The X-Files é unha serie de televisión estadounidense de ficción científica e misterio creada por Chris Carter. Emitiuse orixinalmente dende o 10 de setembro de 1993 até o 19 de maio de 2002 a través de Fox. A serie componse de nove tempadas, con 202 episodios. Unha décima tempada composta de seis episodios estreouse o 24 de xaneiro de 2016 e concluíu o 22 de febreiro de 2016. Logo dos bos resultados do "revival" da serie, The X-Files regresou cunha onceava tempada composta de dez episodios, a cal se estreou o 3 de xaneiro de 2018 e rematou o 21 de marzo de 2018. Ademais da serie de televisión, estreáronse dous filmes, The X-Files: Fight the Future, en 1998, cuxo argumento ten continuidade coa serie, e The X-Files: I Want to Believe, en 2008, seis anos despois de que a serie deixase de emitirse.

The X-Files


Tiposerie de televisión Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticociencia ficción, serie de televisión de suspense, serie de televisión de terror e ficción sobrenatural Editar o valor en Wikidata
Lingua orixinallingua inglesa Editar o valor en Wikidata
FranquíaThe X-Files Editar o valor en Wikidata
Autoría
Creador/aChris Carter Editar o valor en Wikidata
Director/aRob Bowman Editar o valor en Wikidata
Compositor/aMark Snow Editar o valor en Wikidata
Director/a fotografíaJohn Bartley, Craig Wrobleski e Thomas Del Ruth Editar o valor en Wikidata
Temática
Tema principalciencia forense, paranormal, Federal Bureau of Investigation, abdución e hipótese dos antigos astronautas Editar o valor en Wikidata
Ambientado enWashington, D.C. Editar o valor en Wikidata
Época ambientación1993 Editar o valor en Wikidata
Publicación
País orixeEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Produtor/a executivoChris Carter, Howard Gordon, Vince Gilligan, John Shiban, Kim Manners, Glen Morgan, James Wong, Michelle MacLaren, David Greenwalt, Michael W. Watkins e R. W. Goodwin Editar o valor en Wikidata
Compañía produtoraTen Thirteen Productions e 20th Century Fox Television Editar o valor en Wikidata
Distribuidor/a20th Television, Netflix, Hulu e Disney+ Editar o valor en Wikidata
Emisora orixinalFox Broadcasting Company Editar o valor en Wikidata
Formato de distribuciónvídeo baixo demanda Editar o valor en Wikidata
Datas
Comezo10 de setembro de 1993 Editar o valor en Wikidata
Remate21 de marzo de 2018 Editar o valor en Wikidata
Dimensións
Duración43 minutos Editar o valor en Wikidata
Episodios218 Editar o valor en Wikidata
Tempadas11 Editar o valor en Wikidata
Localización
Localización rodaxeVancouver e Os Ánxeles Editar o valor en Wikidata
Premios
Composto por
Contacto
Páxina WEBfox.com… Editar o valor en Wikidata
RedesIMDB: tt0106179 Filmaffinity: 908463 Allocine: 182 Rottentomatoes: tv/the_x_files Allmovie: v163252 Metacritic: tv/the-x-files TV.com: shows/the-xfiles
Facebook: OfficialTheXFiles Netlix: 70136138 Editar o valor en Wikidata
Wikidata ] C:Commons ]

Na serie, David Duchovny e Gillian Anderson interpretan dous axentes do FBI, Fox Mulder e Dana Scully, que teñen a tarefa de investigar os "expedientes X". Estes casos, marxinados polo FBI, comunmente involucran feitos paranormais. Mulder interpreta o rol do "crente", tendo fe da existencia de extraterrestres e de fenómenos paranormais, namentres Scully é a "escéptica", inicialmente designada polos seus superiores para desprestixiar o traballo de Mulder e encontrarlle unha explicación. Mentres a serie avanza, Mulder e Scully vense rodeados polos mesmos conflitos e desenvolven unha estraña e ambigua amizade.

Personaxes

editar

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar