Marca de Carniola

A Marca de Carniola (en esloveno: Kranjska krajina; en alemán: Mark Krain), tamén chamada Margraviato de Carniola, foi un estado no sueste do Sacro Imperio Romano Xermánico na Alta Idade Media, o predecesor do ducado de Carniola.

Modelo:Xeografía políticaMarca de Carniola

Localización
Mapa
 46°03′43″N 14°30′32″L / 46.061946, 14.508841Coordenadas: 46°03′43″N 14°30′32″L / 46.061946, 14.508841
Xeografía
Parte de
Datos históricos
Creación1040 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata
Disolución1364 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata

Marca de Carniola (Mark Krain), no sueste do Sacro Imperio Romano Xermánico, no século X.
Véxase a antiga capital Krainsburg (Kranj) e a súa cidade máis grande Laibach (Ljubljana).

O seu territorio correspondía, grosso modo, á presente rexión central de Carniola da actual Eslovenia.

No tempo da súa creación, a marca servía como defensa fronteiriza contra os reinos de Hungría e Croacia.

Historia editar

Antigüidade editar

Antes da chegada dos romanos (ca. 200 a.C.), os taurisci habitaban no norte da Carniola, os panonios no sueste, e os iapodes ou carni, unha tribo céltica, no suroeste.

Carniola formou parte inicialmernte da provincia romana de Panonia. Posteriormente, a parte norte foi unida a Noricum, as partes suroccidental e suroriental e a cidade de Aemona, a Venecia e Istria. En tempos de Augusto toda a rexión desde Aemona ao río Kolpa pertencía á provincia de Savia.

Idade Media editar

Despois da caída do Imperio Romano de Occidente (476), Carniola foi incorporada ao reino de Italia e, en 493, baixo Teodorico o Grande formou parte do reino ostrogodo. Os carni viviron entre o alto Sava e o Soča.

Contra finais do século VI os eslavos asentáronse na rexión, chamada polos escritores latinos Carnia ou Carniola (pequena Carnia). Este nome deu lugar aos Krajina (esloveno) e Chrainmark (alemán). Os novos habitantes eslavos estiveron sometidos aos ávaros, dos que finalmente piideron liberarse, uníndose ao grande estado eslavo de Samo.

Desde o ano 788 a rexión estivo gobernada polos francos, desde que Carlomagno creou a Marca (ou Margraviato) de Friuli,[1] engadiu Carniola a este feudo.

Porén, tras a división do Friuli, unha rexión histórica italiana, Carniola foi unha Marca independente, de aí o nome de Marca de Carniola ou Margraviato de Carniola co seu propio margrave eslavo á cabeza que vivía na cidade eslovena de Kranj, suxeito ao gobernador de Baviera primeiro e, despois de 976, aos duques de Carintia.

En 1071, Henrique IV a encomenda ao Patriarca de Aquilea, unha cidade de nordeste de Italia.

Na Idade Media, a Igrexa ocupouse da gran pobreza presente en Carniola. Os bispos convertéronse en señores feudais, incluíndo a rexión eslovena e as súas cidades. Por outro lado, os duques gobernaron a provincia durante case medio século.

Finalmente, Carniola foi transferida, co acordo do patriarca, a Frederico II de Babenberg que obtivo o título de Duque en 1245, pero morreu o ano seguinte durante unha batalla e foi sucedido por Ulrich III, que casou con Agnes de Andechs, unha parente do patriarca. Ulrich pagou a construción de igrexas e mosteiros e instalou o seu goberno na cidade de Kostanjevica, Eslovenia.
Por último, en 1268, legou ao rei Otakar II de Bohemia todas as súas posesións e o seu goberno de Carintia e Carniola.

Lista de margraves editar

  • Poppo I, 1040–1044, conde de Weimar, tamén margrave de Istria desde 1012
  • Ulrico I, 1045–1070, fillo, conde de Weimar, tamén margrave de Istria desde 1060
  • Poppo II, 1070–1098, fillo, tamén margrave de Istria desde 1096
    • Ulrico II, 1098–1107, irmán, conde de Weimar, tamén margrave de Istria

Casa de Sponheim:

Casa de Andechs:

  • Bertoldo I, 1173–1188, tamén margrave de Istria

Duques de Merania:

Casa de Babenberg:

Casa de Sponheim:

  • Ulrico III, 1248–1269, tamén duque de Carintia desde 1256

Dinastía Přemyslida:

Casa de Habsburgo:

  • Rodolfo, 1276–1286, rei alemán (Rei de romanos) desde 1273, tamén duque de Austria, Estiria e Carintia até 1282

Dinastía Meinhardiner:

  • Meinhard, 1286–1295, conde de Tirol desde 1258, tamén duque de Carintia
  • Henrique, 1295–1335, fillo, tamén rei de Bohemia 1306 e 1307-10, duque de Carintia e conde de Tirol

Casa de Habsburgo:

  • Alberte II, 1335–1358, neto do rei Rodolfo, duque de Austria e Estiria desde 1330, tamén duque de Carintia
  • Rodolfo IV, 1358–1364, fillo, tamén duque de Austria, Estiria e Carintia, conde de Tirol desde 1363. Declarouse a si mesmo "duque de Carniola" en 1364.

Notas editar

  1. Unha Marca medieval era unha provincia nunha fronteira inimiga conquistada por un pobo que estaba ao outro lado da fronteira. Dirixida por un "margrave", é dicir, o xefe militar da provincia, a Marca era un feudo establecido para protexer o país veciño.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Ellen Churchill Semple: "The Barrier Boundary of the Mediterranean Basin and Its Northern Breaches as Factors in History". Annals of the Association of American Geographers, Vol. 5, (1915), pp. 27–59. [1]
  • James Westfall Thompson: Feudal Germany, Volume II. Nova York: Frederick Ungar Publishing Co., 1928.

Outros artigos editar