o francés e o castelán. Tamén hai unha similitude morfolóxica, ortográfica e fonética moito maior entre os dialectos castelán e italiano que entre o italiano e o francés.

Linguas románicas occidentais
Falado en: Francia, Iberia, norte de Italia e Suíza
Total de falantes:
Familia: Indoeuropea
 Itálica
  Románica
   Italo-occidental
    Linguas románicas occidentais
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
Mapa
Status

En base á intelixibilidade mutua, Dalby contabiliza unha ducia de linguas: portugués, castelán, asturleonés, aragonés, catalán, galego, gascón, provenzal, galo-valón, francés, francoprovenzal, romanche e ladino.[1] Porén, este criterio de clasificación é problemático debido aos altos niveis de intelixibilidade mutua entre as linguas italorrománicas e as ibéricas que non se observa coas linguas galorrománicas.[2]

Notas editar

  1. David Dalby, 1999/2000, The Linguasphere register of the world’s languages and speech communities. Observatoire Linguistique, Linguasphere Press. Volume 2. Oxford.[1] Arquivado 07 de febreiro de 2020 en Wayback Machine.
  2. Alina Maria Ciobanu; Liviu P. Dinu (2014). "On the Romance Languages Mutual Intelligibility" (PDF). Bucarest, Romanía. Consultado o 23 de febreiro de 2019. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar