Elvis Costello
Declan Patrick MacManus, nado en Londres o 25 de agosto de 1954, coñecido como Elvis Costello, é un músico, cantante e compositor británico. Iniciouse na escena pub rock londiniense a principios dos anos 70 desde onde viu chegar como observador privilexiado o New Wave e o punk rock, movementos cos que se asociou.
Elvis Costello | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Declan Patrick MacManus |
Alias | Elvis Costello |
Data nacemento | 25 de agosto de 1954 (69 anos) |
Nado en | Londres, Reino Unido ![]() |
Cónxuxe | Diana Krall |
Ocupación | músico, compositor, produtor |
Xénero | pub rock, post-punk, new wave, punk rock |
Instrumento(s) | voz, guitarra |
Relacionado con | The Attractions, The Imposters, Diana Krall, Burt Bacharach, Brodsky Quartet, Nick Lowe, Madness, The Strokes, The Specials, Squeeze, Paul McCartney, The Roots |
Tempo en activo | 1970 - presente |
Pseudónimo | Elvis Costello |
Na rede | |
http://www.elviscostello.com/ | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Traxectoria Editar
En 1975, McManus levaba unha aparente vida convencional, casado e con fillo, e empregándose en diferentes traballos administrativos. No entanto, compuña e movía as súas maquetas ata que a independente Stiff Records o contratou. Jack Riviera, director do selo, propúxolle unha identificación artística máis suxestiva, combinando o nome de Elvis Presley e o seu segundo apelido materno: Elvis Costello xa era unha realidade.
O disruptivo 1977 marca a carreira de Costello: á súa fichaxe por Stiff a inicios de ano, séguelle a edición do seu primeiro single "Less than zero" en abril, e de "Alison" en marzo, debutando en longa duración no verán con My aim is true, cun significativo éxito de críticas e un moderado éxito comercial (posto 14 no Reino Unido, entrando no Top40 en Estados Unidos). A portada cun Costello con Fender Jazzmaster en ristre, enormes lentes de pasta, pernas en cuña embutidas en pantalón pítillo, ecos estéticos ao punk e a Buddy Holly e pose desafiante era unha declaración de intencións. A banda que acompañou a gravación foron os americanos Clover, conxunto que naquela época practicaba o country/root e que co tempo converteríase en Huey Lewis and The News. Ese mesmo verán, Costello recrutou ao que sería a súa banda estable, The Attractions, formada por Steve Nieve ao piano, Bruce Thomas ao baixo e Pete Thomas á batería. No outono participaría na Stiff Live Package, con outros grupos do selo como Ian Dury, Wreckless Eric e Nick Lowe. A final de ano Jack Riviera deixa Stiff para fundar Radar Records onde levaría a Lowe e Costello, publicando o seu último single "Watching the detectives" (gravado co baixista e batería de Graham Parker and The Rumours) a final de ano.
Nos dous anos seguintes publicou co novo selo e a nova banda This Year's Model', outra colección de sinxelos como na época do seu debut, cun estilo igual de urxente e intenso pero máis cru e directo, seica froito da escena punk vixente e desligado do pub-rock sesenteiro e músicos de country-rock cos que gravou My aim is true e Armed Forces. Con este último álbum pretendería e alcanzaría un recoñecemento comercial máis amplo (o álbum e primeiro single "Oliver's Army" lograría o número dous das listas británicas, mentres que o álbum entraría no Top10 Estados Unidos, non así ningún dos seus singles). Armed Forces é un disco máis complexo e variado musicalmente, tanto en tempos, estilos e orquestación, igual de irónico e quizais máis traballado en canto a letras, e deixa entrever o que será a carreira posterior do Costello maduro das seguintes décadas.
Costello pecha os setenta como produtor, deixando ou seu sinal no disco debut e homónimo de The Specials. Son coñecidas as súas incursións no mundo dá música clásica como é o caso dás súas obras "The Juliette Letters" e "Il Sogno". Elvis Costello casou con Diana Krall en decembro de 2003 e tiveron dous fillos xemelgos o 6 de decembro de 2006 en Nova York, Dexter Henry Lorcan e Frank Harlan James.
En 2008 Costello presentou un programa de televisión chamado Elvis Costello With... (Elvis Costello con...) co producido por CTV (Canadá), Channel 4 (Inglaterra) e Sundance Channel (Estados Unidos). O programa desenvolvía entrevistas en profundidade a membros destacados do negocio musical. O seu primeiro invitado foi Elton John. O espazo televisivo tiña fins benéficos, para recadar diñeiro na loita contra a sida en África.
Discografía Editar
Álbums Editar
Premios Editar
Oscars Editar
Ano | Categoría | Película | Resultado |
---|---|---|---|
2003 | Oscar a mellor canción | Cold Mountain | Candidato |