Nick Cave and the Bad Seeds
Nick Cave and The Bad Seeds é unha banda de Rock/post-punk cun elenco internacional e flutuante. Foi formada en 1983 por dous membros da desaparecida banda australiana The Birthday Party: Nick Cave (cantante, compositor) e o músico Mick Harvey. Uníuselles o guitarrista Blixa Bargeld, membro da banda alemá Einstürzende Neubauten, o ex-guitarrista da banda Magazine Hugo Race e o tamén membro desta última banda Barry Adamson, baixista e pianista. Con este elenco a banda gravou e lanzou o seu álbum debut From Her To Eternity en 1984.
Nick Cave and the Bad Seeds | |
---|---|
Orixe | Melbourne, Australia |
Período | 1983 - presente |
Xénero(s) | post-punk, rock alternativo |
Selo(s) discográfico(s) | Mute Records |
Membros | Nick Cave, Mick Harvey, Blixa Bargeld, Thomas Wydler, Martyn P. Casey, Conway Savage, Warren Ellis, Jim Sclavunos, James Johnston |
Antigos membros | Anita Lane, Barry Adamson, Hugo Race, Rowland S. Howard, Tracy Pew, Kid Congo Powers, Roland Wolf |
Artistas relacionados | The Birthday Party, Einstürzende Neubauten, Grinderman, Die Haut, Shilpa Ray, The Cramps, PJ Harvey |
Na rede | |
páxina web oficial | |
Durante a súa primeira xira australiana, Tracy Pew, baixista e guitarrista de The Birthday Party tamén actuou coa banda.
Nick Cave and the Bad Seeds apareceron na película de Wim Wenders Der Himmel über Berlin (1987).
Aliñación
editarOs catro integrantes esenciais
editar- Nick Cave - voz, piano (1984—)
- Mick Harvey - guitarra, baixo, teclados, percusións (1984—)
- Blixa Bargeld - guitarra, voz (1984–2003)
- Thomas Wydler - percusións (1985—)
A banda incluíu músicos que, grazas ó seu impacto no son da banda, gañáronse o estatuto de "malas sementes":
O resto dos Bad Seeds
editar- Martyn P. Casey - baixo (1991—)
- Conway Savage - piano, teclados (1991—)
- Warren Ellis - violín (1993—)
- Jim Sclavunos - percusións (1996—)
- James Johnston - guitarra, teclados (2004—)
Outras Bad Seeds
editar- Anita Lane - compositora
- Barry Adamson - baixo, percusión
- Hugo Race - guitarra
- Rowland S. Howard - guitarra
- Tracy Pew (falecido) - baixo
- Kid Congo Powers - guitarra
- Roland Wolf (falecido) - piano
Nacionalidade dos compoñentes
editarNick Cave, o líder da banda, mudouse de Melbourne a Londres en 1980. Desde que formou The Bad Seeds en 1984 viviu en Berlín, São Paulo, Londres e Brighton. Os membros internacionais da agrupación xúntanse para gravar e actuar en xiras. As nacionalidades dos membros actuais e previos de The Bad Seeds son:
- Australianos: Nick Cave, Mick Harvey, Hugo Race, Martyn P. Casey, Conway Savage, e Warren Ellis.
- Británicos: Barry Adamson e James Johnston.
- Alemáns: Blixa Bargeld e Roland Wolf.
- Suízo: Thomas Wydler.
- Estadounidenses: Kid Congo Powers e Jim Sclavunos.
Discografía
editarÁlbums de estudio
editarÁlbum | Ano | Selo |
---|---|---|
From Her to Eternity | 1984 | Mute Records |
The Firstborn Is Dead | 1985 | Mute Records |
Kicking Against the Pricks | 1986 | Mute Records |
Your Funeral... My Trial | 1986 | Mute Records |
Tender Prey | 1988 | Mute Records |
The Good Son | 1990 | Mute Records |
Henry's Dream | 1992 | Mute Records |
Let Love In | 1994 | Mute Records |
Murder Ballads | 1996 | Mute Records |
The Boatman's Call | 1997 | Mute Records, Reprise Records |
No More Shall We Part | 2001 | Mute Records |
Nocturama | 2003 | Mute Records, ANTI- |
Abattoir Blues / The Lyre of Orpheus | 2004 | Mute Records |
Dig, Lazarus, Dig!!! | 2008 | Mute Records, ANTI- |
Push the Sky Away | 2013 | Bad Seed Ltd |
Skeleton Tree | 2016 | Bad Seed Ltd. |
Ghosteen | 2019 | Bad Seed Ltd., Ghosteen |
Wild God | 2024 | PIAS Recordings |
Álbums en vivo e compilacións
editar- Live Seeds (1993).
- The Best Of (1998).
- B-Sides & Rarities (3CD) (2005).
- Lovely Creatures: The Best of Nick Cave and the Bad Seeds (2017).
Véxase tamén
editarOUtros artigos
editarLigazóns externas
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Nick Cave and the Bad Seeds |
- Sitio web oficial Arquivado 17 de outubro de 2008 en Wayback Machine. (en inglés)
- Bad-Seed.org - Sitio para afecionados á banda