Tu Fu
Du Fu (chinés tradicional e simplificado: 杜甫, pinyin: Dù Fǔ; Wade-Giles: Tu4 Fu3), tamén coñecido como Dù Shàolíng (杜少陵) ou Dù Gōngbù (杜工部), nado en Gongyi no ano 712 e finado en Tanzhou en 770, foi un destacado poeta chinés durante a época da dinastía Tang. O seu nome de cortesía era Zǐ Měi (子美).
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (zh) 杜甫 712 Gongyi, República Popular da China (en) |
Morte | 770 (57/58 anos) Tanzhou (en) |
Lugar de sepultura | Pingjiang County (en) 28°34′19″N 113°35′17″L / 28.5720639, 113.5880091 |
Actividade | |
Campo de traballo | Poesía |
Ocupación | poeta, escritor, calígrafo |
Familia | |
Familia | Du clan of Jingzhao (en) |
Fillos | Du Zongwen, Du Zongwu, Du Siye |
Pai | Du Xian |
Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Ду Фу) Wanxiaotang Huazhuan (en) Obálky knih, |
Traxectoria
editarContemporáneo e amigo de Li Bai (Li Po), a súa poesía tivo, porén, un carácter máis político e social que a de Li Bai. A pesar de suspender os exames imperiais nunha ocasión, chegou a se converter en funcionario do Estado, traballando na corte do emperador Tang Suzong.
A súa vida pasou por moitas vicisitudes, a principal das cales sería a rebelión de An Lushan de 755, que desestabilizou todo o país e obrigou a Du Fu a abandonar, xunto á corte Tang, a capital Chang'an. Pasaría o resto da súa vida en condicións moi precarias.
Debido á orixinalidade da súa obra, non logrou un gran recoñecemento durante a súa vida. Porén, o seu prestixio e fama non cesarían de crecer tras a súa morte, chegando a se converter nun dos máis grandes escritores da historia chinesa, cuxa influencia pasou a xeracións posteriores de poetas tanto na China como no Xapón.