Camilo Cienfuegos

Camilo Cienfuegos Gorriarán, nado o 6 de febreiro de 1932 na Habana e finado o 28 de outubro de 1959 nun accidente aéreo, foi un revolucionario cubano e unha das principais figuras da Revolución cubana. Peza clave na toma da cidade de Yaguajay na ofensiva final revolucionaria.

Infotaula de personaCamilo Cienfuegos

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento6 de febreiro de 1932 Editar o valor em Wikidata
A Habana (República de Cuba) Editar o valor em Wikidata
Mortep. 28 de outubro de 1959 Editar o valor em Wikidata (27 anos)
Océano Atlántico, presumiblemente Editar o valor em Wikidata
Causa da morteAccidente de aviación Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeCuba
España Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico , revolucionario , oficial Editar o valor em Wikidata
Partido políticoMovemento do 26 de xullo Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Rango militargeneral de exército (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
ConflitoRevolución cubana Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsOsmany Cienfuegos Gorriarán Editar o valor em Wikidata

Find a Grave: 31678106 Editar o valor em Wikidata

Foi coñecido cos apelativos de O comandante do pobo, O señor da vangarda, Heroe de Yaguajay ou O heroe do sombreiro alón e foi un dos líderes revolucionarios máis queridos e máis chorados polo pobo a causa da súa extracción humilde e o seu carácter xovial.

Biografía editar

Xuventude editar

Naceu no barrio de Jesús del Monte, fillo de Ramón Cienfuegos Flores e Emilia Gorriarán Zaballa, anarquistas orixinarios de Pravia (Asturias) e Castro Urdiales (Cantabria). Comezou a estudar na Escola Pública Nº 96 San Francisco de Paula na Habana, e tras varios cambios de domicilio debidos á mala situación económica da familia acabou na barriada de Lawton a rematar os estudos primarios na Escola Pública Nº 105 Félix E. Alpízar.

Comezou a involucrarse nas loitas sociais en 1948 participando nas protestas contra o aumento dos prezos do autobuses urbanos.

Granma editar

En setembro de 1956 atopábase en México, onde entrou en contacto con Fidel Castro e o Movemento 26 de Xullo, que dende o exilio estaba organizando unha expedición revolucionaria a Cuba para derrocar o réxime de Fulgencio Batista. Ao pouco comezou a adestrarse en guerra de guerrillas e prácticas de tiro no campamento de Abasolo (estado mexicano de Tamaulipas) e incorporouse á expedición do iate Granma.

O Granma partiu o 25 de novembro con 82 expedicionarios a bordo, entre os que ademais de Fidel e Camilo ían futuras figuras da loita revolucionaria coma Juan Almeida, Raúl Castro, Ramiro Valdés ou Ernesto Che Guevara.

O 2 de decembro desembarcaba a dous quilómetros da praia Las Coloradas, onde encallou o barco polo que se perdeu gran parte do material transportado.

Lembranza editar

 
Reprodución en cera do Che Guevara e Camilo Cienfuegos en Serra Maestra, Museo da Revolución (A Habana).

Na súa honra tódolos 28 de outubro os escolares cubanos botan flores ao mar, esta iniciativa foi creada polo Che.

A Universidade de Matanzas leva como nome Camilo Cienfuegos na súa honra[1].

No ano 2009 instalouse unha escultura metálica na fachada do edificio do Ministerio da Informática e as Comunicacións, na Praza da revolución da Habana reproducindo o retrato de Camilo Cienfuegos, parella da escultura similar co retrato do Che noutro edificio da mesma praza[2]. O seu retrato tamén aparece nos billetes de vinte pesos cubanos[3], a imaxe do Monumento a Camilo tamén aparece nos de vinte pesos convertíbeis[4].

En 1959 foi renomeada a localidade ata entón coñecida coma Central Hershey, no concello de Santa Cruz del Norte (Provincia da Habana), coma Central Camilo Cienfuegos[5].

En Yaguajay está localizado o Museo Nacional Camilo Cienfuegos, como parte do complexo arquitectónico da Praza da Revolución da cidade[6].

En 2013 con motivo do 54 aniversario da súa desaparición inaugurouse un monumento na avenida Finlay da cidade de Camagüey, esta avenida une a cidade co Aeroporto Internacional Ignacio Agramonte, onde se lle viu por última vez en 1959 antes de engalar[7].

Notas editar

  1. http://www.ecured.cu/index.php/Universidad_de_Matanzas_Camilo_Cienfuegos
  2. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 14 de xullo de 2014. Consultado o 08 de xullo de 2014. 
  3. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 14 de xullo de 2014. Consultado o 07 de xullo de 2014. 
  4. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 14 de xullo de 2014. Consultado o 07 de xullo de 2014. 
  5. Lonely Planet (2009)
  6. http://www.ecured.cu/index.php/Museo_Nacional_Camilo_Cienfuegos
  7. http://www.juventudrebelde.cu/cultura/2013-05-02/realizaran-monumento-a-camilo-cienfuegos-en-camaguey/

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar