Portal:Dinamarca/Biografía destacada/Arquivo

Aquí están todas as biografías destacadas no portal Dinamarca:

1 editar

Margarida Valdemarsdotter, nada en Søborg (actual Dinamarca) en 1353 e finada en Flensburgo (Holstein) en 1412, foi raíña de Dinamarca e Noruega (entre 1387 e 1412), e de Suecia (de 1389 a 1412). Fundadora do pacto de unión conocido como a Unión de Kalmar, foi a primeira monarca que gobernou os tres reinos nórdicos (incluíndo Groenlandia, Islandia, as Illas Feroe e as Orcadas, entón pertencentes a Noruega, e Finlandia, que formaba parte de Suecia). É unha das figuras máis destacadas de toda a historia dos países nórdicos.

Margarida era a filla menor dos reis de Dinamarca, Valdemar IV e Helvig. En xaneiro de 1359 comprometeuse en matrimonio co rei de Noruega Haakon VI Magnusson, quen tamén gobernaba como correi de Suecia, xunto ao seu pai Magnus II Eriksson. En 1363 casou co rei Haakon VI Magnusson de Noruega e Suecia, dando a luz a Olav (1370-1387), rei de Dinamarca de 1376 a 1387 e rei de Noruega de 1380 a 1387.

Margarida foi coñecida como unha líder sabia, enérxica e capaz, recibindo o alcume de "Semiramis do Norte".


2 editar

Carl August Nielsen, nado en Sortelung (Dinamarca) o 9 de xuño de 1865 e finado en Copenhague o 3 de outubro de 1931, foi un compositor, director de orquestra e violinista dinamarqués, amplamente recoñecido como o meirande dos compositores clásicos do seu país.

Criado por pais pobres mais con talento musical na illa de Funen, amosou as súas habilidades musicais a unha idade temperá. Inicialmente tocou nunha banda militar antes de asistir á Real Academia Dinamarquesa de Música en Copenhague dende 1884 ata decembro de 1886. Estreou o seu Op. 1, Suite para cordas, en 1888, aos 23 anos. O ano seguinte, Nielsen comezou un período de 16 anos como segundo violinista da Real Orquestra Dinamarquesa baixo a dirección de Johan Svendsen. En 1916, tomou un posto de profesor na Real Academia Dinamarquesa, que ocupou ata a súa morte.

Aínda que as súas sinfonías, concertos e música coral son agora recoñecidos internacionalmente, a carreira e a vida persoal de Nielsen estiveron marcadas por moitas dificultades, que frecuentemente se reflexan na súa música. As obras que compuxo entre 1897 e 1904 son ás veces atribuídas ao seu período "psicolóxico", como resultado dun matrimonio turbulento coa escultora Anne Marie Brodersen. Nielsen é especialmente coñecido polas súas seis sinfonías, o seu Quinteto de vento e os seus concertos para violín, frauta e clarinete. En Dinamarca, a súa ópera Maskarade e moitas das súas cancións convertéronse nunha parte integrante do patrimonio nacional. A súa música temperá estivo inspirada por compositores como Brahms e Grieg, mais axiña desenvolveu o seu propio estilo, primeiro experimentando coa tonalidade progresiva e posteriormente diverxendo aínda máis radicalmente dos estándares de composición que aínda eran comúns na época. Morreu dun ataque ao corazón en 1931 despois e está enterrado no Cemiterio Vestre de Copenhague.


3 editar

Portal:Dinamarca/Biografía destacada/3

4 editar

Portal:Dinamarca/Biografía destacada/4

5 editar

Portal:Dinamarca/Biografía destacada/5

6 editar

Portal:Dinamarca/Biografía destacada/6

7 editar

Portal:Dinamarca/Biografía destacada/7

8 editar

Portal:Dinamarca/Biografía destacada/8

9 editar

Portal:Dinamarca/Biografía destacada/9

10 editar

Portal:Dinamarca/Biografía destacada/10