Sucellos foi o deus galo[1] da agricultura e dos bosques, equivalente do deus druída Dagda da mitoloxía irlandesa. Nas rexións da Galia máis romanizadas, como a Narbonense, o seu culto asimilouse ao do deus romano Silvano.

Altar de Sarrebourg, preto de Metz, da época galorromana con Sucellos e Nantosuelta xuntos

Iconografía

editar
 
Sucellos representado nunha estatuíña de bronce do século III ou II a.C.

Sucellos aparece representado en baixorrelevos, estatuíñas de bronce e cerámica[2], o seu aspecto é o dun home barbán de mediana idade vestido como un galo (túnica, bracca, botas) cunha man terma dunha maza e na outra leva unha cunca. Ás veces aparece á beira de Nantosuelta, a deusa gala da fertilidade. Tamén se conservan algunhas inscricións dedicadas a DEO SVCELLO [3]

 
Medallón do século III d.C. representando a Sucellos

Mitoloxía

editar

Descoñécese con absoluta certeza con que se asociaba a Sucellos, non hai ningún escrito contemporáneo onde se describa[4]. Consérvase unha inscrición en Maguncia onde aparece como equivalente ao Xúpiter romano[5]. Baseándose nunha cita de César, onde comenta que os galos daban culto a Dispater e crían que eran os seus descentes, Salomon Reinach[6] asociouno con Dispater, postura que comparte Duval[7].

  1. A pesar de se considerar exclusivamente un deus galo, atopáronse uns poucos exemplos do seu culto en Britania: Miranda Jane Aldhouse-Green An Archaeology of Images: Iconology and Cosmology in Iron Age and Roman Europe. Routledge, 2004, páxina 145
  2. Yves Bonnefoy e Wendy Doniger American, African, and Old European Mythologies. University of Chicago Press, 1993, páxina 222
  3. John Koch Celtic Culture: A Historical Encyclopedia. ABC-CLIO, 2006, páxina 1632
  4. Marcel Brasseur. Os celtas. Os deuses esquecidos. Toxosoutos, 2002, páxina 95
  5. Luciano Lazzaro Esclaves et affranchis: en Belgique et Germanies romaines, d'après les sources épigraphiques. Presses Univ. Franche-Comté, 1993, páxina 177
  6. Salomon Reinach Cultes, mythes et religions, volume I. Leroux, 1908, pp 225-228
  7. Paul-Marie Duval Les dieux de la Gaule. Payot 1976, páxina 63