Portal:Portugal/Cidade destacada/Arquivo

Aquí están todas as cidades destacadas no portal da Portugal:

1 editar

Lisboa é a capital e maior cidade de Portugal, situada na foz do río Texo. Alén diso é tamén capital do distrito de Lisboa, da rexión de Lisboa, da área metropolitana de Lisboa, e é tamén o principal centro da subrexión estatística da Grande Lisboa. A cidade ten unha poboación de 545.245 habitantes (2011), mais a súa área metropolitana ten preto de 2,9 millóns, un 27% da poboación do país.

A cidade corresponde ao concello, que é pequeno cos seus 83,84 km². A densidade demográfica sobe a 6.518,1 hab./km². O concello subdivídese en 53 freguesías e está limitado ao norte polos municipios de Odivelas e Loures, ao oeste por Oeiras, ao noroeste pola Amadora e ao leste e sur polo estuario do Texo. A través do estuario, Lisboa lígase aos concellos da marxe sur: Almada, Seixal, Barreiro, Moita, Montijo e Alcochete.

Entre os monumentos máis salientables da cidade encóntranse o Castelo de São Jorge, a Sé de Lisboa, o Convento do Carmo, ou as dúas construcións clasificadas pola UNESCO como Patrimonio da Humanidade: o Mosteiro dos Xerónimos e a Torre de Belém, ambas en Belém. Tamén destaca o barrio de Alfama, de estreitas vielas e que sobreviviu ao terremoto que arrasou a cidade en 1755.


2 editar

Guimarães é unha cidade portuguesa situada no Distrito de Braga, rexión Norte e subrexión do Ave (unha das subrexións máis industrializadas do país), cunha poboación de 52.182 habitantes, repartidos nunha malla urbana de 23,5 km², en 20 freguesías e cunha densidade de poboación de 2 223,9 hab./km². É sede dun municipio con 242,85 km² de área e 161.876 habitantes (2004), subdividido en 69 freguesías, residindo a maioría da poboación na cidade e na súa zona periférica.

É unha cidade histórica, cun papel crucial na formación de Portugal, e que conta xa con máis dun milenio desde a súa fundación, altura en que era designada como Vimaranis

Guimarães é unha das máis importantes cidades históricas do país, sendo o seu centro histórico considerado Patrimonio Cultural da Humanidade, tornándoa definitivamente un dos maiores centros turísticos da rexión. As súas rúas, avenidas e monumentos respiran historia e encantan quen a visita.

A Guimarães actual soubo conciliar, da mellor forma, a historia e consecuente mantemento do patrimonio co dinamismo e emprendedorismo que caracterizan as cidades modernas.


3 editar

Portal:Portugal/Cidade destacada/3

4 editar

Portal:Portugal/Cidade destacada/4

5 editar

Portal:Portugal/Cidade destacada/5

6 editar

Portal:Portugal/Cidade destacada/6

7 editar

Portal:Portugal/Cidade destacada/7

8 editar

Portal:Portugal/Cidade destacada/8

9 editar

Portal:Portugal/Cidade destacada/9

10 editar

Portal:Portugal/Cidade destacada/10