Let England Shake

álbum de PJ Harvey

Let England Shake é o décimo álbum da artista inglesa PJ Harvey, editado o día 11 de febreiro do 2011 no Reino Unido. Comezou a traballar no disco no tempo no que foi publicado White Chalk, no ano 2007, aínda que se afasta dos temas introspectivos protagonizados polo piano deste traballo. O álbum foi composto nun período de dous anos e medio, e gravouse en cinco semanas nunha igrexa de Dorset, entre abril e maio de 2010.

Let England Shake
Álbum de PJ Harvey
Publicado11 de febreiro do 2011
Gravaciónabril - maio do 2010
Estudio(s)Eype Church en Dorset
Duración40:15
Xénero(s)rock alternativo, experimental, folk
Selo(s)Island/Vagrant
Producido porFlood, Mick Harvey, John Parish, PJ Harvey
Cronoloxía
A Woman a Man Walked By Let England Shake -

Tras o seu lanzamento o álbum recibiu numerosos premios. Foi nomeado "Álbum do ano" por 13 publicacións[1][2], e en setembro de 2011 gañou o codiciado Mercury Prize. O álbum gañou tamén o Uncut Music Award no mes de novembro dese ano.

Listaxe de cancións editar

Todos os temas foron compostos por PJ Harvey.

  1. "Let England Shake" - 3:09
  2. "The Last Living Rose" - 2:21
  3. "The Glorious Land" - 3:34
  4. "The Words That Maketh Murder" - 3:45
  5. "All and Everyone" - 5:39
  6. "On Battleship Hill" - 4:07
  7. "England" - 3:11
  8. "In the Dark Places" - 2:59
  9. "Bitter Branches" - 2:29
  10. "Hanging in the Wire" - 2:42
  11. "Written on the Forehead" - 3:39
  12. "The Colour of the Earth" - 2:33

Notas editar