María Araújo

sindicalista, guerrilleira e política galega
(Redirección desde «María Araujo Martínez»)
Para o artigo da xogadora galega de baloncesto véxase: María Pérez Araújo

María Araujo Martínez, coñecida tamén como María Carcaño e María a Guerrilleira, nada no Carril (Vilagarcía de Arousa) o 28 de outubro de 1904 e finada na Habana o 28 de decembro de 1989, foi unha sindicalista, guerrilleira e política galega.

María Araújo
AlcumeMaría Carcaño e María a Guerrilleira
Nacemento28 de outubro de 1904
Lugar de nacementoO Carril
Falecemento28 de decembro de 1989
Lugar de falecementoA Habana
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónsindicalista e política
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Aos dous anos marchou coa familia a Cuba, establecéndose en Casablanca. Casou con Sebastián Carcaño e xuntos vinculáronse ao nacente movemento comunista cubano. En 1927 regresaron cos seus fillos a Galicia. María traballou nunha fábrica de conservas en Vigo. Encabezou o Sindicato de Conserveiras e militou no PCE. Ao iniciarse o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 pasou á clandestinidade e colaborou coa guerrilla antifranquista. Foi detida xunto coa súa filla Dora Carcaño. Grazas ás xestións do cónsul de Cuba en Vigo foi liberada en agosto de 1944 e expulsada de España. De regreso a Cuba participou en campañas de apoio aos guerrilleiros antifranquistas e en 1948 foi vicepresidenta da Unión de Mujeres Españolas. Loitou contra a ditadura de Batista e apoiou o goberno revolucionario. Colaborou na Campaña de Alfabetización, nos Comités de Defensa de la Revolución e na Federación de Mujeres Cubanas.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar