Linguas paleohispánicas
Chámanse linguas paleohispánicas ou prerromanas as linguas indíxenas faladas na Península Ibérica antes da chegada dos romanos.
Historia e características
editarÉ controvertido o uso do termo "indíxenas" posto que non se coñece a orixe dalgunhas destas linguas e outras son indoeuropeas, pero delimita o grupo de linguas tratado fronte ao fenicio, ao grego e naturalmente fronte a latín.
A maioría das linguas faladas na península antes dos romanos son practicamente descoñecidas. Das que nos son coñecidas, só dispoñemos das noticias deixadas por fenicios, gregos e romanos e unha serie de inscricións. É o que se chama linguas en ruínas ou residuais (en alemán Restsprachen ou Trümmersprachen) e que as coloca na mesma categoría có etrusco, o paleosardo, o lígur e o rético entre outras.
As linguas paleohispánicas das que se coñecen textos escritos son:
- A lingua ibérica.
- A lingua celtibérica.
- A lingua aquitana.
- A lingua tartesa.
- A lingua lusitana.
Na figura non se marcaron as áreas dos pobos respectivos, senón só as áreas nas que se atoparon inscricións. Desde o -600 ata a desaparición destas linguas, a distribución dos pobos, sobre todo dos celtas, variou considerablemente.
Outras linguas prerromanas da Península Ibérica
editarO antigo europeo tamén se falou na Península Ibérica como o demostran os nomes de diversos topónimos como Almar, Almonte, Almería, Jarama, Jaramillo, Sella, Jalón, Salamanca, Xálima, Aranzuelo, Arlanza e Arlanzón.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Villar, Francisco, Los indoeuropeos y los orígenes de Europa, Madrid, 1991, ISBN 84-249-1471-6.
- Albertos Firmat, María Lourdes, "Lenguas primitivas de la Península Ibérica" en Boletín de la institución “Sancho el Sabio“, tomo XVII, 1973.
- Blázquez, José María; Francisco Presedo; Francisco Javier Lomas; Javier Fernández Nieto, "Protohistoria" en Historia de España antigua, tomo I, 1997, ISBN 84-376-0232-7.
- Pellón, José R., Diccionario Espasa Íberos, Madrid, 2001, ISBN 84-239-2290-1.
- Eslava Galán, Juan, Los íberos, Madrid, 2004, ISBN 84-270-2996-9.
- Palaeohispanica (revista sobre lengua y culturas de la Hispania antigua), tomo 1, Zaragoza, 2001, ISSN 1578-5386.
- Caridad Arias, Joaquín, Toponimia céltica de Galicia, Deputación de Lugo, 2006, ISBN 84-8192-343-5.
Outros artigos
editar- Historia de España.
- Historia de Portugal.
- Linguas celtas.
- Linguas indoeuropeas.
- Éuscaro.
- Lingüística.
- Roma.
- Escrituras paleohispánicas.
Ligazóns externas
editar- Epigrafía ibérica por Jesús Rodríguez Ramos. (en castelán)
- Lenguas de Iberiaen (en castelán)
- Moeda ibérica (en castelán)