Manuel García Gerpe
Manuel García Gerpe, nado en Ordes o 29 de abril de 1908 e finado en Buenos Aires o 4 de xullo de 1949, foi un avogado e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 29 de abril de 1908 Ordes, España |
Morte | 4 de xullo de 1949 (41 anos) Buenos Aires, Arxentina |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | avogado , político |
Lingua | Lingua castelá |
Traxectoria
editarParticipou activamente na política universitaria. Licenciado en Dereito e militante de Izquierda Republicana, foi o líder ideolóxico da Segunda República en Ordes, especialmente durante o goberno municipal da Fronte Popular (entre febreiro e xullo do 1936). O golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 sorpréndeo en Madrid. Dita conferencias no Ateneo de Madrid e en Unión Radio Madrid. Membro das Milicias Populares que defenderon Madrid das tropas franquistas, foi oficial do exército leal á República. Tamén participou no Tribunal de Xustiza militar da 44.º División (que operaba nas frontes do Ebro) e no Corpo Xurídico Militar do Exército Republicano. Coa derrota das forzas republicanas fuxiu a Francia onde estivo internado en varios campos de concentración. Fuxiu dun deles e chegou a París. Exiliouse na República Dominicana e foi reclamado pola Unión del Partido Judicial de Órdenes de Buenos Aires que o levou á Arxentina.
En Buenos Aires seguiu loitando contra a ditadura franquista. En 1945 integrou a comisión organizadora da Agrupación Izquierda Republicana na Arxentina con Luciano Vidán Freiría e Severino Iglesias Siso, da que foi secretario. Escribiu varios libros e exerceu o xornalismo político no exilio, onde fundou El Republicano Gallego e editou con Xosé Tobío Mayo e Manuel Varela Buján a folla “Crisol Gallego” que saía publicada no xornal Sábado.[1] Partidario dunha liña de apoio decidido á guerrilla galega e á oposición antifranquista organizada en Francia, liderou o Centro Republicano Federal Gallego que esgazou da Federación de Sociedades Gallegas logo dun período de conflitividade interna entre 1948 e 1949.[2]
Obras
editar- Política social, 1934.
- Alambradas: Mis nueve meses por los campos de concentración de Francia. Buenos Aires: Celta, 1941. Aramados. Alvarellos, 2021 (traducido por Miro Villar).
- De la República Española a la Unión Soviética".
- La configuración constitucional de la postguerra. Buenos Aires: Tato, 1944.
Notas
editarVéxase tamén
editarBibliografía
editar- Fasano, Laura (2020). "Los exiliados gallegos y sus vínculos con el asociacionismo hispánico de Buenos Aires. El caso de Manuel García Gerpe". Los españoles en Buenos Aires. Activismo político e inserción sociocultural (1870-1960). Teseo. ISBN 978-9877232400.
- Manuel García Gerpe. Historia dun exilio. Ordes: A. C. Obradoiro da Historia. 1999.
- Núñez Seixas, Xosé M. "Itinerarios do desterro: sobre a especificidade do exilio galego de 1936" en O exilio galego de 1936: política, sociedade, itinerarios.