Abrir o menú principal

Manuel Daniel Varela Buxán

escritor e director teatral galego

Manuel Daniel Varela Buxán, nado en Lamas (A Estrada) o 2 de marzo de 1909 e finado en Cercio (Lalín) o 25 de setembro de 1986, foi un escritor e director teatral galego.

Manuel Daniel Varela Buxán
Nacemento2 de marzo de 1909
LugarA Estrada
Falecemento25 de setembro de 1986
LugarLalín
NacionalidadeEspaña
Profesiónescritor
editar datos en Wikidata ]
Busto de Varela Buxán en Cercio.

TraxectoriaEditar

Naceu en Lamas (A Estrada) o 2 de marzo de 1909. En 1919 trasladouse a Cádiz co seu padriño, que tiña un fritidor de peixe, permanecendo na cidade gaditana durante dez meses. Con vinte e un anos, viuse na obriga de emigrar para Arxentina. En Buenos Aires fundou a compañía Aires da Terra. En 1938, estreou nesa cidade a súa primeira obra de éxito: Se o Sei... Non Volvo á Casa. Editou con Xosé Tobío Mayo e Manuel García Gerpe a folla “Crisol Gallego” que saía publicada no xornal Sábado.[1]

Na Arxentina casou coa actriz Maruxa Villanueva, coa que fundou a Compañía Gallega de Comedias Marujita Villanueva. En 1942 Alfonso Daniel Rodríguez Castelao asistiu á representación da obra de Varela Buxán Pola Nosa Culpa. Marabillado do éxito de público co que contaba a dramática de Varela Buxán, confioulle á compañía Marujita Villanueva a estrea da súa obra Os vellos non deben de namorarse. Precisamente, a representación desta obra alternaba cada dez días con outra de Varela Buxán: Taberna sen Dono.

En 1950 retornou a Galiza, onde exerceu como asistente técnico sanitario[2] e continuou desenvolvendo o seu labor teatral. As súas obras non gozaron de edición escrita ata a década de 1970.

Faleceu en Cercio (Lalín) o 25 de setembro de 1986, á idade de 77 anos.

ObraEditar

O teatro de Varela Buxán é un teatro que se adecúa sen problemas ao gusto do emigrante galego da época. Tratábase dunha dramática costumista, ruralista e folclórica; de evocación do país e con abondosas pasaxes cómicas, de maneira que a súa creación teatral garda relación coa de Xavier Prado "Lameiro". Así mesmo, tamén se recolle no seu a reivindicación dos problemas de Galiza.

ObrasEditar

 
Monumento a Varela Buxán na Rúa da cultura da Estrada.
  • Taberna sen dono (editada en 1975).
  • O ferreiro de Santán (editada en 1975).
  • Se o sei non volvo á casa (editada en 1977).
  • A xustiza do muiñeiro (editada en 1977).
  • O cego de Fornelos (editada en 1981).
  • Triste chegada (editada en 1981).
  • Os casados de pouco (editada en 1981).
  • ¿Pista ou peste? (editada en 1981).
  • De mulleres non me fales (editada en 1981).
  • ¡Meu pai! (editada en 1981).
  • Salaios dun vello labrego (editada en 1981).

NotasEditar

  1. "Galaxia publicará a novela inédita de Xosé Tobío Maio". Arquivado dende o orixinal o 20 de maio de 2018. Consultado o 20 de maio de 2018. 
  2. Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada. 

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar