Vagrant Records é un selo discográfico estadounidense baseado en California. Foi fundada en 1995 por Rich Egan e Jon Cohen. A discográfica céntrase no rock, pero conta con artistas doutros moitos xéneros como folk, soul, electrónica e pop. É o selo de músicos como The 1975, Death Spells, Eels, Edward Sharpe and the Magnetic Zeroes, CRUISR, Active Child, PJ Harvey, School of Seven Bells, Black Rebel Motorcycle Club, James Vincent McMorrow, Black Joe Lewis, Wake Owl, Blitzen Trapper e Bombay Bicycle Club. Orixinalmente Vagrant Records centrouse sobre todo en bandas emo como Dashboard Confessional, Saves the Day, The Get Up Kids, Senses Fail e Alkaline Trio.

Vagrant Records
Logo
Tiposelo discográfico
Data de fundación1996
PaísEstados Unidos de América
Na rede
http://www.vagrant.com/
editar datos en Wikidata ]

En 2014 Vagrant foi mercada por BMG Rights Management. O cofundador Jon Cohen converteuse entón no vicepresidente executivo de música gravada de BMG,[1] ata que deixou a compañía en setembro de 2017.[2]

  1. "BMG acquires Vagrant Records | Complete Music Update". Consultado o 2019-11-15. 
  2. "Jon Cohen out at BMG". www.musicweek.com (en inglés). Consultado o 2019-11-15. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar