Xerusalén de Ouro

(Redirección desde «Yerushalayim Shel Zahav»)

"Xerusalén de Ouro" (en hebreo: ירושלים של זהב, Yerushalayim Shel Zahav) é unha canción israelí escrita por Naomi Shemer. É tamén o himno nacional non oficial de Israel[1], moitas veces contrasta co secular Hatikva. A canción orixinal describía o desexo xudeu durante 2.000 anos de regresar a Xerusalén. Shemer engadiu un verso final trala Guerra dos Seis Días para celebrar a reunificación da cidade, cando Israel conquistou Xerusalén Leste despois de que esta parte da cidade estivera baixo control xordano durante 19 anos.

Vista aérea da cidade vella de Xerusalén.
Partitura de Yerushalayim Shel Zahav escrita por Naomi Shemer.

A canción traduciuse a outras linguas como inglés, castelán ou portugués. No ano 1967 foi escollida como ''Canción do Ano" en Israel e "Canción do Xubileu" durante os actos de celebración do 50 aniversario da independencia de Israel en 1998. 

Murallas da cidade vella de Xerusalén, durante o solpor.

Temática

editar

Moitas das estrofas refírense a poemas tradicionais xudeus, en particular aqueles que tratan sobre o exilio e o desexo de regresar a Xerusalén. Xerusalén de Ouro fai referencia a unha famosa lenda do Talmud sobre Rabbi Akiva.[2]

Controversias

editar

A canción aparece no filme estadounidense A lista de Schindler. Isto causou certa controversia en Israel, xa que a canción foi escrita en 1967 e considérase como o himno informal da vitoria israelí na Guerra dos Seis Días. Na versión israelí do filme a canción foi susbtituída por Halikha LeKesariya ("O camiño a Caesarea") de Hannah Szenes, un combatente da resistencia durante a segunda guerra mundial.[3]

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar