Luciano Rodríguez Gómez

filólogo e crítico literario galego

Luciano Rodríguez Gómez, nado en Carracedo (A Veiga) en 1951, é un filólogo e crítico literario galego.

Luciano Rodríguez Gómez
Nacemento1951
Lugar de nacementoCarracedo
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónfilólogo e crítico literario
Na rede
Dialnet: 158944
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Licenciado en Filoloxía Románica pola Universidade de Salamanca e a de Santiago de Compostela. Doutorouse pola Universidade da Coruña en 1993 cunha tese sobre a poesía de Aquilino Iglesia Alvariño. É profesor de Literatura Galega na Facultade de Filoloxía da Coruña.

Colaborou en diversas revistas e publicacións, como Man Común, Grial, Nordés ou La Voz de Galicia.

En 2023 nomeárono membro correspondente da Real Academia Galega.[1]

Obra en galegoEditar

EnsaioEditar

EdiciónsEditar

AntoloxíasEditar

  • Invitación á narrativa, 1983, Xerais.
  • Desde a palabra, doce voces. Nova poesía galega, 1986, Sotelo Blanco.
  • Galician generation of the eighties. Three poets: Xulio L. Valcárcel, Pilar Pallarés, Ramiro Font, 1999, Universidade da Coruña.
  • 25 anos de poesía galega (1975-2000) I, II e III, 2002, Biblioteca Galega 120.
  • Horizontes poéticos, 2002, Xerais.
  • Poetas galegos do século XX. Antoloxía, 2004, Espiral Maior.
  • Dix-sept poètes galiciens. Dezasete poetas galegos (1975-2000), 2008, Universidade da Coruña.
  • Poesía suspensa, 2008, Espiral Maior.

Obras colectivasEditar

  • Para saír do século. Nova proposta poética, 1997, Xerais. Con Teresa Seara.
  • Novos exercicios de estilo, 2000, Universidade da Coruña.
  • Xosé Luís Méndez Ferrín: o home, o escritor, 2002, Universidade da Coruña. Con Xosé María Dobarro.
  • Cinco impactos poéticos en ditadura, 2005, Universidade da Coruña. Con Xosé María Dobarro.
  • III Encontros de Escritores Galegos: literatura e xornalismo, 2006, Deputación da Coruña.
  • IV Encontro de Escritores Galegos: literatura e cidade, 2007, Deputación da Coruña.
  • Ámbitos de tradución. V Encontro de Escritores Galegos, 2008, Deputación da Coruña. Con Xosé Manuel Fernández Castro.
  • Literatura e proxección exterior. VI Encontro de Escritores Galegos, 2012, Deputación da Coruña. Con Xosé Manuel Fernández Castro.

TraduciónEditar

  • I Festival Internacional de Poesía Cidade de Betanzos, 2006, Concello de Betanzos.
  • Sobre unha confidencia do mar grego, precedido de Correspondencias, de Andrés Sánchez Robayna, 2009, Espiral Maior.

Obra en castelánEditar

EdiciónsEditar

  • La raíz poseída, de Miguel Anxo Fernán-Vello, 1989, Olifante.
  • Los caminos de la voz. Seis poetas gallegos de hoy, 1995, Deputación de Granada.
  • El volumen de la ausencia, de Xulio L. Valcárcel, 1997, Olifante.

NotasEditar

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar