Abrir o menú principal

A lingua groenlandesa (kalaallisut), tamén chamada esquimó-groenlandés ou groenlandés-inuktitut, é unha lingua esquimó-aleutiana falada en Groenlandia e que está estreitamente relacionada con algúns idiomas canadenses como o inuktitut. O groenlandés, ao igual que as linguas coas que está emparentada, é de carácter altamente polisintético e ergativo. Case non ten palabras compostas.

Groenlandés
Kalaallisut
Falado en: Groenlandia Groenlandia
Rexións: América do Norte
Total de falantes: 54.000 aprox.
Posición: -
Familia: Esquimó-aleutiana

 Esquimó
  Inuit

   'groenlandés'
 Groenlandés
Escrita: Latino
Estatuto oficial
Lingua oficial de: Groenlandia Groenlandia (Dinamarca)
Regulado por: Oqaasileriffik
Códigos de lingua
ISO 639-1: kl
ISO 639-2: kal
SIL: KAL
Idioma groenlandés.png

É falado por máis de 54.000 persoas, o que supón un número maior que o de todos os falantes das demais linguas esquimó-aleutianas xuntas. É a lingua oficial de Groenlandia, onde o dinamarqués ten un estatuto semi-oficial.[1]

Índice

DialectosEditar

Existen tres dialectos principais do groenlandés:

  • Groenlandés oriental (Tunumiisut).
  • Groenlandés occidental (Kalaallisut), é o máis importante dos dialectos.
  • Groenlandés setentrional (Inuktun), falado preto da cidade de Qaanaaq (Thule), é máis semellante ao inuktitut canadense.

CaracterísticasEditar

Tipoloxía e morfosintaxeEditar

O groenlandés diferenza dous tipos de palabras abertas: substantivos e verbos. Cada categoría subdivídese en palabras transitivas e intransitivas. Distínguense catro persoas: 1ª, 2ª, 3ª e 3ª reflexiva; dous números: singular e plural (non hai dual como no esquimó); oito tempos: indicativo, participial, imperativo, optativo, subxuntivo pasado, subxuntivo futuro e subxuntivo habitual; dez casos: absolutivo, ergativo, ecuativo, instrumental, locativo, allativo, ablativo e perlativo. Para algúns nomes (nominativo e acusativo) os verbos teñen unha inflexión bipersonal para o suxeito e o obxecto (distinguidas por persoa e número). Os substantivos transitivos levan inflexión posesiva.

Como comparativa co esquimó, que en groenlandés é inuttut, unha das palabras máis característica do inuktitut é iglú, que en groenlandés se escribe illu.

EscrituraEditar

AlfabetoEditar

a, e, f, g, h, i, j, k, l, m, n, o, p, q, r, s, t, u, v

En contraste coas linguas esquimó-aleutianas de Canadá, o groenlandés escríbese co alfabeto latino e non co silabario esquimó. Un carácter especial, a letra Kra (ĸ), empregouse exclusivamente en groenlandés até que unha reforma ortográfica substituíuna pola letra q.

Mostra de textoEditar

Inuit tamarmik inunngorput nammineersinnaassuseqarlutik assigiimmillu ataqqinassuseqarlutillu pisinnaatitaaffeqarlutik. Silaqassusermik tarnillu nalunngissusianik pilersugaapput, imminnullu iliorfigeqatigiittariaqaraluarput qatanngutigiittut peqatigiinnerup anersaavani. Todos os seres humanos nacen libres e iguais en dignidade e dereitos e, dotados como están de razón e conciencia, débense comportar fraternalmente uns cos outros.

NotasEditar

  1. Rischel, Jørgen. "grønlandsk" (en dinamarqués). 

Véxase taménEditar