Antonio Beduzzi

pintor italiano

Antonio María Nicolao Beduzzi, nado en Boloña en 1675 e finado en Viena o 4 de marzo de 1735, foi un pintor, escenógrafo e arquitecto italiano do barroco, posteriormente nacionalizado austríaco, que estivo activo en Viena a principios do século XVIII.[1][2]

Antonio Beduzzi
Fresco do Santuario de María Taferl con escenas da vida e a asunción de María
Nacemento1675
 Boloña
Falecemento4 de marzo de 1735
 Viena
NacionalidadeItaliano nacionalizado austríaco.
EidoArquitecto, pintor e escenógrafo
AdestramentoGiovanni Gioseffo dal Sole
MovementoBarroco
TraballosInterior e o altar da abadía de Melk.
Igrexa de San Leopoldo en Klosterneuburg.
Museo da catedral de Passau
Frescos no Santuario de María Taferl.
Influenciado porLodovico Burnacini
editar datos en Wikidata ]

Logo de pasar a súa infancia en Boloña, despois da súa graduación trasladouse a Viena, onde sucedeu a Lodovico Burnacini como arquitecto da corte vienesa en 1708.

Foi alumno de Giovanni Gioseffo dal Sole.

Obras editar

 
Fresco do santuario de María Taferl

Entre as súas obras máis representativas cómpre salientar as seguintes:

Notas editar

  1. Stevens, Ursula. "Antonio Peduzzi". En Tessinerkuenstler-ineuropa.ch. 2016 (en alemán)
  2. "Beduzzi, Antonio Maria Nicolao". En Union List of Artist Names (en inglés)
  3. "Escultura y arte en Melk". En Esculturayarte.com (en castelán)
  4. Cook, Thomas. Viena. Ed. Granica. Barcelona, 1997. Páxina 35 [ISBN 84-7577-362-1] (en castelán)

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Wodarz-Eicher, Eva. Narrenweisheit im Priestergewand. Herbert Utz Verlag. Múnic, 2007 [ISBN 978-3-8316-0660-3]

Ligazóns externas editar