Nick Cave

músico australiano

Nicholas Edward Cave, nado en Warracknabeal o 22 de setembro de 1957, é un músico, escritor e actor australiano, cantante da banda Nick Cave and the Bad Seeds. Cunha longa andaina que comeza a principios dos 70, a súa música caracterízase por un ton de desolación escuro e sinistro. Malia que moitos grupos musicais producen música etiquetable do mesmo modo, o son de Nick Cave evita os recursos habituais do xénero, como música "pantasmagórica" afectada ou distorsións dixitais. Cunha importante base de guitarras eléctricas (e piano nos últimos álbums de The Bad Seeds) e unhas letras coidadas en extremo, Nick Cave pode agruparse entre grupos e cantautores como Tom Waits, PJ Harvey, Leonard Cohen ou Shane MacGowan todos eles seguidores dunha estética bohemia e urbana, pero á vez altamente espiritual e humana.

Modelo:BiografíaNick Cave

(1986) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Nicholas Edward Cave Editar o valor en Wikidata
22 de setembro de 1957 Editar o valor en Wikidata (67 anos)
Warracknabeal, Australia Editar o valor en Wikidata
EducaciónCaulfield Grammar School (en) Traducir
Wangaratta High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoMúsica rock, actuación cinematográfica, Produción de cinema e música Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Berlín Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónactor, pianista, guionista, cantautor, compositor de cancións, director de cinema, libretista, novelista, escritor, cantante, compositor, músico Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1973 Editar o valor en Wikidata -
Membro de
Xénero artísticoMúsica rock, rock alternativo, Rock gótico, garage rock, Música country e Blues Editar o valor en Wikidata
TesituraBaixo Editar o valor en Wikidata

InstrumentoGuitarra, voz e piano Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoMute Records Editar o valor en Wikidata
Obra
Arquivos en
Familia
CónxuxeSusie Bick (1999–) Editar o valor en Wikidata
FillosEarl Cave, Arthur Cave Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
Sitio webnickcave.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0147022 Allocine: 9935 Rottentomatoes: celebrity/nick_cave Allmovie: p84518 Metacritic: person/nick-cave TV.com: people/nick-cave
Facebook: nickcaveofficial Twitter: nickcave Instagram: nickcaveofficial Vimeo: nickcavetv BNE: XX884209 Souncloud: nickcaveofficial Spotify: 1RM5gp0RFfjpJhCYFPB30p iTunes: 3691438 Last fm: Nick+Cave Musicbrainz: 4aae17a7-9f0c-487b-b60e-f8eafb410b1d Songkick: 457613 Discogs: 31844 Allmusic: mn0000397880 WikiTree: Cave-2263 Deezer: 10817 Genius: Nick-cave Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Mocidade

editar

Warracknabeal é unha vila moi pequena no estado australiano de Victoria. Nick Cave ten dous irmáns máis vellos e unha irmá máis nova: Timothy, Peter e Julie Cave. Desde pequeno mudouse a Wangaratta, Australia. O seu pai, Colin Cave, era profesor de literatura, e a súa nai, Dawn, era bibliotecaria. A relixión dos seus pais era o cristianismo anglicano, e a familia acudía á catedral de Wangaratta, onde o pequeno Nick cantaba como parte do coro infantil.

De mozo tivo problemas cas autoridades da súa escola, o que propiciou que en 1970 os seus pais o enviasen á Escola Gramática Caulfield de Melbourne, Australia. Aí uniuse ó coro da escola e practicou co piano. En 1971 a súa familia se mudouse con el a Melbourne.

Despois da súa educación secundaria estudou pintura no Instituto Tecnolóxico de Caulfield, de 1976 a 1977. Nestas datas iniciaría o seu consumo de heroína. Seu pai, Colin Cave, morreu nun accidente automobilístico cando Nick tiña 19 anos.

Os seus inicios musicais

editar

En 1973 Cave coñeceu en Caulfield Grammar a Mick Harvey, Tracy Pew e Phill Calvert, respectivamente o guitarrista, baixista e batería do que sería a súa primeira banda. Mentres eran estudantes, o seu repertorio compúñase de interpretacións de música de Lou Reed, David Bowie, Alice Cooper, Roxy Music ou Alex Harvey, cun xiro proto-punk. Despois de deixar a escola en 1977, bautizaron á súa banda como The Boys Next Door, e comezaron a tocar e cantar material orixinal. Rowland S. Howard uniuse á banda en 1978 como guitarrista.

Desde 1977 ata a súa disolución en 1984, exploraron con diversas variantes do punk: desde riffs inspirados nos de Ramones ata unha renovada onda de inspiración en David Bowie e unha especie de expresionismo post-punk (véxase a banda Pere Ubu) para terminar nunha mestura de escandaloso performance, ruído e art-rock.

The Boys Next formaron parte da escena post-punk de Melbourne de finais dos 70 e tocaron en varios concertos en vivo por toda Australia ata que en 1980 cambiaron o nome da banda a The Birthday Party, mudáronse a Londres e despois a Alemaña Federal. A cantautora Anita Lane, moza de Nick Cave, acompañounos a Londres. A banda gañou unha notoria reputación grazas ás letras provocativas de Cave e ás súas escandalosas actuacións en vivo; nestas Cave berraba e arrastrábase polo escenario ó ritmo estridente de rudas guitarras distorsionadas.

Despois de cultivar un status de culto en Australia e Europa, The Birthday Party desintegrouse. Rowland S. Howard e Nick Cave atoparon dificultades para seguir traballando xuntos, e ambos estaban exhaustos polo abuso de alcohol e drogas.

The Bad Seeds

editar

Nick Cave e Mick Harvey formaron o primeiro ensamble de Nick Cave and the Bad Seeds. Este novo nome enfatiza o rol de Cave como líder da banda e non como simple membro. Nick Cave comezou a escribir letras máis líricas e narrativas, en contraste co expresionismo que usou nos seus proxectos anteriores. The Bad Seeds foi conceptualizado como un ensamble de músicos internacionais, principalmente co guitarrista alemán Blixa Bargeld (da banda Einstürzende Neubauten), o baixista inglés Barry Adamson, e o guitarrista australiano Hugo Race. Tamén Anita Lane escribiu cancións para The Bad Seeds. Esta aliñación gravou o álbum debut From Her to Eternity, lanzado en 1984.

Cave separouse de Anita Lane a mediados dos 80 e comezou unha relación con Elisabeth Recker. Durante a estancia da banda en Berlín, lanzáronse catro ábumes: The Firstborn Is Dead, Kicking Against the Pricks, Your Funeral... My Trial e Tender Prey.

Mentres vivía en Berlín Oeste, Cave comezou a traballar na súa futura novela debut: And the Ass Saw the Angel (1989). Existe unha significativa intertextualidade entre a súa novela e as letras que Cave escribiu para as últimas cancións de The Birthday Party e as primeiras etapas da súa carreira con The Bad Seeds.

Despois de terminar And the Ass Saw the Angel, Cave deixou Berlín Oeste pouco despois da caída do muro de Berlín e mudouse a São Paulo, Brasil, onde coñeceu a Viviane Carneiro, con quen tivo en 1991 ó seu fillo Luke. A parella nunca contraeu matrimonio. Cave ten outro fillo, Jethro, tamén nado en 1991, que vive coa súa nai, Beau Lazenby, en Australia.

Foi no Brasil onde gravou, en 1990, o seu álbum The Good Son, un dos cumios da súa carreira. Este preciosista disco, lírico e orquestral, e carente da furia e o desgarro anteriores, supuxo o definitivo divorcio entre Cave e certo sector do seu público.

En 1992 publica Henry's Dream, disco producido por David Briggs. En 1993, o músico deixou Brasil e regresou a Londres. Ese mesmo ano publica un álbum en vivo, Live Seeds, gravado durante a xira de presentación de Henry's Dream. Un ano despois, 1994, saca a súa seguinte obra, Let Love In, un dos seus discos mellor recibidos tanto pola crítica como polo público.

En 1996, Nick Cave and the Bad Seeds lanzou Murder Ballads, unha colección de cancións sobre asasinatos. O álbum inclúe "Henry Lee", un dueto coa cantante británica PJ Harvey (con quen tivo unha breve relación amorosa), e "Where the Wild Roses Grow", un dueto con Kylie Minogue (quen tamén foi a súa moza). Esta última canción foi un éxito popular en Australia, onde lle procurou á banda tres premios ARIA, incluíndo "Canción do ano".

Co seguinte álbum, The Boatman's Call (1997), Nick Cave desvíase das narrativas xenéricas e violentas do seu pasado como compositor cara a cancións cunha letra biográfica e confesional sobre as súas relacións con Carneiro e PJ Harvey. Este foi tamén o primeiro álbum que se centraría na súa maior parte no piano, tocado por Cave.

Despois de The Boatman's Call tomou un descanso para recuperarse da adicción á heroína e ó alcohol que o corrompían desde había vinte anos. Durante este período coñeceu á súa parella actual, a modelo británica Susie Bick. Casaron en 1999, e tiveron unha parella de xemelgos, Arthur e Earl Cave. Completamente recuperado, Cave rexurdiu co complexo, melancólico e altamente eloxiado álbum No More Shall We Part, do ano 2001.

Despois do lanzamento do álbum Nocturama (2003), Blixa Bargeld anunciou o seu retiro da banda, deixando a Mick Harvey como o único membro orixinal de The Bad Seeds, á parte do mesmo Nick Cave. Porén, o seguinte ano a banda sacou o seu primeiro disco dobre: Abattoir Blues/The Lyre of Orpheus, que tivo grande aceptación entre a crítica.

En 2005 Nick Cave and the Bad Seeds lanzaron B-Sides & Rarities, unha colección de 56 cancións en tres discos, incluíndo pezas pouco coñecidas, "lados B" e cancións que apareceron en bandas sonoras de películas.

En 2014 saca á luz o seu "poema épico" The Sick Bag Song, un audiolibro con reflexións sobre a creatividade que foi publicado en español por Sexto Piso. A obra baséase en textos que Nick Cave escribiu nas bolsas para o mareo dos avións que a banda tomou durante a súa anterior xira por norteamérica.

En xullo de 2015, o seu fillo Arthur Cave morreu ó caer por un barranco preto da localidade onde vive a familia, Brighton.

Outras obras

editar

Nick Cave deu a coñecer o seu primeiro libro, King Ink, en 1988. É unha colección de letras de cancións e breves obras teatrais, incluíndo colaboracións coa enfant terrible estadounidense Lydia Lunch.

Á parte do seu rol con The Bad Seeds, Nick Cave desenvolveu unha carreira como solista, tocando en vivo co seu piano, acompañado por un trío de baixo, percusión e violín formado por unha aliñación flutuante. Actualmente este trío está formado por Martyn P. Casey, Jim Sclavunos e Warren Ellis.

Colaboracións

editar

Con Shane McGowan

editar

En 1992 Shane MacGowan, líder da banda irlandesa The Pogues gravou e lanzou What a Wonderful World, un disco sinxelo que inclúe a homónima "What a Wonderful World", unha revisión da canción popularizada por Louie Armstrong, e, como "lado B" a canción orixinal de The Pogues "A Rainy Night in Soho", cantada por Nick Cave. Tamén neste álbum Shane MacGowan canta "Lucy", de Nick Cave and the Bad Seeds.

Con Current 93

editar

En 1996 Nick Cave colaborou coa banda Current 93, principalmente no álbum All the Pretty Little Horses: alí canta a canción do mesmo nome e noutras cancións deste álbum le extractos do libro Pensamentos de Blaise Pascal.

Con Johnny Cash

editar

En 2000 Johnny Cash, un dos heroes persoais de Nick Cave, fixo unha versión de "The Mercy Seat" no álbum American III: Solitary Man, talvez en pago ás versións que Nick fixo de "Muddy Water", "The Singer" e "Long Black Veil". Cave foi invitado despois a ser un dos músicos que contribuirían coa retrospectiva en The Essential Johnny Cash, álbum lanzado para coincidir co 70 aniversario do cantautor estadounidense. Este e Cave cantaron un dueto para unha versión da canción de Hank Williams "I'm So Lonesome I Could Cry" para o álbum American IV: The Man Comes Around (2002). Así mesmo, gravaron un dueto para a canción tradicional "Cindy", que foi lanzado despois da morte de Cash na colección Johnny Cash: Unearthed.

Con Ute Lemper

editar

En 2000, a actriz e cantante Ute Lemper deu a coñecer o seu álbum Punishing Kiss, unha colección de cancións escritas por artistas do talle de Tom Waits ou Elvis Costello cunha canción composta por Nick Cave: "Little Water Song".

Con Pulp

editar

En 2002 Cave gravou unha versión da canción "Disco 2000" da banda británica Pulp como "lado B" para o sinxelo Bad Cover Version.

Con Marianne Faithful

editar

En 2004, Cave participou no álbum da veterana Marianne Faithfull no seu álbum Before The Poison. Para este coescribiu e produciu tres cancións: "Crazy Love", "There Is a Ghost" e "Desperanto"; os músicos de The Bad Seeds tocaron en todas elas. Curiosamente, PJ Harvey, antiga relación amorosa de Nick Cave, tamén participou no álbum con cinco cancións como produtora, compositora, coescritora, tocando guitarra, baixo, piano, teclados, a cargo dos sintetizadores e facendo acompañamento vocal.

Con Kylie Minogue

editar

No disco Ultimate Kylie interpreta o seu tema "Where the Wild Roses Grow" coa tamén australiana Kylie Minogue.

Nick Cave e o cine

editar

A música de Nick Cave (só ou coa súa banda) foi incluída en varias das películas de Wim Wenders': Wings of Desire (Cave aparece nesta película, interpretándose a si mesmo nunha presentación en vivo), Until the End of the World, Faraway... So Close! e Soul of a Man, un documental sobre a música blues producido por Martin Scorsese. Cave tamén actuou na película independente Ghosts... of the Civil Dead (1989), escrita e dirixida por John Hillcoat. Tamén apareceu como actor na película Johnny Suede (1991), compartindo pantalla con Brad Pitt.

Mostrando un crecente interese no cine, Nick Cave escribiu o guión e a música para The Proposition, un western de magnitudes líricas e poéticas sobre amor e violencia no deserto australiano. A película foi dirixida por John Hillcoat e nela actúan Guy Pearce, Ray Winstone, Danny Huston, John Hurt, David Wenham e Emily Watson. Foi filmada en Queensland en 2004. Presentouse desde outubro de 2005, logrando eloxios da crítica de todo o mundo, pero con pouca presenza nas carteleiras.

Nick Cave e John Hillcoat planexaban realizar unha comedia, Death of a Ladies Man. A filmación iniciaríase en Inglaterra en setembro de 2006.

Trivialidades

editar
  • Dise que Nick Cave é membro de the Sons of Lee Marvin, unha sociedade "semi-secreta" de artistas que se parecen a (ou poderían ser fillos de) Lee Marvin fundada polo director Jim Jarmusch.
  • A cantante pop Kylie Minogue lembra a Nick Cave como unha influencia positiva: "Ensinoume a ir sempre máis alá, a probar cousas diferentes, e a nunca perder de vista quen son en verdade. Para min o difícil foi desatar o meu verdadeiro eu e á vez seguir sendo leal á miña música".
  • A canción de Nick Cave and the Bad Seeds "Red Right Hand" apareceu en varias películas e programas de televisión, como The X-Files, Dumb & Dumber, Scream e as súas secuelas Scream 2 e Scream 3, así como en Hellboy (cantada por Pete Yorn).
  • A canción "People Ain't No Good" está incluída na banda sonora da película animada Shrek 2.
  • Nick Cave asegura que a cicatriz da súa meixela esquerda é produto dunha pelexa con coitelos entre el e a súa entón parella Anita Lane.
  • No vídeo musical da canción "Bad Cover Version" da banda británica Pulp, Nick Cave aparece entre varios músicos oculto tras unha barba postiza.
  • Cave tocou a súa canción clásica "The Mercy Seat" en case tódalas súas presentacións en vivo desde 1998, incluíndo aparicións solistas e unha aparición no popular programa de Jerry Letterman.
  • Nick Cave apareceu na banda sonora da película I Am Sam, onde canta unha versión da famosa canción "Let It Be", de The Beatles. Tamén lanzou despois a súa versión de "Here Comes The Sun", da mesma banda.
  • Nick Cave, un devoto cristián, escribiu un prefacio para unha publicación do Evanxeo segundo San Marcos, editado por Canongate en Inglaterra (1998). A versión estadounidense do mesmo libro contén un prefacio escrito por outro autor.
  • Despois do Terremoto do Océano Índico de 2004 Nick Cave apareceu no concerto de beneficiencia Wave Aid en Sydney, Australia.
  • En 2006 a revista Esquire colocou a Nick Cave no quinto lugar entre "os 20 homes mellor vestidos do mundo".[1]
  • Nick Cave é homenaxeado na banda deseñada The Young Lovecraft na personaxe do cantautor autoestopista Angelo Barracuda. No cómic, a personaxe chega a interpretar o inicio da canción de Cave cos Bad Seeds "Song of Joy".

Discografía de Nick Cave and the Bad Seeds

editar

Álbums de estudio

editar
  1. From Her to Eternity (1984)
  2. The Firstborn Is Dead (1985)
  3. Kicking Against the Pricks (1986)
  4. Your Funeral... My Trial (1986)
  5. Tender Prey (1988)
  6. The Good Son (1990)
  7. Henry's Dream (1992)
  8. Let Love In (1994)
  9. Murder Ballads (1996)
  10. The Boatman's Call (1997)
  11. No More Shall We Part (2001)
  12. Nocturama (2003)
  13. Abattoir Blues/The Lyre of Orpheus (2 CDs) (2004)
  14. Dig, Lazarus, Dig!!! (2008)
  15. Push the Sky Away (2013)
  16. Skeleton Tree (2016)
  17. Ghosteen (2019)
  18. Wild God (2024)

Álbums en vivo e compilacións

editar
  • Live Seeds (1993)
  • The Best of Nick Cave and the Bad Seeds (1998)
  • B-Sides & Rarities (3 CDs) (2005)
  • The Abattoir Blues Tour (2CD/2DVD) (2007)
  • Live at the Royal Albert Hall (2008)
  • Live from KCRW (2013)
  • Lovely Creatures: The Best of Nick Cave and the Bad Seeds (2017)

Outros álbums de Nick Cave

editar
  • Ghosts...of the Civil Dead (Soundtrack) - Composto con Mick Harvey & Blixa Bargeld
  • To Have and to Hold (Soundtrack) - Composto con Mick Harvey & Blixa Bargeld
  • The Secret Life of the Love Song - lectura de textos orixinais e tres cancións
  • September Songs: The Music of Kurt Weill - Nick Cave canta "Mack the Knife"
  • The Proposition (Soundtrack) (2005) - Composto con Warren Ellis
  • Original Seeds: Songs that inspired Nick Cave and the Bad Seeds - Compilacións "non-oficiais" de música (1998 & 2004)

Lista de lanzamentos en DVD e vídeo

editar
  • The Road to God Knows Where - Documental sobre unha xira polos Estados Unidos
  • Live at the Paradiso - En vivo en Ámsterdan
  • Nick Cave and the Bad Seeds: The videos
  • God is in the house - En vivo en Lión, Francia

Libros escritos por Nick Cave

editar

Premios

editar
  • 2005 Q magazine: Q Classic Songwriter Award
  • 2005 AFI Awards: Best Original Music Score (The Proposition)
  • 2005 Inside Film Awards: Best Music (The Proposition)
  • 2005 Film Critics Circle Of Australia Awards: Best Musical Score (The Proposition)
  • 2001 ARIA Awards: Best Male Artist (No more shall we part)
  • 2001 APRA Music Awards: The Ship Song incluída entre as 30 mellores canciones australianas nos 75 anos previos
  • 1997 APRA Music Awards: Songwriter of the year
  • 1997 ARIA Awards: Best Original Soundtrack (To have and to hold)
  • 1996 ARIA Awards: Song of the Year & Single of the Year & Best Pop Release (Where the wild roses grow)
  • 1996 MTV Europe Music Awards: Nick Cave requiriu formalmente que o seu nomeamento para "Mellor Artista Masculino" fose cancelada, pois non se sentía conforme coa "natureza competitiva" da premiación. Cave menciona: "As miñas cancións non son cabalos de carreira."
  • 1990 Time Out Magazine: Book Of The Year (And The Ass Saw The Angel)

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Bad Seed: A biography of Nick Cave, Ian Johnston (1995) ISBN 0-316-90589-4
  • The life and music of Nick Cave: An illustrated biography, Maximilian Dax & Johannes Beck (1999) ISBN 3-931126-27-7
  • Kicking Against the Pricks: An Armchair Guide to Nick Cave, Amy Hanson (2005), ISBN 1-900924-96-X
  • Liner notes to the CDs Original Seeds: Songs that inspired Nick Cave and the Bad Seeds, Kim Beissel (1998 & 2004), Rubber Records

Ligazóns externas

editar