Lou Reed

músico estadounidense

Lewis Allen Reed, nado en Freeport (Long Island, Nova York) o 2 de marzo de 1942 e finado o 27 de outubro de 2013,[1][2] foi un cantante de rock e escritor estadounidense, máis coñecido como Lou Reed. Está considerado o pai do rock independente, primeiro como líder do grupo The Velvet Underground e logo en solitario. Enormemente influente na arte pop desde a década de 1960, os seus principais discos son Rock'n Roll Animal, Transformer e, para un primeiro acercamento, o soberbio concerto que ofreceu no Meltdown Festival: Perfect Night Live in London.

Infotaula de personaLou Reed

(2008) Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(en) Lewis Allan Reed Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento2 de marzo de 1942 Editar o valor em Wikidata
Brookdale University Hospital and Medical Center, Estados Unidos de América (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte27 de outubro de 2013 Editar o valor em Wikidata (71 anos)
East Hampton, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Causa da mortecirrose hepática Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Syracuse (1960–)
Freeport High School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante , compositor de cancións , poeta , actor , produtor musical , compositor , guitarrista , fotógrafo , cantautor , director de cinema Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1964 Editar o valor em Wikidata - 2013 Editar o valor em Wikidata
EmpregadorPickwick Records (pt) Traducir (1964–) Editar o valor em Wikidata
Membro de
The Velvet Underground (1965–1970) Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoMúsica rock, Protopunk, rock alternativo, noise rock, Rock experimental, Glam rock, folk rock, Rock psicodélico, blue-eyed soul, Art rock, spoken word e música drone (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
TesituraBarítono Editar o valor em Wikidata

InstrumentoGuitarra e voz Editar o valor em Wikidata
Selo discográficoWarner Bros. Records
MGM Records
RCA Records
Arista
Sire Records
Verve Records
RCA
Pickwick Records (pt) Traducir
Metro-Goldwyn-Mayer
Warner Records Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Familia
CónxuxeLaurie Anderson (2008–2013)
Premios

Páxina webloureed.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0715563 Allocine: 22188 Allmovie: p59273 TV.com: people/lou-reed IBDB: 84104
Facebook: LouReed MySpace: officialloureed Youtube: UC5J-utqOg4GnsFlDflgXdrw BNE: XX848587 Spotify: 42TFhl7WlMRXiNqzSrnzPL Last fm: Lou+Reed Musicbrainz: 9d1ebcfe-4c15-4d18-95d3-d919898638a1 Songkick: 550980 Discogs: 11879 Allmusic: mn0000233066 WikiTree: Reed-12362 Find a Grave: 119376486 Deezer: 1009 Genius: Lou-reed Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

editar

Reed era un fan do rock e o rhythm and blues que tocaba en varias bandas durante a súa época de estudante, e gravado un disco sinxelo de estilo doo wop como membro de The Shades. Asistiu á Universidade de Syracuse, onde coñeceu ó poeta Delmore Schwartz, quen o animou a converterse en escritor. Reed tamén se afeccionou ó free jazz e á música experimental. Máis tarde afirmou que os seus obxectivos eran "traer a sensibilidade da novela á música rock" ou escribir "a Gran Novela Americana" nun disco.

Trasladouse á cidade de Nova York, onde traballou como escritor de cancións para Pickwick Records e cofundou The Velvet Underground como guitarrista, vocalista e letrista, xunto con John Cale, Sterling Morrison e Maureen Tucker. Se ben a banda se desfixo en 1973 (Lou a deixara en 1970) e nunca tivo éxito comercial, a súa reputación como un dos grupos máis influentes na cultura underground mantense intacta.

En 1972 Reed, xa en solitario, lanzou Transformer, un álbum de glam rock producido por David Bowie. A continuación publicou Berlin, que conta unha tráxica historia de amor entre dous drogadictos en Berlín. Este disco inclúe Caroline Says (violencia), The Kids (prostitución e adicción ás drogas), The Bed (suicidio) e Sad song ("Canción triste").

Reed adiantouse ó seu tempo na elección destes temas. A música popular non se poría á súa altura ata a aparición dos punks, entre mediados e finais dos 70; pero incluso entón as súas cancións eran únicas: xa fose entre guitarras distorsionadas ou ben suavemente melódicas, Reed cantaba sobre as cousas desasosegantes, ou incluso sórdidas, que outros letristas non trataban. "Walk on the Wild Side" é un saúdo irónico e gráfico ós inadaptados, chapeiros e travestís na Factoría de Andy Warhol. "Perfect Day" é unha elexía á adicción de Reed á heroína, máis tarde incluída na banda sonora da película Trainspotting. No material que escollía, Reed seguía, e actualizaba, a autores tales como Allen Ginsberg ou Jean Genet. A personalidade de Reed foi tamén avanzada, preferindo o coiro negro e a imaxinería sadomasoquista incluso na época hippie.

En 1975, produciu o dobre álbum de estudio Metal Machine Music, cheo de pura distorsión e sons de sintetizadores electrónicos. A súa discográfica estaba presionándoo para que gravara outro álbum comercial ó estilo de Transformer, e Lou decidiu cortar con eles gravando intencionadamente un dos discos máis insoportables da historia. O xornalista de rock Lester Bangs declarouno xenial. Aínda que admitindo que as notas internas dos instrumentos usados é ficticia e paródica, Reed mantén que MMM era e é un álbum serio. Os seus discos de finais dos 70 son frecuentemente recordados con reservas polos críticos de rock, debido ó menos en parte ás adiccións de Reed naqueles anos.

Ó principio dos 80, Reed deixou as drogas e comezou, tanto no seu traballo como na súa vida privada, a intentar asuntos máis serios. Este cambio déixase ver notablemente no seu aclamado disco de regreso The Blue Mask. Casou con Sylvia Morales (máis tarde divorciáronse). No exitoso álbum New York lanzou unha enfadada salva contra os problemas políticos da súa cidade, denunciando o crime, os caros alugueiros, a Jesse Jackson e incluso ó papa Xoán Paulo II e Kurt Waldheim. Cando Andy Warhol, que foi anfitrión e produtor de The Velvet Underground, morreu tras unha operación rutineira, Reed pechou unha brecha de 25 anos para colaborar co seu compañeiro da Velvet John Cale en Songs for Drella, unha biografía de Warhol en música pop minimalista. Emocionante e dolorosamente confesional, a miúdo enxeñosa, a voz de Reed produce desacougo cando canta sobre presuntos erros médicos e sobre o intento de asasinato de Warhol levado a cabo por Valerie Solanas en 1968.

Reed continuou neses tons escuros con Magic and Loss, un disco sobre a mortalidade. En 1997 máis de 30 artistas fixeron unha versión de "Perfect Day" para un especial da BBC en favor dos nenos. En 2001 foi vítima dunha alburgada que afirmaba que morrera de sobredose de heroína. En 2003 publicou un dobre álbum, The Raven, baseado na obra de Edgar Allan Poe. En 2004, publicouse unha remestura da súa canción "Satellite of Love" que alcanzou o número 10 nas listas inglesas.

A comezos de 2013 fixéronlle un transplante de fígado. Faleceu o 27 de outubro dese ano.

Discografía en solitario

editar

Álbums de estudio

editar

En directo

editar
  • Rock n Roll Animal (1974)
  • Lou Reed Live (1975)
  • Live: Take No Prisoners (1978)
  • Live in Italy (1984)
  • Live in Concert (1996) (Unha reedición do álbum de 1984)
  • Perfect Night: Live in London (1998)
  • American Poet (2001)
  • Animal Serenade (2004)

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar