Hatikvah
Hatikvah (do hebreo:הַתִּקְוָה,Esperanza), é o nome do himno nacional de Israel. A letra foi escrita en 1878 por Naftali Herz, poeta polaco. En 1948, co recoñecemento internacional do Estado de Israel o Hatikvah foi declarado himno nacional. A melodía esta baseada no mesmo tema musical que o Vltava, poema sinfónico do compositor checo Smetana.[1]
הַתִּקְוָה | |
---|---|
Hatikvah | |
En galego: Esperanza | |
Himno de | Israel |
Letra | Naftali Herz Imber 1878 |
Música | Samuel Cohen 1888 |
Adoptado | • 1897 1º Congreso Sionista • 1948 Non oficial • 1948 Oficialmente |
Mostra da música | |
Historia
editarAntes da fundación do Estado de Israel
editarO goberno do Mandato británico de Palestina prohibiu temporalmente a súa interpretación e retransmisión desde 1919, en resposta ao aumento da actividade política anti-sionista árabe.[2]
Un antigo membro do Sonderkommando informou que un grupo de xudeus checos comezaron a cantar a canción de xeito espontáneo á entrada da cámara de gas de Auschwitz-Birkenau en 1944. Mentres cantaban, foron golpeados polos gardas das Waffen SS.[3]
Adopción como himno nacional
editarCando se declarou a independencia do Estado de Israel en 1948, o Hatikvah foi proclamado de xeito non oficial o himno nacional. Non pasou a selo de xeito oficial ata novembro de 2004, cando unha versión abreviada e editada foi aprobada polo Knesset[4] nunha emenda da Lei da Bandeira e do Escudo.
Na súa versión moderna, o texto do himno incorpora unicamente a primeira estrofa do poema orixinal. O tema predominante no resto de estrofas é o establecemento dun estado soberano na Terra de Israel, un fin que xa se cumprira coa fundación do Estado de Israel.
Letra
editar
כל עוד בלבב פנימה עוד לא אבדה תקותנו, |
Kol od balevav P'nimah - Od lo avdah tikvatenu |
Tradución ó galego
editarMentres no profundo do corazón
a alma dun xudeu anhele
cos seus ollos ó leste
ollando cara Sión,
a nosa esperanza non estará perdida,
a esperanza de hai dous mil anos:
de ser un pobo ceibe na nosa terra,
a terra de Sión e de Xerusalén.
Música
editarA melodía do Hatikvah deriva de La Mantovana, unha canción italiana do século XVI, composta por Giuseppe Cenci (Giuseppino del Biado) co texto "Fuggi, fuggi, fuggi da questo cielo". A melodía gañou recoñecemento en Europa con varios títulos diferentes, como o polaco Pod Krakowem, o romanés Cucuruz cu frunza-n sus, ou o ucraíno Kateryna Kucheryava.[5] Foi utilizado polo compositor checo Bedřich Smetana no seu poema sinfónico celebrando a Bohemia, Má vlast, como Vltava (tamén baixo o título alemán Die Moldau).[1]
A adaptación da música do Hatikvah realizouna Samuel Cohen en 1888. Cohen diría anos despois que a melodía baseábase nunha canción que escoitara en Romanía.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Ben Zion, Ilan (16 de abril de 2013). "How an unwieldy romantic poem and a Romanian folk song combined to produce 'Hatikva'". The Times of Israel (en inglés). Consultado o 5 de xaneiro de 2018.
- ↑ Morris, B (1999). Righteous victims: a history of the Zionist-Arab conflict, 1881–1999. Knopf. (en inglés).
- ↑ Gilbert, Shirli. Music in the Holocaust: Confronting Life in the Nazi Ghettos and Camps (en inglés). p. 154..
- ↑ Vivian Eden (24 August 2015). "Evil Spirits Lurking in Israel's National Anthem". Haaretz. Consultado o 24 de agosto 2015.
- ↑ "IV. Musical examples: Baroque and classic eras; Torban Tuning and repertoire". Torban..
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Hatikvah |
A Galipedia ten un portal sobre: Israel |