BMG Rights Management

BMG Rights Management GmbH é unha compañía internacional de música centrada na xestión de publicación musical, dereitos de gravación e distribución de música. A empresa opera como unha división do conglomerado de medios internacional Bertelsmann. Fundouse no ano 2008 como unha empresa conxunta entre Bertelsmann e a firma global de administración de fondos de investimento Kohlberg Kravis Roberts (KKR). En marzo de 2013 Bertelsmann tomou o control de BMG mercando as accións de KKR, convertendo a BMG nunha subsidiaria total do grupo Bertelsmann. A súa sede atópase en Berlín e ten oficinas rexionais en Nova York, Nashville, Os Ánxeles, Londres, Madrid, París, Estocolmo, Hilversum, Milán, Pequín, Toronto, Sydney e São Paulo. BMG é a máis nova e cuarta maior das grandes compañías da industria musical internacional, con máis de 2,5 millóns de composicións e gravacións no seu catálogo.[1]

BMG Rights Management


Tiponegocio, editora musical (pt) Traducir, selo discográfico e división Editar o valor en Wikidata
Forma xurídicaGesellschaft mit beschränkter Haftung Editar o valor en Wikidata
Personalidades
Propietario/aBertelsmann e Kohlberg Kravis Roberts (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Director/a executivo/aHartwig Masuch (pt) Traducir 2008 Editar o valor en Wikidata
Actividade
Industriaindustria musical e Indústria fonográfica (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Entidades
MatrizBertelsmann Editar o valor en Wikidata
Economía
Data
Fundación1 de outubro de 2008 Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
Localización
PaísAlemaña Editar o valor en Wikidata
SedeBerlín e Quartier 205 (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Contacto
Páxina WEBbmg.com Editar o valor en Wikidata
Teléfono+49-30-300133300 Editar o valor en Wikidata
Correomailto:info@bmg.com Editar o valor en Wikidata
RedesFacebook: BMGRM Twitter: BMG Instagram: thenewbmg Youtube: UC0wUSFftTJwDXtBAxpOAMuA Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

No presente entre os artistas de BMG Rights Management atópanse Kylie Minogue, Avril Lavigne, Dido, Lenny Kravitz, Fergie, Evanescence, Alice in Chains, A Perfect Circle, Nickelback, Blondie, The Prodigy e Blink-182.

  1. "Billboard Power 100 - No. 33: Hartwig Masuch". Billboard. Consultado o 17 de setembro de 2018. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar