Flensburgo
Coordenadas: 54°46′55″N 9°26′12″L / 54.78194, -9.43667
Flensburgo[1] (en alemán: Flensburg; en dinamarqués: Flensborg; en baixo saxón: Flensborg) é unha cidade independente no norte Alemaña do estado federado de Schleswig-Holstein.
Flensburgo | |||
---|---|---|---|
Flensburg Flensborg | |||
![]() | |||
Flensburgo no 2012. | |||
Localización | |||
País | Alemaña | ||
Estados de Alemaña | Schleswig-Holstein | ||
Xeografía | |||
Altitude | 12 m msnm | ||
Demografía | |||
Poboación | 83.462 | ||
Outros datos | |||
Código postal | 24937–24944 | ||
Alcalde | Simon Faber | ||
Páxina oficial de Flensburgo |
Flensburgo é a principal vila da rexión da Baixa Schleswig. Despois de Kiel e Lübeck Flensburg é a terceira maior cidade do estado e tamén é a vila máis ó norte de Alemaña. As cidades máis próximas son Kiel (86 km ó sur) e Odense en Dinamarca (92 km ó nordeste). A vila de Flensburg sitúase a só 7 quilómetros da fronteira danesa.
En maio de 1945 Flensburgo foi a derradeira praza alemá en ser liberada do dominio Nazi.
Flensburgo é coñecida en Alemaña por:
- Ser sede da oficina onde se xestionan as infraccións de tráfico (Kraftfahrt-Bundesamt)
- A súa cervexa Flensburger Pilsener, tamén chamada "Flens"
- O centro neurálxico da minoría danesa de Alemaña
- O saúdo Moin
- Grandes compañías de material erótico.
- O seu equipo de balonmán SG Flensburg-Handewitt
- Ser a sede da escola naval de Mürwik e tamén do buque-escola Gorch Fock
LinguasEditar
Flensburgo foi unha cidade multilingüe case desde o seu comezo, fundada no século XIII por daneses que falaban sønderjysk axiña viu como aparecían comerciantes alemás de lingua baixo alemá, durante o século XIV mantívose o dialecto danés como fala principal principal mentres que a partir do século seguinte foi o baixo alemán o que pasou a ser o idioma máis falado. Coa Reforma protestante chegou a influencia da versión estándar do alto alemán a Flensburgo[2]. Na época contemporánea o que predomina na cidade é unha variedade do alemán estándar moi influída no acento e na entoación polo baixo alemán orixinario da zona[3] no que os dinamarquismos teñen gran peso. O danés mantense como materia nas escolas da cidade ofrecido como segunda ou terceira lingua estranxeira e como lingua de instrución nas escolas da minoría danesa xeneralizándose o padrón dinamarqués entre os membros da minoría danesa da localidade pero nunha variedade influída polo alemán e o baixo alemán coñecida como sydslesvigdansk no que se percibe un substrato do sønderjysk. Tradicionalmente a cidade foi un dos principais focos de emigración dos falantes de frisón setentrional pero son moi poucos os que conservan a lingua. O petuh é unha lingua híbrida que se orixinou no século XIX e que unía elementos do alemán e o danés estándar, e do baixo alemán e o sønderjysk e que aínda que está case extinguido, conserva algunha das súas expresións na fala local.
Lugares de intereseEditar
- Altstadt (Cidade Vella)
- Igrexa de St. Nikolai
- St. Marien
- Nordertor (Porta do norte)
- Neustadt (Cidade nova)
- Akakistan
- Fiorde de Flensburgo
NotasEditar
- ↑ Por exemplo en Freixeiro Mato, Xosé Ramón (2004). "De Barcelona a Flensburgo. O estado das linguas sen estado". A Nosa Terra (1120).
- ↑ Wanda Guckes (2011). "Schleswigs Sprachgeschichte". En Peter Lang GmbH. Internationaler Verlag der Wissenschaften. Die gegenwärtige sprachliche Situation der dänischen Minderheit in Schleswig-Holstein (en alemán). Frankfurt am Main. p. 40. ISBN 978-3-631-61391-7.
- ↑ Wanda Guckes (2011). "Die heutige sprachliche Situation". Die gegenwärtige sprachliche Situation der dänischen Minderheit in Schleswig-Holstein (en alemán). Frankfurt am Main. pp. 41–55.
Véxase taménEditar
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Flensburgo |