Non agardei por ninguén

obra literaria de Ramón de Valenzuela

Non agardei por ninguén é a primeira novela de Ramón de Valenzuela, publicada en 1957 en Buenos Aires por editorial Citania. A obra está estruturada como un diario sen datas, e con ela inaugúrase o tema da guerra civil na literatura galega. A trama da obra mostra un ton autobiográfico, feito habitual nas obras deste autor. O libro foi incluído na Biblioteca das Letras Galegas de Edicións Xerais de Galicia.

Non agardei por ninguén
Autor/aRamón de Valenzuela
OrixeGalicia
LinguaGalego
Xénero(s)Narrativa
EditorialEditorial Citania
Data de pub.1957
editar datos en Wikidata ]

Tras o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, o protagonista -quen representa ao autor baixo o pseudónimo de D. Gonzalo Ozores de Ulloa- foxe da represión pasando á zona republicana.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar