Roxy Music é unha banda inglesa de art rock formada en novembro de 1970 por Bryan Ferry, que se converteu no vocalista e principal compositor, e polo baixista Graham Simpson. Os outros membros son Phil Manzanera (guitarra), Andy Mackay (saxofón e óboe) e Paul Thompson (batería e percusión). Antigos compoñentes da banda foron Brian Eno (sintetizadores) e Eddie Jobson (sintetizadores e violín). Malia que o grupo parou as súas actividades en 1983, reuniuse para unha xira no 2001, e veñen tocando xuntos intermitentemente dende entón.

Roxy Music
OrixeLondres, Inglaterra Inglaterra
Período1971 – 1976
1978 – 1983
2001 – presente
Xénero(s)art rock, glam rock, New Wave, New Romanticism
Selo(s) discográfico(s)E.G., Virgin
MembrosBryan Ferry
Andy Mackay
Paul Thompson
Phil Manzanera
Antigos membrosBrian Eno
Graham Simpson
David O'List
Dexter Lloyd
Rik Kenton
John Porter
Eddie Jobson
John Gustafson
John Wetton
Paul Carrack
Alan Spenner
Gary Tibbs
Andy Newmark
Neil Hubbard
Jimmy Maelen
Artistas relacionadosThe Explorers, 801
Na rede
roxymusic.co.uk
IMDB: nm0746911 Facebook: roxymusic MySpace: roxymusic Youtube: UCV4mMA9St1rYc4ANbve-KBA Spotify: 3fhOTtm0LBJ3Ojn4hIljLo iTunes: 650587 Last fm: Roxy+Music Musicbrainz: 331ce348-1b08-40b9-8ed7-0763b92bd003 Songkick: 180677 Discogs: 56621 Allmusic: mn0000852855 Deezer: 1157 Editar o valor em Wikidata

Roxy Music acadou o éxito no Reino Unido, Europa e Australia durante a década de 1970 e comezos da de 1980, comezando co seu álbum de estrea, Roxy Music, publicado en 1972. A banda foi moi influente como principais expoñentes dos elementos máis experimentais e sofisticados do glam, ademais de ser unha influencia significativa no primeiro punk rock británico. Tamén foi un modelo para moitos artistas de New Wave e os grupos de electrónica experimental de principios dos 80. Roxy Music distínguese pola súa sofisticación visual e musical, e a súa preocupación polo estilo e o glamour. Ferry e Eno tamén tiveron unhas influentes carreiras en solitario, converténdose o segundo nun importante produtor nos últimos anos do século XX.

A revista Rolling Stone colocou a Roxy Music no número 98 da súa lista dos 100 mellores artistas de todos os tempos. A súa música estvo influenciada por artistas británicos da época como os Beatles, que era a banda favorita de Ferry, King Crimson, David Bowie, Elton John, Pink Floyd, The Kinks, The Move, The Rolling Stones, Traffic, The Who, The Creation e The Pretty Things. Os "tratamentos" de Eno estiveron influenciados polo so de The Velvet Underground.

Un novo álbum de estudio, que sería o noveno, comezou a gravarse no ano 2005. Tería sido o primeiro traballo da banda con Brian Eno dende 1973, que compuxera dous temas ademais de tocar os teclados. Porén, Bryan Ferry finalmente confirmou que o material gravado nesas sesións sería publicado como un álbum en solitario de Ferry, con Eno tocando nun feixe de cancións, e tamén dixo que non cría que volvesen a gravar como Roxy Music novamente.

Discografía editar

Álbum Ano Selo
Roxy Music 1972 Island/Reprise
For Your Pleasure 1973 Island/Warner Bros.
Stranded 1973 Island/Atco
Country Life 1974 Island/Atco
Siren 1975 Island/Atco
Manifesto 1979 Polydor/Atco
Flesh and Blood 1980 Polydor/[[Atlantic Records|Atlantic
Avalon 1982 EG/Polydor/Warner

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar