Manuel Oliveira Viqueira
xornalista español
Manuel Oliveira Viqueira, nado en Trobe (Vedra) en 1870 e finado en Buenos Aires en 1949, foi un xornalista e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1870 Vedra, España |
Morte | 1949 (78/79 anos) |
Actividade | |
Ocupación | xornalista |
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Manuel Oliveira.
Traxectoria
editarEmigrado á Arxentina, foi membro das comisións directivas de distintas sociedades de Teo e impulsou e dirixiu El Eco de Teo. Consistiu en 1923 a Irmandade Nazonalista Galega de Buenos Aires e participou na súa refundación en 1925, pasando a dirixir o seu voceiro A Fouce. Tamén colaborou en Céltiga. En maio de 1929 creou con Antón Zapata García e Francisco Regueira a Institución Cultural Gallega, protectora do Seminario de Estudos Galegos.