Lee Marvin

actor estadounidense

Lee Marvin, nado en Nova York o 19 de febreiro de 1924 e finado en Tucson (Arizona) o 29 de agosto de 1987, foi un actor estadounidense.

Lee Marvin
Nacemento19 de febreiro de 1924
LugarNova York
Falecemento29 de agosto de 1987
LugarTucson
Causainfarto agudo de miocardio
SoterradoCemiterio Nacional de Arlington
NacionalidadeEstados Unidos de América
Educado enSaint Leo University, Oakwood Friends School e Manumit School
PaiLamont Waltman Marvin
NaiCourtenay Washington Davidge
Cónxuxe(s)Betty Ebeling e Pamela Feeley
Profesiónactor de cinema, actor, militar, actor de xénero, actor de televisión e actor de teatro
Na rede
IMDB: nm0001511 Allocine: 426 Rottentomatoes: celebrity/lee_marvin Allmovie: p46149 TCM: 123980 TV.com: people/lee-marvin IBDB: 51726
Musicbrainz: b74b7690-082b-49d8-882f-330f3b36b613 Discogs: 252780 Allmusic: mn0000227364 WikiTree: Marvin-839 Find a Grave: 1600 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Nado en Nova York, abandonou a escola para ingresar nos marines en 1942, sendo ferido na segunda guerra mundial na batalla de Saipan. Marvin recibiu o Corazón Púrpura en 1945.

Trala guerra, mentres traballaba de axudante de fontaneiro nun teatro, pedíronlle que substituíse a un actor enfermo, comezando a súa carreira. En 1945 mudouse a Hollywood.

Comezou con pequenos papeis para logo ir logrando personaxes máis importantes, como en The Man Who Shot Liberty Valance. Gañou o Oscar ao mellor actor en 1965 por A inxenua explosiva.

Seguiu traballando no cinema e na televisión ata mediados dos anos oitenta.

Finou en 1987, e está enterrado no Arlington National Cemetery.

Filmografía editar

Ano Filme
1952 Hangman’s Knot
1952 Eight Iron Men
1953 The Big Heat
1953 Gun Fury
1953 The Wild One
1954 The Caine Mutiny
1954 The Raid
1955 Canción triste de Pete Kelly
1955 Bad Day at Black Rock
1955 Violent Saturday
1956 Attack
1956 Seven Men from Now
1957 Raintree County
1958 The Missouri Traveler
1961 The Comancheros
1962 The Man Who Shot Liberty Valance
1963 Donovan’s Reef
1964 Os asasinos
1965 A inxenua explosiva
1965 Ship of Fools
1966 Os profesionais
1967 The Dirty Dozen
1967 A queimarroupa
1968 Hell in the Pacific
1969 Paint Your Wagon
1970 Monte Walsh
1972 Prime Cut
1972 Pocket Money
1973 Emperor of the North Pole
1973 The Iceman Cometh
1974 The Spikes Gang
1974 The Klansman
1976 The Great Scout & Cathouse Thursday
1976 Shout at the Devil
1979 Avalanche Express
1980 The Big Red One
1981 Death Hunt
1983 Gorky Park
1984 Dog Day
1985 The Dirty Dozen: The Next Mission
1986 The Delta Force

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar