María Pérez Araújo

Xogadora de baloncesto galega

María Pérez Araújo, nada en Vigo o 1 de agosto de 1997, é unha xogadora profesional galega de baloncesto, máis coñecida como María Araújo. Actualmente xoga para o Uni Girona da Liga Endesa nas posicións de ala ou ala-pivote. Foi campioa do Eurobasket 2017 sub-20 coa selección española, sendo nomeada mellor xogadora do Torneo.[1]

María Araújo
Uni Girona  – No. 8
Información persoal
Nacemento 1 de agosto de 1997 (26 anos)
Galiza Vigo, Galiza
Altura 1,85 m (6 ft 1 in)
Posición Ala / Ala-pivote
Liga LF
Información da carreira
Canteira RC Celta Baloncesto
Carreira desde 2012
Historial de equipos
RC Celta Baloncesto (2012–2015) LF2
Star Center Uni Ferrol (2015–presente) LF

Traxectoria editar

Nada en Vigo, María Araújo é filla da histórica xogadora do Real Club Celta Baloncesto Ángeles Araújo.[2] A súa formación na canteira do Celta comezou no segundo ano de infantil, promocionando polas categorías inferiores do club vigués até o seu debut co equipo sénior na temporada 2012−13, cando debutou na LF2 con tan só 15 anos, 2 meses e 20 días, naquel entón récord de precocidade á hora de vestir a camisola celeste.[3] No equipo da cidade olívica permaneceu durante tres campañas (2012−2015), destacando xa na súa segunda campaña cunha media de 13 puntos por encontro.[4]

Na temporada 2015−16 asinou polo Uni Ferrol, debutando na máxima categoría. Para mellorar o seu rendemento mudou de posición, pasando de ser escolta a xogar de ala ou ala-pivote. Na súa segunda campaña en Ferrol converteuse na xogadora revelación da liga, finalizando a liga regular cunha media de 12,1 puntos, 8,9 rebotes e 13 de valoración en 35 minutos por partido. A súa achega foi vital para a clasificación do club á Copa da Raíña e a finalización no terceiro posto da liga, caendo nas semifinais ante Perfumerías Avenida. No Europeo sub-20 de 2017 celebrado en Matosinhos, no que España resultou campioa, María foi elixida como mellor xogadora do torneo (MVP) é membro do quinteto ideal.

Clubs editar

Palmarés editar

  • Ouro no Campionato Europeo sub-18 (2015)
  • Ouro no Campionato Europeo sub-20 (2017)
  • Prata no Campionato Mundial sub-17 (2014)
  • MVP do Campionato Europeo sub-20 (2017)

Recoñecementos editar

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar