Portal:Portugal/Artigo destacado/Arquivo

Aquí están todos os artigos destacados no portal Portugal:

1 editar

O portugués é unha lingua romance nada na alta Idade Media na Gallaecia, que agora é Galiza e o norte de Portugal. Estendeuse polo mundo nos séculos XV e XVI, na época en que Portugal fundou un imperio colonial, incluíndo o Brasil en Suramérica, Goa na India e Macau na China. Daquela xurdiron tamén varias linguas crioulas baseadas no portugués, sobre todo en África, Asia e o Caribe.

Hoxe en día é unha das linguas do mundo máis faladas, ocupando a sexta posición en canto a falantes como primeira lingua (uns 250 millóns). É a lingua con maior número de falantes en Suramérica (más de 200 millóns), así como unha importante lingua franca en África.

O portugués é lingua oficial de nove países - Portugal, Brasil, Angola, Cabo Verde, Guinea-Bissau, Guinea Ecuatorial, Mozambique, San Tomé e Príncipe e Timor Leste, sendo cooficial co español e francés en Guinea Ecuatorial, co chinés na rexión Especial Administrativa Chinesa de Macau, e co tetum en Timor Leste.

O galego e o portugués eran a mesma lingua, o galego-portugués, até como mínimo os séculos XII-XIII. Hoxe en día o galego e o portugués considéranse oficialmente como dúas linguas distintas, aínda que existen posicións diferentes, incluíndo un movemento social chamado reintegracionismo, que afirma que o galego e o portugués son simplemente dúas variantes da mesma lingua.


2 editar

Os pasteis de Belém (en portugués pastéis de Belém) son unha das especialidades máis características da pastelaría portuguesa. Xenericamente reciben o nome de natas.

Son tortiñas de crema, duns 10 centímetros de diámetro, elaboradas conforme unha receita secreta que non foi desvelada en case douscentos anos e que, supostamente, só tres persoas coñecen no planeta. Tanto a pasta como a crema comezan a elaborarse a porta pechada, na chamada oficina do segredo, nun proceso que dura dous días. A pasta é de masa follada. A crema ten unha base fundamental de xema de ovo, leite e azucre. Cómense tanto en quente como en frío.

Crese que foron creadas con anterioridade ao século XVIII polas freiras do mosteiro lisboeta dos Xeromes, situado na freguesía de Belém, nos arredores da capital portuguesa.

Un británico chamado Andrew Stow modificou a receita con técnicas inglesas e comezou a vender estes novos pasteis no Lord Stow's Cafe, un establecemento da súa propiedade en Coloane, (Macau). Na actualidade estas tortiñas de ovo á portuguesa están dispoñíbeis en numerosas pastelarías, así como nos restaurantes típicos de Macau e nas franquías honconesas do KFC.


3 editar

Portal:Portugal/Artigo destacado/3

4 editar

Portal:Portugal/Artigo destacado/4

5 editar

Portal:Portugal/Artigo destacado/5

6 editar

Portal:Portugal/Artigo destacado/6

7 editar

Portal:Portugal/Artigo destacado/7

8 editar

Portal:Portugal/Artigo destacado/8

9 editar

Portal:India/Artigo destacado/9

10 editar

Portal:Portugal/Artigo destacado/10