Francisco Regueira

político e xornalista galego

Francisco Regueira, nado na Coruña cara a 1892 e finado en Buenos Aires o 22 de xuño de 1978, foi un político e xornalista galego.

Infotaula de personaFrancisco Regueira
Biografía
Nacemento1892 Editar o valor em Wikidata
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Morte22 de xuño de 1978 Editar o valor em Wikidata (85/86 anos)
Buenos Aires, Arxentina Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico , xornalista Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Emigrou a Arxentina. Participou en moitas iniciativas culturais galegas na Arxentina. En maio de 1929 creou con Manuel Oliveira Viqueira e Antón Zapata García a Institución Cultural Gallega, protectora do Seminario de Estudos Galegos.[1] Foi un dos asinantes do "Manifesto nacionalista" o 1 de setembro de 1930, con Ramón Suárez Picallo, Lino Pérez, Eduardo Blanco Amor, Pedro Campos Couceiro e Antón Alonso Ríos.[2] En maio de 1931 incorporouse á comisión de prensa de Galicia.[3] Colaborou e despois foi director de Correo de Galicia. Formou parte da Comisión Organizadora do Primeiro Congreso da Emigración Galega en 1956. Recibiu unha homenaxe en Buenos Aires en 1964.[4] Finou en Buenos Aires o 22 de xuño de 1978, vítima dun accidente de tráfico.[5]

Notas editar

  1. El Correo de Galicia, 15-12-1929, p. 3.
  2. "Arazúa". Gran Enciclopedia Galega (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8. 
  3. Galicia, 24-5-1931, p. 1.
  4. Orientación Gallega, 1-1.1964, p. 1-2.
  5. La Voz de Galicia, 24-6-1978, p, 41.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar