Abrir o menú principal

Sandalio Alonso de la Riva

político español

Sandalio Alonso de la Riva, nado en Boñar o 8 de maio de 1904 e finado en Vilagarcía de Arousa o 19 de xullo de 1988,[1] foi un político español.

Sandalio Alonso de la Riva
Nacemento8 de maio de 1904
 Boñar
Falecemento19 de xullo de 1988
 Vilagarcía de Arousa
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
CónxuxeRosina Villaverde Otero
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Militou nas Juventudes Socialistas e afiliouse ao PSOE en 1926. Na Segunda República foi alcalde de Boñar. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu a Asturias. En Asturias ocupou postos de mando no exército republicano. Ao remate da guerra marchou a Francia polo Pireneos. En Bordeos coñeceu a Rosina Villaverde, filla de Elpidio Villaverde. En 1939 exiliouse en Chile onde estivo algún tempo, para trasladarse a Arxentina en 1942, onde casou con Rosina. En Buenos Aires pertenceu á Agrupación Socialista Pablo Iglesias, na que ocupou diversos cargos directivos. En 1979 regresou coa súa muller a Vilagarcía, e foi secretario da agrupación socialista local ata a súa morte.[2]

RecoñecementosEditar

O 8 de decembro de 1986 foi homenaxeado en Vilagarcía polos seus 60 anos de exemplar militancia socialista.

NotasEditar

  1. La Voz de Galicia, 20-7-1988, p. 28.
  2. "Todos recuerdan a Sandalio", La Voz de Galicia, 19-7-1994, Arousa 46]

Véxase taménEditar