Asemblea Nacional de Francia
A Asemblea Nacional de Francia (en francés Assemblée nationale) é unha das cámaras do parlamento bicameral de Francia. A outra cámara é o Senado (Sénat).



A Asemblea Nacional consta de 577 deputados, cada un dos cales se elixe en ata dúas quendas de votación e representa unha circunscrición electoral específica.
A duración máxima do mandato da Asemblea e os seus deputados é de cinco anos. O Presidente de Francia pode disolver a Asemblea (e anunciar novas eleccións), agás se xa o fixo no mesmo ano.
A sede oficial da Asemblea Nacional é o Palais Bourbon nas beiras do río Sena, no barrio 7 de París