A queimarroupa
A queimarroupa (en inglés: Point Blank) é un filme estadounidense dirixido por John Boorman que se estreou en 1962. Está protagonizado por Lee Marvin, xunto con Angie Dickinson, Keenan Wynn e Carroll O'Connor, e é unha adaptación da novela The Hunter de Donald E. Westlake, baixo o pseudónimo Richard Stark. Boorman dirixiu o filme a petición de Marvin e Marvin interpretou o papel principal do filme. Non foi un éxito de recadación en 1967, pero dende entón converteuse nun clásico de culto. En 2016, foi considerado como "cultural, histórica ou esteticamente significativo" pola Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos de América, e escollido para a súa conservación no National Film Registry.
A queimarroupa | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Point Blank |
Director | John Boorman |
Produtor | Judd Bernard Robert Chartoff |
Guión | Alexander Jacobs David Newhouse Rafe Newhouse |
Baseado en | The Hunter de Richard Stark |
Intérpretes | Lee Marvin |
Música | Johnny Mandel |
Fotografía | Philip H. Lathrop |
Montaxe | Henry Berman |
Estudio | Judd Bernard-Irwin Winkler Production |
Distribuidora | Metro-Goldwyn-Mayer |
Estrea | SF premiere: 30 de agosto de 1967 18 de febreiro de 1989 (TVG) |
Duración | 92 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Crime |
Orzamento | $2 500 000[1] |
Recadación | $3 000 000 (USA/Canadá)[2] |
Na rede | |
Estreouse en galego o 18 de febreiro de 1989 a través da TVG.[3]
Personaxes
editar- Lee Marvin como Walker
- Angie Dickinson como Chris
- Keenan Wynn como Yost
- Carroll O'Connor como Brewster
- Lloyd Bochner como Frederick Carter
- Michael Strong como Stegman
- John Vernon como Mal Reese
- Sharon Acker como Lynne Walker
- James Sikking como Hired Gun
- Sandra Warner como Camareira
- Roberta Haynes como Mrs. Carter
Notas
editar- ↑ CHARTOFF AND WINKLER: Entrepreneurs of the Offbeat Film Two Entrepreneurs of Offbeat Movies Thomas, Kevin. Los Angeles Times (1923-Current File) [Los Angeles, Calif] 16 Jan 1968: d1.
- ↑ "Big Rental Films of 1968", Variety, 8 de xaneiro de 1969 p 15. Please note this figure is a rental accruing to distributors.
- ↑ "Programación da TVG". ABC. 18 de febreiro de 1989. Consultado o 29 de setembro de 2017.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- A queimarroupa na IMDb (en inglés).
- Ficha en AllMovie (en inglés)