Polly Jean Harvey, nada en Yeovil o 9 de outubro de 1969, é unha cantautora inglesa, máis coñecida co nome artístico de PJ Harvey. Dende o principio da súa carreira demostrou co seu rock cru, directo e visceral ser unha das compositoras máis influentes dos noventa, compoñendo cancións cuxos temas van dende o sexo ao amor, á relixión, ó humor negro ou á sensibilidade na feminidade.

Modelo:BiografíaPJ Harvey

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento9 de outubro de 1969 Editar o valor en Wikidata (55 anos)
Corscombe, Reino Unido (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Outros nomesPJ Harvey Editar o valor en Wikidata
EducaciónCentral Saint Martins
Beaminster School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoComposición musical Editar o valor en Wikidata
Ocupacióncantautora, guitarrista, saxofonista, cantante, compositora, música, artista discográfico Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1991 Editar o valor en Wikidata -
Xénero artísticoMúsica rock, rock alternativo e folk rock Editar o valor en Wikidata
TesituraSoprano Editar o valor en Wikidata

InstrumentoAutoarpa, guitarra, voz e Saxofón Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoIsland Records
Too Pure Editar o valor en Wikidata
Premios

Sitio webpjharvey.net Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0367667 IBDB: 482419
Facebook: pjharvey Twitter: PJHarveyUK Instagram: pjharveyofficial MySpace: pjharvey Youtube: UC6v3zljSKKxioPywlGXs3-Q BNE: XX1358518 Souncloud: pjharvey Spotify: 12VaqyEhgwDRuFfEqbnrpz iTunes: 252623 Last fm: PJ+Harvey Musicbrainz: e795e03d-b5d5-4a5f-834d-162cfb308a2c Songkick: 358297 Discogs: 36052 Allmusic: mn0000000335 WikiTree: Harvey-21694 Deezer: 1544 Genius: Pj-harvey Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Alcumada como "a Patti Smith dos 90", Polly Jean naceu nunha granxa de Yeovil, e dende moi xove aprendeu a tocar o saxo e a guitarra. Cando era unha adolescente participou en varias agrupacións ata 1991, ano no que formou o seu grupo PJ Harvey, xunto ao baxista Steve Vaughn e ó batería Robert Ellis. Tanto o seu primeiro single, Dress, coma o segundo, Sheela-Na-Gig, foron un grande éxito; pouco a pouco, o grupo foise consolidando como unha nova banda de rock alternativa cuxa notoriedade aumentaba cada vez máis dentro do panorama musical.

En 1992 lanzaron o seu primeiro disco, Dry; un ano despois, e logo dunha longa e aclamada xira, PJ Harvey volveu a Londres para gravar o seu segundo traballo, Rid of me, cun son que estaba preto do noise e do punk nas guitarras; foi este disco o que converteu esta banda nun grupo de culto. Ao final de ano, sacaron á luz 4-Track Demos, un disco no que aparecían versión orixinais das cancións da placa anterior.

Despois da xira de Rid of me, Polly Jean emprendeu a súa carreira en solitario, lanzando o seu terceiro traballo en 1995, To Bring You My Love, xunto co baxista Mick Harvey e os guitarristas John Parish e Joe Gore. Este disco, cuxo single era a controvertida Down by the water, tivo unha grandiosa aceptación, tanto por parte da crítica coma do público en xeral.

A partir de 1996, a cantante estivo case inactiva, gravando soamente un tema a dúo con Nick Cave no disco deste último, Murder Ballads e cantando xunto ó seu socio John Parish en Dance Hall at Louse Point.

No 1998 lanza o seu quinto disco Is This Desire?, un disco ao que seguirían Stories from the City, Stories from the Sea no 2000, un álbum cun estilo máis pop; Uh Huh Her no 2004, que inclúe temas máis íntimos e apaixonados; e White Chalk no 2007, un álbum no que deixa de lado as guitarras eléctricas, as baterías potentes e unha voz desgarradora, para dar paso ao piano, á arpa, ao mellotron [1] e a unha voz aguda e fráxil.

En marzo de 2009 publicouse A Woman a Man Walked By, un álbum gravado en colaboración con John Parish, no que se decantaba polo rock experimental e o folk. Ao igual que Dance Hall at Louse Point, o álbum tivo recensións positivas pero tamén un éxito comercial moderado, chegando ao número 25 da lista británica de álbums.

Discografía

editar

Álbums principais

Ano Disco Selo discográfico
1992 Dry Too Pure
1993 Rid of Me Island Records
1993 4-Track Demos Island Records
1995 To Bring You My Love Island Records
1998 Is This Desire? Island Records
2000 Stories from the City, Stories from the Sea Island Records
2004 Uh Huh Her Island Records
2007 White Chalk Island Records
2009 A Woman A Man Walked By Island Records
2011 Let England Shake Island Records
2016 The Hope Six Demolition Project Island Records, Vagrant Records
2023 I Inside the Old Year Dying Partisan


Compilacións

Ano Disco Selo discográfico
1995 The B-Sides Island Records
2006 The Peel Sessions 1991-2004 Island Records

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar