Abrir o menú principal

Xosé Tobío Mayo

mestre e escritor galego

Xosé Tobío Mayo, nado en Esteiro (Muros) o 8 de xaneiro de 1891 e finado na mesma parroquia en 1971, foi un mestre e escritor galego.

Xosé Tobío Mayo
Nacemento8 de xaneiro de 1891
 Muros
Falecemento1971
 Muros
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritor e político
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Natural de Esteiro, estudou no Seminario de Santiago de Compostela. Foi mestre do Freixo de Sabardes e dende 1930 da escola do Pósito de Esteiro e participou na política local como membro da ORGA. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi suspendido de emprego e soldo. Fuxiu por mar a Bilbao o 24 de xullo de 1936 e foi mestre en Roses. Coa derrota da República pasou por un campo de concentración en Francia e conseguiu marchar a Venezuela, a onde arribou o 22 de novembro de 1939, para exiliarse definitivamente en Buenos Aires. Retornou á Galicia gobernada polo franquismo en 1947. Tras conseguir a súa reincorporación, exerceu de novo o maxisterio na parroquia de San Xosé de Ribarteme (As Neves), entre os anos 1957 e 1960.[1]

ObraEditar

É autor dunha única obra publicada, Espiñas (1941) escrita baixo o influxo da guerra civil española. As súas composicións están marcadas pola saudade da terra.

En 2009 a Editorial Galaxia publicou O frade das dúas almas, unha novela de Xosé Tobío que ía ser editada por Ánxel Casal en Nós xusto cando comezou a sublevación do xeneral Franco contra a República.

NotasEditar

  1. Manuel Outeiriño (2011), Revista A Trabe de Ouro, nº85, páxs. 79-80

Véxase taménEditar