Xosé Luna

mestre, escritor e editor galego
(Redirixido desde "Xosé Luna Sanmartín")

Xosé Luna Sanmartín, nado na Estrada en 1965, é un mestre, escritor e activista cultural galego.

Xosé Luna
Xose Luna Sanmartin.jpg
Nacemento1965
 A Estrada
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónescritor, mestre e editor
XénerosPoesía, narrativa, teatro, e ensaio
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Estudou maxisterio e logo licenciouse en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, exerce como mestre no CEIP do Foxo da Estrada. Colaborador en diferentes medios de comunicación, foi director de Edicións Fervenza entre 2000 e 2015.[1] Como escritor cultivou a poesía, narrativa, dramaturxia e ensaio. Foi fundador da Festa da Poesía, partido de fútbol a prol da lingua e o Premio de Teatro Mome Varela Buxán.

ObrasEditar

 
Xosé Luna, Padriňo da VIII Festa das palabras organizada por todos os centros de ensino da Estrada, Dinamiza Estrada. 2021

PoesíaEditar

  • Memorias do Cairo (Ed. Fervenza, 2003). Con epílogo de Miro Villar.
  • A Marcial Valladares (Fundación Cultural da Estrada, 2004).
  • Stradapop (Librería Ler, 2005).
  • Sol rebulideiro (Técnicas and Gramaxe, 2012).
  • O libro dos bicos (Ed. Embora, 2014).
  • A estrada da vida (Ed. Artesón Produccións, 2018) poemas musicados polo cantautor Manoele de Felisa.
  • O tempo entre as mans (Ed. Fervenza, 2020).
  • Camiñando, camiñando... (Ed. Bolanda SL, 2021).

NarrativaEditar

  • As cometas da vida (Ed. Fervenza 1999).
  • O ano das mimosas (Ed. Fervenza, 2000).
  • O último tango da noite (Ed. Concello de Lalín, 2001).

TeatroEditar

  • Tulipáns Vermellos (Ed. Fervenza, 2011).
  • As aventuras de Odiseo (Ed. Embora, 2016).

ArteEditar

  • A Estrada románica, (A Fouce, 1999).
  • A Estrada Románica (Ed. Fervenza, 2020).

EnsaioEditar

  • Manuel Daniel Varela Buxán O Patriarca do Teatro Galego (Seminario de Estudios de Deza, 2000).
  • Onde o sol facheaba ao amañecer: Vida e obra da Cantora da Ulla Avelina Valladares Núñez (Ed. Fouce, 2003).
  • Manuel Valladares Núñez Cantigueiro popular (Ed. Fundación Cultural da Estrada, 2003).
  • No Pazo de Laiovento. Conversas con Francisco Pillado Maior (Espiral Maior, 2007).
  • Manuel Daniel Varela Buxán (Ed. Xerais, 2008).
  • 90 Cousiñas (Técnicas and Gramaxe, 2006).
  • Da literatura e outras cousiñas (Ed. Embora, 2016).

TraduciónsEditar

  • Grazas, Padre Ramón, de Manuel Daniel Varela Buxán, (Ed. Seminario de estudos de Deza, 2003).

EdiciónsEditar

  • Edición e unidade didáctica de Ollo cos estudantes de Manuel Bergueiro López. (Ed. Fervenza, 2003).
  • ¿Pista ou peste?  de Manuel Daniel Varela Buxán. Ed. Fervenza, 2003)
  • Salaios dun vello labrego de Manuel Daniel Varela Buxán. (Ed. Fervenza, 2005.
  • Conversa entre arrieiros de Marcial Valladares Núñez. (Ed. Fervenza, 2014)

Obras colectivasEditar

  • ¿Nos? Coma vos. (Ed. Concello de Lalín, 2001).
  • Antonio Fraguas Fraguas Lalín, lembranza de tempos idos. In Descubrindo (Ed. Seminario de Estudos de Deza, 2002).
  • Palabra de autor Palabra de autora. (Ed. CRTVG / Asociación Galega de Editores, 2005).
  • Poesía Contemporánea, Tabeirós – Terra de Montes, Carlos Loureiro Rodríguez, coordinador. (Ed. Fervenza, 2005).
  • Narrativa Contemporánea Tabeirós – Terra de Montes Carlos Loureiro Rodríguez, coordinador. (Ed. Fervenza, 2005)
  • VII Forxa Literaria (Ed. A Solaina de Piloño, 2005).
  • A Estrada Imaxes para a lembranza I (Ed. Fervenza, 2006).
  • No país da irmandade Homenaxe a Francisco Pillado Maior. (Ed. Deputación da Coruña / Universidade da Coruña, 2007).
  • Manuel Daniel Varela Buxán O Patriarca do Teatro Galego in Descubrindo (Seminario de Estudos de Deza, 2008).
  • En galego agora e sempre (Ed. Pío García Edicións, 2010).
  • Dairas (Ed. IES Manuel García Barros, 2011).
  • Forxa Literaria (Ed. A Solaina de Piloño, 2011).
  • Pedigree (Ed. Concello da Estrada, 2013).
  • Verbo na arria. Homenaxe literaria a Xohan Xesus González, (Ed. Fervenza, 2016).
  • Homenaxe a Olimpio Arca Caldas. Un Mestre do pobo. (Ed. Técnicas and Gramaxe, SL, 2016).
  • Pico Sacro ferido polo lóstrego e a lenda. (Ed. Alvarellos, 2017).
  • Nós Premios literarios 2012 – 2015 / 2017 – 2019 (Ed. ASPAMITE, 2019).
  • Cancioneiro do Camiño de Manoele de Felisa (Ed. Artesón Produccións, 2020).

PremiosEditar

Outras distinciónsEditar

  • Medalla de ouro de Fillos e Amigos da Estrada, 2009.
  • Medalla da Fundación A Solaina de Piloño, 2011.
  • O 9 de maio de 2009 inaugurouse a Biblioteca “Xosé Luna” promovida pola Asociación Deportivo e Cultural da parroquia estradense de Guimarei.
  • Homenaxe da Asociación Hijos del ayuntamiento da Estrada da Habana, Cuba, 2015.
  • Padriňo da VIII Festa das palabras organizada por todos os centros de ensino da Estrada, Dinamiza Estrada. 2021

NotasEditar

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar