Léopold Sédar Senghor
Léopold Sédar Senghor, nado en Joal o 9 de outubro de 1906 e finado en Verson o 20 de decembro de 2001, foi un escritor, poeta e político senegalés. Foi o presidente do Senegal entre 1960 e 1980.
Léopold Sédar Senghor | |
---|---|
![]() | |
Presidente do Senegal | |
Período | 6 de setembro de 1960 - 31 de decembro de 1980 |
Antecesor | - |
Sucesor | Abdou Diouf |
Datos persoais | |
Nacemento | 9 de outubro de 1906 |
Joal | |
Falecemento | 20 de decembro de 2001 |
Verson, Normandía | |
Organización | Partido Socialista do Senegal |
Cónxuxe | Colette Hubert |
Alma máter | Faculty of Arts of Paris, École Normale Supérieure e Lycée Louis-le-Grand |
Profesión | escritor e político |
Relixión | Igrexa católica |
![]() | |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
TraxectoriaEditar
Estudou no liceo Louis-lle-Grand de París na década de 1930. Durante a súa época de estudante, creou xunto co martiniqueño Aimé Césaire e o guianés Léon Gontran Damas a revista L'Etudiant noir en 1934. Nesas páxinas expresará por primeira vez o seu concepto da négritude, noción introducida por Aimé Césaire nun texto titulado "Négrerie". Foi o primeiro profesor de raza negra que impartiu clases de lingua francesa en Francia.
Durante a segunda guerra mundial foi feito prisioneiro polos alemáns pero logrou a súa liberación no 1942. Despois da guerra, foi elixido deputado na Asemblea Nacional de Francia polo Senegal-Mauritania. Ocupou diversos cargos na política francesa e axudou na elaboración da constitución da Quinta República.
Coa independencia do Senegal converteuse no primeiro presidente do país. Tamén é o autor do seu himno nacional. No seu goberno o Senegal adoptou un sistema multipartidista (a pesar da limitación a tres partidos: socialista, comunista e liberal).
Foi tamén membro da Academia francesa desde o 2 de xuño de 1983 ata súa morte, e un defensor da Francofonía.
presidente do Senegal | ||
---|---|---|
Segue a: - |
Léopold Sédar Senghor | Precede a: Abdou Diouf |
Parti Socialiste du Sénégal |
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
A Galicitas posúe citas sobre: Léopold Sédar Senghor |