Abrir o menú principal

Clément Ader, nado en Muret o 2 de abril de 1841 e finado en Tolosa o 3 de marzo de 1925, foi un enxeñeiro francés, precursor da aviación.

Clément Ader
Clement ader, 1891.jpg
Nacemento2 de abril de 1841
 Muret
Falecemento5 de marzo de 1925
 Tolosa, Francia
NacionalidadeFrancia
Ocupaciónenxeñeiro, inventor, enxeñeiro aeroespacial e Piloto
Premioscomendador da Lexión de Honor
editar datos en Wikidata ]
Gravado do Eolo.

TraxectoriaEditar

En 1868 mellora e fabrica velocípedes con grande éxito comercial, pero a guerra de 1870 arruínao e provoca o seu traslado a París. Perfeccionou o teléfono en 1878 e inventa o teatrófono, o que permite a transmisión telefónica por dúas canles, Ader realiza a primeira transmisión en estéreo en 1881. Baseándose nos estudos sobre o voo dos paxaros de Louis Mouillard, construíu os primeiros aeroplanos con motor. Entre 1890 e 1897 realiza tres aparatos: Eole (Avión I), Zéphyr (Avión II) e Aquilon (Avión III) baixo secreto militar.

O 9 de outubro de 1890 realiza o seu primeiro voo: 50 metros a 20 cm. de altura antes de se estrelar, os seus traballos resultan de interese para o ministerio da guerra francés, financiando as súas actividades, en 1897 o Aquilon realiza un voo de 300 metros diante dun comité militar o 14 de outubro, pero o proxecto queda finalmente paralizado.