Abrir o menú principal

Bedřich Smetana

compositor checo

Bedřich Smetana (pronunciado Cs-Bedrich Smetana.ogg ˈbɛdr̝ɪx smɛˈtana ), nado o 2 de marzo de 1824 en Litomyšl (daquela pertencente ao Imperio austríaco e actualmente na República Checa) e finado o 12 de maio de 1884 en Praga (daquela pertencente ao Imperio austrohúngaro e actualmente na República Checa), foi un compositor checo. Foi pioneiro no desenvolvemento dun estilo musical que quedou intimamente ligado ás aspiracións independentistas do seu país. É por iso que se lle recoñece no seu país como o pai da música checa. Internacionalmente é coñecido pola súa ópera A noiva vendida e polo ciclo de poemas sinfónicos Má vlastA miña patria») que representan a historia, lendas e paisaxes da patria natal do compositor.

Bedřich Smetana
Smetana.jpg
Nacemento2 de marzo de 1824
 Litomyšl
Falecemento12 de maio de 1884
 Praga
CausaSífilis
SoterradoCemitério Vyšehrad
NacionalidadeImperio austríaco e Imperio Austrohúngaro
EtniaPobo checo
Alma máterAkademické gymnázium Štěpánská
Ocupacióncompositor, director de orquestra, mestre, pedagogo, pianista e profesor de música
Coñecido/a porThe Brandenburgers in Bohemia, Prodaná nevěsta, Dalibor, Libuše, The Two Widows, The Kiss, The Secret, The Devil's Wall, Viola e Má Vlast
Smetana signature.jpg
editar datos en Wikidata ]
Este artigo trata sobre o compositor checo, para a crema agria véxase Smetana (lácteo).

Smetana posuía talento natural para el piano e deu o seu primeiro recital aos seis anos. Logo de recibir unha educación convencional na escola, estudou música con Josef Proksch en Praga. Escribiu a súa primeira composición nacionalista durante o levantamento de Praga de 1848, no que participou por pouco tempo. Ante a imposibilidade de iniciar a súa carreira en Praga, dirixiuse a Suecia, onde se estableceu como profesor e director de coro en Gotemburgo e comezou a escribir obras orquestrais a gran escala. Durante este período da súa vida, Smetana casou dúas veces e tivo seis fillos, dos cales tres faleceron durante a súa infancia.

A principios da década de 1860 un clima político máis liberal en Bohemia alentou a Smetana a regresar permanentemente a Praga. Entregouse á vida musical da cidade, principalmente como defensor do novo xénero da ópera checa. En 1866 as súas dúas primeiras óperas, Braniboři v Čechách (Os brandeburgueses en Bohemia) e Prodaná nevěsta (A noiva vendida), foron estreadas no novo Teatro Provisional de Praga, alcanzando esta última unha grande popularidade. Ese mesmo ano, Smetana chegou ser o director principal do teatro, mais os anos da súa dirección estiveron marcados pola polémica. As faccións encargadas da creación musical da cidade consideraban que a súa identificación coas ideas progresistas de Franz Liszt e Richard Wagner eran hostís ao desenvolvemento dun estilo de ópera checa distintivo. Esta oposición interferiu co seu traballo creativo e puido ter acelerado a degradación da súa saúde, precipitando a súa dimisión do teatro en 1874.

A finais de 1874, aos 50 anos, Smetana volveuse completamente xordo, mais, liberado das súas funcións no teatro e a polémica que causaba, comezou un período de composición constante que se prolongou durante case todo o resto da súa vida. As súas achegas á música checa ían sendo cada vez máis recoñecidas e respetadas, mais un colapso mental a principios de 1884 conduciu ao seu internamento nun asilo e o seu posterior falecemento. A reputación de Smetana como pai fundador da música checa fortaleceuse no seu país natal, onde os seus defensores convertérono nunha icona por riba dos seus contemporáneos e sucesores. Con todo, relativamente poucas das obras de Smetana encontranse no repertorio internacional e a maioría dos expertos extranxeiros tenden a considerar a Antonín Dvořák como o compositor checo máis importante.

Smetana ten sido considerado no seu país natal como o pai da música checa.[1][2]

TraxectoriaEditar

Orixe familiar e infanciaEditar

Bedřich Smetana naceu o 2 de marzo de 1824, en Litomyšl, ao leste de Praga, preto da antiga fronteira entre Bohemia e Moravia, daquela provincias do Imperio Habsburgo. Foi o terceiro fillo e único varón de František Smetana e a súa terceira esposa Barbora Lynková. František era pai de oito fillos de dous matrimonios anteriores, só cinco fillas sobreviviron a infancia, e con Barbora tivo dez fillos máis, dos cales sete acadaron a idade adulta.[3][4] Nese momento, baixo o dominio da case de Habsburgo, o alemán era o idioma oficial de Bohemia. František sabía falar checo, mais para os negocios e eventos sociais rara vez o empregaba e os seus fillos nunca o aprenderon ata acadar idades máis avanzadas.[5]

 
A pai, František Smetana (1832). Retrato de Antonín Machek.

A familia de Smetana procedía de Hradec Králové, unha rexión de Bohemia. František inicialmente aprendera o oficio de cervexeiro e terían adquirido unha riqueza moderada durante as Guerras Napoleónicas mediante a subministración de ropa e provisións para o exército francés. Posteriormente, rexentou varias cervexarías antes de trasladarse a Litomyšl en 1823 como fabricante de cervexa do conde Waldstein, cuxo castelo renacentista domina a cidade.[3][6]

O pai de Smetana, malia carecer de educación algunha, tiña un don natural para a música e foi un violinista competente que tocaba nun cuarteto de corda.[7] Bedřich introduciuse no mundo da música grazas a seu pai e en outubro de 1830, aos seis anos, deu a súa primeira actuación en público. Nun concerto celebrado na Academia de Filosofía de Litomyšl interpretou un arranxo para piano da abertura de La muette de Portici de Auber, tendo unha recepción entusiasta.[8][9] En 1831 a familia trasladouse a Jindřichův Hradec, ao sur de Bohemia; a rexión na que, unha xeración máis tarde, Gustav Mahler crecería.[6][10] Aquí, Smetana asistiu á escola primaria local e máis tarde ao Gymnasium. Tamén estudu violín e piano, descubrindo as obras de Mozart e Beethoven, e comezou a compoñer pezas sinxelas, das cales unha danza (Kvapiček ou Pequeño galope) sobrevive en forma de bosquexo.[10][11]

En 1835, František retirouse a unha granxa na rexión suroriental de Bohemia.[11] Ao non ter unha escola local axeitada, Smetana foi enviado ao liceo de Jihlava, onde se sentía nostálxico sendo incapaz de estudiar. Logo trasladouse á escola premonstratense de Německý Brod, onde foi feliz e fixo grandes progresos.[11] Entre os amigos que fixo aquí encontrábase o futuro poeta revolucionario checo Karel Havlíček,[12][a] cuxa partida a Praga en 1838 puido ter influído no propio desexo de Smetana de experimentar a vida na capital. O ano seguinte, coa aprobación de František, matriculouse na Escuela Académica de Gramática de Praga baixo as ensinanzas de Josef Jungmann, un distinguido poeta e lingüista, que ademais era unha figura principal no movemento de renacemento nacional checo.[13]

Músico aprendizEditar

Primeiros pasosEditar

Smetana chegou a Praga no outono de 1839. Axiña comezou a faltar a clase debido á súa pouca adaptación á escuela de Jungmann (os seus compañeiros mofábanse del polo seu comportamento poblerino).[13] Asistía a concertos, visitaba a ópera, escoitaba bandas militares e uniuse a un cuarteto de corda afeccionado para o cal compuxo pezas sinxelas.[13] Despois de que Liszt dera varios recitais de piano na cidade, convenceuse de que só ía hachar satisfacción seguindo unha carreira musical.[13] Segundo lle confiaba ao seu diario, «quería ser como Mozart en composición e como Liszt na técnica».[14][15] Con todo, todo rematou cando František descubriu o absentismo escolar do seu fillo e sacárono da cidade.[13] Nese momento František consideraba que a música era un pasatempo co que entreterse, non unha elección de carreira.[5] Temporalmente deixaron a Smetana ao coidado do seu tío en Nové Město, onde disfrutou dun breve romance coa súa prima Louisa. O compositor conmemorou a súa paixón en Louisen-Polka, a composición completa máis antiga de Smetana que chegou aos nosos días.[16]

O seu primo maior, Josef Smetana, profesor da escola premonstratense en Plzeň, ofreceuse posteriormente para supervisar a ensinanza que lle quedaba por completar ao neno, e no verán de 1840 Smetana partiu para dita cidade.[7] Permaneceu aló ata que completou os seus estudos en 1843. As súas habilidades como pianista eran moi demandadas nas variadas veladas da cidade e disfrutou dunha axetreada vida social.[15] Esto incluíu unha serie de romances, o máis importante dos cales foi o de Katerina Kolarova, a quen coñecera brevemente na súa infancia temperá. Smetana quedou completamente cautivado por ela, escribindo no seu diario: «Cando non estou con ela estou sentado sobre brasas e non me sinto en paz».[17] Compuxo varias pezas para ela, entre as cales hai dúas Cuadrillas, un dúo para voz e piano, e un estudio incompleto para a man esquerda.[18] Tamén compuxo a súa primeira peza orquestral, un minueto en si bemol.[19]

Estudante e profesorEditar

 
Hector Berlioz (1803-1869), unha influencia musical nos inicios de Smetana.

Cuando Smetana completou a súa instrución, a fortuna do seu pai diminuíra. Aínda que František agora estaba de acordo con que o seu fillo debía seguir unha carreira musical, non podía prestarlle apoio financeiro.[15][18] En agosto de 1843, Smetana partiu cara a Praga con vinte floríns,[20][b] e sen ningún proxecto futuro.[22] Ao carecer de formación musical necesitaba un mestre, e foi presentado pola nai de Kateřina Kolářová a Josef Proksch, director do Instituto de Música de Praga, no cal Kateřina estaba estudando.[7][18] Proksch empregaba os métodos de ensinanza máis modernos, estudando as obras de Beethoven, Chopin, Berlioz e o círculo de Leipzig de Liszt.[7] En xaneiro de 1844, Proksch acordou tomar a Smetana como alumno e, ao mesmo tempo, as dificultades financeiras do músico mozo se aliviáronse cando se asegurou un posto como profesor de música na familia dun noble, el conde Thun.[7]

Durante os seguintes tres anos, ademais de dar clases de piano aos fillos de Thun, Smetana estudou teoría e composición con Proksch. As obras que compuxo nestes anos son cancións, danzas, bagatelas, improvisacións e a Sonata para piano en sol menor.[23] En 1846, Smetana asistiu a uns concertos en Praga que ofreceu Berlioz, e con toda probabilidade, reuniuse co maestro francés nunha recepción organizada por Proksch.[24] En casa do conde Thun coñeceu a Robert e Clara Schumann, e amosoulles a súa Sonata en sol menor, mais non logró obter a aprobación desta obra, dado que detectaran moita influencia de Berlioz en dita composición.[7] Mentres tanto, a súa amizade con Katerina florecera. En xuño de 1847, logo de renunciar á súa posición no fogar dos Thun, Smetana recomendouna para que o reemprazara. Seguidamente, marchou nunha xira por Bohemia Occidental coa esperanza de forxarse unha reputación como concertista de piano.[25]

Inicios da súa carreiraEditar

RevolucionarioEditar

A xira de concertos de Smetana recibiu escaso apoio económico, polo que abandonou o proxecto e regresou a Praga, onde se gañou a vida dando clases particulares a alumnos e con aparicións ocasionais como acompañante en concertos de cámara.[24] Tamén comezou a traballar na súa primeira gran obra orquestral, a Abertura en re maior.[26]

 
Unha representación das barricadas na Ponte de Carlos, Praga (1848). Smetana foi partícipe no levantamento da cidade.

Durante un breve período en 1848, Smetana foi un revolucionario. No clima de cambio político e de axitación que se extendeu por Europa ese año, un movemento prodemocrático de Praga dirixido polo antigo amigo de Smetana, Karel Havlíček, buscaba lograr a fin do goberno absolutista dos Habsburgo con miras a lograr unha maior autonomía política.[27] Formouse un exército de cidadáns (Svornost) para defender a cidade contra un posible ataque. Smetana escribiu unha serie de obras patrióticas, destacando dúas marchas adicadas respectivamente á Garda Nacional Checa e á Lexión de Estudantes da Universidade de Praga, e Píseň svobody (en galego A canción da liberdade) con letra de Jan Kollár.[28] En xuño de 1848, cando os exércitos dos Habsburgo trasladáronse para reprimir tendencias rebeldes, Praga foi atacada polas forzas austríacas dirixidas polo Príncipe de Windisch-Grätz. Como membro de Svornost, Smetana axudou a dirixir as barricadas na Ponte de Carlos.[27] O incipiente levantamento foi rapidamente esmagado, mais Smetana librouse da prisión ou o exilio que recibiron os líderes como Havlíček.[27] Durante o seu breve paso polo Svornost, encontrouse co escritor e líder radical Karel Sabina, que máis tarde prepararía os libretos para as súas dúas primeiras óperas.[27]

Instituto de pianoEditar

A principios de 1848, Smetana escribiu a Franz Liszt, a quen aínda non coñecía persoalmente, pedíndolle que aceptara a adicatoria dunha obra para piano, as Seis piezas características, e que lle recomendara un editor. Tamén pediulle un empréstamo de 400 floríns para poder abrir unha escola de música. Liszt respondeu cordialmente a aceptación da adicatoria e a promesa de axudar a encontrar un editor, mais non ofreciu ningunha axuda financeira.[29][30] Este estímulo foi o comezo dunha amizade de gran valor para Smetana na súa carreira posterior.[31] Pese a que Liszt non lle proporcionou apoio financeiro, Smetana foi quen de fundar un instituto de piano a finais de agosto de 1848, con doce alumnos.[32] Tras un período de apuros, o instituto comezou a florecer e púxose un pouco de moda, especialmente entre os partidarios do nacionalismo checo, para quen Smetana estaba creándose unha reputación. Proksch escribiu acerca do apoio de Smetana para a causa do seu pobo e dixo que «ben podería converterse no transformador das miñas ideas no idioma checo».[33] En 1849 o instituto trasladouse á casa dos pais de Katerina e comezou a atraer a visitantes distinguidos; Liszt asistía con regularidade e o ex emperador Fernando, que se establecera en Praga, acudía aos conciertos de tarde da escola.[33] As actuacións de Smetana nestes concertos convertéronse nunha característica recoñecida da vida musical de Praga. Nesta época de relativa estabilidade financeira, Bedřich casou con Kateřina o 27 de agosto de 1849. Catro fillas naceron froito da parella entre 1851 e 1855.[30]

Compositor en ciernesEditar

En 1850, a pesar dos seus sentimentos revolucionarios, Smetana aceptou o cargo de pianista da Corte no Castelo de Praga, lugar de retiro do emperador Fernando.[28][33] Continuou ensinando no instituto de piano e adicouse cada vez máis á composición. Entre as súas obras, principalmente para piano, inclúense as Svatební scény (Escenas de vodas), cuxa música sería empregada parcialmente en Prodaná nevěsta máis adiante.[34] Tamén escribiu numerosas pezas curtas experimentais reunidas baixo o nome Lístek do památníku (Follas de álbum) e unha serie de polkas.[34] Entre 1853 e 1854 trabalou nunha peza orquestral importante, a Sinfonía Triunfal, composta para conmemorar a voda do emperador Francisco Xosé.[30] A sinfonía foi rexeitada pola Corte Imperial, posiblemente alegando que a breve referencia musical ao himno nacional de Austria non era suficientemente visible. Sen inmutarse, Smetana contratou unha orquestra pagada por el para interpretar a sinfonía no Salón de Konvikt en Praga o 26 de febreiro de 1855. O trabajo foi recibido con frialdade e o concerto foi un fracaso financeiro.[35]

Tristeza persoal e desencanto profesionalEditar

 
Un retrato ao óleo (1854) de Smetana.

Entre 1854 e 1856, Smetana sufriu unha serie de golpes persoais. En xullo de 1854 a súa segunda filla, Gabriela, morreu de tuberculose. Un ano máis tarde a súa filla maior, Bedriska, que aos catro anos estaba mostrando signos de precocidade musical, morreu de escarlatina.[36] Smetana escribiu o seu Trío para piano en sol menor, como unha homenaxe á súa memoria; foi interpretado en Praga o 3 de decembro de 1855 e, segundo o compositor, foi recibido «con severidade» pola crítica, a pesar de que foi eloxiado por Liszt.[7][37] As dores de Smetana continuaron: xusto despois da morte de Bedriska, naceu unha cuarta filla, Katerina, pero tamén morreu en xuño de 1856. Nestas datas diagnosticáronlle tuberculose á esposa de Smetana, Kateřina.[36]

En xullo de 1856, Smetana recibiu a noticia da morte no exilio do seu amigo revolucionario Karel Havlíček.[38] O clima político en Praga foi unha fonte adicional de tinieblas; a esperanza dun goberno máis ilustrado e a reforma social trala adhesión de Francisco Xosé en 1848 desvanecéranse mentres o absolutismo austríaco reafirmouse no barón Alexander von Bach.[38] A pesar do bo nome do Instituto de Piano, a opinión de Smetana como pianista de concerto en xeral era considerada inferior á de coetáneos seus, como Alexander Dreyschock.[38] Os críticos recoñeceron o «delicado, cristalino toque» de Smetana, máis próximo en estilo a Chopin que Liszt, pero consideraban que a súa fraxilidade física era un serio inconvinte para a súa ambición de ser intérprete de concertos.[34] O seu maior éxito interpretativo deste período foi a súa forma de tocar o Concerto para piano en re menor de Mozart nun concerto para celebrar o centenario do nacemento do compositor austríaco, en xaneiro de 1856.[38] O seu desencanto con Praga foi creciendo e, talvez influenciado polo relato de Dreyschock das oportunidades que se encontraban en Suecia, Smetana decidiu buscar o éxito aló. O 11 de outubro de 1856, logo de escribir a seus pais «Praga non quería recoñecerme, así que deixeina», partiu cara a Gotemburgo.[39]

Anos de viaxesEditar

GotemburgoEditar

Smetana inicialmente foi a Gotemburgo sen Kateřina. Escribindo a Liszt, dixo que a xente de aló tiña pouca sofisticación musical, mais viu isto como unha oportunidade «para alcanzar un impacto que nunca podería ter logrado en Praga».[39] Nunhas semanas tras a súa chegada deo o seu primeiro recital, abriu unha escola de música que rapidamente viuse desbordada pola cantidade de solicitudes,[40] e converteuse en director da Sociedade de Gotemburgo para a música clásica coral.[40] En poucos meses Smetana acabara o recoñecemento profesional e social na cidade, aínda que encontrouse con pouco tempo para a composición; dous proxectos de obras para orquestra, tituladas provisionalmente Frithjof e A viaxe de Viking, foron bosquexadas, mais abandonadas.[41]

 
Gotemburgo, Suecia, o fogar de Smetana entre 1856 e 1861.

No verán de 1857 Smetana regresou a Praga e encontrou a Kateřina nun delicado estado de saúde. En xuño, František, o padre de Smetana faleceu.[42] No outono, Smetana regresou a Gotemburgo con Kateřina e a súa filla sobrevivinte Žofie, mais antes de facelo visitou a Liszt en Weimar. A ocasión foron as celebracións do xubileo de Karl August Goethe-Schiller; Smetana asistiu a representacións da Sinfonía Fausto de Liszt e o poema sinfónico Die Ideales, que o encheu de enerxía e o inspirou.[43] Liszt foi o principal profesor de Smetana ao longo da vida creativa do compositor checo e neste momento crucial foi quen de revivir su espírito e rescatalo do relativo illamento artístico que padecía en Gotemburgo.[39]

De volta en Suecia, Smetana encontrou entre os seus novos alumnos a unha xove ama de casa, Fröjda Benecke, quen en pouco tempo converteuse na súa musa e amante. No seu honor, Smetana transcribiu dúas cancións do ciclo Die schöne Müllerin de Schubert e transformou unha das súas primeiras obras para piano nunha polka titulada Videní na plese (traducible como A visión no baile).[44][45] Tamén comezou a compoñer nunha escala máis ampla. En 1858 completou o poema sinfónico Richard III, a súa primeira composición orquestral importante dende a Sinfonía Triunfal. A esta seguíronlle Valdštýnův tábor (traducible como O campamento de Wallenstein), inspirada na triloxía do drama de Wallenstein de Friedrich Schiller[46] e comezou un terceiro poema sinfónico titulado Hakon Jarl, baseado no drama tráxico do poeta dinamarqués Adam Oehlenschläger.[47] Tamén escribiu dúas obras para piano a gran escala: Macbeth a čarodějnice (traducible como Macbeth e as bruxas) e un Estudio en dó no estilo de Liszt.[48]

Duelo, matrimonio e regreso a PragaEditar

A saúde de Kateřina empiorou gradualmente e na primavera de 1859 fallou por completo. De regreso a casa, morreu en Dresde o 19 de abril de 1859. Smetana escribiu que morrera «con suavidade, sen nós saber nada ata que o silencio chamoume a atención cara a ela».[49] Logo de deixar a Žofie baixo o coidado da nai de Katerina, Smetana pasou un tempo con Liszt en Weimar, onde lle foi presentada a música da ópera cómica Der Barbier von Bagdad do alumno de Liszt, Peter Cornelius.[c] Esta obra influiría na carreira posterior de Smetana como compositor de ópera.[51] Máis tarde ese ano quedouse co seu irmán menor Karel e namorouse da cuñada deste, Barbora (Bettina) Ferdinandiová, dezaséis anos menor que el. Propúxolle matrimonio e asegurouse a súa promesa ao regresar a Gotemburgo para o inverno de 1859-60.[39] O matrimonio tivo lugar o ano seguinte, o 10 de xullo de 1860, despois do cual Smetana e a súa nova esposa regresaron a Suecia para unha última tempada. Isto culminou en abril de 1861 cunha actuación de piano en Estocolmo, á que asistiu a familia real sueca. A primeira filla da parella, Zdenka, naceu en setembro de 1861.[47]

Mentres tanto, a derrota do exército de Francisco Xosé en Solferino en 1859 debilitara o imperio dos Habsburgo e conduciu á caída do poder de von Bach.[52] Isto levou gradualmente un ambiente máis ilustrado a Praga, e en 1861 Smetana puido ver as perspectivas dun futuro mellor para o nacionalismo checo e a cultura.[14][47] Antes de decidir o seu propio futuro, en setembro, Smetana emprendeu unha xira de concertos polos Países Baixos e Alemaña. Aínda estaba esperando forxarse unha reputación como pianista, mais de novo experimentou o fracaso.[47] De volta en Praga, dirixiu interpretacións de Richard III e Valdštýnův tábor na sala de concertos da illa de Žofín en xaneiro de 1862, obtendo unha recepción silenciosa. Os críticos acusárono de identificarse demasiado coa «Nova Escola Alemá», representada principalmente por Liszt;[53] Smetana respondeu que «é un profeta sen honor na súa propia terra».[47] En marzo de 1862 realizou unha última visita breve a Gotemburgo, mais a cidade xa non lle deparaba interese, ao resultarle un lugar atrasado e, calquera que foran as dificultades, decidiu buscar o seu futuro musical en Praga: «A miña casa arraigouse no meu corazón tanto que só aquí podo atopar a satisfacción real. É a isto ao que me sacrificarei eu mesmo».[54]

Prominencia nacionalEditar

En busca do recoñecementoEditar

En 1861 anunciouse que se ía construir un teatro de xeito provisional, como novo fogar da ópera checa.[d] Smetana viu isto como unha oportunidade para escribir e representar ópera que reflexara o carácter nacional checo, imitando as representacións da vida rusa nas óperas de Mikhail Glinka.[14] Esperaba ser considerado para a dirección musical do teatro, mais o posto foille concedido a Jan Nepomuk Mayr, segundo parecer porque a facción conservadora a cargo do proxecto consideraba a Smetana un «modernista perigoso», dependente de compositores vangardistas como Liszt e Wagner.[56][57] Smetana centrou logo a súa atención nun concurso de ópera, organizado polo conde Jan von Harrach, que ofrecía premios de 600 ducados a cada unha das mellores óperas cómicas e históricas baseadas na cultura checa.[56] Con ningún modelo útil no cal basear a súa obra (a ópera checa como xénero case non existía), Smetana tiña que crear o seu propio estilo. Contratou a Karel Sabina, o seu compañeiro de barricadas de 1848, como o seu libretista,[58] e recibió o texto de Sabina en febreiro de 1862, unha historia da invasión de Bohemia do século XIII por Otto de Brandeburgo. En abril de 1863 presentou a partitura, co título de Braniboři v Čechách (traducible como Os brandenburgueses en Bohemia.[58][59]

 
Conservatorio de Praga (fotografía moderna): o ofrecemento de Smetana a ser o seu director non prosperou.

Nesta etapa da súa carreira, o dominio de Smetana da lingua checa era pobre. As persoas checas da súa xeración foran educados en alemán,[60] por iso tiña dificultade para expresarse na súa lingua nativa.[59] Para superar estas deficiencias lingüísticas estudou gramática checa, ata o punto de escribir e falar en checo por norma diariamente. Chegou ser o director do coro da sociedade coral dos nacionalistas Hlahol pouco despois do seu regreso de Suecia, e como a súa fluidez coa lingua checa mellorara, compuxo coros patrióticos para a sociedade; Tři jezdci (traducible como Os tres xinetes) e Odrodilec (traducible como O Renegado) foron interpretados en concertos a comezos de 1863.[61] En marzo dese ano Smetana foi elixido presidente da sección de música de Umělecká Beseda, unha sociedade de artistas checos.[59] En 1864 era suficientemente competente en checo como para ser nomeado crítico de música no primeiro xornal en dito idioma, o Národní listy.[62] Mentres tanto, Bettina dera a luz a outra filla, Bozena.[63]

O 23 de abril 1864, Smetana dirixiu a sinfonía coral Roméo et Juliette de Berlioz nun concerto para celebrar o tricentenario do nacemento de William Shakespeare, engadindo ao programa a súa propia Pochod k slavnosti Shakespearově (traducible como Marcha do festival de Shakespeare).[56][59][64] Ese ano, o ofrecemento de Smetana para ser o Director do Conservatorio de Praga no tivera éxito. Smetana puxera grandes esperanzas nese nomeamento: «Os meus amigos están tratando de convencerme de que este posto podería ter sido creado especialmente para min», escribiu a un amigo sueco.[65] As súas esperanzas víronse frustradas unha vez máis pola súa afiliación con Liszt, ao que percibían como radical, polo que o comité nomeou o conservador patriota Josef Krejčí para o posto.[66] Case tres anos pasaron antes de que Smetana fora declarado gañador do concurso de ópera de Harrach.[56] Antes diso, o 5 de xaneiro de 1866, Braniboři v Čechách interpretárase cunha entusiasta acollida no Teatro Provisional, por riba da forte oposición de Mayr, quien se negara a ensaiar ou dirixir a obra. A linguaxe era demasiado avanzada para o gusto de Mayr mais a ópera foi finalmente posta en escena baixo a dirección do propio compositor.[56] «Chamáronme ao escenario nove veces», escribiu Smetana, subliñando que se venderan todas as entradas e os críticos enchérono de eloxios.[67] A historiadora da música Rosa Newmarch considera que, aínda que Braniboři v Čechách non resistiron a proba do tempo, conten todos os xérmolos da arte operística de Smetana.[68]

Mestre de óperaEditar

En xullo de 1863, Sabina entregáralle o libreto para unha segunda ópera, unha comedia lixeira titulada Prodaná nevěsta (traducible como A noiva vendida), a cal Smetana compuxo durante os seguintes tres anos. Debido ao éxito de Braniboři v Čechách, a xestión do Teatro Provisional accedeu a representar a nova ópera, que se estreou o 30 de maio de 1866, na súa versión orixinal en dous actos con diálogo falado.[59] A ópera tivo que pasar por varias revisións e reestruturacións antes de chegar á forma definitiva en tres actos que no seu momento estableceu a reputación internacional de Smetana.[69][70] A estrea foi un fracaso; levouse a cabo nunha das noites máis perigosas do ano, nas vésperas da Guerra austro-prusiana con Bohemia baixo inminente ameaza de invasión por parte das tropas prusianas. Como era de esperar o acontecemento apenas recibiu público e os ingresos non cubriron os gastos.[71] Cando se presentou no Teatro Provisional na súa forma definitiva, en setembro de 1870, tivo un tremendo éxito de público.[72]

En 1866, ao ser o compositor de Braniboři v Čechách, obra que presenta as connotacións da agresión militar alemá, Smetana pensou que podería ser o blanco dos invasores prusianos, polo que se ausentou de Praga ata o cesamento das hostilidades.[71] Regresou en setembro, e case de inmediato logrou o que viña anhelando dende ía moito tempo: o nomeamento como director principal do Teatro Provisional, cun salario anual de 1 200 floríns.[73] En ausencia de suficientes obras de ópera checa, na súa primeira tempada Smetana presentou obras clásicas de Weber, Mozart, Donizetti, Rossini e Glinka, cunha reestrea de súa propia obra Prodaná nevěsta.[69][73] A produción que realizou Smetana de Zhizn za tsaria (traducible como Unha vida polo tsar) de Glinka enfureceu o defensor deste, Milii Balakirev, que reaccionou de xeito enérxico. Isto causou unha inimizade prolongada entre os dous compositores.[73][74] O 16 de maio de 1868, Smetana, en representación dos músicos checos, axudou a poñer o seu gran de area para o futuro Teatro Nacional,[72] escribindo unha Abertura festiva para a ocasión. Esa mesma noite, a terceira ópera de Smetana, Dalibor, estreouse no Novo Teatro de Praga.[59] Aínda que a súa acollida inicial foi cálida, as revisións calificábana de pobre e Smetana rendeuse ante o seu fracaso.[75] Esta ópera converteuse na base dunha serie de ataques contra Smetana, seguida dun esforzo dirixido a expulsalo do seu posto como director do Teatro Provisional.[73]

OposiciónEditar

Ao principio da súa dirección musical, Smetana granxeouse a inimizade do poderoso František Pivoda, director da Escola de canto de Praga. Anteriormente partidario de Smetana, Pivoda foi prexudicado cando Smetana contratou novos talentos do extranxeiro en vez da escola de Pivoda.[76][66] Nunha correspondencia pública cada vez máis amarga, Pivoda afirmou que Smetana empregaba a súa posición para seguir a súa propia carreira, a expensas doutros compositores.[77]

 
Richard Wagner (circa 1860). Smetana foi acusado polos seus inimigos de «excesivo wagnerismo».

Polo tanto, Pivoda estivo en desacordo con Dalibor, cualificándoa como un exemplo de extremo «wagnerismo» e polo tanto, inaxeitado como un modelo para a ópera nacional checa.[78] O «wagnerismo» supón a adopción das teorías de Wagner de adoptar un papel continuado da orquestra e a construción dun drama musical integrado, en lugar de un ir ensartando xuntos os números líricos.[59][79] O presidente do Teatro Provisional, František Rieger, acusara a Smetana por primeira vez de tendencias wagnerianas logo da primeira representación de Braniboři v Čechách,[67] e a cuestión finalmente dividiu á sociedade musical de Praga. O crítico musical Otakar Hostinsky creu que as teorías de Wagner debían ser a base da ópera nacional e argumentou que Dalibor foi o comezo na «dirección correcta». O bando contrario, dirixido por Pivoda, apoiaba os principios da ópera italiana, na que a voz en vez da orquestra debía ser o recurso dramático predominante.[59]

Mesmo dentro do propio teatro había división. Rieger liderou unha campaña para expulsar a Smetana da dirección musical e volver nomear a Mayr, e en decembro de 1872 unha petición asinada por 86 abonados ao teatro pediu a renuncia de Smetana.[80] O firme apoio do vicepresidente Antonín Cisek ¡e un ultimátum de destacados músicos entre os que se contaban Antonín Dvořák, aseguraron a pervivencia de Smetana no cargo. En xaneiro de 1873 foi nomeado Director Artístico, cun salario maior e unha maior responsabilidade.[59][80]

Smetana foi levando gradualmente máis óperas de compositores checos emerxentes ao teatro, mais pouco da súa propia obra.[80] En 1872 completara a súa monumental cuarta ópera, Libuše, a súa obra máis ambiciosa ata a data,[81] mais atrasouse a súa estrea para a futura apertura do Teatro Nacional.[82] As maquinacións de Pivoda e os seus partidarios distraeron a Smetana da composición[80] e enfadouse aínda máis cando Prodaná nevěsta foi interpretada en San Petersburgo, en xaneiro de 1871. Aínda que oi público foi entusiasta,[80] os informes de prensa eran hostís, describindo a obra como que «non era mellor que a dun chico de catorce anos talentoso».[83] Smetana sentiuse profundamente ofendido e culpou ao seu antigo adversario, Balakirev, por provocar sentimentos negativos en contra da súa ópera.[83]

Última décadaEditar

 
Smetana próximo ao final da súa vida.

XordeiraEditar

No descanso logo da súa reelección, Smetana concentrouse na súa quinta ópera, Dvĕ vdovy (traducible como As dúas viúvas), composta entre xuño de 1873 e xaneiro de 1874.[84] Logo da súa estrea no Teatro Provisional o 27 de marzo de 1874, os partidarios de Smetana regaláronlle unha batuta decorada.[59] Mais os seus opositores continuaron atacándoo, comparando a súa dirección musical de xeito desfavorable co mandato de Mayr e alegando que baixo o mandato de Smetana «a ópera checa enferma de morte alo menos unha vez ao ano».[84] No verán Smetana enfermou. Unha infección de gorxa foi seguida dunha erupción cutánea e unha obstrución severa dos oídos. A mediados de agosto, ao non poder traballar, delegou as súas funcións ao seu adxunto, Adolf Čech. Un comunicado de prensa dixo que Smetana «enfermara como resultado da tensión nerviosa causada recentemente por certas persoas».[84]

En setembro, Smetana comunicou ao teatro que ía renunciar ao seu cargo a menos que a súa saúde mellorara.[85] Volvérase completamente xordo do oído dereito e en outubro tamén perdeu a audición no seu oído esquerdo.[e] Despois da súa dimisión, o teatro ofreceulle unha pensión anual de 1 200 floríns para ter o dereito permanente a representar as súas óperas, un acordo que Smetana aceptou a regañadientes.[87][f] Os catos recadados en Praga polos seus antigos alumnos e pola súa antiga amante Fröjda Benecke en Gotemburgo ascendeu a 1 244 floríns.[89] Esto permitió a Smetana buscar tratamiento médico en el extranjero, pero no tuvo éxito.[59] En enero de 1875, Smetana escribió en su diario: «Si mi enfermedad es incurable, preferiría ser liberado de esta vida».[90] O seu ánimo reduciuse neste momento por un deterioramento na súa relación con Bettina, principalmente sobre asuntos monetarios.[91] «Non podo vivir baixo o mesmo teito cunha persoa que me odia e me persigue», informoulle Smetana.[92] Aínda que se plantexou o divorcio, a parella seguiu unida, mais foron infelices.[93]

Florecemento tardíoEditar

A pesar do empeoramento da súa saúde, Smetana continuou compoñendo. En xuño de 1876, Bettina e as súas dúas fijllas abandonaron Praga para ir a Jabkenice, á casa da súa filla maior Žofie, onde, contando cun entorno tranquilo, Smetana foi quen de traballar sen ser molestado.[94] Antes de deixar Praga, comezara un ciclo de seis poemas sinfónicos, chamado Má vlast (traducible como A miña patria»),{{refn|group=lower-alpha|Orixinalmente, a obra titulouse simplemente Vlast («Patria»). O pronombre foi engadido antes de maio de 1883.[95] completando as dúas primeiras pezas, chamadas Vyšehrad e Vltava, que foron interpretadas en Praga en 1875.[96] En Jabkenice, Smetana compuxo os catro movementos restantes e o ciclo estreouse o 5 de novembro de 1882 baixo a batuta de Adolf Čech.[97] Outras obras importantes compostas nestes anos foron o Cuarteto de corda en re menor, Da miña vida, unha serie de danzas checas para piano, varias pezas corais e outras tres óperas: Hubička (traducible como O bico), Tajemství (traducible como O segredo) e Čertova stěna (traducible como O muro do demo), as cales recibiron as súas primeiras representacións entre 1876 e 1882.[97]

 
O Teatro Nacional de Praga, inaugurado en 1881, foi destruido por un incendio e reconstruido en 1883.

A estrea da ópera de Smetana Libuše, atrasado durante longo tempo, finalmente chegou cando o Teatro Nacional foi inaugurado o 11 de xuño de 1881. Non lle deran entradas para a estrea, mais no último momento foi convidado a acudir ao palco do director do teatro. O público recibiu a obra con entusiasmo e solicitaron a presenza de Smetana no escenario en varias ocasións.[98][99] Pouco despois desta representación, o novo teatro foi destruido polo lume e, a pesar das súas enfermidades, Smetana axudou a recadar fondos para a reconstrución.[97][100] O teatro restaurado reabriu o 18 de novembro de 1883, de novo con Libuše.[97]

Nestes anos foise recoñecendo cada vez máis a Smetana como o principal expoñente da música nacional checa.[97] Este prestixio foi celebrado mediante varios eventos durante os últimos anos de vida do compositor. O 4 de xaneiro de 1880, tivo lugar un concerto especial en Praga que marcou o 50 aniversario da súa primeira actuación en público. Smetana asistiu e interpretou o seu Trío para piano en sol menor, obra de 1855. En maio de 1882 Prodaná nevěst tivo a súa representación número 100, un feito sn precedentes na historia da ópera checa, e foi tan popular que se escenificaría unha repetición da «representación número cen».[97] Organizáronse un concerto de gala e un banquete en honor de Smetana no seu sexaxésimo aniversario en marzo de 1884, mais estaba demasiado enfermo como para asistir.[97]

Enfermidade e morteEditar

 
Lápida de Smetana no cemiterio Vyšehrad de Praga.

En 1879 Smetana escribira a un amigo, o poeta checo Jan Neruda, revelando os temores da aparición da loucura.[101] No inverno de 1882-83 estaba experimentando depresión, insomnio e alucinacións, xunto con mareos, calambres e perda temporal da fala.[101] En 1883 comezou a escribir unha nova suite sinfónica, Pražský karneval (traducible como Carnaval en Praga), mais non puido acabar máis que unha introdución e unha polonesa.[102] Comezou unha nova ópera, chamada Viola, baseada na personaxe da Noite de reis de Shakespeare,[103] mais só escribiu uns poucos fragmentos debido ao seu estado mental deteriorado gradualmente.[102] En outubro de 1883 o seu comportamento nunha recepción privada en Praga perturbou aos seus amigos;[102]> a mediados de febreiro 1884 deixara de ser coherente e volvíase violento periodicamente.[104] O 23 de abril a súa familia, incapaz de encargarse del por máis tempo, levouno ao manicomio Kateřinky en Praga, onde faleceu o 12 de maio de 1884.[97][104]

 
O Museo Bedřich Smetana na beira do río Moldava, en Praga.

O hospital rexistrou a causa da morte como demencia senil.[104] Con todo, a familia de Smetana cre que o seu declive físico e mental debíase á sífilis.[104] Unha análise do informe da autopsia, publicado polo neurólogo alemán Ernst Levin en 1972 chegou á mesma conclusión.[105] As probas levadas a cabo polo profesor Emanuel Vlček a finais do século XX en mostras de tecido muscular do corpo exhumado de Smetana proporcionaron máis evidencias da enfermidade. Con todo, esta investigación ten sido cuestionada polo médico checo Jiri Ramba, quen argumentou que as probas de Vlček non proporcionan unha base sólida para unha conclusión fiable, citando a idade e o estado dos tecidos e destaca que os síntomas reportados en Smetana son incompatibles coa sífilis.[106]

O funeral de Smetana tivo lugar o 15 de maio na igrexa de Nosa Señora de Týn, no Barrio Vello de Praga. A procesión posterior ao cemiterio Vyšehrad foi conducida polos membros da Hlahol, portando fachos, e seguida por unha gran multitud.[104] A tumba máis tarde converteuse nun lugar de peregrinación para os amantes da música que visitaban Praga.[107] Na tarde do funeral, no Teatro Nacional, a interpretación de Prodaná nevěsta proseguiu tal e como estaba programada, mais escenario estivo cuberto cun pano negro como senal de loito.[104]

Smetana deixo trala súa morte a Bettina, as súas fillas Zdeňka e Božena e a Žofie. Ningunha delas tivo un papel significativo na vida musical de Smetana. Bettina viviu ata 1908; Žofie, quen casara con Josef Schwarz en 1874, faleceu antes que a súa nai, en 1902.[4] As fillas menores acabaron casando, vivindo as súas vidas lonxe da mirada pública.[4] Un memorial permanente á vida de Smetana e a súa obra é o Museo Bedřich Smetana en Praga, fundado en 1926 no Instituto de Musicoloxía da Universidade de Carlos.[108] En 1936 o museo trasladouse ao edificio antigo de abastecemento de auga na beira do Moldava, e dende 1976 ten formado parte do Museo Checo da Música.[108]

ObraEditar

 
Franz Liszt (1811-1886) foi a principal influencia de Smetana ao longo da súa carreira compositiva.

Os materiais principais sobre os cales Smetana inspiraba a súa arte, de acordo con Newmarch, eran o nacionalismo, o realismo e o romanticismo.[109] Unha característica particular de toda a súa música tardía é o seu carácter descriptivo: todas as súas composicións principais, aparte das óperas, están supeditadas a programas e varias son especificamente autobiográficas.[110] Os defensores de Smetana recoñeceron a grande influencia nas súas obras de compositores como Liszt, Wagner e Berlioz, os «progresistas», mentres que estes mesmos frecuentemente teñen restado a importancia dos compositores «tradicionalistas» como Rossini, Donizetti, Verdi e Meyerbeer.[111]

Obras para pianoEditar

Todas, agás unhas poucas composicións realizadas con anterioridade á partida de Smetana a Gotemburgo, foran obras para piano.[112] Algunhas destas primeiras pezas teñen sido cualificadas polo historiador da música de Harold Schonberg como «retórica grandilocuente e virtuosa derivada de Liszt».[113] Baixo as directrices de Proksch, con todo, Smetana foi capaz de pulir máis as súas obras, tal e como se revela en obras como a Sonata en sol menor de 1846 e a Polka en mi bemol do mesmo ano. O conxunto de Seis pezas características de 1848 foi adicado a Liszt, quen o describiu como «as pezas máis destacadas, de sentimento delicado e fino acabado que observei recentemente».[114] Neste período, Smetana planeou un ciclo de «álbumes de follas», pezas curtas en todas as tonalidades maiores e menores, ao xeito dos Preludios de Chopin.[115] O proxecto volveuse un tanto desorganizado, nas pezas terminadas hai tonalidades repetidas, mentres que outras non están representadas.[115][116] Despois do seu regreso definitivo de Gotemburgo, cando se comprometeu principalmente ao desenvolvemento da ópera checa, non escribiu nada para o piano durante 13 anos.[116]

Na súa última década, Smetana compuxo tres ciclos de piano importantes. O primeiro, de 1875, foi titulado Soños. Estaba adicado aos antigos alumnos de Smetana, que recadaran fondos para cubrir os seus gastos médicos e rendía tamén homenaxe aos modelos que o compositor tiña na década de 1840: Schumann, Chopin e Liszt.[116] As últimas obras importantes para piano de Smetana son os dous ciclos de Danzas checas de 1877 e 1879. O primeiro deles tivo como obxectivo, como Smetana explicou ao seu editor, «a idealización da polca, como Chopin fixo no seu día coa mazurca».[116] O segundo ciclo é unha mestura de bailes, cada un ten un título específico para que a xente saiba «cales son as danzas cos seus nomes orixinais que os checos teñen».[116]

Vocal e coralEditar

As primeiras cancións de Smetana son adaptacións de poemas en alemán para voz solista. Aparte da súa canción de 1848 Píseň svobody (traducible como Canción da libertad), non comezou a escribir obras para un coro completo ata despois da súa estadía en Gotemburgo, cando compuxo numerosas obras para a Sociedade Coral Hlahol, na súa maioría para voces masculinas a capella.[117] A música coral de Smetana é xeralmente de carácter nacionalista, que varía dende o curto Coro Cerimonial escrito logo da morte do amigo revolucionario do compositor, Havlíček, ata a creación de Píseň na moři (traducible como Canción do mar), un importante traballo co carácter dun drama coral.[118]

Contra o final da súa vida, Smetana regresou á composición de cancións simples, con cinco Večerní písně (traducible como Cancións de atardecer) (1879) coas palabras do poeta Vítězslav Hálek. A súa última obra completa, Naše píseň (traducible como A nosa canción) (1883), é a última das catro adaptacións dos textos de Josef Srb-Debrnov. A pesar do estado de salúde de Smetana, constitúe unha feliz celebración da canción checa e a danza. A peza perdeuse durante moitos anos e só recibiu a súa primeira actuación despois do redescubrimento en 1924.[119]

Música de cámaraEditar

Aparte dunha fantasía xuvenil para violín e piano, Smetana compuxo só catro obras de cámara, aínda que cada unha tiña un significado profundo e persoal.[120] O Trío para piano en sol menor de 1855 foi composto despois da morte da súa filla Bedriska; o seu estilo é similar ao de Robert Schumann, con toques de Liszt e o ton xeral é elexíaco.[121] Despois de vinte anos regresou ao xénero de cámara co seu primeiro Cuarteto de corda. Esta obra en mi menor, subtitulada Z mého života (traducible como Da miña vida), foi de carácter autobiográfico, o que demostra o entusiasmo xuvenil do compositor para a súa arte, as súas amizades e amores, e nunha mudanza do estado de ánimo, o comezo da súa xordeira é representado por un longo armónico en mi no movemento final por riba do siniestro trémolo nas cuerdas.[122]

 
Última páxina do manuscrito do primeiro cuarteto.

O Segundo cuarteto de corda, en re menor, escrito en 1882-83, desafiando as ordes do seu médico de que se abstivera de toda actividade musical,[123][124] foi composto en rachas, «un remuíño de música dunha persoa que perdeu o seu sentido do oído».[125] Representa as frustracións de Smetana coa vida, mais non é totalmente sombrío e inclúe unha polca brillante.[125] Foi unha das súas composicións finais; entre os dous cuartetos escribiu un dúo para violín e piano Z domoviny (traducible como Dende a patria), unha mestura de melancolía e felicidade con gran afinidade aos temas populares checos.[125]

 
Primeira páxina do manuscrito do segundo cuarteto.

OrquestraEditar

Insatisfeito coa súa primeira obra orquestral a gran escala, a Abertura en re maior de 1848,[126] Smetana estudou pasaxes de Beethoven, Mendelssohn, Weber e Berlioz antes de producir a súa Sinfonía Triunfal de 1853.[127] Aínda que esta é considerada por Rosa Newmarch «como un epitalamio para un príncipe dos Habsburgo»,[128] o biógrafo de Smetana, Brian Large, sitúaa máis ben na parte que caracteriza as obras máis maduras do compositor.[129] A pesar do rexeitamento da Orquestra Sinfónica da Corte e a tibia recepción da súa estrea, Smetana non repudiou a obra. Foi ben recibida en Gotemburgo en 1860,[130] e unha versión revisada realizouse en Praga en 1882, sen a etiqueta de «Triunfal», segundo afirma Adolf Čech.[127] A peza recibe en ocasións o nome de Sinfonía festiva.

A visita de Smetana a Liszt en Weimar, no verán de 1857, onde escoitou deste último a Sinfonía Fausto e Die Ideale, provocou unha reorientación material da música orquestral de Smetana. Estas obras déronlle a Smetana respostas a moitos problemas composicionais relativos aa estrutura da música orquestral[43] e suxeriu un medio para expresar os temas literarios nunha síntese entre a música e o texto, en lugar de simples ilustracións musicais.[127][131] Estas reflexións permitiron a Smetana escribir os tres poemas sinfónicos de Gotemburgo, (Richard III, Valdštýnův tábor e Hakon Jarl),[127] obras que transformaron a Smetana dende un compositor principalmente de música de cámara a un moderno neorromántico, capaz de manexar elementos de gran escala e expoñer os últimos conceptos musicais.[127]

Dende 1862 Smetana estivo ocupado en gran parte coa ópera e, aparte de algunhas pezas curtas,[132] non regresou á música puramente orquestal, ata comezar Má vlast en 1872. Na súa introdución á Collected Edition Score, František Bartol cataloga Má vlast xunto coa ópera Libuše, «como símbolos directos de [a] consumación da loita nacional».[133] Má vlast é a primeira obra a gran escala madura de Smetana que é independente das palabras e as súas ideas musicais son máis audaces que todo o que tentara antes.[134] Para o musicólogo John Clapham, o ciclo presenta «unha sección transversal da historia checa, as súas lendas e as impresións das súas paisaxes, [...] e nos transmite claramente a visión de Smetana do seu ethos e a grandeza da nación».[135] A pesar das súas asociacións nacionalistas, esta obra, segundo Newmarch, leva o nombre de Smetana máis lonxe que calquera outra obra súa, coa excepción da abertura Prodaná nevěsta.[136] Smetana dedicou Má Vlast á cidade de Praga, despois da súa primeira actuación en novembro de 1882, onde foi aclamado polo público musical checo como a verdadeira representación do estilo nacional checo.[127] O seu movemento chamado Vltava (Moldava), que representa o río que pasa por Praga cara á súa confluencia co Elba, é a composición orquestral de Smetana máis coñecida e popular internacionalmente.[137]

ÓperaEditar

Smetana practicamente non tiña precursores na ópera checa, aparte de František Škroup, cuxas obras rara vez se interpretaron máis aló dunha ou dúas funcións.[138] Na súa misión de crear un novo canon, en lugar de empregar a canción folclórica tradicional, Smetana centrouse na música de baile popular da súa xuventude, especialmente a polca, para establecer o seu vínculo coa lingua vernácula.[138] Baseouse nas tradicións europeas existentes, especialmente a eslava e francesa,[138] mais só fixo un uso escaso das arias, preferindo basear as súas partituras nos conxuntos e coros.[139]

A pesar de ser un seguidor das reformas de Wagner no xénero operístico, que cría que serían a súa salvación,[79] Smetana rexeitou as acusacións do wagnerismo excesivo, alegando que estaba bastante ocupado co «smetanismo, dado que é o único estilo honesto».[g] A maior parte do carácter «nacional» das primeiras catro óperas vese atenuada polo romanticismo lírico das obras posteriores,[141] en particular as últimas tres, compostas nos anos da xordeira de Smetana. A primeira deste trío final, Hubička (traducible como O bico), escrita cando Smetana estaba recibindo un doloroso tratamento médico, é descrita por Newmarch como unha obra de serena beleza, na que as bágoas e sorrisos alternan en toda a partitura.[142] A libretista de Hubička de Smetana (a partir da novela curta homónima de Karolina Světlá) foi a xove feminista Eliška Krásnohorská, que tamén proporcionou os textos das súas dúas últimas óperas. Ela dominaba ao compositor, que se encontraba enfermo e non tiña opinión no tema dos suxeitos, os tipos de voz ou o equilibrio entre os solos, dúos e conjuntos.[138] Con todo, os críticos notaron escasos signos dunha decadencia da capacidade de Smetana nestas obras, mentres que o seu dominio cada vez maior da lingua checa significaba que a súa configuración lingüística era moi superior á das súas primeiras óperas.[138]

As oito óperas de Smetana crearon a base do repertorio da ópera checa, mais destas só Prodaná nevěsta interprétase de xeito regular fóra da terra natal do compositor. Logo de chegar a Viena en 1892,[143] e a Londres en 1895,[144] a obra axiña converteuse en parte do repertorio de compañías operísticas de todo o mundo. Newmarch afirma que Prodaná nevěsta, aínda que non é unha «xoia de primeira orde», é con todo «unha pedra perfectamente tallada e pulida no seu xénero».[144] A súa abertura distintiva, que Newmarch asegura «fainos despegar os pés, coa súa vivacidade aloucada»,[144] foi composta nunha versión para piano antes de que Smetana recibira o libreto do proxecto. Clapham considera que ten poucos precedentes en toda a historia da ópera.[145] O mesmo Smetana máis tarde tendeu a menospreciar o seu logro: «Prodaná nevěsta non era máis que un xogo de nenos, composta directamente dun tirón».[144] En opinión do crítico alemán William Ritter, os poderes creativos de Smetana chegaron ao seu cénit coa súa terceira ópera Dalibor.[146]

RecepciónEditar

Mesmo na súa propia patria, o público en xeral tardou en recoñecer o artista. Como xove compositor e pianista era ben visto nos círculos musicais de Praga e contaba coa aprobación de Liszt, Proksch e outros, mais a falta de recoñecemento público foi un factor principal a raíz do seu autoimposto exilio en Suecia. Logo do seu regreso, non foi tomado especialmente en serio[61] e foi moi difícil conseguir audiencias para as súas novas obras, de ahí a súa denominación de «profeta sen honor» despois da sala case vacía e a recepción indiferente de Richard III e Valdštýnův tábor na illa Žofín en xaneiro de 1862.[147]

O primeiro éxito público notable de Smetana foi a súa primeira ópera Braniboři v Čechách, en 1866, cando xa tiña 42 anos. A súa segunda ópera, Prodaná nevěsta, sobreviviu ao desafortunado contratempo da noite da súa estrea e converteuse nun triunfo popular permanente. O estilo diferente da súa terceira ópera Dalibor, que non era tan próximo ao drama musical de Wagner, foi facilmente comprendido polo público e condenado polos críticos que consideraban que a ópera checa debía estar baseada na canción popular.[148][149] Desapareceu do repertorio logo de recibir tan só un par de representacións.[149] A partir de entón as maquinacións que acompañaron a carreira de Smetana como director provisional do teatro restrinxiron a súa produción creativa ata 1874.

Na última década, a máis frutífera da súa carreira compositiva a pesar da súa xordeira e o aumento da mala saúde, Smetana recibiría o recoñecemento nacional de xeito tardío. As súas últimas óperas, Dvě vdovy e Tajemství, foron moi ben recibidas,[150] mentres que Hubička foi recibida cunha «abrumadora ovación».[97] A ópera cerimonial Libuše foi recibida con aplausos para o compositor; por esta época (1881) as disputas en torno á súa música diminuíran e o público estaba disposto a honralo como o fundador da música checa.[151] Con todo, as primeiras representacións a principios de octubre de 1882 da ópera Čertova stěna (traducible como O muro do demo), que evidenciaba ter sido pouco ensaiada, foron caóticas[152] e o compositor sentiuse «deshonrado e desanimado».[153] Esta decepción foi rapidamente mitigada polo aplauso que seguiu á primeira actuación do ciclo Má vlast completo en novembro: «Todo o mundo se puxo de pé e a mesma treboada de aplausos interminable repetiuse despois de cada unha das seis partes. [...] Ao final de Blaník [a parte final], a audiencia estaba fóra de si e ninguén quería deixar marchar ao compositor do escenario».[154]

Carácter e reputaciónEditar

Os biógrafos de Smetana descríbeno como fisicamente fráxil e insignificante en aparencia, mais alo menos na súa xuventude tiña unha «alegría de vivir» que, segundo parece, as mulleres encontraban atractiva.[155] Tamén foi exaltado, apaixonado e tenaz, decidiu facer a súa carreira na música sen importar as dificultades, por riba dos desexos de seu pai de que se adicara á elaboración de cervexa ou fora un funcionario público.[18] Ao longo da súa carreira mantívose firme, e cando estivo baixo as máis severas críticas polo seu «wagnerismo» en Dalibor, respondeu compoñendo Libuše, mesmo con máis firmeza sobre a base da escala e o concepto de Wagner do drama musical.[156] A súa vida persoal foi estresante, o seu matrimonio con Bettina carecía de amor e efectivamente rompeu por completo nos anos da enfermidade e a pobreza relativa cara o final da súa vida.[157] Téñense poucos rexistros sobre as súas relacións cos seus fillos, aínda que se sabe que, o día no que foi trasladado ao asilo, Žofie «choraba como se o seu corazón estivera rompendo».[158]

 
O río Moldava, que flúe a través de Praga.

Existe un amplo consenso entre a maioría dos comentaristas que Smetana creou un canon da ópera checa, onde non había existido ningún e que desenvolveu un estilo de música en todas as súas composicións que se equipara co espírito do emerxente nacionalismo checo.[111][159][160] O escritor musical Michael Steen presenta unha opinión diferente, que se pregunta se «a música nacionalista» de feito pode existir: «Debemos recoñecer que, mentres que a música é infinitamente máis expresiva, por si soa non é boa describindo obxectos concretos ou terrenais, ou conceptos».[161] Chega á conclusión de que moito depende do que os oíntes estean condicionados ao escuchar.[161]

Segundo o musicólogo John Tyrrell, a identificación próxima de Smetana co nacionalismo checo e as tráxicas circunstancias dos últimos anos tenderon a afectar á obxectividade coa que o seu traballo ten sido avaliado, en particular na súa terra natal.[111] Tyrrell afirma que o status case icónico outorgado a Smetana na súa patria «foi monumentalizado nunha figura na que calquera crítica da súa vida ou o seu traballo foi desalentada» polas autoridades checas, mesmo a finais do século XX.[111] Como resultado, Tyrrell sostén que se propagou unha visión da música checa que resta importancia ás contribucións dos contemporáneos e sucesores, como Dvořák, Janáček, Josef Suk e outras figuras menos coñecidas.[111] Isto está en contradición coas percepcións do mundo exterior, onde Dvořák é interpretado con moita máis frecuencia e é moito máis coñecido. Harold Schonberg observa que «Smetana foi o que fundou a música checa, pero Antonín Dvořák [...] foi o que a popularizou».[14]

O 2 de marzo de 2019, Google celebrou o 195 aniversario do nacemento de Smetana cun Google doodle.[162]

NotasEditar

  1. Havlíček tamén era coñecido como Karel Havlíček Borovský.
  2. É difícil igualar o valor dun florín austro-húngaro de mediados do século XIX a dólares ou libras esterlinas do século XXI. Unha avaliación xeral podería facerse en base ao salario anual de Smetana de 1866, cando foi nomeado director do Teatro Provisional checo, que era de 1 200 floríns.[21]
  3. Segundo Gerald Abraham, Smetana coñeceu a Cornelius dous anos antes, mentres o segundo estaba traballando en Der Barbier. Segundo parece os dous compositores discutiron a necesidade de «un tipo moderno da ópera cómica como un complemento a Wagner».[50]
  4. O nome oficial deste teatro foi «Teatro Real Provincial Checo».[55]
  5. Aínda que a xordeira é xeralmente atribuida á sífilis[86], o feito de que Smetana teña padecido esta enfermidade ten sido cuestionado, como se pode ler máis en detalle na sección Enfermidade e morte.
  6. Parece que esta pensión era retida de cando en vez, causando severas dificultades financeiras a Smetana.[88]
  7. Carta a Adolf Cech fechada del 4 de diciembre de 1882.[140]
Referencias
  1. Mordden, Ethan (29 de maio de 1980). A Guide to Orchestral Music: The Handbook for Non-Musicians: The Handbook for Non-Musicians (en inglés). Oxford University Press, USA. ISBN 9780198020301. Consultado o 10 de xuño de 2019. 
  2. "BBC Music Magazine" (en inglés). BBC Magazines. 3 de febreiro de 2018. p. 47. 
  3. 3,0 3,1 Clapham 1972, pp. 9-11.
  4. 4,0 4,1 4,2 Large 1970, p. 395.
  5. 5,0 5,1 Large 1970, p. 3.
  6. 6,0 6,1 Steen 2003, p. 694.
  7. 7,0 7,1 7,2 7,3 7,4 7,5 7,6 Ottlová, Marta. "Smetana, Bedřich". En Laura Macy. Grove Music Online (en inglés). Consultado o 21 de maio de 2019. 
  8. Clapham 1972, p. 12.
  9. Newmarch 1942, p. 54.
  10. 10,0 10,1 Large 1970, p. 5.
  11. 11,0 11,1 11,2 Clapham 1972, pp. 13-14.
  12. Large 1970, pp. 6–7.
  13. 13,0 13,1 13,2 13,3 13,4 Large 1970, pp. 7-10.
  14. 14,0 14,1 14,2 14,3 Schonberg 1975, p. 77.
  15. 15,0 15,1 15,2 Newmarch 1942, p. 56.
  16. Large 1970, pp. 10-11.
  17. Large 1970, p. 17.
  18. 18,0 18,1 18,2 18,3 Large 1970, p. 19.
  19. Clapham 1972, pp. 15-16.
  20. Newmarch 1942, p. 57.
  21. Clapham 1972, p. 34.
  22. Clapham 1972, p. 17.
  23. Large 1970, pp. 29-35.
  24. 24,0 24,1 Clapham 1972, p. 19.
  25. Large 1970, p. 39.
  26. Clapham 1972, p. 21.
  27. 27,0 27,1 27,2 27,3 Large 1970, pp. 42-43.
  28. 28,0 28,1 Steen 2003, p. 696.
  29. Steen 2003, pp. 695-96.
  30. 30,0 30,1 30,2 Ottlová, Marta. "Smetana, Bedřich". En Laura Macy. Grove Music Online (en inglés). 
  31. Clapham 1972, p. 20.
  32. Large 1970, p. 48.
  33. 33,0 33,1 33,2 Large 1970, pp. 48-49.
  34. 34,0 34,1 34,2 Large 1970, pp. 51-54.
  35. Large 1970, pp. 57-62.
  36. 36,0 36,1 Clapham 1972, p. 22.
  37. Large 1970, pp. 63-65.
  38. 38,0 38,1 38,2 38,3 Large 1970, pp. 67-69.
  39. 39,0 39,1 39,2 39,3 Ottlová, Marta. "Smetana, Bedřich". En Laura Macy. Grove Music Online (en inglés). 
  40. 40,0 40,1 Large 1970, pp. 71-75.
  41. Large 1970, p. 78.
  42. Clapham 1972, p. 25.
  43. 43,0 43,1 Large 1970, p. 79.
  44. "Smetana, Bedrich. Klavierkompositionen" (en inglés). Bärenreiter. Consultado o 30 de maio de 2019. 
  45. Large 1970, pp. 80-82.
  46. Newmarch 1942, p. 60.
  47. 47,0 47,1 47,2 47,3 47,4 Clapham 1972, pp. 28-30.
  48. Large 1970, pp. 84-94.
  49. Large 1970, pp. 95-97.
  50. Abraham 1968, p. 29.
  51. Large 1970, pp. 98-99 e 160.
  52. Large 1970, p. 114.
  53. Clapham 1980, p. 393.
  54. Large 1970, p. 120.
  55. Ottlova, Marta. "Smetana, Bedřich". En Laura Macy. Grove Music Online (en inglés). Sección 4. )
  56. 56,0 56,1 56,2 56,3 56,4 Clapham 1972, pp. 32-33.
  57. Large 1970, p. 126.
  58. 58,0 58,1 Large 1970, pp. 140-43.
  59. 59,00 59,01 59,02 59,03 59,04 59,05 59,06 59,07 59,08 59,09 59,10 Ottlova, Marta. "Smetana, Bedřich". En Laura Macy. Grove Music Online (en inglés). Sección 4. 
  60. Grout 2003, p. 532.
  61. 61,0 61,1 Large 1970, pp. 121-25.
  62. Newmarch 1942, p. 62.
  63. Clapham 1972, p. 33.
  64. Partitura da obra en IMSLP
  65. Large 1970, p. 134.
  66. 66,0 66,1 Clapham 1980, p. 394.
  67. 67,0 67,1 Large 1970, p. 145.
  68. Newmarch 1942, p. 64.
  69. 69,0 69,1 Large 1970, pp. 167-68.
  70. Large 1970, p. 399-408.
  71. 71,0 71,1 Large 1970, pp. 165-67.
  72. 72,0 72,1 Newmarch 1942, p. 69.
  73. 73,0 73,1 73,2 73,3 Clapham 1972, pp. 34-36.
  74. Large 1970, pp. 209-10.
  75. Large 1970, p. 197.
  76. Steen 2003, p. 701.
  77. Clapham, 1972 & pp 38-40.
  78. Newmarch 1942, p. 71.
  79. 79,0 79,1 Newmarch 1942, p. 65.
  80. 80,0 80,1 80,2 80,3 80,4 Clapham 1972, pp. 38-40.
  81. Clapham 1972, p. 99.
  82. Large 1970, p. 220.
  83. 83,0 83,1 Large 1970, p. 171.
  84. 84,0 84,1 84,2 Clapham 1972, pp. 41-42.
  85. Clapham 1972, pp. 43-45.
  86. "Piano Society" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 24 de xaneiro de 2010. Consultado o 1 de xullo de 2019. 
  87. Clapham 1972, p. 44.
  88. Clapham 1972, pp. 48-49.
  89. Large, pp. 294-95
  90. Large 1970, p. 303.
  91. Large 1970, pp. 322-23.
  92. Large 1970, p. 374, nunha carta sen datar dirixida a Bettina.
  93. Large 1970, p. 374.
  94. Steen 2003, p. 702.
  95. Large 1970, pp. 266-67.
  96. Clapham 1972, p. 47.
  97. 97,0 97,1 97,2 97,3 97,4 97,5 97,6 97,7 97,8 Ottlova, Marta. "Smetana, Bedřich". En Laura Macy. Grove Music Online (en inglés). Sección 5. 
  98. Clapham 1972, p. 51.
  99. Large 1970, pp. 222-23.
  100. Steen 2003, pp. 702-03.
  101. 101,0 101,1 Large 1970, pp. 370-72.
  102. 102,0 102,1 102,2 Clapham 1972, pp. 54-56.
  103. Newmarch 1942, p. 89.
  104. 104,0 104,1 104,2 104,3 104,4 104,5 Large 1970, pp. 390-94.
  105. Clapham 1972, p. 151.
  106. Ramba, Jiří (2009). Slavné české lebky (Cráneos de checos famosos) (en cz) (2ª ed.). Praga: Galén. pp. 151–299. ISBN 978-80-7262-325-9. 
  107. Newmarch 1942, p. 90.
  108. 108,0 108,1 "Stále expozice Národního muzea" (en cz). Národní muzeum. Arquivado dende o orixinal o 27 de xullo de 2011. Consultado o 2 de xuño de 2009. 
  109. Newmarch 1942, pp. 90-91.
  110. Newmarch 1942, pp. 100-01.
  111. 111,0 111,1 111,2 111,3 111,4 Tyrell, John. "Smetana, Bedřich". En Laura Macy. Grove Music Online (en inglés). Sección 10. 
  112. Véxase Large, pp. 425–30 Apéndice G: Obras en orde de composición.
  113. Schonberg 1975, p. 78.
  114. Large 1970, p. 41.
  115. 115,0 115,1 Clapham 1972, pp. 58-64.
  116. 116,0 116,1 116,2 116,3 116,4 Ottlova, Marta. "Smetana, Bedřich". En Laura Macy. Grove Music Online (en inglés). Sección 9. 
  117. Large 1970, pp. 122-25.
  118. Clapham 1972, pp. 87-89.
  119. Large 1970, p. 378.
  120. Ottlova, Marta. "Smetana, Bedřich". En Laura Macy. Grove Music Online (en inglés). Sección 8. 
  121. Clapham 1972, pp. 65-66.
  122. Katz, Derek (1997). "Smetana's Second String Quartet: Voice of Madness or Triumph of Spirit". The Musical Quarterly (en inglés) (Oxford: Oxford University Press) 81 (4): 516–36. doi:10.1093/mq/81.4.516. 
  123. Large 1970, pp. 376-77.
  124. Clapham 1972, p. 54.
  125. 125,0 125,1 125,2 Clapham 1972, pp. 68-70.
  126. Large 1970, p. 46.
  127. 127,0 127,1 127,2 127,3 127,4 127,5 Ottlova, Marta. "Smetana, Bedřich". En Laura Macy. Grove Music Online (en inglés). Sección 7. 
  128. Newmarch 1942, p. 59.
  129. Large 1970, p. 62.
  130. Large 1970, p. 108.
  131. Large 1970, p. 85.
  132. Clapham 1972, p. 138.
  133. Clapham 1972, pp. 76-84.
  134. Large 1970, p. 288.
  135. Clapham 1972, p. 76.
  136. Newmarch 1942, p. 91.
  137. Clapham 1972, p. 80.
  138. 138,0 138,1 138,2 138,3 138,4 Tyrell, John. "Smetana, Bedřich". En Laura Macy. Grove Music Online (en inglés). Sección 6. 
  139. Grout 2003, p. 534.
  140. Clapham 1972, p. 100.
  141. Clapham 1972, p. 104.
  142. Newmarch 1942, pp. 83-84.
  143. Tyrell, John. "The Bartered Bride (Prodana nevesta)". En Laura Macy. Grove Music Online (en inglés).  (require subscrición)
  144. 144,0 144,1 144,2 144,3 Newmarch 1942, p. 67.
  145. Clapham 1972, p. 94.
  146. Newmarch 1942, p. 72.
  147. Large 1970, p. 119.
  148. Large 1970, pp. 204-05.
  149. 149,0 149,1 Clapham 1972, p. 36.
  150. Clapham 1972, p. 41 e 49.
  151. Large 1970, p. 348.
  152. Clapham 1972, p. 53.
  153. Large 1970, p. 370.
  154. Large 1970, p. 268.
  155. Large 1970, p. 3 e 10.
  156. Large 1970, p. 205.
  157. Large 1970, pp. 304-05.
  158. Large 1970, p. 391.
  159. Clapham 1972, p. 123.
  160. Large 1970, p. prefacio p. XVII.
  161. 161,0 161,1 Steen 2003, pp. 690-91.
  162. "Bedřich Smetana’s 195th Birthday". Google (en inglés). Consultado o 10 e xuño de 2019. 

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Ligazóns externasEditar