Antón Zapata

escritor galego
(Redirección desde «Antón Zapata García»)

Antón Zapata García, nado en Laxe o 26 de febreiro de 1886 e finado en Buenos Aires o 20 de xuño de 1953, foi un poeta en lingua galega.

Modelo:BiografíaAntón Zapata
Biografía
Nacemento26 de febreiro de 1886 Editar o valor en Wikidata
Laxe, España Editar o valor en Wikidata
Morte20 de xuño de 1953 Editar o valor en Wikidata (67 anos)
Buenos Aires, Arxentina Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Era fillo de Antonio Zapata García, carabineiro natural de Sarandós, e de María Josefa García Moreira, nada en Camariñas. En Laxe transcorreu a súa infancia até que emigrou a Buenos Aires en 1903 con 17 anos de idade. As posibles causas da súa marcha son as diferenzas coa súa madrasta -coa que seu pai casara após a morte da nai do poeta, cando este era neno- e o desexo de eludir o servizo militar.

 
Debuxo, poema e sinatura de Zapata en Alalá.

Na Arxentina traballou como empregado de comercio e participou de forma activa nas actividades da colectividade galega. Colaborou en distintas revistas como El Eco de Teo, Suevia, El Despertar Gallego ou La Voz de Galicia e tivo un papel destacado dentro da Asociación Benéfica y Cultural del Partido de Corcubión, chegando a dirixir a súa publicación, Alborada e na Sociedade Nazonalista Pondal. En maio de 1929 creou con Manuel Oliveira Viqueira e Francisco Regueira a Institución Cultural Gallega, protectora do Seminario de Estudos Galegos.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar