Abrir o menú principal

The Cramps foi unha banda estadounidense de garage punk formada en 1976 e activa ata o ano 2009. A banda desapareceu despois da morte do vocalista Lux Interior. A súa composición variou moito ao longo da súa traxectoria, sendo os únicos membros constantes o matrimonio formado por Lux Interior e a guitarrista Poison Ivy. O guitarrista Bryan Gregory e o batería Pam Ballam completaron a primeira formación en abril de 1976.

The Cramps
The-Cramps.jpg
OrixeSacramento (California), Estados Unidos Flag of the United States.svg
Período1976 - 2009
Xénero(s)garage punk, psychobilly, rock & roll, punk blues, horror punk
Selo(s) discográfico(s)I.R.S. Records, Creation Records
MembrosLux Interior
Poison Ivy
Harry Drumdini
Páxina webhttp://www.thecramps.com/

O grupo formou parte do primeiro movemento punk rock xurdido de Nova York. The Cramps destacan por influenciar a varios estilos musicais, xa que é unha das primeiras bandas de garage punk e tamén a primeira que mesturou o punk rock co rockabilly, polo que son recoñecidos como un dos principais innovadores do psychobilly, inspirando a moitas das primeiras bandas de rock gótico.

DiscografíaEditar

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar