I Am Sam
I Am Sam (estilizado como i am sam) é un filme estadounidense de 2001 coescrito e dirixido por Jessie Nelson, e protagonizado por Sean Penn como un pai cunha discapacidade intelectual, Dakota Fanning como a súa brillante e inquisitiva filla e Michelle Pfeiffer como a súa avogada. Dianne Wiest, Loretta Devine, Richard Schiff e Laura Dern aparecen nos papeis secundarios.
I Am Sam | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | I Am Sam |
Director | Jessie Nelson |
Produtor | Jessie Nelson Richard Solomon Edward Zwick Marshall Herskovitz |
Guión | Kristine Johnson Jessie Nelson |
Intérpretes | |
Música | John Powell |
Fotografía | Elliot Davis |
Montaxe | Richard Chew |
Estudio | The Bedford Falls Company |
Distribuidora | New Line Cinema |
Estrea | 28 de decembro de 2001 |
Duración | 132 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Drama |
Orzamento | 22 millóns de dólares[1] |
Recadación | 97,8 millóns de dólares[2] |
Na rede | |
http://www.iamsammovie.com | |
O filme recibiu valoracións negativas por parte da crítica.[3] Recadou máis de 97 millóns de dólares sobre un orzamento de 22 millóns.[2][1] Pola súa intepretación como Sam, Penn foi nomeado ó Óscar ó mellor actor na 74ª edición dos premios, en 2002. O filme lanzou a carreira como actriz infantil de Dakota Fanning, que daquela tiña sete anos e só tivera dous pequenos papeis antes de I Am Sam. Converteuse na actriz máis nova en ser nomeada ó Premio do Sindicato de Actores.
Personaxes
editar- Sean Penn como Samuel John "Sam" Dawson
- Michelle Pfeiffer como Rita Harrison Williams
- Dakota Fanning como Lucy Diamond Dawson
- Dianne Wiest como Annie Cassell
- Loretta Devine como Margaret Calgrove
- Richard Schiff como Mr. Turner
- Laura Dern como Miranda "Randy" Carpenter
- Marin Hinkle como Patricia
- Stanley DeSantis como Robert
- Brad Silverman como Brad
- Doug Hutchison como Ifty
- Rosalind Chao como Lily
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 "I Am Sam (2001) - Financial Information". The Numbers. Arquivado dende o orixinal o 08 de decembro de 2019. Consultado o 17 de outubro de 2014.
- ↑ 2,0 2,1 "I Am Sam (2001)". Box Office Mojo. Consultado o 19 de novembro de 2010.
- ↑ "I Am Sam". Metacritic. Consultado o 31 de xaneiro de 2020.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- I Am Sam na IMDb (en inglés).
- Ficha en BoxOfficeMojo (en inglés)