Historia dos eslavos do sur

A rápida e dramática desaparición do estado iugoslavo a finais do século XX -e da que aínda perduran flocos no XXI- causou unha fonda conmoción en todo o mundo, pero especialmente en Europa onde, para moitas persoas, era complicado entender como se puideron dar tales sucesos no culto e civilizado continente de finais de século.

Mapa físico do Reino de Iugoslavia (1929-1941).
Banovine (provincias) do Reino de Iugoslavia en 1929.
Mapa das Repúblicas integrantes da República Federal Socialista de Iugoslavia (1963-1992).
1. República Socialista de Bosnia e Hercegovina, capital Saraxevo;
2. República Socialista de Croacia, capital Zagreb;
3. República Socialista de Macedonia, capital Skopje;
4. República Socialista de Montenegro, capital Titograd;
5. República Socialista de Serbia, capital Belgrado,
que incluía:
5a. Provincia Autónoma Socialista de Kosovo, capital Priština
5b. Provincia Autónoma Socialista de Vojvodina, capital Novi Sad;
6. República Socialista de Eslovenia, capital Liubliana.
A desintegración de Iugoslavia.
Serie animada de mapas na que se mostra a desintegración de Iugoslavia; as diferentes cores representan as áreas de control.
     República Federal Socialista de Iugoslavia (1943-1992)     República Federal de Iugoslavia     República Croata de Herzeg-Bosnia (1992-1994)     Serbia e Montenegro (1992-2006)     República Serbia (1992-)     República Krajina de Serbia (1991-1995)     República de Bosnia-Hercegovina (1992-1998)     República de Macedonia (1991-)     República de Eslovenia (1991-)
Iugoslavia durante a guerra (situación en 1993).
A antiga Iugoslavia en 2006.

Comprender estes feitos non é doado, porque na maioría do material dispoñíbel fálase de Iugoslavia unicamente como o estado europeo que existiu desde os tratados que puxeron fin á Primeira guerra mundial até a súa desaparición, o ano 2003, en que pasou a denominarse Serbia e Montenegro.

Para poder interpretar o sucedido hai que rastrexar na historia de Europa, xa que o termo Iugoslavia non se refire só ao estado citado, senón que é unha denominación de carácter cultural e xeográfica (a parte occidental da península Balcánica onde viviron, e viven, os eslavos do sur, que iso é o que significa o termo (Iugoslavia, en croata, serbio latino e esloveno Jugoslavija, en macedonio e serbio cirílico Југославија, tradúcese literalmente como Eslavia do sur ou país dos eslavos do sur).

Despois da morte do mariscal Tito en 1980, e no medio dunha grave crise económica, as tensións entre os pobos do país medraron. Despois do ascenso de partidos nacionalistas ao poder en Serbia, dúas das súas repúblicas constituíntes (Eslovenia e Croacia) declararon a súa independencia en 1991, ás que seguirían a República de Macedonia e Bosnia e Hercegovina o ano seguinte, non sen resistencia por parte de Serbia. En 1991 a tensión entre as diferentes repúblicas derivou no sanguento conflito coñecido como guerra de Iugoslavia (ou guerras iugoslavas).

As repúblicas que decidiron permanecer na federación substituíron en 1992 a República Federativa Socialista de Iugoslavia pola nova República Federal de Iugoslavia, integrada xa só por Montenegro e Serbia, que abandonou tamén o sistema socialista, como antes fixeran as xa independizadas.

A minoría étnica albanesa ao sur de Serbia foi tamén fonte de tensión (e aínda o é) e, ante os enfrontamentos do exército iugoslavo coa guerrilla kosovar, transformada en Exército de Liberación de Kosovo (UÇK), cando este territorio, aínda oficialmente parte de Serbia, declarou a súa independencia o 22 de setembro de 1991, non recoñecida internacionalmente, provocou a intervención estranxeira (a denominada Guerra de Kosovo). Despois do bombardeo da OTAN á República Federal de Iugoslavia, rematada a guerra, a partir de 1999, a administración do territorio kosovar quedou, de forma temporal, a cargo da ONU e, por mandato do Consello de Seguridade, nas mans da Misión de Administración Interina das Nacións Unidas en Kosovo (MINIURSO) e da OTAN.[1]

Porén, o status de Kosovo é motivo de controversia. Serbia considera que Kosovo é unha provincia autónoma dentro do seu propio territorio, de conformidade coa súa constitución e coa Resolución 1244 do Consello de Seguridade das Nacións Unidas. Por iso, o goberno serbio non intervén directamente na administración deste territorio desde 1999. O novo goberno provisional de Kosovo declarou unilateralmente, outra volta, a súa independencia de Serbia o 17 de febreiro de 2008 (co apoio tácito de Estados Unidos e de parte da Unión Europea), instaurando a República de Kosovo. Serbia, Rusia, España e outros países non aceptaron este feito unilateral nin recoñecen a República de Kosovo como Estado soberano.[2][3]

Tras a aprobación e promulgación da Carta Constitucional de Serbia e Montenegro pola Asemblea da República Federal de Iugoslavia o 4 de febreiro de 2003, a República Federal de Iugoslavia pasou a ser a unión de Estado de Serbia e Montenegro. Finalmente, o 21 de maio de 2006, nun plebiscito, o 55,5% da poboación apoiou a independencia de Montenegro, que foi proclamada o 3 de xuño de 2006.

Prehistoria e Historia Antiga

editar

As orixes

editar

Iliria

editar

Iliria é unha antiga rexión histórica de Europa que, na súa maior extensión, incluía a parte occidental da península Balcánica, na costa oriental do mar Adriático, no que hoxe son Croacia, Serbia, Bosnia, Montenegro e Albania. Os primeiros signos de grupos de poboación fixos, aínda que escasos, no territorio do que foi Iugoslavia, remóntanse ao paleolítico inferior, como o demostran os xacementos de Montenegro, norte de Bosnia, Croacia e Eslovenia.

No neolítico floreceu unha cultura agrícola-gandeira, a cultura danubiana, estendida a Serbia e Bosnia, que arrequeceu con diferentes achegas na Idade de Bronce. Esta cultura presenta os seus centros máis importantes en Starčevo, cuxa cerámica está decorada con motivos xeométricos en espiral; Vinča, obra de comunidades agrícolas relativamente estábeis que posúe unha cerámica bastante diversificada, como pequenas estatuas e vasos antropomorfos e, finalmente, Butmir, en Bosnia, con cerámica decorada con meandros e espirais.

Ao comezo da Idade de ferro desenvolveuse en Bosnia, especialmente no altiplano de Glasinać, unha cultura caracterizada polo gran número de túmulos, ricos en armas, relacionados cos de Serbia.

Tamén habitaban a zona, especialmente ao sur, os tracios, antigo pobo de estirpe indoeuropea. Eran sobre todo gandeiros, e foron moi apreciados como soldados mercenarios polos gregos da época clásica. Nunca chegaron a alcanzar a etapa urbana e a súa organización era feudal, con base na tribo.

 
Área aproximada do asentamento das tribos ilirias na antigüidade.

Esta rexión foi coñecida na antigüidade polos nomes gregos 'Iλλυρία (Illyría) ou Iλλυρίδα (Illyrída),[4] e, posteriormente, polo latino Illyria e tamén Illyricum.[5]

Neste marco apareceron a finais do II milenio a.C. (contra o ano 1000 a.C.) poboacións ilirias procedentes do norte. Os ilirios (en grego ιλλυρόι, illyrói) eran unha heteroxénea coalición de tribos das que pouco se sabe. Suponse que a un número indeterminado destas as unía unha lingua iliria común.[6][7]

O feito de que o territorio sufrise invasións dos galos contra o 400 a.C. (que deixou poucos vestixios) e o descoñecemento dos autores clásicos, fai difícil precisar a orixe dos diferentes grupos. En xeral, pódese dicir que Iliria ía do Neretva (antigo Naro) ao Drina (Drilo) e que ao leste quedaban os tribalios. Esta descrición é conforme a diversos autores até o século II e en especial Estrabón e Tácito.

Considérase aos ilirios como un pobo indoeuropeo procedente do círculo da cultura de Lusacia. Orixinariamente vivían baixo unha organización tribal cun xefe electivo e un consello de anciáns, pero constituíron máis tarde federacións e reinos máis ou menos efémeros; no sur, máis en relación coa cultura grega, fundaron o Epiro, que se distinguiu da verdadeira Iliria.

Os ilirios impuxéronse aos tracios e ocuparon as rexións do NO da península Balcánica, desde o Danubio até o golfo de Ambracia, e do Adriático aos montes Šar. As principais tribos eran as dúas dálmatas, ardieos, dárdanos, albanos, taulantios, molosos, trespotos, vénetos, dauros e mesapios; estas tres últimas alcanzaban o leste de Italia.

O gran número de tribos independentes obstaculizou a formación dun estado "nacional" até mediados do século III a.C., en que apareceu no sur do país un reino ilírico con capital en Scodra (Escodra, hoxe Shkodër, en Albania), e outra federación de pobos con sede en Delminium (capital dos dálmatas no século II a.C., antes da conquista romana, onde hoxe se localiza Tomislavgrad, Bosnia e Hercegovina).

Progresivamente foron chegando ás costas colonos gregos que deron orixe a emporios como Epidauro e Apolonia (hoxe en Albania). Naturalmente, a cultura grega está mellor documentada en Macedonia e ao longo das costas, pero a súa influencia fíxose sentir tamén máis ao interior.

Artigo principal: Mesia.

Mesia (en grego antigo Μοισία, Moisía; en latín Moesia) é unha rexión xeográfica e histórica situada ao sur do curso inferior do Danubio, nas actuais Serbia, Bulgaria (norte) e Romanía (extremo sueste). Estaba delimitada:

Inicialmente poboada por tribos tracias, instaláronse nela colonos gregos a partir do século VIII a.C., no litoral do mar Negro.

A lingua autóctona, o mesio, da que se dispón de poucos coñecementos, suponse que pertencía ao grupo tracio-ilírico, un conxunto de linguas que agrupaba o mesio, o dacio, o misio e o tracio.

No ano 76 a.C., Caio Escribonio Curio, procónsul da Macedonia romana, emprendeu unha marcha militar a Mesia na que venceu a varias tribos indíxenas, co que a República romana alcanzou por primeira vez o limes do Danubio. A rexión foi definitivamente conquistada por Marco Licinio Craso, neto do xeneral e cónsul romano Craso, no 29 a.C.

Artigo principal: Dacia.

Na antigüidade, especialmente segundo as fontes romanas, Dacia era o país da Europa centrooriental habitado polos dacios, que os gregos denominaban xetas.[8]

 
O país dos dacios.
 
O reino de Dacia na época de Berebistas (82 a.C.).

Aproximadamente, esta rexión estaba delimitada ao sur polo río Danubio (daquela chamado Istros) ou ás veces tamén polos Balcáns (daquela Hemus), incluíndo así a rexión de Dobruia, habitada polos xetas e onde entraron en contacto co mundo grego; ao leste, polo mar Negro (Pontus Euxinus) e polo río Dniéster (Tyras), aínda que había moitos asentamentos dacios entre o Dniéster e o río Bug; e ao oeste, polo río Tisza (Tisia), aínda que ás veces tamén se contaban áreas situadas entre este río e o Danubio medio. Corresponde, por tanto, aos estados actuais de Romanía e Moldova e a pequenas partes dos de Bulgaria, Serbia, Hungría e Ucraína.

Entre os anos 82 a.C. e a conquista romana do 106 da nosa era, existiu un reino dacio de extensión variábel. A súa capital, Sarmizegetusa, foi destruída polos romanos, pero a nova cidade que estes fundaron para dirixir a nova provincia tomou en parte o seu nome (Ulpia Traiana Augusta Dacica Sarmizegetusa).

Estaba poboada polos xetas ou dacios e as tribos dos tiras e os teuriscos, presuntamente de etnia tracia. Tucídides dixo que xa vivían alí a mediados do século VI a.C., durante a expedición de Darío I de Persia, e máis tarde seguiron a Sitalces como a cabeza da confederación tribal tracia dos odrisios.

Os dacios ou xetas pertencían á familia ilirio-tracia. As tribos dacias tiñan relacións pacíficas e belicosas cos outros pobos veciños, como os celtas, os antigos xermánicos, os sármatas e os escitas, pero foron máis influídos ca eles polos antigos gregos e romanos. Estes últimos, finalmente, conquistarían e asimilarían lingüística e culturalmente aos dacios.

A relixión dos dacios tiña unha certa influencia da relixión helénica. Así, posuía todo un panteón de deuses que se identificaban con algún elemento do medio natural.

Durante a expedición de Filipo II de Macedonia a Tracia, os tribais ocupaban as rexións entre o Danubio e os Balcáns. Foran desprazados recentemente polos kelts, que probabelmente eran un pobo celta, que expulsaran os xetas cara á outra ribeira do río.

Alexandre o Grande, o 335 a.C., encontrou aos xetas á outra banda do Ister, cuns dez mil guerreiros e catro mil cabaleiros. Alexandre atravesou o río de noite e por sorpresa, e derrotou aos xetas, conquistando a súa capital.

O ano 292 a.C., Lisímaco de Tracia, nunha guerra agresiva contra os xetas, entrou até o corazón do país, pero nas chairas de Besarabia cortáronlle a retirada e tivo que renderse.

Durante a invasión dos galos (celtas), os xetas estiveron en guerra con eles, pero foron derrotados e milleiros foron vendidos como escravos en Atenas (nesta época están documentados moitos escravos cos nomes de Geta ou Dacus ou Davus). Despois, parece que os xetas desaparecen e xurdiron os dacios.

Non está claro o por que pasaron de dicirse xetas a dicirse dacios. Estrabón dixo que eran dous pobos diferentes e que os xetas vivían á beira do mar Negro, e os dacios na parte occidental, nas fontes do Ister. No século I a.C. os romanos denominaban a rexión como Dacia e todo fai pensar nun só pobo no que a tribo dos dacios adquiriría a hexemonía e a dos xetas a perdería.

Porén, o príncipe Berebistas, contemporáneo de Xulio César, é denominado rei dos xetas. Este rei atravesou o Ister, atacou os boios e aos tauriscios, exterminándoos, o que causou espanto aos romanos. O 10 a.C. Augusto enviou unha expedición contra eles, que daquela estaban dirixidos por Cotis ou Cotiso. Os romanos parece que avanzaron polo val do Maros, pero a expedición non tivo resultados.

Neste período, os dacios enfrontáronse frecuentemente cos romanos sen resultados decisivos para ningunha das dúas partes, até que os dacios, baixo o rei Decébalo, derrotaron ao emperador Domiciano e o obrigaron a negociar a paz en condicións desfavorábeis, incluso coa obriga do pagamento dun tributo anual a Dacia.

Véxase tamén: Decébalo.

Os romanos prepararon a vinganza, que levou a cabo Traxano: o ano 101 saíu de Roma, pasou por Panonia, atravesou o Theiss e seguiu o río Maros até Transilvania. A primeira gran batalla cos dacios librouse preto de Thorda, nun lugar que aínda hoxe se denomina Prato de Traxano (Pratum Trajani). Decébalo puido volver a negociar as condicións da paz o 104, pero converteuse en tributario de Roma, e unha gornición romana se estableceu na súa capital, Sarmizegetusa, dirixida por Longinus. Traxano tomou o título de "Dácico".

Decébalo utilizou a paz para rearmarse. Atacou os iacigos, que eran aliados dos romanos, acolleu desertores romanos e, finalmente, arrestou a Longinus e fixo saber que non o liberaría até a evacuación romana do país e a compensación polos gastos militares. Longinus envelenouse e o senado romano declarou a guerra a Decébalo.

Durante esta segunda guerra dacia (105), Traxano atravesou o Danubio polo lugar chamado Portas de Ferro, onde fixo construír a célebre ponte flotante (iniciada contra o 103), e dirixiu unha parte do exército cara á Aluta, mentres el mesmo dirixía o resto polo val do Orsova e marchaba directamente contra a capital de Decébalo, Sarmizegethusa, que os dacios non puideron defender e incendiaron antes de fuxir ás montañas. Decébalo e outros nobres suicidáronse para evitaren caer en poder dos romanos.[9] Traxano entrou na capital o 106.

Macedonia

editar
Artigo principal: Reino de Macedonia.
 
O territorio da Macedonia histórica repártese hoxe entre Grecia (Macedonia grega), a República de Macedonia, Bulgaria (provincia de Blagoevgrad), Albania (Mala Prespa e Golo Brdo) e Serbia (Prohor Pčinjski e Gora).
 
Expansión de Macedonia durante o Reino.
 
O Reino de Macedonia á morte do rei Filipo II (336 a.C.).

A Macedonia histórica estendíase polo centro da península Balcánica, limitada ao sur por Tesalia e ao leste por Tracia. O seu territorio estivo habitado desde o neolítico, e actualmente está repartido entre varios países: Grecia, a República de Macedonia (ou Antiga República Iugoslava de Macedonia), e Bulgaria, pero tamén, segundo certos mapas, por algúns pequenos territorios de Albania oriental e de Serbia meridional.

O nome Macedonia, en grego Μακεδονία (Makedonía) é moi antigo. Existen tres teorías sobre a orixe deste nome.

De acordo coa mitoloxía grega, Macedón era o nome do xefe da tribo que se asentaría na rexión e que fundaría o Reino de Macedonia. De acordo con Heródoto, os μακεδνοί (makednoí) eran unha tribo doria.[10]

O nome tamén podería derivar do adxectivo μακεδνός (makednós), que significa "alto", usado por Homero para designar unha árbore na Odisea [11] e que segundo o gramático Hesiquio de Alexandría sería unha palabra do dórico que significaría "grande" ou "pesado".[12] Comunmente crese que tanto os macedonios coma os seus antecesores makednoí eran considerados como persoas de grande estatura.[13]

Unha terceira hipótese suxire que o nome makedónes significaría "habitantes das terras altas", de acordo cun termo do antigo idioma macedonio, μακι-κεδόνες (maki-kedónes, "do alto planeta").[14]

Os historiadores cren que os seus habitantes eran gregos de dialecto dórico, ao igual que os da rexión de Epiro, Rodas e o Peloponeso.

É moi complicado chegar a saber con toda exactitude a orixe destes pobos. Sábese que se agrupaban en tribos e cada unha tería o seu propio rei. O groso da poboación eran pastores que coidaban o gando dos nobres. Estes últimos eran ademais grandes cazadores e bos guerreiros. O historiador grego Tucídides (ca. 460 a.C. - 400 a.C.) describe a estes poboadores como un conxunto de pobos dispersos, en cada un dos cales se implantara unha monarquía, que loitaban e competían entre si, de maneira que o relato da súa consolidación está cheo de alianzas e conflitos entre os diversos grupos e reis aspirantes á hexemonía.

Contra o século XII a.C. aquela sociedade transformouse en reino, gobernado polos arxéadas. Contra o 640 a.C. Pérdicas I ocupaba toda a chaira macedónica, pero sen podermos falar, aínda, dun poder centralizado.

Os macedonios comezaron a expandirse, a partir do 730 a.C., cara ás chairas costeiras, quizais debido á presión demográfica que afectou a todo o norte dos Balcáns, exercida polos cimerios sobre os tracios ao leste, e polos ilirios ao oeste. A expansión dos macedonios concluíra a finais do século VI a.C. e o reino emerxeu a principios do século V a.C. xa plenamente constituído, aínda que cunha estrutura arcaica e laxa.

Parte dos pobos conquistados polos macedonios foron expulsados ou exterminados, pero outra parte permaneceu e asimilouse aos macedonios. A comunidade dos pobos macedonios reunía todos os territorios que recoñecían a autoridade do rei. Macedonia era un reino dotado dunha estrutura moi pouco centralizada e que se compoñía de dúas partes esenciais:

  • por un lado, a arché do rei de Macedonia da dinastía arxéada, é dicir, a Baixa Macedonia e a Migdonia, que estaban sometidas ao control directo do soberano
  • por outro, os pobos da Alta Macedonia, que conservaban cadanseu rei ou dinastía; como os lincestas.[15]

Cando a autoridade real era débil, os príncipes da Alta Macedonia tendían a converterse practicamente en monarcas independentes, a desenvolver unha política propia e contraria aos arxéadas, e a establecer vínculos de solidariedade cos seus veciños ilirios ao oeste do Pindo.

Os obxectivos básicos do rei de Macedonia eran asegurar, en primeiro lugar, a estabilidade dinástica; en segundo lugar, controlar as dinastías dependentes da Alta Macedonia e, por último, consolidar as fronteiras do reino ante ilirios, tracios e calcídicos e, en menor medida, epirotas e peonios.

A comezos do século V a.C. Macedonia era xa un estado rexido por unha aristocracia militar e terratenente. Durante o reinado de Arquelao I (413-399 a.C.) estableceuse a capital en Pella.

Tras enfrontarse aos odrisios en Tracia, a Persia, a Atenas e a Esparta, Macedonia dilatou extraordinariamente as súas fronteiras coas conquistas de Filipo II (356-336 a.C.) e do seu fillo Alexandre III o Grande (336-323 a.C.).

Posteriormente Macedonia atravesou duros avatares até chegar ao reinado de Filipo V (221-179 a.C.), aliado de Haníbal na II guerra púnica. Así se produce o enfrontamento con Roma

A conquista romana

editar

A finais do século III a.C. o reino de Iliria, con capital en Skodra (Escútari) ao norte da Albania actual, estendíase por Montenegro, a Croacia meridional até a sur do río Neretva.

 
Iliria no Imperio romano.
 
Provincias romanas de Illyricum (que comprendía Dalmacia e os SO de Panonia ou baixa Panonia), Panonia, Mesia, Dacia, Tracia e Macedonia.
 
Dioceses de Illyricum (Diocese de Panonia), Dacia e Macedonia no ano 400.

No século III a.C. os ataques piratas dos ilirios polas cidades adriáticas deron motivo aos romanos para emprenderen campañas contra eles. Os territorios dos Balcáns foron incorporándose paulatinamente ao imperio romano, comezando por Macedonia.

No Mediterráneo oriental, a República romana enfrontouse sucesivamente aos monarcas dos estados helenos xurdidos do imperio de Alexandre o Grande: aos reis macedonios Filipo V no ano 197 a.C. e Perseo no 168 a.C. nas Guerras macedónicas, e dividiu o país en catro repúblicas, con capitais en Anfípolis, Tesalónica, Pella e Pelagonia. Máis tarde Roma acabou coa independencia nominal destas repúblicas para converter a toda Macedonia en provincia romana, rexida por un gobernador residente en Tesalónica. Derrotou tamén a Antíoco III de Siria o ano 189 a.C., na Guerra romano-siria. Macedonia, Acaia e Epiro convertéronse en provincias romanas o ano 146 a.C.

No ano 229 a.C. Roma aventurouse por primeira vez no leste do Adriático. Declara a guerra ao reino de Iliria despois dun incidente diplomático coa raíña Teuta, que foi acusada por Roma de saquear a mercadores romanos. A República romana comeza entón a conquista desta rexión coa toma de Dyrrachium, no centro da Albania actual, en 229 a.C.

Os romanos, en 168 a.C., despois dunha guerra de 30 días conquistaron a capital (Skodra) e Iliria foi incorporada a Roma. Producíronse algunhas revoltas, a última das cales foi en Dalmacia. Pero desde o ano 12 d.C. Dalmacia quedou totalmente sometida.

A rexión foi teatro da confrontación entre Xulio César e Pompeio. Despois da extensión da conquista romana até o Danubio baixo Augusto, en 9 a.C. creouse a provincia romana de Iliria. No ano 10, esta provincia foi dividida en Panonia e Dalmacia e o termo Iliria caeu en desuso.

En Iliria os romanos crearon no ano 27 a.C. unha provincia senatorial que comprendía as actuais Albania, Montenegro, gran parte de Bosnia e Croacia, Dalmacia e a parte occidental de Serbia. Porén, a submisión das belicosas tribos do interior non foi completa até o reinado de Augusto (campaña de Tiberio, ano 9 a.C.).

A provincia foi posta baixo dependencia directa do emperador, quen a gobernaba por medio dun procónsul residente en Salona, pero as revoltas que se produciran aconsellaron manter unha forza militar importante na rexión e o 11 a.C. foi convertida en provincia imperial con P. Cornelius Dolabella como legatus (legado). Ás cidades máis importantes, como Epidauro, Narona, Salona e Iader (Zadar), enviáronse colonias de veteranos que as converteron en centros de irradiación da cultura latina, como o demostra a progresiva extensión de factorías romanas no interior.

A provincia, sen capital determinada, dividiuse en conventos xurídicos subdivididos en decurias; Scardona, Salona (con 382 decurias segundo Plinio) e Narona. Iadera, Salona, Narona e Epidauro de Iliria foron colonias romanas e Apolonia de Iliria e Corcira cidades libres. Crese que o legado só tiña xurisdición sobre unha parte e que a zona interior dependía do gobernador de Panonia. Salona acabou sendo a capital provincial. O historiador Dión Casio e o seu pai Casio Aproniano, foron gobernadores de Iliria.

A romanización desta rexión recibiu grande impulso tamén polo recrutamento de nativos ilirios, primeiramente para cohortes auxiliares e, despois, tamén para as lexións. Na provincia ilírica, grazas á sagaz administración romana, floreceu ben pronto o comercio, favorecido polas lexións establecidas ao longo dos Sava, Drina e o Danubio. Exportábase gran, animais e madeiras para a construción, e até ferro, ouro e prata.

Durante o baixo imperio a Iliria alcanzou o seu apoxeo en canto a riqueza e importancia política, como o demostra o feito de que os máis grandes emperadores deste período (Aureliano, Probo, Diocleciano) eran oriúndos desta provincia do Imperio.

Na organización imperial, o territorio do que foi Iugoslavia estivo distribuído en diversas épocas entre as provincias de Panonia, Mesia, Iliria e Macedonia. Pola división de Teodosio I (395), quedou repartido en dúas zonas, pertencentes a cada unha das dúas partes do Imperio: a Diocese de Panonia —que incluía as actuais Eslovenia e Croacia, con parte de Bosnia— quedou no Imperio Romano de Occidente, mentres que as Dioceses de Dacia —que comprendía a actual Serbia— e de Macedonia, se adxudicaron ao Imperio Romano de Oriente.

E aí empezou todo o problema. Coa división do Imperio, o patricio Marcelino asegurou o control da parte occidental e dominaba o mar Adriático mediante unha frota. Pero Iliria quedou de contado en poder dos visigodos, empuxados polos bizantinos, e Alarico foi recoñecido magister militum en 398 polos bizantinos e, en 405, polo emperador de Occidente.[16][17]

Os primeiros eslavos

editar

Quen eran os eslavos?

editar
Artigo principal: Pobos eslavos.

Pouco é o que se coñece sobre a orixe e as primeiras etapas da historia dos pobos eslavos. A partir das fontes clásicas e das evidencias arqueolóxicas, propuxéronse diversas hipóteses un algo vagas que sitúan o seu hábitat primitivo nalgún punto das vastas chairas que se estenden entre os ríos Elba e Dniéper.

Arqueólogos polacos e checos localizan o seu berce nun amplo espazo da Europa oriental, limitado de oeste a leste polo Vístula e o Dniéper e, ao sur, polos contrafortes setetrionais dos Cárpatos. Alí, ao longo da Idade de Bronce, as xentes da cultura de Trzciniec e da súa sucesora, a puxante cultura lusaciana dos Campos de Urnas, configuraran un substrato étnico no que, conforme a estas teses, sería posíbel rastrexar a orixe dos pobos eslavos.

A idea de que os pobos eslavos teñen moito en común, canto ás súas orixes, a orixe das súas linguas e dalgúns aspectos culturais, derivan máis ben do nacionalismo romántico, do paneslavismo e da noción de raza como unha base biolóxica para as nacións, aínda que moitas semellanzas histórico-xenéticas, xeo-culturais e fonético-idiomáticas foron comprobadas por moitos estudos sobre os pobos protoindoeuropeos.

 
Expansión dos pobos eslavos.
 
Países actuais de maioría eslava e con -polo menos- unha lingua eslava como lingua oficial.      Pobos eslavos occidentais     Pobos eslavos orientais     Pobos eslavos meridionais

A chegada das invasións escitas desde Ucraína, no século VIII a.C., propiciaría a emigración dalgúns grupos, tanto cara ao oeste, até contactar cos xermanos na rexión do Río Elba, como cara ao leste, cara ás concas do Dnister e o Pripiat, onde se converteron en veciños de escitas e sármatas, pobos nómades das estepas do sur da actual Rusia.

Os especialistas aprecian nestes primitivos eslavos orientais fortes influencias helenas e iranias, procedentes dos contactos cos seus veciños nómades e, a través deles, coas colonias gregas do mar Negro. As conxecturas sobre este proceso foron tan variadas como, en xeral, carentes de base.

Pero sexa cal for a orixe dos eslavos, o certo é que, nos primeiros séculos da nosa era, constituían un conxunto de tribos sedentarias, denominadas no século I por Plinio o Vello e Tácito veneti (vénetos), que falaban unha mesma lingua e compartían un similar grao de desenvolvemento cultural, e cuxa organización social estaba abandonando a etapa xentilicia para dar paso a unións territoriais máis ou menos estábeis, nas que o goberno das asembleas tribais perdía terreo en beneficio dos xefes militares e dunha aristocracia terratenente favorecida pola lenta introdución do sistema escravista.

A partir do século III o ámbito eslavo foi sacudido polos grandes movementos migratorios que alteraron profundamente a face de Europa. Primeiro foron os xermanos, un de cuxos pobos, o ostrogodo, emigrara á rexión do Vístula e despois á Rusia meridional. Baixo o reinado de Hermanarico os ostrogodos someteron as tribos eslavas da rexión.

No ano 375 os hunos, nómades de orixe turco-mongol que acababan de atravesar os Urais procedentes da Siberia meridional, destruíron o reino xermano e estableceron sobre as súas ruínas un novo imperio que alcanzaría o seu apoxeo con Atila, a mediados do século V, para desaparecer rapidamente á súa morte.

Os movementos de pobos desencadeados por estas invasións afectaron aos eslavos, que iniciaron unha lenta diáspora. Os grupos máis meridionais, fuxindo das devastacións provocadas polos nómades ou aproveitando os espazos baleiros que deixaban as migracións doutros pobos, dispersáronse desordenadamente, tendencia favorecida pola inestabilidade das súas dúas grandes unións tribais, os antes, establecidos na Ucraína occidental, e os esclavenos, situados máis ao oeste, na actual Moldova. Iso explica, sen dúbida, a existencia no século VI dunha Croacia Branca no sur da actual Polonia, ou dunha Serbia Branca, a patria dos sorabos, localizada no leste de Alemaña, entre os ríos Weser e Oder.

Tras a caída do Imperio romano e o abandono de varias tribos xermánicas das zonas que ocupaban para trasladárense ao sur, xunto a unha explosión demográfica, as distintas comunidades que constituían a etnia eslava trasladáronse por todo o continente europeo.

Neste pobos eslavos pódense distinguir tres grupos:

  1. Eslavos occidentais, formado polos checos, moravos, casubios, eslovacos, sorbios, liutiches, pomeranios, mazovianos, vistulianos, polacos e silesios, grupo que se trasladou cara a occidente, instalándose na zona que ocupaba o río Danubio ao sur, o río Vístula ao leste, o río Elba e o mar Báltico, ao oeste do actual límite coa fronteira entre Estonia e Lituania, ao norte. A principios do século VII formaran varios reinos, entre os máis antigos a Gran Moravia. Máis tarde "os países da Coroa Checa" ou Polonia están entre os reinos máis poderosos nesta rexión.
  2. Eslavos orientais, que ocupaban as rexións das chairas das actuais Ucraína e Rusia, chegando polo norte até o lago Ladoga, polo leste até Moscova e polo oeste ata as fronteiras dos actuais estados de Letonia, Lituania e Estonia. Este era o grupo máis numeroso e estaba constituído polos volinios, polianos, drevlianos, dregoviches, radimiches, viatiches e severianos, que formarían, coas súas unións, os pobos ruso, ucraíno e belaruso, mesturándose cos normandos (varegos ou varengos, outro nome para os viquingos).
  3. Eslavos meridionais, que se estableceron na zona dos Balcáns: croatas, serbios, eslovenos, búlgaros, macedonios e os (poucos) eslavos de Albania. Alí se encontrarían cos protobúlgaros cos que se mesturaron parcialmente. Deles nacerían os estados de Bulgaria, Serbia, Eslovenia, Croacia, Bosnia e Montenegro.[18]

A conquista dos Balcáns polos eslavos do sur

editar

Tras a caída do imperio de Atila, os antes -posibelmente mesturados con elementos de orixe sármata e huna- levantaron un rudimentario estado nas rexións situadas ao noroeste do mar Negro, que foi destruído a mediados do século VI polos ávaros, outro pobo nómade procedente de Asia que, tras fundar un estado (567), en pouco tempo se fixeron co control das terras situadas entre o Danubio e os Urais. Os antes desapareceron entón da historia, mentres que os seus vasalos, porén, iniciaran unhas décadas atrás unha masiva migración cara ao sur, probabelmente incitados por unha considerábel presión demográfica.[19]

 
As tribos eslavas a mediados do século VIII.

Os eslavos do sur (iugo-eslavos) penetraron así na península Balcánica, franqueando en cinco ocasións o Danubio (entre 493 e 543). En torno ao 517 os cronistas gregos rexistran as primeiras incursións destes eslavos meridionais no limes danubiano. Máis ao leste, na Panonia recentemente abandonada polos longobardos, establecéronse outros grupos eslavos, entre os que figuraban eslovenos, serbios e croatas, que realizaron repetidas incursións en Dalmacia, Iliria e Macedonia desde os tempos de Xustiniano (527-565), favorecidos pola dispersión de forzas a que obrigaba a enorme extensión das fronteiras do Imperio de oriente.[20][21]

Estes grupos eslavos darían lugar, máis tarde, ás futuras nacionalidades de serbios, croatas e eslovenos, aínda que sen formaren nese momento entidades políticas específicas. Eran pobos agropecuarios, reunidos en zadrugas ou agrupacións familiares, asociadas en župas, que eran gobernadas polo župan, que se vía secundado en tempos de guerra polo voivoda.

Ante as novas circunstancias impostas polos ávaros, os eslavos alcanzaron o Adriático (614). Ao mesmo tempo, os esclavones, convertidos en vasalos e soldados mercenarios dos ávaros, participaron nas loitas destes contra Bizancio e comezaron a establecerse por toda a península Balcánica.

Constantinopla, Tesalónica e outras grandes cidades coñeceron repetidos asedios de bandas eslavas e ávaras, aínda que era o medio rural o que sufría as peores consecuencias das correrías de saqueo. Durante o reinado do emperador Heraclio (610-641), as costas e illas do Exeo e do Adriático padeceron tamén as incursións marítimas dos acabados de chegar, que incluso estableceron colonias no Peloponeso. Reducida ás comarcas litorais, a autoridade imperial desaparecera practicamente dos Balcáns.

A penetración dos eslavos non era tan só unha conquista militar, senón que implicaba tamén un proceso de colonización que, tras unha primeira etapa de incursións devastadoras, conduciu ao asentamento de grandes comunidades campesiñas eslavas. En Iliria, Macedonia e outras rexións, as poboacións autóctonas (tracios, celtas e ilirios) foron forzadas a buscar refuxio nas áreas costeiras, mentres que noutras zonas sufriron unha lenta asimilación no seo das novas sociedades eslavizadas.[22]

Nos Balcáns occidentais produciuse a colonización máis intensa. Tras romper en reiteradas ocasións o limes ilirio, os eslavos terminaron ocupando as terras do interior, absorbendo a poboación nativa ou relegándoa aos portos de Dalmacia.

A mediados do século VII, con excepción das zonas litorais, o territorio da Iugoslavia contemporánea era un país eslavo.

Desde os seus asentamentos na actual Hungría, os eslovenos ocuparon os contrafortes orientais dos Alpes, os cursos superiores dos ríos Sava e Drava e, na súa época de maior expansión, a área danubiana, desde Linz até Viena.

A cabalo do Danubio, na Panonia meridional e en Iliria, establecéronse os croatas, mentres que os serbios penetraron máis ao sur, até as comarcas montañosas que se estenden entre o río Morava e o litoral montenegrino.

O resto do territorio iugoslavo contemporáneo repartírono outros pobos menores: os narentanos, na Dalmacia meridional, onde axiña se converteron en audaces piratas; os zachlumjanos na actual Hercegovina; os duklianos e druguviches en Macedonia etc.

Este conxunto de pobos, organizados en pequenas comunidades independentes, como vimos, basculou ao longo dos séculos VII e VIII entre a submisión ao khanato ávaro e as crecentes influencias culturais e políticas que procedían do ámbito heleno (Imperio Bizantino) e dos reinos xermánicos do oeste: bávaros, francos, lombardos etc.[23]

Paulatinamente, a sedentarización permitiu a consolidación do poder dunha caste aristocrática de guerreiros vinculados á družina, (ou druzhina) séquito do xefe militar ou príncipe, knez (ou kniaz), ou o župan. Iso, e as dificultades que presentaba a complicada orografía montañosa dos Balcáns occidentais, favoreceu a aparición de numerosos principados que terminarían conformando as actuais nacionalidades balcánicas.

Idade Media: entre o Imperio de Carlomagno, o Sacro Imperio e o Imperio Bizantino

editar

O reino de Samo

editar
 
O rei Samo.

Aproveitando unha derrota dos ávaros ante os bizantinos, o comerciante franco Samo (falecido en 658), sublevou aos eslavos contra os ávaros (623), formando con axuda franca un efémero reino que se estendía sobre gran parte das tribos eslavas (checos, moravos, eslovenos e algúns do sur), desde o Elba até as proximidades do Adriático. É o primeiro gobernante eslavo do que se coñece o nome.[24]

Existe controversia sobre a súa nacionalidade. Segundo a historiografía francesa era franco, como afirma Fredegario no Fredegarii Chronicon, onde di que é do Pagus Senonagus, polo que a maioría dos autores antigos quixeron ver aí Senonico (rexión de Sens, Yonne, Francia).

Pero outros autores pensan doutra forma.[25][26][27][28]

Martin Bousquet explica que as notas marxinais que facían de Pago Senonago, pro senonico (o senonés) son erróneas e que el considera que Pago Senonago é Sengaw (o territorio do Sennne), é dicir, Soignies, Hainaut, (Bélxica).

Et plerique in margine habent senonico: quod fortè senones, Sens, celebrum in Gallia populum hic designari putarent. At alii malunt hunc locum interpretari de pago senonago, sengaw, in hanonia, ubi Sonegia, nostris Soignies, habetur.
Dom Martin Bousquet, Recueil des historiens de Gaules et de la France, Paris, 1739.

Porén, para outros, segundo a Conversio Bagoariorum et Carantanorum (Conversión dos bávaros e os carantanios), escrita ao redor do ano 872 en Salzburgo, Samo era un comerciante carantanio, isto é, esloveno.

 
O reino de Samo na súa máxima expansión.

Samo comerciaba coas tribos eslavas. Era un xefe de escolta militar das caravanas de mercadores. Todos os anos, desde o final do século V, os ávaros entraban na terra dos eslavos para saqueala. Quedaban alí durante todo o inverno, reducindo aos eslavos como escravos e tomando as súas esposas e fillas como concubinas. Os eslavos organizan en 620 a súa defensa, e escollen a Samo como xefe.[29] Cando os ávaros regresaron ao ano seguinte, foron completamente derrotados.

Samo decide quedar. Pagán ao igual que os seus compañeiros de combate, con eles vive como un líder militar ao servizo das tribos eslavas, encargado de organizar a súa defensa. As tribos que o recoñecen como Príncipe son os moravos e os checos, e pode que a extensión xeográfica alcanzase Eslovaquia, a Baixa Austria e Carintia. As fronteiras do reino de Samo son en realidade pouco coñecidas, pero probabelmente ían máis alá das fronteiras actuais da República Checa.

Sen dúbida as tribos pagaban tributo ao príncipe e aos seus exércitos, pero o groso dos recursos proviñan do saqueo dos países circundantes. Os eslavos, dirixidos polo rei Samo, lograron derrotar todos os ataques dos ávaros. Pero tamén se viron obrigados a loitar contra os francos, xa que houbo incidentes con comerciantes deste pobo asasinados, e aos quen tamén se lles roubaran os bens.[30]

O evento máis famoso foi a vitoria do exército de Samo contra o exército real dos francos dirixido polo mesmo rei, Dagoberto I, no ano 631. Samo é atacado no seu bastión de Wogastisburg, en latín castrum Wogastisburc (a situación exacta desta fortificación non se coñece), polo que se coñece como a batalla de Wogatisburg. Como consecuencia da dura derrota dos francos, os sorabos abandonáronos e uníronse ao reino de Samo.

Samo tivo 12 esposas e deixou á súa morte 22 fillos e 15 fillas. Pero o seu intento non prosperou, e o reino de Samo desapareceu sen rastro á súa morte (658).[31]

Samo reinou desde o ano 623 até o 658, e estableceu o primeiro estado eslavo do que se ten rexistros históricos, unindo baixo o seu reino aos checos, sorabos, moravos (eslovacos) e carantanios (eslovenos). Achados arqueolóxicos indican que o "Imperio" abarcaba os actuais territorios da República Checa, Eslovaquia, Austria, Lusacia e Eslovenia.

A cristianización

editar
Artigo principal: Cristianismo.

A destrución do estado ávaro polos francos (799) supuxo un importante cambio no rumbo histórico dos Balcáns occidentais. Até ese momento, os pobos eslavos da rexión mantiñan uns trazos culturais comúns, coa mesma lingua de orixe indoeuropea e unha relixión que rendía culto a deuses de simbolismo moi complexo, como Perun, Dazbog ou Veles, xunto a unha ampla gama de demos e espíritos inferiores.

Contra o ano 640, os misioneiros enviados polo emperador bizantino Heraclio realizaron as primeiras conversións entre eslovenos e croatas, pero os progresos do cristianismo foron sumamente lentos ao principio.

O proceso de cristianización foi dual, promovido polos patriarcados rivais de Roma e Constantinopla (Bizancio) e apoiado polos intereses políticos de francos e bizantinos. Este feito é fundamental para interpretar o desenvolvemento interno dos pobos balcánicos e as súas accidentadas relacións.

 
Moeda coa efixie de Carlomagno e coa inscrición KAROLVS IMP AVG.
 
Cirilo e Metodio.[32]

Os eslovenos, no século VIII, e a maioría do pobo croata, no IX, integráronse na órbita de Roma. Misioneiros francos e italianos converteron ao catolicismo a estes pobos pagáns, ao tempo que adaptaron o alfabeto latino ás súas peculiaridades lingüísticas. Carlomagno completou a cristianización desta rexión noroccidental, incorporándoa á obediencia de Roma e fundando o bispado de Nin.[33][34] A incorporación do cristianismo de rito occidental tivo grande importancia para o futuro histórico da rexión; en primeiro lugar separouna doutros pobos de orixe eslava (Moravia) ou eslavizados (Bulgaria), que adoptaran o rito oriental; e, por outra parte, afastábaa da esfera de influencia bizantina, aproximándoa á área xermánica.

En contrapartida, Bizancio enviou a Cirilo e Metodio no século IX a evanxelizar aos croatas no rito oriental. No principado de Moravia (tamén coñecido como Imperio da Gran Moravia),[35] ao norte do Danubio, estes dous monxes gregos crearon contra o ano 865 unha liturxia eslavónica e un sistema de escritura, o glagolítico, adecuado para a transcrición da fonética eslava, e que os seus discípulos simplificaron no alfabeto cirílico.

Tales instrumentos, adoptados polo clero bizantino, facilitaron a rápida creación dunha Cristiandade oriental, mediante a evanxelización de serbios, búlgaros e rusos.

Contra finais do século IX o knez Mutimir converteuse ao cristianismo da igrexa oriental, que foi predicado en Serbia polos discípulos de Cirilo e Metodio. Contra 925 creouse un bispado nacional serbio dependente da Igrexa Búlgara, con sede en Ras (actual Novi Pazar).

A ruptura entre os patriarcados de Roma e Constantinopla (Cisma de Oriente) repercutiu dramaticamente nos Balcáns occidentais, o que se pon de manifesto especialmente na diferenciación de serbios e croatas: falantes dunha mesma lingua (o serbocroata), posuirán en adiante credos relixiosos e alfabetos distintos e buscarán referentes culturais irreconciliábeis. Unha circunstancia que marcaría, por riba das dubidosas diferenzas étnicas, as peculiaridades nacionais de cada pobo.

Os reinos dos eslavos do sur na Idade Media

editar

Introdución

editar

Entre a chegada dos eslavos nos séculos VI e VII e a conquista turca nos séculos XIV e XV, os Balcáns occidentais coñeceron o desenvolvemento dun complexo sistema de estados que non só encheu o oco deixado pola paulatina desintegración do Imperio Bizantino, senón que delimitou o proceso de configuración das nacionalidades que hoxe se reparten a península.

Na maioría dos casos resulta fácil apreciar nestas primeiras formacións estatais trazos identificativos das actuais realidades nacionais de croatas, serbios, búlgaros, albaneses etc. Así, neste período, configúranse, a partir dun tronco común, as linguas eslavas meridionais: o esloveno; o serbocroata, falado en Serbia, Croacia, Bosnia, Hercegovina e Montenegro; o búlgaro e os diversos dialectos macedonios, procedentes do búlgaro medieval, pero con fortes influencias serbias.[36]

O que resulta practicamente imposíbel -por máis que algunhas interpretacións interesadas o intenten- é definir uns límites históricos precisos do territorio nacional de cada un dos actuais pobos balcánicos con anterioridade, polo menos, á invasión otomá. E iso porque os reinos balcánicos medievais tiveron unha traxectoria sumamente axitada, que dilataba ou reducía continuamente as súas fronteiras, que conducía con intermitencia á súa desaparición como estados soberanos e, sobre todo, que levaba aparellado un continuo trafego de poboacións, agravado posteriormente coa conquista turca, que fai moi difícil delimitar as zonas de poboamento dos diferentes grupos étnicos.

Describir con certo detemento a evolución deste mosaico de estados sería sumamente prolixo, pero é obrigada unha breve referencia aos principais, xa que durante este período callaron boa parte das místicas nacionalistas que tanto peso exerceron sobre os destinos dos Balcáns contemporáneos.

Desaparecido o reino de Samo, os eslovenos mantivéronse independentes baixo os seus príncipes até que a renovada presión dos ávaros fixo que, ao mando do voivoda Borut, chamasen no seu auxilio aos bávaros, recoñecendo a soberanía dos seus duques (745).

A dependencia militar con respecto a Baviera abriu o camiño á xermanización e cristianización dos eslovenos. A finais do século VIII Carlomagno conquistou Baviera e esmagou o estado ávaro (791-799), chegando á costa dálmata (803), co que o territorio esloveno entrou na órbita do Imperio carolinxio. O territorio foi incorporado como marca fronteiriza. Polo tratado de Aquisgrán (812) reguláronse as zonas atribuíbeis aos imperios carolinxio e bizantino. A presenza franca plasmouse na "Carantania" ou "Gran Carantania" (Karantani ja), ducado autónomo que deu concreción aos eslovenos.[37]

Tras a conquista franca, nun principio, mantívose a ficción dun principado esloveno vasalo, pero axiña a aristocracia eslava gobernante en Karantanija (Gran Carantania) foi substituída por funcionarios francos e italianos ao servizo das marcas de Baviera e do Friul e dos bispados de Salzburgo e Aquilea, encargados da cristianización do país.

 
Expansión do Imperio franco (481-814).
 
Carantania ca. 828.
 
Gran Carantania 952-1180.
 
Situación do Ducado de Friuli en 750.

A insatisfacción que isto producía entre os eslavos conduciu, a comezos do século IX, a un levantamento popular esloveno-croata encabezado por Ljudevit Posavski, pero esta revolta foi reducida polas tropas carolinxias. Desde entón, Eslovenia uniu a súa sorte á do Sacro Imperio Romano Xermánico.[38]

En 843 o principado carantanio foi abolido, mentres comezaba a desenvolverse, lenta pero irreversibelmente, un movemento de colonización xermana que iría reducindo o territorio esloveno aos seus confíns meridionais e máis montañosos.

O territorio sufriu a continuación (comezos do século X) as incursións periódicas dos maxiares. Esta irrupción dos húngaros en Panonia introduciu unha cuña entre os eslavos e reduciu considerabelmente o ámbito do poboamento esloveno no leste.

Fronte á nova ameaza húngara, o emperador Odón I o Grande reorganizou a antiga marca franca como ducado de Carantania (que incluía Eslovenia), entidade político-militar separada, que pronto se subdividiu en principados feudais: condados de Carintia e Carniola e ducado de Estiria, ao norte, e Marcas do Drava, Istria e Friuli, ao sur.[39]

Nos séculos seguintes, os territorios do sur sufriron a influencia de Venecia e os do norte xermanizáronse. Os sucesores de Odón I fomentaron a colonización xermana e o aumento do poder da nobreza alemá sobre unha poboación campesiña eslava que, a pesar de todo, logrou manter en moitas zonas os seus trazos culturais.

Estiria

A colonización por parte dos bávaros, que desde principios do século VIII foi avanzando de forma pacífica cara ao leste, impúxose, apoiada pola expansión misioneira do bispado de Salzburgo, nas terras estirias até finais do século IX.

Aínda que a vitoria dos húngaros sobre os bávaros (907) acabou coa soberanía alemá en Estiria, mantívose porén a mestura das etnias alemá e eslava.

Estiria dependeu de Baviera até 1002; máis tarde, de Carintia e, a partir de 1122, novamente de Baviera. Foi gobernada polos Eppensteiner, polos condes de Wels e Lambach, e polos Otakar de Bohemia. Estes últimos converteron a Marca nun territorio pechado, que tivo a súa capital en Steyr, de onde procede o nome da rexión, en alemán, Steiermark (hoxe un dos estados da República de Austria). Co fin de conservar o país, numerosos condes declaráronse vasalos dos margraves. Só unhas poucas familias conservaron un tempo a súa independencia.[40]

En 1147 conseguiu Otakar III, por vía hereditaria, estender os límites da Marca até o sur do río Drava. Cando o emperador Frederico I Barbarroxa destruíu o poderío de Henrique o León como duque de Saxonia e Baviera, Estiria viuse libre da dependencia de Baviera e foi elevada á categoría de ducado.[41]

Ao extinguirse a casa dos Otakar (1192), o ducado pasou a mans dos seus parentes, os austríacos Babenberg e, ao extinguirse á súa vez estes en 1246, desencadeouse unha longa loita pola herdanza.

Tras o intento efémero do emperador Frederico II de deixar que Estiria se administrara directamente por medio de funcionarios, como unha especie de provincia imperial, terminou a loita entre os dous competidores principais, Bohemia e Hungría, na Paz de Ofen (1254), que adxudicou Estiria a Hungría. Pero o poder opresor desta conduciu á rebelión da nobreza estiria, que se uniu a Otakar de Bohemia. Este obtivo Estiria na Paz de Viena (1260).[42]

Pero despois da vitoria de Rodolfo I sobre Otakar, Estiria pasou, xuntamente con Austria, aos Habsburgo, e estivo sometida a esta dinastía até 1918.

Carintia

Desde mediados do século IX o territorio de Carintia foi devastado por continuas invasións húngaras, ás que puxo fin Odón I ao vencer aos maxiares na batalla de Lechfelde (955). Odón II incorporou Carintia ao ducado de Baviera (976), do que se separou a finais do século X.

Foi gobernada sucesivamente polos condes de Suabia (1047-1056), polos duques de Eppenstein (1077-1122), pola dinastía Sponheimer (1122-1269) e polos condes de Gorizia-Tirol (1286-1335), e a continuación pasou a integrar os dominios alpinos da casa de Habsburgo (1335).

Carniola

Durante o reinado de Henrique IV foi cedida ao patriarcado de Aquilea, e entón foi cristianizada e colonizada por alemáns. Máis tarde (1282-1335) quedou baixo o dominio dos Habsburgo.

Friuli

Ao afundirse o Imperio Romano, os longobardos (lombardos) apoderáronse do interior do territorio, e despois deles os francos, mentres que Aquilea logrou manter a súa independencia durante algúns séculos.

Carlomagno fundou a Marca de Friuli, dividida despois en catro ducados. Máis tarde, o Friuli udinés formou parte da República de Venecia, mentres que a provincia de Gorizia pasou a depender de Austria.

Trieste

Foi unha cidade independente desde 948, baixo o control dos seus condes-bispos. Pero cobizada polos venecianos, estes apoderáronse dela en 1202. En 1382 púxose baixo a protección de Leopoldo III de Habsburgo.

Como vemos, durante os séculos XII a XIV case toda a rexión habitada por eslovenos caeu baixo o poder dos Habsburgo, de maneira que a sorte de Eslovenia quedou unida por longos séculos á de Austria. Os territorios de Friuli e de Istria pasaron á República de Venecia, que os retivo até a súa desaparición a finais do século XVIII, na época napoleónica. No Congreso de Viena (1815) pasa a depender de Austria.

Croacia

editar

O territorio da actual Croacia formou parte da provincia romana de Panonia. Ao afundirse o Imperio de Occidente foi sometida provisionalmente polos ostrogodos baixo o reinado de Teodorico o Grande[43] e, máis tarde, anexionada a Bizancio por Xustiniano I (536).[44] Posteriormente foi conquistada polos ávaros (568), que se estableceran na rexión balcano-panónica en tempos de Xustiniano.

 
Reino ostrogodo de Teodorico o Grande.
 
Mapa do Imperio Bizantino en 550. En rosa, territorio orixinal; en verde as conquistas durante o reinado de Xustiniano I.
 
O Imperio Bizantino no ano 600.
 
O Imperio Bizantino durante o reinado de Basilio II (976-1025), chamado Bulgaróctonos ('Matador de búlgaros'), que invadiu Bulgaria e a anexionou ao Imperio.

Até o século VII non apareceron as primeiras tribos eslavas (croatas), que deron nome ao país e expulsaron os ávaros. Crese que o basileús (emperador) Heraclio (575-641) autorizou aos eslavos -procedentes da Croacia Branca, ao norte dos Cárpatos- a ocupar os territorios bizantinos dominados polos ávaros. De acordo coa obra De Administrando Imperio (Sobre a administración do Imperio) escrita no século X polo emperador bizantino Constantino VII, os croatas chegaron ao que hoxe é Croacia a principios do século VII, aínda que esta afirmación é discutida e algunhas hipóteses datan esta chegada entre os séculos IX e VI.[45]

Finalmente formáronse dous ducados, o Ducado de Panonia e o Ducado de Dalmacia, gobernados por Ljudevit Posavski e Borna, como testemuñan crónicas de Eginardo, a principios do ano 818. Os primeiros documentos escritos rexistran estes dominios croatas como estados vasalos de Francia nesta época.[46] O señorío franco terminou durante o reinado de Mislav dúas décadas máis tarde.[47] Segundo Constantino VII a cristianización dos croatas comezou no século VII, pero esta afirmación é discutida e hoxe pénsase xeralmente que foi máis ben no século IX.[48] O primeiro gobernante croata nativo recoñecido polo papa foi o duque Branimir, ao que o Papa Xoán VIII se refire como Dux Croatorum ("Duque dos Croatas") en 879.[49]

Os croatas establecéronse en Dalmacia e, progresivamente, estendéronse pola beira do Danubio, entre o Sava e o Drava; só un escaso número de cidades fortificadas mantivo a súa relación con Bizancio e conservaron a lingua latina.

As tribos croatas, instaladas na parte noroeste da península Balcánica, ocuparon tres zonas: a rexión do Sava, cuxo centro era Sisak; o sector comprendido entre o mar Adriático e os montes de Plesiveč, con capital en Knin, e a banda de terra que se estende de Istria a Kotor, cos portos de Zadar, Trogir, Dubrovnik e as illas próximas. Esta localización xeográfica expoñíaos á rivalidade das cidades latinas da costa dálmata e aos ataques dos bizantinos, cuxa frota se internaba frecuentemente no Adriático. Como non formaban verdadeiros núcleos compactos foron acosados polos ávaros, os seus tradicionais inimigos.[50]

Para defendérense desta continua ameaza tiveron que buscar o apoio dos francos e dos bizantinos. Os francos -por medio dos duques de Baviera e de Friume- anexionaron o país ao seu imperio. Durante o reinado de Ludovico Pío, o knez Tripmir (823) adoptou o título de Dux Croatorum e implantou un certo feudalismo ao estilo franco.[51]

Polo que respecta a Dalmacia, estivo poboada na antigüidade, como vimos, por tribos ilíricas e viuse frecuentada desde o século IV a.C. por comerciantes gregos que, atraídos pola riqueza mineira do interior do país, estableceron colonias na costa. Os romanos conquistaron o país durante o reinado de Augusto; Diocleciano dividiuna en dúas provincias, Dalmatia e Praerelitana. Cristianizada xa no século III, quedou na rexión occidental despois da partición do Imperio Romano, formando parte da prefectura de Italia.

Xa na Idade Media, foi ocupada polos ostrogodos e despois anexionada a Bizancio por Xustiniano. A conquista bizantina foi causa de que, en adiante, Dalmacia compartise o destino dos Balcáns, perdendo a conexión con Italia que mantiveran os ostrogodos. Os bizantinos, pola súa parte, non puxeron grande empeño na defensa destes territorios, difíciles de protexer, e non puideron evitar que os ávaros se establecesen libremente na rexión (séculos VI-VII).

Heraclio, para expulsar aos ávaros, autorizou os croatas a establecérense en Dalmacia. Os croatas eslavizaron o país e desprazaron cara á costa (Dubrovnik, Kotor, Split etc.) a poboación romanizada, que conservou a lingua latina e se mantivo sometida a Bizancio. Desde esta época o nome de Dalmacia reservouse exclusivamente para designar a rexión costeira dominada polos bizantinos, baixo a autoridade eclesiástica do patriarca de Constantinopla.

Os croatas coñeceron un máis dilatado período de independencia que os eslovenos, aínda que ao final verían parcialmente frustrada a súa esperanza de consolidar un estado nacional. Ao longo dos séculos VIII e IX as tribos croatas bascularon entre a influencia franca e a bizantina, mentres realizaban unha lenta expansión cara ao litoral dálmata.

Bizancio enviou a Cirilo e Metodio no século IX a evanxelizaren aos croatas no rito oriental. Grazas a esta evanxelización, o emperador bizantino Basilio II puido someter o país con apoio dos estamentos relixiosos. A dominación bizantina (877-910), que pretendía incorporar a rexión á influencia oriental, non fixo máis que agudizar os desexos independentistas da nobreza croata.

 
O sueste de Europa en 910.
 
Tomislav (903-928), primeiro rei de Croacia.
Pintura de Josip Horvat Međimurec (1941).
 
O Reino de Croacia ca. 925, durante o reinado de Tomislav.

O basileús concedeu a Tomislav I (903-928), knez ou župan de Nin, o título de procónsul imperial a cambio dunha alianza militar contra os búlgaros, pero este autoproclamouse no 925 rei de Croacia e iniciou unha política de unificación dos pequenos principados veciños e de extensión das súas fronteiras. Co rei Tomislav, os croatas dominaron sobre as principais cidades latinas da costa dálmata; a mestura entre o elemento eslavo e o latino mantívose en Dalmacia durante todo o século X.[52]

Libre do dominio bizantino, a occidentalización do país foi inmediata. O bispado de Split (de rito romano) conseguiu supremacía fronte ao máis eslavizado de Nin. A arquitectura, anteriormente de influencia bizantina, adoptou o estilo románico.

Unha serie de peripecias bélicas carentes de valor definitorio permitiu que os estados croata e serbio alternasen en fases de predominio e crises coas incidencias exteriores dos Imperios Bizantino e Búlgaro até que, simultaneamente coas cruzadas e as crises de Bizancio e Bulgaria, lograron unha maior estabilidade.

O rei croata Estevo Držislav intentou estender a súa autoridade a todas as cidades costeiras dálmatas, e proclamouse rei de Dalmacia e Croacia, pero o dux de Venecia Pedro II Orseolo, que desexaba acabar cos piratas que tiñan as súas bases nas costas de Dalmacia e establecer a súa hexemonía marítima no Adriático, ocupou parte da rexión e titulouse dux de Dalmacia (ano 1000).[53]

Durante os reinados de Krešimir II (1000-1035) e Estevo I (1035-1058) o estado croata consolidouse, estendéndose polo litoral adriático e uníndose a Dalmacia en tempos de Pedro Krešimir (1058-1074), que recuperou moitas cidades dálmatas. Nesta época o reino croata alcanzou o seu apoxeo, cunha considerábel extensión, de límites difíciles de precisar, pero que probabelmente chegaba polo norte até o río Drava e que abarcaba a maior parte do actual territorio croata e o norte de Bosnia, mentres disputaba aos serbios a Narentania (Montenegro) e aos húngaros a zona oriental de Eslavonia, entre os ríos Sava, Drava e Danubio.[54]

En canto a Dalmacia, as súas terras setentrionais convertéronse no centro político da Croacia medieval, sede de activas bases comerciais e de actividades piratas contra a navegación bizantina. Pero desde comezos do século XI Venecia substituíu a Constantinopla no control das grandes cidades costeiras —Zadar, Split, Dubrovnik—, mentres que a rexión habitada polos narentanos se integraba no reino serbio.

A puxanza do estado húngaro, creado en Panonia polos maxiares, terminou constituíndo un grave perigo para Croacia. Tras os reinados de Pedro Krešimir e Zvonimir (1076-1089), tomou corpo o intento húngaro de dominar este país. Á morte do gran rei Zvonimir, Croacia viuse envolvida en loitas sucesorias que facilitaron ao monarca húngaro, Ladislau I, a intromisión nos asuntos internos croatas.

Finalmente, no ano 1102, tras un acordo entre os xefes das doce tribos croatas e o rei de Hungría Kolemán (Pacta Conventa),[55] este foi recoñecido como rei lexítimo de Croacia e Dalamacia. O reino de Croacia permanecería unido á monarquía húngara (e, en consecuencia, posteriormente a Austria) até 1918.[56]

Os húngaros respectaron, en principio, os costumes locais e os privilexios da nobreza. O rei de Hungría gobernaba o país por medio dun herceg (especie de vicerrei) ou ban eslavo, gozando os croatas dun status autónomo que lles permitía ter a súa propia Dieta (asemblea). A administración do litoral reservouse ao ban das provincias marítimas, gobernador elixido, tamén, entre a nobreza croata. Croacia puido deste modo resolver os seus problemas co expansionismo veneciano, consolidar o feudalismo e integrar a súa economía na de Europa central, aínda que á custa de perder a soberanía.

Durante este período, as cidades da costa dálmata víronse envoltas en continuas loitas con Venecia, mentres que os señores feudais do interior se fortaleceron. As cidades dálmatas aproveitaron a protección do rei de Hungría (interesado en conservar portos no Adriático) e beneficiáronse á súa vez dos conflitos entre húngaros e venecianos para afianzar a súa autonomía ante a debilitada autoridade do monarca.

Ao extinguirse a dinastía nacional húngara (1301) os poderosos nobres croatas elixiron rei ao príncipe anxevino Carlos I Roberto, que obtivo tamén a coroa de Hungría. Coa nova dinastía, o proceso de occidentalización do país intensificouse, e cos franciscanos e os dominicos introduciuse no século XIV a arte gótica.

Mal protexidas pola monarquía húngara, os concellos dálmatas acabaron caendo pouco a pouco baixo a influencia veneciana, entre os séculos XIV e XV. Ao morrer Luis o Grande, os croatas apoiaron a candidatura de Ladislau de Durazzo, que foi coroado en 1403. As loitas dinásticas favoreceron a Venecia, que se apoderou da costa dálmata (1420). O 29 de xullo de 1437, pola Paz de Praga, os húngaros cederon a Venecia todos os seus dominios de Dalmacia.

Durante o longo período de unión de Croacia á monarquía húngara (1102-1918), e en maior medida que os eslovenos, os croatas lograron manter unha considerábel cohesión territorial e un sentimento nacional moi vivo, que se traduciu nunha reafirmación do catolicismo eslavo como elemento diferenciador fronte á presión cultural e política de maxiares e xermanos, pero tamén ante a ameaza expansionista dos serbios ortodoxos e dos turcos musulmáns. Este catolicismo de fronteira, fundamentalista e moi combativo, persistiría como un dos trazos máis característicos do nacionalismo croata.

Bosnia

editar
 
O Reino de Bosnia na Idade Media.

Os eslavos establecéronse no que hoxe é Bosnia nos séculos VI e VII, e durante algún tempo mantivéronse independentes, até que Hungría se apoderou do seu territorio, conquistado despois por Serbia. Entón naceu o estado bosníaco.

Bosnia, a causa da súa particular situación xeográfica, permaneceu como mazá da discordia entre os imperios de Oriente e de Occidente, até que o rei de Hungría a conquistou (século XII) e a dividiu en dous banatos a cuxa cabeza puxo cadanseu ban.[57]

A emancipación de Bosnia está ligada ao ban Kulin (1180-1204). Durante o seu reinado a herexía dos bogomilos converteuse na relixión oficial.[58]

Outro ban, Estevo Kotromanović (1318-1353) apoderouse de Hum (Hercegovina) e estendeu os seus dominios até Ragusa (Dubrovnik), facendo compatíbeis a expansión territorial coa vasalaxe a Hungría.[59]

O seu fillo Stjepan (Estevo) Tvrtko I de Bosnia (13381391) ampliou os seus territorios con parte de Serbia, Croacia e Dalmacia, facéndose coroar en 1377 como rei de Serbia, Bosnia e os Estados do Litoral.[60]

Os turcos penetraron por primeira vez en Bosnia en 1388. Invadírona e sometérona despois de moitas loitas en 1463.

Serbia

editar

O territorio da actual Serbia, como vimos, estaba habitado na antigüidade por ilirios e tracios, foi ocupado por Roma a partir do 29 a.C. e quedou integrado na provincia de Mesia, que se chamou Mesia Superior despois das reformas de Diocleciano.

 
Estevo Nemanja, Gran Príncipe de Rascia (Serbia).
 
Estevo II Nemanjić.
 
O Emperador Teófilo garantiu a independencia dos serbios.
 
Bulgaria á morte do Khan Krum, en 814.
 
Estevo Uroš IV Dušan,
Tsar de Serbia (1346–1355).
 
Imperio de Serbia en tempos de Estevo Uroš IV (1350).

No século VII foi invadido polos serbios, pobo eslavo de tradición basicamente pastoril que carecía inicialmente de estruturas políticas. O seu órgano fundamental, como nos outros pobos eslavos, era a tribo, que dominaba un espazo xeográfico determinado baixo o control dun gobernador ou župán. Estes pobos eran pagáns, e tiñan un nivel cultural moi baixo, non coñecían a escritura. Esta inferioridade explica que carecesen de independencia e que estivesen sometidos durante moito tempo a Bizancio.

O primeiro župán coñecido foi Višeslav (contra 780), e sábese que un neto seu, Vlastimir, loitou polo 850 contra os búlgaros e formou o reino de Rascia con poboación serbia (contra 840), que posteriormente incorporou o de Zeta (actual Montenegro). Así mesmo, no enfrontamento contra o reino búlgaro, destacou o knez Mutimir (863-891), fillo de Vlastimir.[61]

Debido á súa situación xeográfica, eslovenos e croatas viron condicionado o seu desenvolvemento, até épocas moi recentes, polos seus indiscutíbeis lazos históricos coa Europa central -a Mitteleuropa xermánica- que, xunto co credo relixioso, serviron para manter viva unha conciencia particularista, un algo á marxe do mundo balcánico.

Pola contra, no interior da península, serbios e búlgaros encarnaron desde a Idade Media dúas vertentes do ideal iugoslavo, que intentaron facer realidade mediante a construción de grandes imperios e a creación de igrexas nacionais, ortodoxas, pero independentes do patriarcado grego de Constantinopla. A visión idealizada daquela hexemonía constituirá un elemento fundamental no renacemento nacional do século XIX e nos reiterados intentos de reconstrución da Gran Serbia e da Gran Bulgaria que coñeceu a época contemporánea.

A formación dunha entidade estatal serbia foi máis lenta, pero tamén máis duradeira, cá dos seus veciños setentrionais. Durante moito tempo, as diversas tribos serbias que poboaban Rascia -a actual Serbia central- e Zeta (Hercegovina e Montenegro) mantiveron unha belicosa independencia, estorbada pola presión conquistadora de bizantinos, húngaros e búlgaros. A mediados do século IX, o župán Vlastimir logrou unir as tribos de Rascia contra os maxiares e iniciou unha política de aproximación entre os eslavos a partir do 879.[62]

Á morte de Mutimir (fillo de Vlastimir), contra 890, Bulgaria e o Imperio Bizantino disputáronse a posesión dos territorios ocupados polos serbios. A expansión cara ao oeste do khanato dos búlgaros, fixo que estes influísen nos destinos de Serbia entre 917 e 927. Contra 931, cando o Imperio Búlgaro de Simeón I empezou a declinar, un príncipe, Ćaslav, mostrou desexos de autonomía, chegou a gobernar toda Serbia e ampliou os seus dominios cara a Bosnia. Pero a súa parcial autonomía durou pouco, pois o emperador bizantino Basilio II reconquistou a península sometendo os serbios e acabando con este primeiro conato de unidade serbia. Aínda que neste período os serbios gozaron de certa autonomía en terras de Bosnia, pois a Serbia propiamente dita quedou baixo o dominio directo dos emperadores bizantinos, os cales non querían perder as especiais condicións estratéxicas deste territorio.[63]

Durante os séculos X e XI, aínda baixo a soberanía bizantina, Serbia seguiu sen formar unha unidade política coherente. Pero a mediados do século XI constituíuse, a partir das tribos de Zeta, o reino de Dioclea, auténtico núcleo do estado medieval serbio, que pronto estendeu o seu poder a Hercegovina, Rascia e o leste de Bosnia. Adoptando unha actitude de equilibrio entre Bulgaria e Bizancio, iniciouse unha nova etapa de expansión serbia durante os mandatos de Estevo Vojslav (1040-1052) e Miguel Vojslav (1051-1081). Este último rebelouse contra Bizancio e logrou reunir os territorios herdados do seu pai, a Rascia (Serbia) e a Zeta (Montenegro), obtendo do papa Gregorio VII o título de Rei dos eslavos. Á morte do seu fillo Constantino Bodin (1081-1101), as dúas rexións independizáronse de novo.[64]

Contra 1167 Estevo Nemanja, Gran župán de Rascia, iniciou a loita para independizar o seu pobo da soberanía bizantina. Para lograr este propósito solicitou a axuda do Imperio Búlgaro, e en 1196 abdicou no seu segundo fillo Estevo II Nemanjić, casado cunha filla do emperador. Logrou anexionarse Montenegro, Dalmacia, Hercegovina e a Serbia danubiana, polo que se considera como o fundador do reino de Serbia.

O reinado de Estevo Nemaja (1171-1196) marcou o inicio do período máis esplendoroso da historia serbia. Os seus sucesores aproveitaron a decadencia do Imperio Bizantino e a debilidade dos restantes estados da península para facérense cun extenso imperio que, no seu apoxeo con Estevo Dušan (1331-1355), incluía os actuais territorios de Serbia, Hercegovina, o sur de Dalmacia, Montenegro, Albania, Macedonia e a Grecia do norte (Tesalia e Epiro).

O sucesor de Estevo Nemanja, Estevo II Nemanjić, coa axuda do seu irmán máis novo San Sava, que controlaba a Igrexa serbia, adoptou o título de rei, que foi confirmado por Honorio III, co que Serbia se converteu no estado máis forte dos Balcáns.

A Estevo II sucedérono no trono os seus tres fillos: Estevo III Radoslav (1227-1234), Ladislau (1234-1243) e Estevo IV Uroš I (1243-1276). Este último tivo que loitar contra os húngaros; finalmente retirouse á vida monacal e cedeu o trono ao seu fillo Estevo V Dragutin (1276-1282) o cal, á súa vez, abdicou no seu irmán Milutin, que tomou o nome de Estevo VI Uroš II (1282-1321).

Con este rei, Serbia entrou de cheo na esfera internacional, e as súas conquistas puxeron a base territorial do futuro esplendor serbio. A maior parte destas conquistas foron á custa de territorios bizantinos, logrando derrotar o emperador Andrónico II.

Finalmente, en 1299, os dous monarcas chegaron a un acordo polo cal o rei de Serbia casaba cunha filla do emperador e esta achegaba como dote os territorios xa conquistados ao imperio por Serbia.

En 1322, despois duns momentos de confusión, foi coroado novo rei Estevo VIII Uroš III (1321-1331), o cal participara nunha rebelión e fora condenado á perda da vista. Foi destronado polo seu fillo Estevo IX Uroš IV Dušan (1331-1355), co cal Serbia alcanzou a súa máxima independencia na Idade Media e grandes dominios territoriais. Mediante unha audaz política exterior, aproveitando as discordias existentes no Imperio Bizantino, conquistou Macedonia, Albania, Epiro, Etolia e Tesalia. Estas conquistas permitíronlle atribuírse o título de Tsar dos serbios e dos gregos (1346). Aproveitou tamén o seu poder para crear un patriarcado independente para a Igrexa Serbia (1346). En 1349 fixo promulgar o Dušanov Zakonik, ou "Código de Dušan", código lexislativo baseado no dereito bizantino.

O ideal de Dušan de ser emperador de serbios, gregos, búlgaros e albaneses, non o sobreviviu, aínda que permaneceu no recordo do seu pobo e renacería no século XIX.

Co seu fillo Estevo X Uroš V (1355-1371) e os sucesores deste, o imperio que creara Estevo Dušan entrou nunha etapa de desintegración progresiva, fraccionándose nunha serie de pequenos principados feudais, perpetuamente enfrontados, que foron incapaces de conteren a invasión dos turcos otománs. Finalmente, na batalla de Kosovo Polje, o 15 de xuño de 1389, os otománs de Murad I venceron as tropas serbias e búlgaras mandadas por Lázaro Hrebeljanović e Esteban de Bosnia, terminando así a independencia de Serbia, que pasou a formar parte do Imperio Otomán até finais do século XVIII.

Montenegro

editar

Pouco se sabe dos primeiros tempos deste país. Só que os seus primitivos poboadores eran ilirios e que foi ocupado polas tribos eslavas no século VII. Da unión destas tribos xurdiu, no século IX, o principado de Duklja, coñecido máis tarde por Zeta.

Os serbios converteron aos montenegrinos nos seus vasalos (1215), e aínda que estes lograron un período de independencia baixo a dinastía dos Balsas (1360-1421), o país quedou finalmente sometido a Venecia. Porén, a influencia de Venecia (1421-1709), ao igual que a ocupación turca, produciuse fundamentalmente na costa.

Macedonia

editar

Desde o século IV, Macedonia integrárase no Imperio Romano de Oriente e, durante os séculos V e VI, foi invadida por pobos eslavos que asimilaron a tracios, ilirios e macedonios.

As tribos eslavas uníronse nun poderoso principado, Esclavonia (Sclavonija), e rebeláronse contra o dominio bizantino. Tras as campañas militares de 657, 678 e 687, Bizancio volveu someter -esta vez parcialmente- aos eslavos de Macedonia. Mentres tanto, a horda protobúlgara do khan Kubera penetrou en Macedonia establecéndose preto da cidade de Bitola. Máis tarde (primeira metade do século IX), a maior parte de Macedonia quedou incluída no primeiro reino búlgaro.

A insuficiencia de fontes históricas impide establecer totalmente o cadro social da Macedonia altomedieval. Sábese, porén, que os eslavos eran xentes libres, propietarios das terras en cuxo laboreo se ocupaban fundamentalmente. Coñecían tamén diversos oficios e a explotación das minas, aínda que todo iso en menor escala que a agricultura.

Macedonia, o máis meridional dos territorios ex-iugoslavos, non coñeceu nunca a existencia dun estado independente (desde a invasión dos eslavos). Auténtico corazón dos Balcáns, terra de paso de todos os invasores da península -que contribuíron a convertela nun mosaico étnico e relixioso- foi durante a Idade Media continuamente disputada por gregos (bizantinos), serbios e búlgaros. O resultado de tan axitada historia é unha maior mestizaxe cultural que noutras zonas peninsulares e unha restra de dereitos históricos e de reivindicacións territoriais dos seus veciños, que desde finais do século XIX converteron Macedonia nunha auténtica polvoreira.[65]

Desde a primeira metade do século IX, a maior parte de Macedonia quedou incluída no Primeiro Imperio Búlgaro. O resto estaba sometido aos bizantinos. Nos séculos IX e X iniciouse a xénese do réxime feudal e produciuse a ampla extensión do cristianismo, que chegaría a ter un papel positivo na difusión da cultura bizantina.

En 1018 Macedonia pasou de novo a Bizancio. Fortalecéronse os elementos gregos, pero apareceron tamén outros: armenios, hebreos e valacos. Os abusos da administración bizantina provocaron levantamentos populares, como os de Pedro Delian (1040), Georgie Boitej (1072) e outros.

A comezos do século XIII Macedonia foi escenario de enfrontamentos entre os cruzados e Bulgaria, á que quedou finalmente unida (1230).[66]

Pero mediado o século XIV foi conquistada, como vimos, polo tsar serbio Esteban IX Uroš IV Dušan. Á morte deste, a dispersión feudal dominante en Serbia conduciu ao seu desmembramento e fixo de Macedonia fácil presa dos turcos, que a ocuparon tras a súa vitoria no río Maritza (1371).

Bulgaria

editar

Se hai un pobo balcánico que poida presumir dunha relación histórica de certa continuidade cos macedonios —lazos relixiosos, lingüísticos, culturais etc.— é, sen dúbida, o búlgaro. Por iso cómpre dedicarlle unhas breves liñas.

 
Mapa que mostra o apoxeo territorial de Bulgaria baixo o tsar Siméon I.

Este pobo é froito da unión entre as tribos protobúlgaras de orixe turca (é dicir, non eslavas), que invadiron Mesia no século VII, e dos eslavos que acabaran de asentarse nesta provincia do Imperio Romano de Oriente. Como sucedería con outros conquistadores nómades, os protobúlgaros adoptaron a lingua e a cultura dos vencidos e, pola mesma época que os serbios, abrazaron o cristianismo ortodoxo.

Extraordinarios guerreiros, asumiron o liderado da loita dos pobos eslavos contra os bizantinos. Donos de Macedonia e de gran parte de Tracia, alcanzaron o seu apoxeo baixo o tsar Simeón I (893-927), cando non só someteron aos serbios a vasalaxe, senón que conquistaron gran parte da actual Albania.[67]

Pero o Imperio Búlgaro tiña unhas bases fráxiles, e non sobreviviu á presión bizantina. Reducido ao territorio da actual Macedonia, o tsar Samuel (976-1014) resistiu longos anos aos gregos, pero foi finalmente derrotado e o seu "imperio" incorporado a Bizancio.

En 1185 xurdiu o Segundo Imperio Búlgaro que, favorecido pola descomposición bizantina tras a cuarta cruzada, reconstruíu rapidamente os límites do vello imperio, desde o Adriático ao mar Negro, aínda que esta vez os búlgaros non puideron someter a Serbia dos Nemanja. O novo imperio, vítima dun rápido proceso de descomposición feudal, non puido sosterse fronte á presión de serbios, gregos e húngaros.

A mediados do século XIV non só perdera as súas provincias occidentais, senón que se encontraba atomizado en numerosos principados feudais sobre os que o tsar exercía unha soberanía puramente nominal.

Cando os exércitos otománs puxeron pé na beira europea dos Dardanelos, en 1354, a Serbia de Estevo Dušan parecía en vías de cumprir o seu programa de unificación dos eslavos meridionais baixo unha común soberanía.

Pero trinta e cinco anos despois, cando as tropas do sultán Murad I derrotaban en Kosovo Polje a coalición de estados balcánicos encabezada polo príncipe serbio Lazar, a península era un mosaico de pequenos principados rivais, algúns dos cales aínda atribuían sonoros títulos imperiais aos seus monarcas en reivindicación dunha gloria nacional xa desaparecida.

Idade Moderna: entre turcos e austríacos

editar

A conquista otomá

editar
Artigos principais: Imperio Otomán e Imperio Austríaco.

No ano 1354 iniciouse, coa caída de Galípolis, a conquista turca da Europa balcánica e, en tan só unha centuria, a práctica totalidade da península pasou a mans dos invasores asiáticos. A ameaza turca era máis sensíbel en Serbia, desintegrada durante o reinado de Esteban X Uroš V (1355-1371). Tal situación materializouse coa derrota do príncipe Lázaro Hrebeljanović á fronte dunha coalición de pobos balcánicos en Kosovo Polje (1389).[68]

 
Murad II.

A finais do século XIV Bulgaria, Tracia, Macedonia e o norte de Grecia foran xa ocupadas, e Serbia e Bosnia pagaban tributo ao sultán. O sucesor de Lázaro, Esteban (1389-1427), proclamouse déspota e, aliado de Hungría, estableceu a súa capital en Belgrado (14l2). Este esforzo efémero contra a presión otomá foi continuado por Xurxo Branković (1427-1456), que trasladou a Semendria a capital da zona serbia por el controlada, e propuxo a unión de Bosnia, Serbia e Hungría contra os turcos.

Pero as súas peticións, e os esforzos de Hungría por galvanizar aos cristiáns balcánicos e promover unha cruzada europea contra o islam, foron anulados polo desastre de Varna (1444), que abriu definitivamente aos otománs a posesión dos Balcáns ao derrotar as tropas de Murad II ás de Ladislau III de Polonia e a Janós Hunnyadi de Hungría.[69]

Serbia converteuse nun baxalato otomán (1459), mentres que o último déspota se retiraba a Bosnia que, catro anos despois (1463), tamén pasou a mans turcas, a pesar de que o seu voivoda se proclamara vasalo do sultán.

Hercegovina caeu en 1482 e, nese mesmo ano, outro baxalato uniu esta rexión con Bosnia. Croacia foi aniquilada na batalla de Krbasko Polje (1493), o que orixinou un desprazamento de croatas a Eslovenia e Hungría, onde tamén se refuxiaran numerosos serbios. Finalmente, Zeta, denominada agora Crna Gora (Montenegro), pasou despois (1499) de mans venecianas a otomás, e foi posto baixo a autoridade administrativa do rangag (distrito) de Escútari.[70]

 
Mapa da República de Ragusa.

Tras estas campañas otomás só quedou en relativas condicións de seguridade a República de Ragusa, enclave comercial que ostentaba o monopolio do sal e que se converteu en foco cultural e político do eslavismo. Esta cidade, fundada en 614 por uns fuxitivos de Epidauro, chegou a ser o centro dunha república aristocrática independente e saída ao mar dos eslavos dos Balcáns.

Estivo desde 867, e durante tres séculos, baixo a tutela dos emperadores bizantinos, aos que sucederon os venecianos en 1204 e os húngaros en 1358. Pasou finalmente a poder dos turcos, conservando á súa independencia a cambio de pagar un tributo ao sultán e, grazas á súa riqueza e á súa hábil diplomacia, a república alcanzou un notábel nivel de desenvolvemento durante os séculos XV e XVI.

Tras a expulsión dos xudeus de España en 1492, a cidade acolleu a un grupo de sefardíes. Os seus contactos con outros sefardís do Imperio Otomán e de Europa servíronlle para poder obter proveitosos acordos comerciais.[71]

 
Imperio Otomán coas conquistas entre 1481 e 1683.

Na época do seu máximo esplendor (século XVI), a frota de Ragusa compoñíase de douscentos barcos. A expansión proseguiu até 1667, cando na mañá do 6 de abril, un espantoso terremoto arruinou a cidade de Ragusa; seis mil habitantes quedaron sepultados debaixo dos seus muros. Foi reconstruída a expensas do Papa, do rei de Francia e do de Inglaterra.

Ocupada por Napoleón (1806-1813), converteuse nun ducado entregado ao mariscal Marmont. O Tratado de Viena de 1815 entregouna, co resto de Dalmacia, a Austria. Ao terminar a primeira guerra mundial integrouse en Iugoslavia.[72]

Aínda houbo unha terceira vaga de conquistas turcas, no século XVI.

Tras a caída do reduto de Belgrado (1521), formouse un estado "tapón" para protexer a fronteira húngara que, porén, non puido conter as emigracións de serbios a dito país. Finalmente, chega o desastre húngaro de Mohács (1526), que comportou a perda de Eslavonia (parte oriental de Croacia) e a maior parte da propia Hungría.

Despois da derrota de Mohács, os croatas preferiron pasar a ser súbditos dos Habsburgo de Austria, como vimos. Da península Balcánica, só Ragusa (Dubrovnik) conseguiu manter unha autonomía relativa mediante o pagamento dun tributo anual ao sultán.

Este estado de servidume prolongouse até 1683, data do sitio de Viena e do comezo da decadencia do poder otomán en Europa.[73]

Consecuencias da ocupación otomá

editar

A conquista turca tivo profundas e duradeiras consecuencias para os eslavos balcánicos. Os vencedores non só eliminaron a súa organización política, senón que transformaron as relacións sociais e económicas e provocaron considerábeis movementos de poboación. Como os restantes cristiáns do Imperio, os balcánicos convertéronse en reaia, súbditos propiedade do sultán, que dispoñía libremente das súas vidas e facendas. Grandes extensións da península foron entregadas en feudo (timar) [74] a soldados otománs que, a cambio do servizo de armas, recibían os beneficios da explotación da terra e do traballo dos campesiños a ela adscritos.

 
Hipotética expansión das crenzas bogomilas (séculos V-XV).

O sistema social sufriu cambios importantes. Aínda que no mundo rural se mantivo o modelo de comunidades campesiñas gobernadas patriarcalmente por xuíces que respondían ante o baxá otomán, a vida urbana sufriu un importante retroceso en case todos os Balcáns occidentais. Desapareceu a vella aristocracia feudal, e o patriarcado grego de Constantinopla recuperou a súa privilexiada posición entre a cristiandade eslava ortodoxa, en prexuízo do clero dos desaparecidos patriarcados nacionais serbio e búlgaro.[75]

Isto trouxo consigo un considerábel retroceso da vida cultural das comunidades eslavas, que perderon practicamente a tradición literaria na súa propia lingua. Porén, o proceso de islamización foi mínimo e circunscribiuse ao asentamento de campesiños anatolios nalgunhas zonas de Tracia e Macedonia e á conversión ao islam de gran parte da poboación de Albania e de parte da de Bosnia (os bogomilos).[76]

Véxase tamén: Bogomilos.

O que si tivo unha gran transcendencia foron os desprazamentos de poboación provocados pola conquista e despois polas reiteradas sublevacións contra o dominio otomán. Durante os séculos XIV e XV foron moitos os cristiáns, fundamentalmente católicos romanos de Bosnia e Eslavonia, que buscaron refuxio en Croacia, Hungría, a República de Ragusa e as posesións venecianas en Dalmacia. Tamén os serbios coñeceron grandes migracións. No norte, miles deles cruzaron o Danubio fuxindo da conquista turca establecéndose na rexión húngara de Voivodina (hoxe provincia "autónoma" de Serbia), poboada por romaneses e maxiares, e nas zonas orientais de Eslavonia, entre Osijek e Belgrado, onde a poboación serbia chegaría a ser maioritaria (isto orixinaría un dos conflitos contemporáneos entre Serbia e Croacia).

As prolongadas guerras entre austríacos e turcos provocaron novas migracións en masa cara aos territorios dos Habsburgo, como a encabezada, contra 1690, polo patriarca Arsenij Čarnojević, ou a que seguiu ao fracasado levantamento proaustríaco de 1787. O resultado destes movementos foi unha relativa ruptura do equilibrio étnico na área danubiana que daría lugar, xa no século XX, a non poucos conflitos entre serbios, húngaros e croatas.

A islamización contribuíu a complicar aínda máis este panorama. En Bosnia, rexión poboada por serbios e croatas, as conversións masivas de adeptos ao cristianismo bogomilo fixeron xurdir un terceiro grupo nacional, o dos musulmáns bosníacos, que pronto alcanzou un considerábel peso específico. Conforme ao censo de 1910, a maioría da poboación de Bosnia e Hercegovina estaba formada por serbios ortodoxos (42%) fronte a un 21% de croatas, pero os musulmáns supoñían o 34%.

As rexións de Kosovo e Novi Pazar viron emigrar tamén a boa parte da poboación, que foi substituída por colonos musulmáns da veciña Albania, o que co tempo crearía outro grave problema étnico no corazón da Serbia histórica.

As nacionalidades durante o apoxeo otomán

editar

Croacia e Eslavonia: As fronteiras militares

editar

Poucas foron as rexións da Iugoslavia contemporánea que quedaron libres do dominio otomán. Tras o desastre de Mohács, gran parte de Croacia e case toda Eslavonia foron ocupadas, pero nas zonas que escaparon á conquista, as súas Dietas mantiveron a fidelidade á coroa húngara, encarnada agora no Habsburgo Fernando de Austria (o irmán de Carlos V). Límite cos turcos durante tres séculos, a maior parte de Croacia e Eslavonia convertéronse na fronteira militar, escenario de frecuentes incursións inimigas até a reconquista de finais do século XVII. A Fronteira militar era unha terra fronteiriza do imperio Habsburgo que actuou como cordón sanitario contra o Imperio Otomán desde principios da Idade Moderna até finais do século XIX. A expansión do imperio Otomán en Europa supuxo o repregamento da fronteira do reino de Hungría cara ao norte, perdéndose así moitas terras croatas (e mesmo húngaras).

 
Zona sur do imperio austrohúngaro en 1848. En cor bordeos, Reino de Croacia e, en bordeos máis clara, Eslavonia (dentro da monarquía húngara); en cor gris clara, Reino de Dalmacia (dentro do imperio austríaco); en cor verde, Provincias de Bosnia e Hercegovina (que foron anexionadas ao imperio en 1908); en branco, 'Fronteiras Militares en Croacia (C.M.F.) e en Eslavonia.

Cando en 1526 a Casa dos Austria asumiu o trono do reino de Hungría (que incluía o de Croacia), o emperador Fernando I prometeu ao Parlamento Croata que achegaría 200 cabaleiros e 200 infantes, e que pagaría outros 800 xinetes para sumarse ás forzas croatas. En 1553 as terras fronteirizas foron reorganizadas baixo o mando do comandante Iván Lenković. A fronteira dividiuse entre a Krajina Croata e a Alta Krajina Eslavoa. A fronteira co Imperio Otomán foi fortificada. Os gastos militares eran cuantiosos, e o Congreso das Terras de Austria Interior de Bruck an der Mur en 1578 definiu as obrigas de cada territorio na defensa. Así, a nobreza de Estiria financiou a Fronteira Eslavoa mentres que as demais (Baixa Austria, Alta Austria, Carniola, Carintia e Salzburgo) financiaron a parte croata.

A pesar do apoio financeiro da nobreza de Austria interior, as finanzas da Fronteira Militar non eran boas. O alto mando de Graz decidiu probar outras alternativas ás tropas mercenarias, pasando na década de 1630 a ofrecer terras e privilexios na fronteira a inmigrantes (como os uskok, guerrillas e refuxiados das terras ocupadas polos turcos) a cambio do seu servizo no exército imperial. Para evitar o despoboamento das expostas terras fronteirizas, outorgóuselle a liberdade aos campesiños da rexión, fronte ao réxime de servidume doutras terras.

En novembro de 1630, o emperador proclamou o Statuta Wallachorum ou Estatuto de Valaquia, regulando o status dos colonos de Valaquia (incluíndo eslavos como croatas, serbios ou romaneses) e especificaba as súas obrigas civís e militares. Por ese tempo, a poboación da fronteira era xa unha mestura entre o pobo croata autóctono e inmigrantes. A esta nova clase militar, dado o alto número de refuxiados doutros países, especialmente serbios, recibiu liberdade de credo, a pesar de que o país era católico.[77][78]

Co tempo, a poboación da fronteira converteuse nun estamento militar, mesmo aínda despois da desaparición do dominio turco.[79][80]

No século XVI moitos líderes de Croacia e Eslovenia abrazaron a Reforma protestante e ligaron a causa da independencia á nova relixión. Pero, estendida esta entre as capas populares, aliñou na súa contra á nobreza. Este feito, que asegurou o triunfo católico (impúxose á forza a Contrarreforma), consolidado no século XVII pola acción dos xesuítas, significou tamén o mantemento dunha estrutura feudal e da influencia xermánica, co que o nacionalismo eslavo sufriu unha prolongada eclipse.

A Reforma levantou ás clases dirixentes contra a autoridade imperial, e aos campesiños contra os terratenentes; por outra parte, a tradución de textos relixiosos, impulsada pola doutrina luterana, favoreceu o desenvolvemento dos dialectos escritos, acentuándose así as diferenzas rexionais.

En Dalmacia, as cidades costeiras sometidas a Venecia e á República de Ragusa escaparon ao dominio musulmán, e viron reforzada a súa poboación eslava pola chegada de refuxiados procedentes de Croacia, Bosnia e Hercegovina. Porén, baixo a autoridade de Venecia diminuíu a actividade comercial e marítima dos portos dálmatas.

Serbia

editar
 
As fronteiras europeas do Imperio Otomán na súa máxima extensión (1683).

Inicialmente, a dependencia dos turcos en Serbia limitouse a aceptar a soberanía dos sultáns, pero despois da caída de Constantinopla en poder dos turcos (1453), estes, para asegurárense o dominio de Serbia, atacárona e sometérona facilmente. Como vimos, todas as terras pasaron a ser propiedade do sultán, o cal as concedía aos xefes militares a cambio dos seus servizos; este novo sistema de propiedade da terra implicou a servidume da case totalidade da poboación serbia.

O último tsar serbio, Lázaro II, morreu en 1458. O sentimento nacional serbio sufriu un duro golpe e entrou nunha prolongada etapa de letargo (uns 350 anos). Como Turquía fixo algunhas concesións, como a reconstitución do patriarcado serbio de Peć (1555), os intentos dos serbios de emancipárense da tutela dos turcos non comezaron até que a mesma descomposición interna do Imperio Otomán os facilitou.

Porén, o patriarcado de Peć adoptou un liderado civil sobre os serbios, manténdose grazas a iso, durante o tempo da dominación otomá, a idea de nacionalidade. E, no século XVII, Georges Branković, facéndose pasar por descendente dos antigos reis serbios, reclamou os seus "dereitos" sobre Sirmio, Hercegovina e o Banato de Temesvar (Timisoara). As súas propostas de formar un reino ilírico semiindependente (1683), que protexería as fronteiras do imperio habsburgués, fracasaron (1689).

Posteriormente, o emperador de Austria Leopoldo I prometeu axuda ao patriarca Arsenio III Čarnojević, que formou un ducado serbio, gobernado polo voivoda Xoán de Monastir.

Máis tarde tiveron lugar grandes migracións de serbios a terras da coroa austríaca, en especial ao Banato.

Bosnia

editar

Durante a dominación turca os naturais do país sufriron terríbeis persecucións e brutal trato, tendo lugar a conversión masiva de cristiáns bogomilos ao islam.

Montenegro

editar

A influencia de Venecia, ao igual que a posterior ocupación turca, produciuse fundamentalmente nas costas e territorios periféricos, mentres que o interior das montañas permaneceu inaccesíbel.

Os seus habitantes e cantos alí se refuxiaron foron gobernados durante este período (e máis adiante) polo Consello de Metropolitanos ortodoxos de Cetinje, converténdose así, grazas a este goberno teocrático, nun símbolo da resistencia eslava fronte ao xugo otomán.

Macedonia

editar

Durante a dominación turca o estado (en realidade, o sultán) foi o dono principal da terra, e outorgou territorios e beneficios aos feudais que mellor o servían. Creceu a influencia da poboación turca (asentamentos de campesiños anatolios), intensificouse a opresión e explotación (século XVI), perseguiuse aos eslavos, forzándoos á islamización (século XVII).

A decadencia do Imperio Otomán

editar

O comezo da decadencia do poder otomán en Europa prodúcese en 1683, data do sitio de Viena. Na contorna desta cidade, os otománs foron derrotados polo emperador Leopoldo I. Seguidamente, en 1686, o exército imperial liberou Buda, a capital húngara e, o ano seguinte, no mesmo lugar onde tivera lugar o desastre de Mohács, Carlos V de Lorena, ao servizo do emperador Leopoldo, derrotou outra vez aos turcos.[81]

En 1699 firmaron austríacos e otománs o Tratado de Karlowitz, en virtude do cal os turcos tiveron que evacuar Hungría (excepto o triángulo formado polos ríos Maros e Tisza), e a cidade de Tremésvar (Timisoara), Transilvania e Croacia-Eslovenia, que pasaron a Austria, e o Peloponeso e Dalmacia, que se integraron en Venecia. A dieta de Presburgo (Bratislava) recoñeceu a soberanía dos Habsburgo sobre Hungría, que quedou así unida a Austria até 1918.[82]

 
O Imperio Otomán en 1900. Con trazos en vermello, territorios perdidos desde finais do século XVII.

En 1715 Austria, aliada con Venecia, emprende unha nova guerra contra o Imperio Otomán, que se salda co tratado de Passarowitz (1718), polo que os austríacos se aseguraron a posesión do Banato de Tremésvar, a Serbia setentrional (con Belgrado) e Valaquia occidental, que perderon anos despois (1739). Venecia tivo que ceder Morea a Turquía, pero conservou as súas posesións en Dalmacia e Albania.[83]

Por outro lado, a pugna entre Rusia e os otománs decántase cara a Rusia no tratado de Kuchuk-Kainarji (1774). Nel sancionouse a independencia de Crimea, e Rusia obtivo Kerch e, entre outros privilexios, o dereito de protección sobre os cristiáns ortodoxos súbditos do Imperio Otomán. Este tratado marcou definitivamente a decadencia dos turcos en Europa, e habería de ter importantes consecuencias no futuro dos Balcáns, xa que Rusia dispuxo desde ese momento dun poderoso medio de acción que lle permitiría intervir profusamente nos asuntos internos da Sublime Porta. O tratado de Kuchuk-Kainarji foi ratificado posteriormente polo de Jassy (1792).[84]

Durante os séculos XVII e XVIII, coincidindo coa decadencia do Imperio Otomán, os venecianos ampliaron as súas posesións cara ao interior de Dalmacia, até a fixación da fronteira definitiva cos turcos, en 1721.

Tal feito é de importancia para entender o contencioso serbo-croata, xa que a fronteira militar veneciana, que incluía ao sur pequenas zonas de poboación serbia, foi mantida polos franceses nas súas efémeras Provincias Ilirias que, a partir de 1815, pasaron a Austria.

Máis tarde, estes límites, reivindicados integramente polos croatas, serían respectados ao integrarse cos territorios de Croacia e Eslavonia primeiro no Reino de Iugoslavia e, despois da segunda guerra mundial na República Socialista de Croacia, pero Serbia mantería a súa reivindicación sobre as zonas ocupadas pola súa minoría nacional no mediodía dálmata.

O Renacemento eslavo

editar

O despertar das nacionalidades

editar

A finais do século XVIII case toda a península Balcánica formaba parte aínda do Imperio Otomán. A decadente República de Venecia conservaba a costa dálmata e algunhas bases no litoral do Epiro e, entre ambas as zonas, o pequeno e montañoso principado de Montenegro e a República comercial de Ragusa mantiñan tenazmente a súa independencia. Ao norte do Danubio, fóra xa da península, os hospodares de Valaquia e Moldova gobernaban como vasalos do sultán.

No resto dos Balcáns, os turcos estableceran un férreo dominio, impoñendo ás poboacións cristiás un modelo social e económico descoñecido no resto de Europa. Como soberano absoluto, o sultán era dono de vidas e facendas. Os cristiáns, integrados na clase servil dos reaia, podían ser por tanto sometidos a un réxime de semiescravitude agraria, mantidos á fronte de empresas artesanais ou comerciais ou mesmo ocupar altos cargos na Administración, como sucedía cos gregos fanariotas de Istambul.

Aínda que as comunidades cristiás mantiveron algunhas institucións propias, víronse sometidas á presión da colonización turca -sobre todo en Bosnia, Macedonia e Tracia- e a un modelo feudal tipicamente turco. O exército otomán compoñíase, fundamentalmente, dos xanízaros, corpo de elite recrutado entre os nenos cristiáns, e dos espahís, soldados regulares musulmáns. Os espahís pagábanse mediante a concesión de feudos (timar) aos que se asociaban campesiños en réxime de arrendamento. O timariota cobraba unha renda e podía exixir ás súas reaias prestacións laborais nas terras que explotaba directamente. Á súa morte, a facenda revertía ao sultán.

Cando, a comezos do século XVIII, o Imperio empezou a decaer, o goberno otomán —a Sublime Porta— comezou a vender a particulares feudos timar, que pasaban a ser propiedades hereditarias (chiftliks). Iso conduciu a unha certa reactivación económica, que favoreceu o xurdimento dunha minoritaria capa de propietarios cristiáns que, xunto con artesáns e mercadores, formaría a base sobre a que se ía asentar o desenvolvemento nacional dos pobos balcánicos na primeira metade do século XIX.

 
As Provincias Ilirias, dentro do Imperio Napoleónico (1810).

O rexurdir do nacionalismo serbio (como o das outras nacionalidades) insírese na paulatina decadencia do Imperio Otomán. Nos últimos anos do século XVIII o despertar da conciencia nacional dos eslavos do sur foi cada vez máis intenso.

No proceso de emancipación dos países balcánicos destacou así mesmo o labor cultural de moitas persoas que apoiaban o patriotismo eslavo e a unificación pola cultura común.

A Revolución Francesa supuxo un revulsivo para as minorías ilustradas eslavas, e tivo unha repercusión profunda, aínda que un algo tardía, nos Balcáns occidentais. No curso das guerras napoleónicas desapareceu o estado veneciano: o Véneto pasou a formar parte da República Cisalpina e Istria e Dalmacia pasaron a Austria (Paz de Campoformio, 1797) e, pouco máis tarde, a partir de 1805 (paz de Presburgo), Istria, Dalmacia, Eslovenia (Carintia e Carniola) e a Croacia occidental eran arrebatadas a Austria por Napoleón e incorporadas ao seu imperio, onde constituíron, desde 1809, as Provincias Ilirias, sometidas á autoridade dun mariscal francés.[85]

Durante varios anos (apenas seis), os habitantes destas rexións puideron familiarizarse cun sistema político e legal moi distinto do despotismo dos emperadores Habsburgo. Baixo a administración francesa introducíronse na zona ideais nacionalistas (en Ancona creouse unha axencia encargada de propagar os ideais revolucionarios entre os pobos do Adriático), que tomarían o nome de ilirismo. Tratábase dun movemento que buscaba a recuperación do legado cultural esloveno e serbo-croata, pero tamén a creación dunha nacionalidade común para os eslavos da antiga Iliria.[86]

Tras a caída de Napoleón, no Congreso de Viena as cousas pareceron volver ao seu anterior estado. Pero no entanto, os pobos da península Balcánica comezaran a despertar do seu prolongado letargo.

O renacemento cultural

editar

A aparición de movementos políticos nacionalistas foi precedida (e acompañada) en case todos os Balcáns por correntes de renovación cultural que, a través da recuperación dos trazos de identidade nacional perdidos tras a invasión otomá, prepararon o terreo ás primeiras xeracións de loitadores pola independencia.

Este Renacemento da cristiandade balcánica, producido durante o século XVIII e comezos do XIX, posuía unha dupla natureza. Por un lado, o retorno ás tradicións literarias e artísticas anteriores á conquista e a loita por converter as contaminadas linguas populares en idiomas literarios. Por outro, a influencia do pensamento liberal e nacionalista da Europa occidental, introducido nos Balcáns a través das colonias de emigrantes gregos e eslavos e da actividade comercial de portos como Ragusa ou Salónica.

Nos Balcáns noroccidentais o Renacemento coñeceu un tardío (en comparación cos casos de romaneses, gregos ou búlgaros) pero enérxico florecemento en torno ao anteriormente citado movemento ilirista. Eslovenos, croatas e serbios non só carecían dunha historia común, senón que practicaban diferentes relixións e tiñan diversos graos de desenvolvemento político, segundo estivesen baixo dominio habsburgo ou osmanlí.

Por iso, o romanticismo ilirista, que idealizaba o pasado común dos eslavos da antiga Iliria, circunscribiuse ao plano lingüístico, en busca dunha lingua do pobo pretendidamente vinculada á tradición nacional.

En Eslovenia destacou o labor do sacerdote Valentín Vodnik e do lingüista Jernej Kopitar, mentres que Djuro Matjasević e, máis tardiamente, Ljudevit Gaj contribuíron cos seus traballos a normalizar a lingua croata. Dous serbios de Voivodina (que estaba, recordemos, baixo dominio húngaro), o poeta Vuk Karadzić e o pedagogo Dositiej Obradović, esforzáronse á súa vez por recuperar un idioma nacional que estaba notabelmente adulterado e apenas posuía expresión escrita.[87]

Pero, pese a tan prometedores comezos e ás perspectivas alumbradas pola revolución de 1848, o ilirismo non lograría producir un movemento nacionalista paneslavo que superase o particularismo dos diferentes pobos da rexión noroccidental dos Balcáns.

Eslovenia e Croacia

editar

Cando en 1809 Austria cedeu a Napoleón os territorios eslovenos (Carintia, Carniola e Estiria) e croatas (Istria, Croacia occidental e Dalmacia), Bonaparte introduciu o eslavo na administración local, suprimiu os privilexios feudais e fomentou unha gran reforma educativa, co que se preparou o despertar nacional. O país tivo os seus propios xornais, creou novas escolas e institucións eslavas e reviviu a súa cultura. Todo iso fixo que espertase o sentimento nacionalista, acentuado coa expulsión dos franceses polos austríacos en 1813-1814. Austria adquiriu, ademais, no Congreso de Viena (1815), os territorios eslovenos e croatas de Venecia (provincia de Gorizia/Gorica e Dalmacia).

A pesar dos intentos de rexermanización, a conciencia ilírica quedaba xa latente no pobo e os intelectuais esforzábanse por manter vivo este sentimento eslavista. Un dos máximos representantes deste movemento foi o anteriormente citado Ljudevit Gaj (1809-1872), fundador da Gaceta Ilírica (1836).

Durante a revolución de 1848 os clubs nacionais eslovenos de Viena, Graz, Klagenfurt e Ljubljana promoveron a unión de todos os eslovenos nun estado monárquico rexido polos Habsburgo. En 1849 Carniola constituíuse, efemeramente, como reino autónomo do Imperio austríaco.[88][89]

Tamén en 1848 reunírase en Praga o I Congreso Eslavo, expresión do eslavismo ou paneslavismo, doutrina ou movemento político que pretendía a independencia dos diversos pobos eslavos e a súa unión nun só estado de tipo federativo, en oposición ao panxermanismo. Neste congreso os croatas solicitaron dos Habsburgo unha Constitución liberal para o seu país. Viena, en principio, recoñeceulles a autonomía; pero en 1867 devolveu o país aos húngaros.

Véxase tamén: Paneslavismo.

Os croatas tiveron que combater para manter a súa autonomía fronte ao unitarismo preconizado polos nacionalistas húngaros de Kossuth, o que conseguiron tras a derrota do movemento independentista húngaro.

Ao constituírse a Monarquía Dual (Imperio Austro-Húngaro), os croatas negociaron con Budapest un compromiso (nagodba) que en 1868 eliminou os distritos baixo administración militar (Fronteira Militar), unificou os banatos de Croacia e Eslavonia e reinstauroulles o seu status de reino asociado á coroa húngara. Pero estas concesións autonómicas non contentaron aos líderes nacionalistas (Strossmayer, Rački, Starčević, e outros). Ademais, esta aparente xenerosidade húngara, tiña unha explicación simple: Eslavonia estaba habitada en gran parte por serbios, que os maxiares esperaban opoñer aos croatas, como así fixeron con grande éxito.

O compromiso de 1868 sostívose con grandes dificultades. O goberno húngaro desenvolvía unha política de maxiarización cultural e administrativa que suscitaba profundo rexeitamento en Croacia e que, tan só tres anos despois do restablecemento das súas liberdades, conduciu a unha revolta antihúngara, encabezada por Eugen Kvaternik, que foi duramente reprimida. A estas disensións uniuse o fracaso das reivindicacións croatas sobre os territorios de Dalmacia e Rijeka (Fiume), administrados directamente por Viena.[90]

En 1866, pola Paz de Viena (despois dunha guerra de Austria-Hungría con Italia), os territorios de Eslovenia foron divididos, por cesión de Austria, entre Italia, Hungría e a propia Austria; a Italia pasou o Véneto co Friuli udinés. Pero os eslovenos xa adquiriran conciencia nacional e sentíanse máis inclinados cara aos pobos eslavos veciños (serbios, croatas) ca cara aos xermanos ou os maxiares.[91]

En canto a Dalmacia, coa caída da República veneciana (1797) sufriu un breve período de anarquía, pasando sucesivamente a mans dos austríacos (1797-1805), dos franceses (Paz de Presburgo) e dos italianos (1806-1809). Napoleón anexionouna, como vimos, ás Provincias Ilíricas, pero ao desfacerse o Imperio Napoleónico volveu a caer en poder de Austria (1813).

A mediados do século XIX xurdiron en Dalmacia dúas tendencias políticas: os partidarios de constituír un reino que abarcase Croacia-Dalmacia-Eslavonia, e o movemento autonomista. Os primeiros, apoiados por Austria (contraria á influencia italiana) puxeron a Dalmacia baixo as directrices políticas e culturais de Croacia.

En Istria o dominio veneciano marcou o inicio de continuas loitas intestinas que duraron até o Tratado de Campoformio (1797), polo que Napoleón cedía a Austria todas as posesións venecianas. A paz de Presburgo (1805) puxo a Italia baixo control francés, pasando Istria a formar parte das Provincias Ilíricas en 1809. Pero o Congreso de Viena (1815) anexionouna, finalmente, a Austria.

No terreo político, na mesma liña de oposición a Austria seguida por Pašić en Serbia ao organizar o Partido Radical (nacionalista e democrático) en 1882, en Croacia creouse o Partido Campesiño por Radić (1904), que logrou varias vitorias electorais.

A rebelión serbia

editar

Coa antiga aristocracia eliminada pola conquista otomá ou islamizada, os xefes das comunidades campesiñas e os terratenentes serbios pregáranse a colaborar co invasor, mentres que a xerarquía relixiosa caía en mans do clero grego que, en 1766, aboliu incluso o Patriarcado nacional serbio de Peć.

Convertida en fronteira do Imperio Otomán tras a Paz de Karlowitz (1699), Serbia foi durante longo tempo escenario de enfrontamentos entre turcos e austríacos. Estes ocuparon o norte do país en 1718, e con iso intensificáronse os contactos coa próspera comunidade serbia establecida na provincia húngara de Voivodina, ao norte do Danubio. Pero a administración vienesa, centralista e católica, non soubo atraer o apoio da poboación e en 1739 a rexión retornou a dominio otomán.

A diplomacia rusa, cada vez máis interesada nos Balcáns, pasou entón a competir coa austríaca polo control do país. Tras chegar a un acordo para repartirse a península, os dous Imperios declararon a guerra a Turquía en 1787 e os seus exércitos cruzaron o Danubio. En Serbia estalou un levantamento popular que se fixo rapidamente co control das zonas rurais, mentres os austríacos tomaban Belgrado.

Pero as presións internacionais terminaron impoñéndose e Austria en 1791 e Rusia o ano seguinte subscribiron unha paz con Turquía que deixaba novamente os serbios en mans do sultán. A comezos do século XIX os turcos restableceran o seu dominio sobre o país, aínda que as reformas introducidas por Selim II concederon unha maior autonomía aos xuíces cristiáns dos pequenos distritos do baxalato de Belgrado.[92]

Mentres os croatas intentaban recuperar o seu antigo autogoberno e loitaban por preservar a identidade nacional fronte á presión maxiarizadora, os serbios emprenderon unha longa guerra de liberación contra o ocupante otomán, até conseguir a súa total independencia en 1878.[93][94]

Os intentos serbios de emancipación da tutela de Turquía non comezaron até que a mesma descomposición interna do Imperio Otomán os facilitou. No século XIX, alentados pola propaganda rusa e a nova política austríaca, iniciáronse os movementos insurreccionais dos serbios que, nesta época, viron como se agravaba a dura explotación do campesiñado polos timariotas turcos a consecuencia da grave crisis provocada polas dificultades internas do Imperio.

A primeira insurrección serbia foi en 1804 pero, truncada nada máis nacer, provocou unha sanguenta represión otomá. Serbia era naquel momento teatro das loitas entre os rebeldes xanízaros, que se alzaran contra as reformas introducidas por Selim III, e as tropas imperiais. Os xanízaros da gornición de Belgrado asasinaron o baxá, cuxa política de tolerancia coa poboación cristiá desgustaba aos musulmáns. Os rebeldes desataron a continuación unha vaga de terror contra a poboación eslava que forzou a moitos dos guerrilleiros de 1787 a botarse de novo ao monte coa colaboración dos hajduks, campesiños serbios fuxidos que sobrevivían agrupados en partidas de bandoleiros.[95]

 
Gjorgje Petrović, Karagjorgje, retratado por Vladimir Borovikovsky, (1816). Museo Nacional de Belgrado.

Aínda que en principio os serbios loitaban a favor do sultán contra os xanízaros sublevados, non tardaron en xurdir os ideais independentistas. Entre os seus xefes destacou Gjorgje Petrović, chamado Karagjorgje ("Xurxo o Negro"), un tratante de porcos que en 1805 convocou en Orašac unha Asemblea de xefes de aldea e popes rurais que o investiu como xefe nacionalista. Karagjorgje contribuíu decisivamente á vitoria do sultán contra os xanízaros; o caudillo serbio pediu entón a concesión da autonomía para o seu país baixo garantía do goberno austríaco, cousa que non aceptou o sultán.[96]

Por outra parte, Karagjorgje tivo que pactar cos terratenentes, contrarios ao establecemento dunha democracia campesiña, e entregar a un Senado a administración civil do estado embrionario, reservándose el a dirección do exército.

Continuou pois a guerra, e a loita dos serbios adquiriu pronto caracteres de guerra de liberación, animada pola negativa de Selim III a concederlles a autonomía. Tras as vitorias de Ivanovatz, Deligrad e, especialmente, Mišar (1806), os patriotas serbios conseguiron ocupar Belgrado e outras fortalezas do norte. Karagjogje solicitou sen éxito a axuda de Austria, aínda que obtivo apoio de Rusia, que acababa de entrar nunha nova guerra con Turquía. Pero a diplomacia tsarista apoiábase no partido dos terratenentes, donos do rudimentario aparato administrativo e cada vez máis opostos ao sector popular que acaudillaba o líder independentista. Tras os primeiros éxitos de Karagjorgie veu a vitoria turca de Čegra; pero a participación de Rusia no conflito permitiu aos serbios unha primeira liberación (1807). Aínda que pouco durou. Coa intervención rusa parecía que terminarían as hostilidades. En decembro de 1808, Karagjorgje, animado polos seus triunfos, fíxose proclamar príncipe por unha Asemblea popular (Skuptstina).[97] Iso provocou a ruptura cos conservadores e o desgusto do tsar.[96] Finalmente, ante a ameaza dun ataque napoleónico, Rusia firmou a paz con Turquía en Bucarest (1812). Nicolao I abandonou a causa serbia a cambio dunha vaga promesa de autonomía. Serbia encontrouse baixo a influencia de dúas grandes potencias, Rusia e Turquía, que a utilizaron como elemento negociador nas súas propias relacións. E así, no Tratado de Bucarest, só se concedeu a Serbia unha autonomía moi relativa.

Isto provocou unha nova insurrección de Karagjorgje. Pouco despois, o exército otomán recuperaba o control do país sen que os rusos, ocupados en rexeitar aos franceses, auxiliasen aos divididos patriotas. Os turcos entraron en Belgrado (1813) e Karagjorgje tivo que fuxir a Austria, mentres os seus partidarios se refuxiaban nas montañas.

 
Miloš Obrenović I, Príncipe de Serbia (retrato de 1848).

As brutais represións exercidas sobre a poboación prenderon a mecha dunha nova sublevación, que estalou en abril de 1815 encabezada polo líder guerrilleiro Miloš Obrenović, que eliminou o seu rival, G. P. Karagjorgje, e derrotou aos turcos en Matsara. Partidario da negociación, abriu logo conversacións cos enviados de Mahmud II quen, temeroso dunha intervención rusa, aceptou un acordo en novembro de 1815. Por el, a Serbia setentrional convertíase nunha provincia autónoma, na que permanecerían algunhas gornicións turcas. Os serbios conservarían o seu exército e a autonomía fiscal, política e relixiosa, e serían gobernados por un príncipe (knez), vasalo do sultán, e a Skuptstina.

Pero esta política contemporizadora xerou o descontento nos sectores populares. Karagjorgje regresou a Serbia e púxose á fronte dunha partida de campesiños, coa que combateu aos terratenentes até que, en xullo de 1817, foi asasinado por sicarios do goberno de Obrenović. A finais de 1817 este foi designado príncipe por unha Asemblea controlada polos seus partidarios.

A política de Miloš Obrenović era a de ir arrincando concesións ao sultán actuando como un leal vasalo -negouse a apoiar a sublevación grega- e aproveitar os momentos de debilidade do Imperio para xogar a carta da protección rusa. Obtivo os seus primeiros froitos coa Convención de Akkerman (1826), pola que o tsar de Rusia se convertía en garante da autonomía serbia. A súa neutralidade na guerra ruso-turca de 1828-29 valeulle o recoñecemento pola Sublime Porta da súa condición de príncipe hereditario de Serbia e a saída dos espahís otománs (1830). Serbia convertíase a partir de entón nun principado autónomo dependente de Turquía, pero co protectorado de Rusia.[98]

Finalmente, en 1833, Serbia viuse engrandecida en seis distritos situados nas súas fronteiras meridionais.

En adiante, Miloš dedicou as súas enerxías a mellorar a situación do país. A desaparición do sistema de timar e a abolición da servidume en 1837 favoreceu a creación dunha capa de pequenos propietarios rurais. Suprimiu a bandidaxe dos hajduks, reformou a ensinanza e restableceu a independencia da Igrexa nacional coa creación dun arcebispado en Belgrado.

Porén, o poder de Miloš -que se arrogara o monopolio do comercio exterior- alarmaba aos antigos dirixentes revolucionarios, agora ricos gandeiros e agricultores. Estes, en 1838, conseguiron que o sultán promulgase un Estatuto que recortaba os poderes do príncipe en beneficio dun Consello de Estado controlado pola oligarquía, e establecía a liberdade de comercio. Este revés, unido á ruína financeira do principado e ás presións rusas e turcas, moveu a Miloš a abdicar pouco despois no seu fillo Milan.

Pese á súa axitada evolución interna, marcada polo enfrontamento entre as dinastías Obrenović e Karagjorgjević, os serbios foron capaces de ir ampliando en sucesivas etapas a súa reducida base territorial ao redor de Belgrado e de converter o seu pequeno país nun foco de difusión dos ideais paneslavistas que, baixo o amparo de Rusia, prendían en todas as nacionalidades eslavas.

Miloš Obrenović reinou até o 12 de xuño de 1839, data en que abdicou e se exiliou. O país entrou entón nunha etapa inestábel que impediu a necesaria tranquilidade para consolidar o réxime liberal. O seu fillo Milan, gravemente enfermo, morreu un mes máis tarde da abdicación do seu pai. Sucedeuno seu irmán Miguel III Obrenović (1839-1842), un adolescente de 16 anos a quen o sultán, teórico soberano do país, manexaba mediante dous rexentes. A pésima situación económica e unha suba dos impostos acrecentaron o descontento popular e os partidarios dos Karagjorgjević comezaron a axitarse.

De nada lle serviu a Miguel o apoio ruso. En 1842 os rexentes depuxérono e a Skuptstina elixiu príncipe a Alexandre I Karagjorgjević, fillo de Karagjorgje. O reinado de Alexandre I constituíu un período de consolidación do estado serbio. En política interior introduciu unha serie de reformas que pretendían lograr o apoio da pequena burguesía: adoptou un Código Civil de inspiración austríaca e procedeu á reorganización dos tribunais, reorganizou a Facenda arruinada, acometeu importantes obras públicas e deu un notábel impulso á cultura nacional, reformando a ensinanza segundo criterios europeos e creando un Liceo de ensino superior e unha Sociedade Literaria. A zadruga, institución patriarcal sobre a que descansaba a orde rural, foi reformada para dar maior liberdade á iniciativa individual e ao proceso de concentración da sociedade.

Pero as dificultades superárono. O sultán negouse a recoñecer os seus dereitos hereditarios e empeoraron as relacións con Rusia. A conciencia política dos serbios foi perfeccionándose e comezaron a xurdir grupos liberais que desexaban maior representatividade. Agora eran os partidarios dos Obrenović os que se axitaban e en 1845 estalou unha sublevación que puido ser derrotada.

 
O voivoda Esteban (Stefan) Šupljikac (1786-1848).

En Serbia despertaba nesta época un nacionalismo expansionista que tiña o seu principal animador en Ilija Garašanin, dirixente conservador que propuxo en 1844 o Nacertanije, un programa de acción militar e idiomática que pretendía a creación dunha Gran Serbia que integrase todos os estados balcánicos.

 
Miguel Obrenović, Príncipe de Serbia (Mihailo III Obrenović).
 
Milan Obrenović, Príncipe de Serbia (Milan IV, 1868-1882), Rei de Serbia (Milan I, 1882-1889).

Cando, en 1848, os serbios de Voivodina e Eslavonia fixeron causa común cos croatas contra os seus dominadores maxiares, Garašanin, ministro de Exteriores, apoiounos con armas e diñeiro, pero o goberno recoñeceu o dereito dos Habsburgo sobre a zona, o que favoreceu o achegamento a Austria.

Os serbios do Imperio austríaco, despois do fracaso en Viena do seu representante Svetozar Miletić, por conduto do bispo Rajatcić, convocaron unha Asemblea Nacional en Sremski-Karlowatz (maio de 1848) que pediu a independencia e a confirmación do voivoda Esteban Šupljikac. Como no caso de Croacia, as escasas concesións foron pronto anuladas e, nunha nova distribución do Imperio austríaco, os eslovenos e os croatas de Dalmacia pasaron ao control austríaco, mentres que Croacia, Eslavonia e Voivodina pasaban a depender de Hungría (Monarquía Dual).

A neutralidade de Serbia na guerra de Crimea permitiulle sacudirse o protectorado ruso que, na paz de París (1856) foi substituída polo das grandes potencias europeas. Pero non así da soberanía otomá. Todo iso, dados os sentimentos rusófilos do pobo, fixo diminuír a popularidade do knez.

Unha sucesión de conspiracións e desordes promovidas polos nacionalistas descontentos coa política proaustríaca do monarca e as crecentes peticións da oposición liberal en favor dun réxime parlamentario moveron á Asemblea a destituír a Alexandre Karagjorgjević en 1858.

Os conservadores chamaron entón ao ancián Miloš Obrenović, que regresou do exilio en medio do entusiasmo xeral para morrer ao pouco tempo. A curta segunda etapa de Miloš á fronte de Serbia (1858-60) caracterizouse polo despotismo e a demagoxia.

Sucedeuno de novo seu fillo Miguel (1860-68), durante cuxo segundo reinado Serbia dispuxo, por fin, dun período de paz interna para acometer as imprescindíbeis reformas. Ampliouse o sistema electoral censitario, modernizouse o sistema xudicial e acometeuse, coa axuda de instrutores franceses, a creación dun potente exército regular. Miguel seguiu coa política eslavista e logrou concesións políticas internacionais a raíz do bombardeo de Belgrado (1862).

Baixo a dirección do primeiro ministro Garašanin, Serbia desenvolveu unha política de firmeza fronte ao decadente poder otomán. Concluíu unha alianza con Grecia, asegurouse da neutralidade de Romanía e preparou un levantamento xeral contra o Imperio turco. Para evitalo, a Sublime Porta, despois dalgúns choques armados, estipulou un acordo con Serbia polo que cedía cinco fortalezas, entre elas Belgrado, e recoñecía a autonomía do principado (1867).

Porén, Miguel non logrou evitar o descontento dos liberais ante o seu réxime autoritario, nin as actividades dos partidarios da dinastía rival, alentados por unha Austria temerosa da forza do nacionalismo serbio. En xuño de 1868 foi asasinado mentres paseaba polas aforas de Belgrado.

A Skuptstina designou entón príncipe ao seu primo Milan Obrenović (1868-1889), de 13 anos, baixo unha rexencia presidida polo líder liberal Jovan Ristić, quen tivo que someterse ao xogo dos partidos liberal e conservador. En 1869 concedeuse unha Constitución moi moderada, que reforzaba o parlamentarismo, pero lonxe aínda da necesidade e a exixencia do pobo, gañado pola propaganda marxista de Svetozar Marković, pois mantiña o poder do príncipe a salvo da fiscalización do executivo. Coa reforma política, porén, puideron actuar os primeiros partidos parlamentarios: o liberal, rusófilo e partidario dunha política expansionista, e o progresista, de carácter conservador e máis proclive ao acercamento a Austria.

Serbia interveu nas loitas que os insurrectos de Bosnia e Hercegovina mantiñan para liberárense do xugo otomán, e aliouse con Montenegro contra os turcos. En guerra contra estes, foi vencida, e na Paz de Constantinopla restableceuse de novo o statu quo territorial. Pero na terríbel guerra de 1876-1878 de Rusia contra Turquía, causada poa negativa desta a conceder autonomía a Bulgaria, Rusia, axudada polos exércitos de Serbia, Romanía, Grecia e Montenegro, mais os komitaljis búlgaros, obtivo un rápido triunfo en xaneiro de 1878. No Tratado de Santo Stefano e o posterior Congreso de Berlín (1878) supuxeron para Serbia o recoñecemento internacional da súa independencia.

O Reino de Serbia

editar
Artigo principal: Reino de Serbia (1882-1918).

Milan Obrenović mantivo unha serie de contactos secretos con Austria, renunciando ás súas pretensións sobre Bosnia e Hercegovina e recoñecendo en cambio a soberanía austríaca sobre estas provincias, que foran postas, en 1878, no Congreso de Berlín, baixo a administración e tutela do Imperio Austro-Húngaro (aínda que a soberanía nominal continuaba sendo do sultán). A consecuencia disto, Milan recibiu o título de rei en 1882.

Ese mesmo ano Pašić organizou o Partido Radical, nacionalista e oposto ao austracismo do rei Milan. O despotismo deste e unha vida privada conflitiva afastábano cada vez máis dos seus súbditos. Apoiado polos conservadores, en 1880 subscribira un tratado que poñía o comercio exterior serbio en mans dos austríacos -que compraban o 80% da súa produción- e dous anos despois comprometeuse en segredo a non firmar ningún compromiso internacional sen a aprobación de Austria, a cambio do apoio desta ás reivindicacións macedónicas do seu país.

Confiado nesta alianza, Milan, en 1885, declarou sen motivo a guerra a Bulgaria, pero os serbios sufriron unha derrota militar, e só a intervención da diplomacia austríaca lles permitiu saír indemnes da aventura. Consciente da súa impopularidade, Milan cedeu ás presións do novo Partido Radical de Pašić formado co apoio do pequeno campesiñado, e aceptou en 1889 unha Constitución máis democrática, abdicando poucos meses despois no seu fillo Alexandre, aínda un neno.

Con Alexandre I (1889-1903), Serbia caeu no caos político. A actuación liberal de Pašić foi sistematicamente torpedeada polo monarca, que se autoproclamou maior de idade en 1893, meteu na cadea aos rexentes e suspendeu a Constitución. Continuou a política despótica do seu pai, gobernando ditatorialmente baixo a influencia deste.

 
Pedro I Karadjordjević, Petar I, Rei de Serbia (1903-1918),
Rei dos Serbios, Croatas e Eslovenos (1818-1921).

Pero ante os seus excesos o vello Milan tivo que regresar ao país e poñerse á fronte das Forzas Armadas. En 1900 Alexandre contraeu matrimonio coa súa amante, Draga Mašin, e iso levouno a romper con Milan e a proclamar unha nova Constitución aínda máis autoritaria cá de 1869. Finalmente, o 28 de maio de 1903, a parella real foi asasinada no curso dunha conxura palaciana.

A Asemblea ofreceu entón o trono ao exiliado Pedro Karagjorgjević. Pedro I, ao acceder ao trono, o primeiro que fixo foi restaurar a Constitución de 1889, co que Serbia entrou nun proceso de normalización institucional e de progreso económico. Non obstante, a fragmentación dos partidos e, sobre todo, a división entre os novos radicais de Stojanović e os vellos radicais do líder dos pequenos campesiños, Pašić, impedía a estabilidade política. A pesar da súa rusofilia, Pašić, xefe do Goberno desde 1906, intentaba acougar a Austria-Hungría, inqueda pola difusión dos ideais granserbios entre os seus súbditos meridionais.

Pedro I mantivo unha política liberal, defendeu o sentimento eslavo e participou nas dúas guerras balcánicas (1912-13), como resultado das cales logrou aumentar o territorio de Serbia. Sostivo tamén unha guerra con Austria. E un conflito aduaneiro entre ambos os estados -a chamada guerra dos porcos- e, sobre todo, a crise desatada pola anexión austríaca de Bosnia e Hercegovina en 1908, fixeron imposíbel o entendemento e incrementaron en Serbia a corrente de opinión favorábel a unha acción armada que facilitase a unidade dos pobos sudeslavos. As continuas tensións con Austria levaron ao atentado de Saraxevo (1914) e á I Guerra Mundial.

Bosnia e Hercegovina

editar

A mediados do século XIX o agravamento da situación dos campesiños en Bosnia pola opresión do feudalismo otomán fixo aumentar o descontento dos cristiáns, predispoñéndoos á sublevación contra a autoridade da Sublime Porta. As autoridades turcas anunciaron diversas reformas (reformas Tanzimat), como o edicto imperial que proclamaba a igualdade entre todos os súbditos do Imperio. Pero estas reformas trataban só de modernizar os instrumentos de goberno, non de cambiar as estruturas do poder político. Foi unha reforma ilustrada, amparada por un sector da clase dirixente, non un auténtico movemento de democratización da vida pública.

 
Francisco Fernando, Arquiduque de Austria-Este, herdeiro do Imperio Austro-Húngaro.

En Bosnia e Hercegovina os campesiños cristiáns xa intentaran varias sublevacións contra os propietarios musulmáns. A opresión turca e as persecucións aos cristiáns motivaron as grandes revoltas de 1852. En 1858 e 1862 houbo levantamentos en demanda de terras e, en 1875, tras unha pésima colleita, produciuse unha rebelión xeral contra a recadación de impostos.

Este movemento non tardou en estenderse a Macedonia e Bulgaria. En Istambul, militares nacionalistas protagonizaron un golpe de Estado e entronizaron a Abdul Hamit. Aprobouse unha Constitución liberal que garantía a igualdade de todos os súbditos do sultán, pero chegaba demasiado tarde. O conflito internacionalizouse coa declaración de guerra de Serbia e Montenegro. Pero as forzas cristiás carecían de coordinación e eran moi inferiores ao exército turco. As zonas do Imperio sublevadas foron sometidas pola brava e Serbia, invadida. Os liberais europeos, sensibilizados polos masacres causados polos turcos, mobilizáronse en apoio dos búlgaros, e así se chegou á guerra de 1876-78 e aos Tratados de Santo Stefano e Berlín (1878).

Por este último tratado deuse orde a Austria-Hungría de ocupar Bosnia e Hercegovina, quedando estas rexións baixo a administración do Imperio Austro-Húngaro. Colocada a zona baixo administración militar, converteuse nunha das pedras de toque da política antiaustríaca de Serbia, que reclamaba a súa anexión. E cando en 1908 o goberno austríaco decretou a incorporación formal de Bosnia e Hercegovina ao Imperio, en Serbia desatouse unha vagada de indignación nacionalista que estivo a piques de provocar unha guerra. Esta tardou aínda seis anos en estalar, pero tivo a súa orixe na cuestión bosníaca.

O descontento dos habitantes de Bosnia e de Serbia culminou no asasinato do herdeiro do trono austro-húngaro, o Arquiduque Francisco Fernando, e a súa esposa, o 28 de xuño de 1914, por un exaltado nacionalista serbio, Gavrilo Princip, en Saraxevo, capital de Bosnia, o que desencadeou un conflito continental, a primeira guerra mundial, do que xurdiría unha nova orde internacional nos Balcáns.

Montenegro

editar
 
Danilo Petrović-Njegoš, Danilo I
Príncipe-Bispo de Montenegro (1851–1852),
Príncipe de Montenegro (1852–1860).

O goberno teocrático do Consello de Bispos de Cetinje asentouse aínda máis ao formarse o Estado feudal encabezado polo metropolita Danilo Petrović-Njegoš (1696-1735), que fixo hereditario o poder político-relixioso para a súa familia, ao tempo que o utilizou como arma de persecución contra os musulmáns. Paulatinamente fixéronse frecuentes as sublevacións antiotomás, entre as que destaca a de 1683. Pedro I Njegoš (1782-1830), que fortaleceu o poder central, apoiouse en Rusia para loitar contra Turquía, logrando consolidar a situación internacional de Montenegro.

Mentres Serbia se debatía entre a debilidade das súas estruturas internas e a pretensión de converterse nunha gran potencia eslava, o principado de Montenegro mantiña o seu tradicional papel de baluarte antiturco. Gobernados polos bispos de Cetinje, que se sucedían de tío a sobriño, os pouco máis de 100 000 habitantes do montañoso territorio levaban unha existencia moi primitiva, agrupados en clans virtualmente independentes e a miúdo enfrontados.

Con Pedro II (1830-1851) realizáronse as primeiras reformas: substitución da tradicional asemblea de clans por un Senado de 12 membros, establecemento dun exército regular, introdución da imprenta, centralización administrativa etc.

O seu sucesor, Danilo I (Daniel I, 1851-1860), deu un paso decisivo ao renunciar á xerarquía eclesiástica, abandonar os hábitos e secularizar o principado, centralizando o poder político. Convertido en hospodar, promulgou unha Constitución en 1852 e introduciu algunhas reformas liberais. Apoiado por Napoleón III conseguiu asestar un duro golpe á dominación turca (1858), rexeitando unha invasión dos otománs, co que a causa independentista do país deu un novo avance.

O seu sucesor, Nicolao I (1860-1918), afondou as reformas liberais. Tivo que rexeitar un intento de invasión dos turcos en 1862. Tras a derrota otomá na guerra ruso-turca de 1877-78, na que participou Montenegro, este país adquiriu a súa independencia (Tratado de Santo Stefano, 1878) e a súa saída ao Adriático polo porto de Antivari no posterior Congreso de Berlín (1878).

Nicolao I asumiu o título de rei en 1908. Interveu nas guerras balcánicas, e na I Guerra Mundial participou ao lado da Entente.

Macedonia

editar

A crecente loita antifeudal e antiotomá dos macedonios cristalizou en guerrillas, temidas polos ocupantes turcos. A resistencia e oposición á dominación otomá intensificose ao aparecer elementos capitalistas na economía do país.

Coa vitoria de Rusia na guerra contra Turquía de 1877-78, despertou en Macedonia a esperanza de liberación do xugo otomán. Polo tratado de Santo Stefano, a maior parte de Macedonia pasou a formar parte da Gran Bulgaria, nova nación independente. Porén, no Congreso de Berlín, a instancias de Gran Bretaña, Austria-Hungría e Alemaña, que temían o expansionismo ruso nos Balcáns, Macedonia quedou de novo baixo poder turco.

Esta situación provocou un levantamento popular armado contra Turquía (1896). Despois de tres meses de loita, a insurrección foi vencida. Aumentou o número de soldados turcos e unha parte do país foi arrasada. Máis de 30 000 emigrados políticos tiveron que refuxiarse en Bulgaria, Serbia e outros países.

A revolución dos Novos Turcos (1908) tampouco mellorou a triste opresión nacional de Macedonia. Así, cando a principios do século XX se agudizou a loita das potencias europeas polo dominio da península Balcánica, Macedonia transformouse nun dos nós gordianos das contradicións internacionais. Ao mesmo tempo, os países do interior da península comezaron a loitar por Macedonia nas dúas guerras balcánicas, como consecuencia das cales Macedonia quedou dividida entre Grecia, Serbia e Bulgaria, que despois perdeu a súa zona.

As guerras balcánicas

editar
Artigo principal: Guerras balcánicas.

No período 1876-1914 o problema balcánico complicouse cada vez máis, até converterse en detonante da primeira guerra mundial. A comezos de século, os pobos balcánicos tiñan unha conciencia moi clara de que o Imperio Otomán era unha froita madura cuxa caída só obstaculizaban as grandes potencias.

 
Situación territorial antes da primeira guerra.
 
Situación despois da primeira guerra. O tratado de Londres (maio de 1913) que puxo fin á guerra non definía claramente as fronteiras.
O mapa mostra a situación de facto.
 
Fronteiras oficiais despois do tratado de Bucarest, á fin da segunda guerra (agosto de 1913).

O problema estribaba en que cada estado interpretaba o repartimento segundo os seus intereses e os do bloque de potencias xunto ao que se aliñaba. Macedonia, e en menor medida Tracia e Albania, era un mosaico de pobos e relixións que facían virtualmente imposíbel o acordo. O intento da diplomacia tsarista de crear unha Gran Bulgaria que incluíse Macedonia provocou as protestas serbias e, finalmente, viuse frustrado pola intervención das grandes potencias (Congreso de Berlín, como xa vimos).

A partir de 1906, Austria-Hungría iniciou unha agresiva política balcánica. Por un lado, tratábase de illar a pequena Serbia, cuxa rusofilia podería resultar contaxiosa para os eslavos do sur do Imperio. Por outro, de buscar unha saída ao Exeo, para o que era preciso tender un ferrocarril até Salónica (para o que había que atravesar Bosnia e Hercegovina, o Sandžak de Novi Pazar e Macedonia).

Ao estalar a revolución dos mozos turcos, o goberno vienés creuse en condicións de sacar vantaxes. De acordo co seu aliado alemán, e co permiso verbal do ministro de Exteriores ruso, Isvolsky, o emperador Francisco Xosé I decretou a anexión ao seu Imperio de Bosnia e Hercegovina o 5 de outubro de 1908 ao tempo que Bulgaria declaraba a súa independencia. Serbia protestou enerxicamente e o goberno ruso, consciente da súa metedura de zoco, ameazou aos austríacos coa guerra.

Asustados, alemáns, británicos e franceses meteron presión aos seus respectivos aliados para que non iniciasen as hostilidades, mentres Viena obtiña o recoñecemento turco da anexión e ameazaba a Serbia con invadila se non cesaba a súa política de axitación. Finalmente, os rusos pregáronse ao feito consumado; o seu prestixio diminuíu algo nos Balcáns, pero en Serbia e Montenegro o odio a Austria adquiriu proporcións alarmantes.

A axitación trasladouse pouco despois a Macedonia. Alí a tradición de resistencia antiturca era moi forte, e a independencia de Bulgaria -país co que se identificaba gran parte da poboación- animou a creación en 1893 da Organización Revolucionaria Interna de Macedonia (ORIM), apoiada polo goberno de Sofía. Grupos de guerrilleiros komitaljis infiltrábanse na rexión desde os países veciños. A ORIM organizou guerrillas e estendeu o terror entre a poboación musulmá, provocando crueis represalias do exército turco. A partir de 1910, a violenta política de turquización en Macedonia agravou aínda máis o problema, complicado pola sublevación dos montañeses na veciña Albania. Estes sucesos, a as reivindicacións que sobre a rexión mantiñan tamén Serbia e Grecia, facilitaron a creación da Liga Balcánica: en marzo de 1912, serbios e búlgaros firmaron un tratado para repartirse Macedonia, pero deixando a zona central, disputada por ambos os países, sen atribuír (de momento); en maio, Bulgaria firmou alianzas militares con Serbia e Grecia, e en setembro Montenegro adheriuse a esta Alianza Balcánica. Mentres, as grandes potencias discutían sen poñerse de acordo sobre o futuro de Albania e Macedonia.

O 2 de outubro de 1912, Montenegro declarou a guerra a Turquía, e días despois os seus aliados presentaron un ultimato que foi respondido por unha declaración de guerra por parte de Istambul. O conflito foi breve. O potente exército búlgaro levou o peso das operacións, derrotando aos turcos en Lule Burgas e ocupando Tracia antes de ser detido tan só a 50 km da capital do Imperio.

Gregos, serbios e, sobre todo, búlgaros conquistaron grandes porcións de Macedonia e Epiro, e os montenegrinos tomaron Escútari tras un duro asedio.

O Goberno turco tivo que pedir a paz. Polo Tratado de Londres (30 de maio de 1913), Turquía abandonou os territorios situados ao oeste da liña Enos-Midia, as illas do Exeo e Creta. Albania, cobizada por todos os seus veciños, convertíase nun estado independente.[99]

O repartimento facía de Bulgaria a maior potencia balcánica, pero non tardaron en xurdir roces cos seus aliados polas zonas en litixio de Tracia e Macedonia. O goberno de Sofía decidiu adiantarse a un posíbel ataque e o 23 de xuño, sen declaración de guerra, o tsar Fernando I ordenou ás súas tropas avanzar contra os seus antigos aliados. Esta segunda guerra balcánica concitou contra os búlgaros unha formidábel alianza: Serbia, Montenegro, Grecia, Turquía e Romanía. Tras vinte días de reveses, Sofía tivo que solicitar o armisticio. Polo Tratado de Bucarest (10 de agosto de 1913) Bulgaria renunciou ás súas conquistas macedónicas en beneficio de Serbia e Grecia, cedeu Tracia occidental aos gregos, devolveu a parte oriental a Turquía e aínda tivo que entregar a Dobruxa meridional (o chamado cuadrilátero de Silistra) a Romanía.[100]

A formación de Iugoslavia

editar

A Gran Guerra

editar
Artigo principal: I Guerra Mundial.

Nas vésperas da I Guerra Mundial, os eslavos meridionais mantiñan diversas visións sobre o futuro da rexión. Os serbios patrocinaban a idea iugoslavista, que implicaba a disolución de Austria-Hungría e a integración das súas rexións meridionais nun estado que respondería, basicamente, aos esquemas da Gran Serbia. Croatas e eslovenos eran, en gran medida, partidarios da solución trialista, que convertería a Austria-Hungría nunha federación igualitaria de alemáns, maxiares e eslavos, pero non faltaban entre eles os iliristas, defensores da unión cos serbios nun estado sudeslavo. En Macedonia, os elementos nacionalistas pronunciábanse maioritariamente por algún tipo de federación con Bulgaria, mentres que os musulmáns de Kosovo (a maioría da poboación) tiñan postas as súas miras no recentemente creado reino de Albania. Un panorama, en definitiva, bastante complexo, ao que se engadiu, en 1915, a promesa dos aliados de conceder a Italia a Carniola e amplas zonas do litoral adriático se entraba en guerra ao seu lado.

 
O Imperio Austro-Húngaro antes da primeira guerra mundial. En verde, a Transleitania (Reino de Hungría con Croacia, Eslavonia, o Banato de Tremésvar e Transilvania); en gris claro, a Cisleitania; en gris escuro, Bosnia e Hercegovina, ocupada por Austria.
 
Estados que formaban parte de Imperio Austro-Húngaro :
Imperio de Austria (Cisleitania): 1. Bohemia, 2. Bucovina, 3. Carintia, 4. Carniola, 5. Dalmacia, 6. Galicia, 7. Litoral, 8. Baixa Austria, 9. Moravia, 10. Salzburgo, 11. Silesia, 12. Estiria, 13. Tirol, 14. Alta Austria, 15. Vorarlberg;
Reino de Hungría (Transleitania): 16. Hungría, 17. Croacia-Eslavonia;
Condominio austríaco: 18. Bosnia-Hercegovina.

Despois das guerras balcánicas, a paz durou menos dun ano. Como xa foi relatado, o 28 de xuño de 1914 producíase o atentado de Saraxevo. Tense especulado co feito de que o arquiduque Francisco Fernando fora partidario de separar da tutela húngara os territorios eslavos do sur do Imperio, uníndoos aos croatas e eslovenos dependentes de Austria e formando unha terceira coroa habsbúrxica, en igualdade de condicións con Transleithania e Cisleithania.

Iso alarmaría aos paneslavistas, partidarios dunha unión sudeslava baixo a dinastía serbia, e unha das súas organizacións clandestinas, a Man Negra, impulsaría o magnicidio. Non parece probábel a complicidade de Belgrado no crime, pero o goberno vienés aproveitouno para propor un ultimato, cuxa aceptación deixaría a Serbia practicamente inerme ante o seu poderoso veciño.

Esta vez Rusia non estaba disposta a ceder posicións nos Balcáns e apoiou aos serbios, que rexeitaron as exixencias de Austria. A ruptura das hostilidades entre Viena e Belgrado, o 28 de xullo, motivou a intervención rusa e, tras ela, entrou en xogo unha cadea de alianzas militares e pactos secretos. En poucas semanas, dous bloques de potencias europeas combatían ao longo do continente e nas súas colonias africanas. En teoría, Serbia estaba condenada á derrota, pero cando, o 12 de agosto, o exército austríaco cruzou a fronteira, tropezou cunha resistencia superior ao esperado e, a mediados de decembro, os invasores foran completamente rexeitados.

A Guerra Mundial reavivou a cuestión balcánica e animou á acción aos países que se consideraban prexudicados polos últimos reaxustes fronteirizos. A finais de 1914, o xermanófilo Enver Baxá fixo entrar en guerra a Turquía ao lado das Potencias Centrais (Austria e Alemaña). En Bulgaria, rusófilos e xermanófilos libraban unha longa batalla política, alimentada polas promesas dos contendentes, pero o rancor contra Serbia (polos conflitos por Macedonia) e os sentimentos proaustríacos do tsar Fernando acabaron impoñéndose e o 14 de outubro de 1915 o goberno declarou a guerra aos serbios. Atacado en dúas frontes, o exército serbio non puido resistir e repregouse até Corfú. Serbia e o seu aliado Montenegro foron sometidos a unha dura ocupación militar.

Pouco a pouco, a guerra foi afectando a todos os países balcánicos. En Romanía, o goberno liberal de Bratiann inclinábase pola alianza coa Entente (Francia, Gran Bretaña e aliados) e, tras obter a promesa de cesión de amplos territorios austrohúngaros (Bucovina, Transilvania), o 27 de agosto de 1916 declarou a guerra aos austríacos. Pero a ofensiva romanesa foi contida nos Cárpatos e no inverno exércitos alemáns, austríacos e búlgaros ocuparon Valaquia e unha ampla porción de Moldova.

A guerra estaba perdida para a Entente nos Balcáns, pero Londres e París xogaron a carta grega. Grecia saíra sumamente fortalecida das guerras balcánicas, pero o asasinato do rei Xurxo I en Salónica, en marzo de 1913, provocou un crecente afastamento entre o seu herdeiro, Constantino I, que era cuñado do káiser, e un Venizelos (primeiro ministro) de abertas simpatías probritánicas.

Pese á vixente alianza con Serbia, o goberno grego mantivo unha estrita neutralidade até que, en setembro de 1915, aprobou o desembarco dun corpo expedicionario francés en Salónica, disposto a operar nos Balcáns. O rei Constantino depuxo entón a Venizelos e disolveu o Parlamento. O novo goberno mantivo unha neutralidade benévola respecto ás Potencias Centrais, o que animou a Venizelos a formar en Salónica un goberno republicano favorábel aos aliados que, en decembro de 1916, ocuparon o sur de Macedonia e desembarcaron no Pireo. O goberno real respondeu obstaculizando o labor das tropas ocupantes, pero en xuño de 1917 un ultimato franco-británico obrigou a abdicar a Constantino no seu fillo Alexandre, que chamou a Venizelos ao poder. Grecia declarou entón a guerra ás Potencias Centrais e puxo o seu exército a disposición do Alto Mando aliado. Durante moitos meses a fronte de Macedonia-Tracia permaneceu estabilizada. Por fin, en setembro de 1918, os aliados desencadearon unha formidábel ofensiva que fixo saltar as posicións gornecidas polos búlgaros. Esgotadas tras sete anos de guerras, as tropas búlgaras amotináronse e, tras proclamar a República de Radomir baixo a dirección dos dirixentes agrarios Deskalor e Stamboliiski, marcharon sobre Sofía, pero foron contidas por forzas alemás. O tsar Fernando abdicou no seu fillo Boris quen, nun intento de salvar a monarquía, pediu o armisticio o día 29.

O Reino dos Serbios, Croatas e Eslovenos

editar

Polo que respecta aos eslavos do noroeste balcánico, ao final impúxose a solución iugoslava, defendida ante a Entente polo Comité Iugoslavo de Londres, que presidía o dálmata Ante Trumbić, un dos últimos representantes do movemento ilirista. O 20 de xullo de 1917, Trumbić, representante dos croatas do Comité de Londres, firmou con Pašić, xefe do goberno serbio no exilio, a Declaración de Corfú,[101] que expresaba o acordo ao que chegaran para crear un Estado nacional, libre, independente e democrático que agrupase a serbios, croatas e eslovenos, e cuxo soberano pertencese á dinastía serbia dos Karagjoegjević. Entendíase que as distintas nacionalidades terían idénticos dereitos relixiosos, políticos e culturais pero -asunto de suma importancia- o documento non especificaba se o novo Estado ía ser federal ou unitario.

A finais de 1918, Austria-Hungría esboroábase. Os serbios recuperaron Belgrado, e a proclamación da independencia de Checoslovaquia arrastrou os eslavos do sur á ruptura total coa monarquía dos Habsburgo. O 29 de outubro unha Xunta Nacional croata, presidida por monseñor Anton Koroseć, obtivo da Dieta de Zagreb a separación de Hungría e a proclamación da independencia de Croacia e a anexión do porto de Fiume (Rijeka), vella aspiración do nacionalismo croata. Pouco despois, senllas revolucións en Viena e Budapest obrigaban a abdicar ao emperador Carlos I, chegado ao trono en 1916, tras o falecemento de Francisco Xosé I. O día 30, o goberno otomán subscribiu o armisticio de Mudros. Coa fin da guerra, unha nova era se abría nos Balcáns.[102]

A Dieta de Zagreb delegou na Xunta Nacional a negociación con Belgrado dun acordo de integración. Pese a algunhas reticencias, sobre todo do Partido Campesiño Croata de Stjepan Radić, a construción de Iugoslavia avanzou rapidamente. A principios de novembro, delegados da Asemblea Nacional serbia, do Comité Iugoslavo no exilio e da Xunta Nacional croata-eslovena acordaron en Xenebra que Iugoslavia sería un estado único e indivisible.

En Montenegro, un levantamento popular contra os ocupantes austríacos facilitou a deposición do exiliado rei Nicolao e a adhesión ao novo estado sudeslavo. Finalmente, o 1 de decembro de 1918, o rei Alexandre de Serbia, en Belgrado, proclamou o Reino dos Serbios, Croatas e Eslovenos (primeira denominación oficial de Iugoslavia), cuxa coroa asumiría pouco despois. Así, no medio dun consenso xeneralizado, naceu Iugoslavia.[103]

A Paz de París

editar

A derrota dos Imperios Centrais nos últimos meses de 1918 abriu unha etapa de fondas transformacións no mundo balcánico (e, en xeral, en toda a Europa central e oriental). O final dun conflito peninsular que, con breves parénteses, se arrastraba desde había sete anos, consolidou a existencia de dous bloques de estados: os que xogaran a baza franco-británica -Serbia, Romanía e Grecia- e agora estaban en condicións de impoñer as súas exixencias, e os que, aliñados no bando perdedor, ían pagar as consecuencias do desastre. Entre 1919 e 1923, os países balcánicos sufriron profundas alteracións, non só fronteirizas, senón sobre todo sociais e políticas, aínda que todo iso non serviu para establecer unha orde internacional máis xusta e duradeira.

 
Cambios territoriais en Europa como consecuencia da primeira guerra mundial.

A Paz de París (Tratado de Saint-Germain-en-Laye (1919) con Austria; Tratado de Neuilly-sur-Seine con Bulgaria; Tratado do Trianon con Bulgaria; Tratado de Sèvres co Imperio Otomán.[104] non fixo senón confirmar a situación de facto establecida nos Balcáns. O novo estado iugoslavo foi recoñecido, pois o presidente norteamericano Wilson recollera a idea do pacto Trumbić-Pašić nos seus 14 puntos que os aliados admitiron como programa básico da reconstrución europea de posguerra.

Catro dos seus cinco tratados afectaron a países da área balcánica. Polo de Saint-Germain (19 de setembro de 1919), imposto a Austria, a Bucovina foi adxudicada aos romaneses, mentres que Eslovenia (a parte sur de Carintia, Carniola e o sur de Estiria), Dalmacia e Bosnia e Hercegovina quedaban englobadas no reino iugoslavo. Istria e a cidade dálmata de Zara (Zadar) foron cedidas a Italia, mentres que Fiume (Rijeka), diputada por italianos e croatas, sería convertida nunha cidade libre baixo a protección da Sociedade de Nacións.

Hungría, polo tratado de Trianón (2 de xuño) tivo que recoñecer a cesión a Romanía dun enorme territorio que comprendía case toda a Transilvania histórica e parte do Banato de Timisoara. Os búlgaros perderon poucos territorios polo tratado de Neuilly (27 de novembro), pero eran perdas moi humillantes: os últimos distritos de Macedonia entregados aos serbios, a costa exea, que pasou a Grecia e a Dobruxa meridional (cuadrilátero de Silistra), brevemente recuperada na paz de Brest-Litovsk e que agora retornaba aos romaneses (que tamén recibiron a Besarabia de Rusia). Finalmente, o tratado de Sèvres (10 de agosto de 1920), puxo un momentáneo final ás disputas sobre o territorio otomán. Coa cesión de case toda a Tracia oriental aos gregos -agás Istambul, sometida a ocupación aliada- Turquía desaparecía virtualmente como país balcánico.[105]

A difícil existencia de Iugoslavia

editar
Artigo principal: Reino de Iugoslavia.

O Reino dos Serbios, Croatas e Eslovenos constituíuse oficialmente o 18 de xuño de 1921. De contado se viu que a vida do novo estado non ía ser un camiño de rosas. En primeiro lugar, as súas fronteiras foron motivo de continuos roces cos seus veciños.

 
Stjepan Radić.
 
Nikola Pašić.
 
Milan Stojadinović.

Os italianos quedaron coa cidade dálmata de Zara (Zadar) e con Istria e, tras un golpe de man protagonizado por nacionalistas encabezados por Gabriele d'Annunzio, desconforme co tratado de Rapallo, incorporaron ao seu territorio a cidade libre de Fiume (Rijeka), que os croatas non puideran conservar.

No norte, a delimitación de fronteiras con Austria e Hungría tamén provocou frecuentes friccións. No caso de Austria, o problema da rexión de Klagenfurt (capital de Carintia, ao sur desta rexión), de poboación de orixe eslovena e que fora adxudicada a Iugoslavia, resolveuse por un plebiscito. Os sanguentos motíns de 1918-19 en favor da liberación moveron ao goberno a convocar un plebiscito (20 de outubro de 1920), que resultou favorábel a Austria por un 60% dos votos, polo que a rexión pasou de novo a converterse en provincia austríaca.

Finalmente, ao sur, a existencia de medio millón de albaneses (en Kosovo, a maioría da poboación) e a cuestión macedonia envelenaba as relacións cos países veciños (Albania, Grecia e Bulgaria).

No interior, as disputas entre os diversos pobos iugoslavos fixeron pronto fracasar un proxecto de convivencia democrática. O predominio do serbio na Administración e no Exército, as diferenzas culturais e relixiosas, os dereitos das minorías étnicas, os problemas creados pola reforma agraria que afectou, sobre todo, ás rexións do norte etc., contribuíron a crear un clima de insatisfacción xeneralizada, moi vivo sobre todo entre croatas e eslovenos. O goberno tivo, ademais, dificultades coa clandestina Organización Revolucionaria Interna de Macedonia.

Celebradas eleccións para a Asemblea (Skupstina) constituínte en novembro de 1920, ningún grupo obtivo a maioría, pero o Partido Campesiño Croata de Stjepan Radić negouse a concorrer ao Parlamento, facilitando así o labor dos radicais serbios de Nicola Pašić. O croata Radić e o serbio Pašić personificaron nos anos vinte dous nacionalismos incompatíbeis, empeñados en sosteren intereses particularistas moi arraigados.

O goberno apoiouse nos partidos máis fortes (radicais e demócratas) para soster unha política conservadora e centralista, en favor dos serbios. A Constitución de Vidovdan, promulgada en 1921, establecía un Estado centralista, que os autonomistas croatas, pero tamén algúns liberais eslovenos, rexeitaron inmediatamente. Os radicais acentuaron a centralización do Estado e utilizaron a morte do ministro do Interior (Drasković, xullo de 1921) a mans dun comunista para implantar en 1925 unha dura lexislación policíaca, que limitou as actividades dos federalistas e levou á clandestinidade ao puxante Partido Comunista.

Alexandre I asumiu o trono en agosto de 1921, pasando de ser Rei de Serbia a ser Rei dos Serbios, Croatas e Eslovenos. Os primeiros anos do seu reinado contemplaron un forte crecemento económico e unha reforma agraria ben intencionada, pero a situación política distaba de resolverse. A actitude abstencionista dos agrarios croatas, entre os que crecían os sentimentos separatistas, dificultaba a vida parlamentaria e a consolidación das institucións do novo Estado. O ultranacionalismo dos radicais serbios, opostos a calquera reforma democrática que abrise paso á autonomía para as restantes nacionalidades, era outro obstáculo moi serio.

En 1924, unha coalición de demócratas, agrarios e musulmáns bosníacos logrou que o Partido Campesiño croata aceptase a Constitución, e que se integrase nun Bloque de Acordo Nacional contra os radicais. Pero o hábil Pašić logrou atraer a Radić a unha alianza gobernamental que aumentou a confusión política. O veterano dirixente serbio faleceu en 1926, e un ano despois os agrarios croatas volvían á oposición, declarándose dispostos a terminar co centralismo de Belgrado.

A tensión chegou ao extremo cando, en xuño de 1928, un deputado radical matou a Radić en plena Skupstina. Isto foi un golpe fatal para a precaria democracia iugoslava. As diferenzas entre os radicais panserbios e os partidarios dunha monarquía federalista fixéronse irreconciliábeis. En Montenegro e Macedonia, rexións moi deprimidas, actuaron grupos separatistas.

A comezos de 1929, a coalición de partidos que gobernaba en Belgrado rompeu, sen que fose posíbel reconstruír unha maioría parlamentaria. Intentando poñer freo á descomposición do Estado, o rei Alexandre estableceu unha ditadura real e, apoiado polo Exército, disolveu a Asemblea o 6 de xaneiro, anulou a Constitución e prohibiu as actividades en favor do federalismo. Ao mesmo tempo, cambioulle o nome ao país que, desde o 3 de outubro de 1929 pasou a denominarse Reino de Iugoslavia (que era o nome non oficial, pero o que se usaba habitualmente).

Isto quentou aínda máis os ánimos. Forzados ao exilio, os nacionalistas croatas crearon o movemento ustaša,[106] dirixido polo uiltradereitista Ante Pavelić, que non dubidou en recorrer á violencia terrorista como arma política, orientándose cara ao entendemento coa Italia fascista.

A ditadura real foi ben recibida, nun principio, por gran parte da poboación. Alexandre desexaba un acougo efectivo das paixóns políticas e abstívose de definir unha orientación para o seu réxime (excepto a negativa ao federalismo). Pero recorreu a medidas autoritarias, como a disolución dos partidos, a substitución da Skupstina por un inoperante Consello Lexislativo, ou o establecemento da pena de morte para as actividades separatistas e comunistas.

A Constitución autoritaria de 1931 restaurou parcialmente o parlamentarismo, pero mantivo as restricións ao labor dos partidos e as asociacións nacionalistas. A política de acougamento das tensións, intentada polos primeiros ministros Zivković e Marinković, creou unha forte oposición en Serbia. Porén, como non foi acompañada de auténticas medidas descentralizadoras, non diminuiron as protestas dos autonomistas, mentres que o movemento dos ustaše actuaba desde o exterior, interesadamente apoiado por Italia e Hungría. A partir de 1931, unha terríbel crise económica, que cortou de raíz a prosperidade que coñecía o país desde mediados da década anterior, veu sumarse aos problemas políticos.

En outubro de 1934, o rei Alexandre foi asasinado en Marsella por un terrorista croata. Sendo menor de idade o herdeiro, Pedro II, constituíuse unha rexencia presidida polo seu tío, o príncipe Paulo. O goberno Jevtić suavizou o autoritarismo do réxime e convocou eleccións en maio de 1935. Pero os comicios resultaron tan amañados en favor dos candidatos gobernamentais que as protestas obrigaron a intervir ao rexente. Pero o seu protexido, o autoritario Milan Stojadinović, formou un goberno de concentración, aínda que se apoiou no seu propio partido, a Unión Iugoslava Radical (UIR), e non fixo ningunha concesión no asunto do federalismo.

A actuación autoritaria de Stojadinović, os seus amaños electorais para manter a hexemonía da UIR e as súas abertas simpatías polo fascismo italiano, creáronlle unha oposición cada vez máis xeneralizada, que levou ao príncipe Pablo a forzar a súa dimisión a comezos de 1939.

En agosto dese ano, o sucesor de Stojadinović, Tsescović, e o líder campesiño croata Maček, alcanzaron un pacto serbo-croata -Sporazum- para converter Iugoslavia nun Estado federal dividido en banovinas (provincias) amplamente autónomas. Este acordo unificaba as provincias de maioría croata nunha única rexión autónoma, pero deixando fóra a zona oriental de Eslavonia, desde a liña entre Vukovar e a desembocadura do Sava no Danubio, habitada maioritariamente por serbios, e a maior parte de Bosnia; o primeiro ban desta Croacia autónoma foi Subašić. Pero o amaño chegaba tarde e os acontecementos internacionais non tardarían en arruinar a traballosa obra de dúas décadas.

A segunda guerra mundial: a primeira desaparición de Iugoslavia

editar
Artigo principal: Segunda guerra mundial.

Cinco días despois da firma do acordo serbo-croata, o 1 de setembro de 1939, a Alemaña de Hitler invadía Polonia e comezaba a segunda guerra mundial. O goberno iugoslavo viuse forzado a realizar precarios equilibrios en prol da neutralidade. Pero os seus esforzos foron inútiles.

 
Tomislav II de Croacia.

Hitler presionaba para que se lle concedese liberdade de tránsito de material bélico polo país, cara a Grecia (febreiro de 1940), ao que finalmente accedeu o goberno a cambio da Macedonia grega e Salónica (25 de marzo de 1940). Pero o xeneral Simović opúxose, interpretando a protesta popular, e deu un golpe de Estado o 26 de marzo. O primeiro ministro Čvetković foi arrestado, anulada a rexencia e proclamada a maioría de idade de Pedro II (27 de marzo).

Esta era a escusa que esperaba Hitler, quen ordenou a invasión. O 6 de abril tropas alemás, italianas, húngaras e búlgaras invadiron o país e, en poucas semanas, o goberno capitulou (18 de abril).

 
Repartición de Iugoslavia entre as potencias do Eixe, co estado monicreque de Croacia (1941).

Iugoslavia desapareceu, desmembrada entre os seus veciños. O III Reich, herdeiro dos pretendidos dereitos austríacos, anexionou o sur de Estiria e a parte de Carintia que estaban integradas en Eslovenia. Italia fixo realidade unha antiga aspiración incorporando a outra provincia eslovena, Carniola (incluíndo a cidade de Ljubliana, capital de Eslovenia), mais unha boa parte do litoral dálmata (a zona entre Zadar [Zara] e Split [Spalato], pertencente a Croacia, e Kotor [Cattaro], de Montenegro) e a rexión de Kosovo (Serbia), que foi incorporada á súa colonia albanesa. Os búlgaros obtiveron a Macedonia iugoslava, excepto unha pequena porción que se uniu á Albania italiana (que ademais recupera a súa saída ao Exeo, a costa de Grecia), e os húngaros varias zonas fronteirizas do norte (o extremo oriental de Eslovenia, o triángulo formado entre os ríos Drava e Danubio, que pertencía a Croacia), mais Voivodina (a parte Serbia do Banato), aínda que esta baixo control militar xermano-italiano, ao igual que quedou Montenegro.

Sobre solo iugoslavo só permaneceron dous estados teoricamente independentes. Croacia, que rompera os seus lazos con Belgrado ao producirse a invasión, constituíuse como reino, con inclusión da Eslavonia oriental (que pasara anteriormente a Serbia), é dicir, todo o territorio entre o Sava e o Drava, até as aforas de Belgrado, e de Bosnia-Hercegovina (pero sen a parte do litoral dálmata que pasara a Italia).

Foi proclamado rei un italiano, o príncipe Aimone de Aosta, duque de Spoleto, que tomou o nome de Tomislav II (en honor do fundador do primeiro estado croata). Pero foi un rei teórico, xa que se abstivo de pisar o seu reino. Gobernada ditatorialmente polo Poglavnik (Caudillo) Ante Pavelić, Croacia uniu a súa sorte á do Eixe. E ao leste quedou unha reducida Serbia, que recobrou unha sombra de soberanía baixo a protección alemá e o goberno autoritario do colaboracionista xeneral Milan Nedić.

Como noutros lugares da Europa ocupada, as duras condicións impostas polos alemáns provocaron a aparición da resistencia antifascista, que foi adquirindo progresiva importancia na fixación de unidades inimigas na retagarda. Esta resistencia non tardou en manifestarse en Iugoslavia; ao principio, en forma de sabotaxes e, máis tarde, dun poderoso movemento guerrilleiro.

Nun primeiro momento a iniciativa correspondeu aos chetniks, patriotas serbios monárquicos dirixidos polo coronel Draza Mihailović, que actuaban apoiados polos británicos. Pero, tras a invasión alemá da URSS, en 1941, foron os comunistas quen asumiron un maior protagonismo e mantiveron o peso dunha guerra sen cuartel. Dirixidos polo croata Josip Broz Tito, foron capaces de organizar un auténtico exército regular, que recibiu o apoio dos aliados, e que foi capaz de liberar por si mesmo a maior parte do territorio nacional, aínda que nas etapas finais colaboraron unidades soviéticas. Como é lóxico -dada a situación- a loita guerrilleira tomou visos de auténtica guerra civil, na que croatas e serbios, fascistas, chetniks e comunistas se combatían con enorme ferocidade.

O gran mérito de Tito foi articular, coa axuda doutros partidos, un movemento político de ampla base, o Consello Antifascista de Liberación Nacional de Iugoslavia (novembro do 42), transformado ao ano seguinte en Comité Nacional de Liberación, que terminou sendo recoñecido polos aliados e que, nos últimos anos da guerra, sentou as bases para a reconstrución do estado iugoslavo baixo a fórmula dunha federación de repúblicas amplamente autónomas.

Este Comité organizou a Fronte Popular e anulou ao goberno de Pedro II no exilio.[107] Apoiado polos aliados en Teherán e Ialta, Tito desprazou a Mihailović. En setembro de 1944, os titistas entraron en Belgrado, e na primavera de 1945 caeron no seu poder Croacia e Eslovenia. Un goberno provisional instalouse na capital, á espera de que unhas eleccións parlamentarias decidisen o futuro do reunificado país.

A posguerra

editar

Os cambios territoriais foron esta vez moi limitados. Iugoslavia, porén, ampliou os seus límites coa incorporación de Istria e da metade oriental da provincia italiana de Gorizia, en Venecia-Xulia, recuperando ademais Zara e Rijeka, mentres que a cidade de Trieste, disputada con Italia, era internacionalizada (Territorio Libre de Trieste).[108][109]

Os primeiros anos de posguerra trouxeron enormes transformacións en todos os Balcáns e tamén, por tanto, en Iugoslavia. As antigas clases dirixentes foran dezmadas polos nazis ou represaliadas como colaboracionistas tras a vitoria aliada. O control de Iugoslavia polo Movemento de Liberación, de maioría comunista, sentenciou en gran medida o destino do país.

En Iugoslavia, como en Romanía, Bulgaria e Albania, a transición cara a réximes comunistas foi un proceso bastante similar, e implicou unha serie de etapas, conforme ás estratexias gradualistas que o búlgaro Rakovski denominou táctica do salchichón. Principais animadores da resistencia, os minoritarios partidos comunistas impulsaron a formación de Frontes Populares antifascistas durante a guerra, e transformáronse en organizacións de masas, piares básicos dos gobernos de coalición establecidos tras a liberación.

Abertamente apoiados polos soviéticos, e donos dos ministerios clave -Defensa, Interior, Xustiza-, fixéronse co control dos sindicatos e da Administración, mentres a súa indubidábel popularidade se vía reforzada pola defensa dunha reforma agraria radical. O esmagador triunfo electoral, aínda que non sempre limpo, das Frontes facilitou, entre 1945 e 1947, a eliminación política -e ás veces física- da oposición liberal e agraria e o establecemento de réximes republicanos baseados nos principios stalinistas da democracia popular.

En 1948, os comunistas gobernaban ditatorialmente nos catro países anteditos, absorbidos no seu seo os partidos socialistas, e disolvidos ou integrados en monolíticos e silentes bloques de apoio o resto dos seus antigos socios. Para entón sentáranse as bases da reconstrución económica, adoptando o modelo de planificación soviético, e a reforma agraria iniciaba, non sen fortes resistencias no campo, a súa segunda fase, baseada na colectivización das terras.

En Iugoslavia, previstos nos acordos con Subašić un Consello de Rexencia e unha Asemblea Constituínte, a triunfante Xunta Antifascista de Liberación asumiu o goberno provisional, presidido por Tito (8 de marzo de 1945) e convocou unha Asemblea Provisional. No caos da primeira posguerra, e mentres se desataban fortes represalias contra os colaboracionistas e os chetniks de Mihailović, o goberno tomou unha serie de medidas políticas, sociais e económicas para consolidar unha previsíbel Fronte Popular. Esta Fronte Popular fixo aprobar pola Asemblea unha lei electoral moi favorábel aos seus intereses. Declarada a incompatibilidade coa monarquía e desarticulados os seus partidarios, a Fronte Popular obtivo unha esmagadora vitoria nas eleccións para as dúas Cámaras do novo Parlamento, o Consello Federal e o Consello das Nacionalidades (11 de novembro de 1945).[110]

Amparada nun masivo apoio popular, a Fronte fixo que o Parlamento abolise a monarquía (20 de novembro de 1945) e proclamase unha República Popular Federal, integrada por seis repúblicas federadas e dúas rexións especiais dentro de Serbia (Voivodina e Kosovo). Un goberno de maioría comunista puxo en marcha, a partir de 1946, a reconstrución do país, implantando a reforma agraria e unha economía planificada, cuxo primeiro Plan Quinquenal se iniciou en 1947. A nova Constitución socialista aprobouse en xaneiro de 1946.

Tito e o stalinismo

editar
Artigos principais: Josip Broz Tito e Stalinismo.

A idea dunha Federación Balcánica era un vello soño do socialismo peninsular, que agora parecía poder realizarse. En 1947 tanto Tito como o búlgaro Dimitrov pareceron dispostos a alentar a federación entre os seus países, pero Stalin e o albanés Hoxha, que desconfiaba da influencia iugoslava sobre o seu país, opuxéronse á medida. En realidade, a Unión Soviética mantiña unhas aspiracións imperiais sobre Europa oriental que requirían uns estados débiles e uns partidos comunistas dóciles ás orientacións emanadas de Moscova. En decembro de 1947 creouse en Belgrado o Kominform, un organismo encargado de coordinar a actuación dos partidos stalinistas europeos e de velar pola súa ortodoxia.

Pouco despois, os soviéticos subscribían tratados de amizade coas democracias populares, establecendo empresas mixtas e acordos de clearing claramente desvantaxosos para os seus socios. Finalmente, a estratexia de dominación soviética concretouse en 1949 co chamado Plan Molotov que, mediante a creación do Consello de Axuda Mutua Económica (CAME, máis coñecido por COMECON), establecía un marco de coordinación económica supranacional e afastou durante moitos anos aos países da Europa do Leste de calquera dependencia do capitalismo occidental.

 
O mariscal Tito, presidente de Iugoslavia (1953-1980).

En Iugoslavia, os comunistas opuxéronse resoltamente a esta política. Apoiado polos seus segundos, Milovan Djilas e Eduard Kardelj, Tito apartou do goberno, en maio de 1948, aos ministros máis favorábeis ás exixencias soviéticas, e iso deu lugar á ruptura.

O réxime iugoslavo, que defendía as vías nacionais ao socialismo, foi acusado de nacionalismo burgués e expulsado do Kominform por Stalin (1948). O país tivo que soportar un duro bloqueo económico por parte dos seus veciños e algunhas ameazas de invasión. Pero o titismo resistiu, e o seu exemplo despertou simpatías en comunistas de todo o mundo. O que se coñece como o cisma iugoslavo sementou a alarma entre os dirixentes stalinistas doutros países, o que propiciou que, a finais da década, comezasen as purgas e os acusados de titismo -en xeral, comunistas partidarios dunha maior independencia respecto a Moscova- fosen expulsados do partido, encarcerados ou executados.

O boicot comunista obrigou a Tito a modificar a súa política interior e exterior. Iugoslavia iríase aproximando a occidente, solicitando axuda a Gran Bretaña, EUA e Francia, aínda que isto non lle impediu manter a súa postura independente a a súa ideoloxía comunista. Esta aproximación a occidente permitiu a Iugoslavia, nun primeiro momento, obter bos resultados na cuestión de Trieste e Istria e, ademais, alcanzar certas melloras económicas.

Porque nesta época ocorreu tamén o problema de Trieste. A provincia de Gorizia, que formaba parte do Friuli udinés (coa de Udine), permaneceu unida a Austria cando esta entregou, en 1866, o Friuli ao Reino de Italia. Debido á alta porcentaxe de poboación italiana que albergaba, Trieste foi entregado a Italia en 1918, ao mesmo tempo que Gorizia e Istria.

Ao finalizar a segunda guerra mundial, a parte nordeste da provincia de Gorizia (excepto a propia cidade de Gorizia) foi cedida a Iugoslavia, así como Istria, mentres que a porción sueste (xunto cunha porción do norte de Istria) pasou a formar parte do Territorio Libre de Trieste.

Véxase tamén: Territorio Libre de Trieste.

A zona, incluída a cidade de Trieste, fora liberada en abril de 1945 por tropas do mariscal Tito, que a reclamou para Iugoslavia. Como estes territorios tamén eran reclamados por Italia, no tratado de paz de 1947, baixo a protección da ONU, creouse este Territorio Libre de Trieste, dividido en dúas zonas: a zona A, baixo administración militar anglo-americana, e a zona B, ocupada e controlada por Iugoslavia. En outubro de 1954, Tito accedeu (Memorándum de Londres) a que a zona anglo-americana pasase a depender de Italia.

Por outra parte, o resto do Friuli (a parte occidental, provincia de Udine e o pouco que quedou da de Gorizia, incluíndo a capital) quedou para Italia e, despois da Constitución de 1947, constituíu a rexión autónoma de Friúl-Venecia Xulia, á que se agregou, como capital, a cidade de Trieste en 1954.

O socialismo autoxestionario

editar
Artigo principal: Socialismo autoxestionario.

No plano interior, Tito anulou o centralismo, impulsando o federalismo, e potenciou o cooperativismo. As repúblicas federadas aumentaron a súa autonomía económica e política, e en 1950 introduciuse a autoxestión das empresas polos Consellos dos Traballadores, encargados da administración interna, dos obxectivos de produción e comercialización e das condicións de traballo e salario. En 1953 autorizouse a disolución das comunas agrarias e animouse aos agricultores a asociárense libremente en cooperativas.

Todas estas reformas (e a da estrutura do partido -a Liga dos Comunistas Iugoslavos-, modificada en 1952) introducíronse na nova Constitución de 1953, que transformou ademais o antigo Consello das Nacionalidades nun órgano de representación laboral, o Consello de Produtores, ao tempo que o Consello Federal se convertía en Cámara das Entidades Territoriais.

No exterior, ao ano seguinte (1954) resolveuse definitivamente, como xa vimos, o problema de Trieste e, coa visita á India, Tito iniciou a súa política de liderado dos países non aliñados. En 1955 melloraron as relacións coa URSS e outros países socialistas, co que quedaba reforzado o titismo que, no ámbito nacional, foi censurado polo antigo colaborador de Tito e ideólogo do partido M. Djilas.

Tras un período de crise nas relacións iugoslavo-soviéticas pola intervención rusa en Hungría (1956) e dun novo congreso da Liga dos Comunistas (1958) melloraron de novo as relacións coa URSS (1959), aínda que Iugoslavia mantivo unha actitude neutral ante o conflito chinés-soviético. Na súa política co Terceiro Mundo, as relacións de Tito con Nasser e Nehru e as múltiplas visitas a diversos países consolidáronse coas Conferencias de Belgrado (1961) e O Cairo (1966), que converteron a Iugoslavia no líder do Movemento dos Non Aliñados e un dos puntos de referencia do nacente Terceiro Mundo.

Despois das dificultades que nos primeiros momentos do réxime supuxo o proceso do cardeal Stepinać, firmouse un acordo co Vaticano, mentres que a capacidade negociadora de Tito cos países non aliñados púxose en xogo nos conflitos de Oriente Medio e Vietnam.

A invasión de Checoslovaquia por tropas do Pacto de Varsovia (1968) obrigou a unha reproposta da defensa e a manter especiais contactos con Romanía; e para reforzar o federalismo e preparar o relevo de Tito instaurouse a presidencia colectiva (Constitución de 1971).

A Iugoslavia sen Tito

editar

Os anos oitenta trouxeron unha profunda crise aos países socialistas balcánicos. En certa forma, recibían agora os efectos da recesión das economías capitalistas durante a década anterior. Tamén coñecían o fracaso na captación de mercados terceiromundistas, onde non podían competir coas multinacionais occidentais. Pero non só a conxuntura internacional ía ser decisiva no proceso de desintegración das ditaduras balcánicas.

Os réximes comunistas lograran considerábeis éxitos na industrialización e elevaran o nivel cultural e certos aspectos da calidade de vida dos seus pobos. Porén, iso fixérase á custa dun crecente estancamento da agricultura, dunha represión totalitaria das máis elementais liberdades individuais e do enriquecemento dun sector privilexiado de dirixentes políticos e sindicais, que estenderan a corrupción nos aparatos estatais e nas grandes empresas.

Os primeiros sinais dun cambio na situación déronse xa en Iugoslavia na década anterior. A estreita relación da economía iugoslava con Occidente fíxoa sufrir os efectos da crise de 1973 (a crise do petróleo), que se traduciron nunha retracción do comercio e nun aumento das desigualdades entre as rexións máis ricas -Eslovenia, Croacia- e as máis pobres -Macedonia, Kosovo-. Por outra parte (ou talvez como consecuencia disto), o nacionalismo particularista comezou a adquirir forza, sen que a reforma constitucional de 1971, que limitaba aínda máis os poderes do goberno federal, detivese o proceso.

Así, suscitáronse problemas con Croacia (novembro-decembro de 1971), que o ano seguinte provocaron un gran reaxuste no partido e reflectíronse en diversos atentados no exterior e na desarticulación de redes de terroristas (xullo de 1972). A partir de 1974 produciuse un cambio de orientación e modificouse novamente a Constitución, esta vez en sentido centralista, mentres se endurecía a represión dos disidentes.

Esta nova Constitución, promulgada o 27 de febreiro de 1974, trataba -ademais- de trazar as futuras vías do socialismo iugoslavo, reforzando as bases da autoxestión e tentando afrontar globalmente os problemas políticos e económicos de Iugoslavia como paso previo á sucesión de Tito.

Esta produciuse á súa morte, acaecida en 1980, que deu paso efectivo á presidencia colectiva, formada por oito representantes das seis repúblicas e as dúas rexións autónomas, con presidente de rotación anual entre eles. Esta presidencia houbo de enfrontarse de contado á violencia xerada polas reivindicacións da minoría albanesa de Kosovo (que constituía o 90% da poboación desa provincia autónoma de Serbia) e a crecentes dificultades económicas.

Na segunda metade da década adoptáronse medidas radicais, reformando o sistema de autoxestión, liberalizando paulatinamente a economía e tolerando as actividades dunha oposición non comunista que, en 1989-90, comezou a obter sonados triunfos electorais nalgunhas repúblicas (Eslovenia, Croacia, Bosnia-Hercegovina).

A Perestroika

editar
Artigo principal: Perestroika.
 
Mikhail Gorbachev en 1987.

A chegada ao poder de Mikhail Gorbachev na URSS, en 1985, e a aplicación do seu programa de reformas -Perestroika- abriu unha etapa de profundos cambios na Europa oriental. Non se trataba dunha imposición soviética, senón dunha auténtica quebra da orde económica, política e social. Peza fundamental do equilibrio europeo, Iugoslavia enfróntase ao iniciarse a década dos noventa a un futuro difícil, ante a repunta das nacionalidades disolventes e a perda de apoio social do comunismo.

En 1991 Eslovenia e, máis tarde, Croacia, declaran a súa independencia, que non é aceptada por Serbia que, gobernada polos antigos comunistas de Slobodan Milošević, esmaga as autonomías de Voivodina e Kosovo e, coa axuda do seu incondicional Montenegro, aspira de novo á formación da Gran Serbia, reclamando os territorios croatas onde hai maioría -ou mesmo minoría- de serbios. Os novos chetniks, apoiados abertamente polo exército federal (en mans serbias), emprenden a "liberación" destes territorios, cuxas autoridades serbias, á súa vez, se proclaman autónomas respecto de Croacia e desexan integrarse en Serbia (Eslavonia oriental -a parte croata da mesma-, a Krajina croata, Banija). Mentres, no medio de Serbia e Croacia, os serbios, croatas e musulmáns de Bosnia e Hercegovina fan equilibrios para non vérense involucrados no conflito serbo-croata, pois temen ser repartidos entre estes, quedando Bosnia reducida a un pequeno país musulmán. E a República de Macedonia, ao fin, tamén proclama a súa soberanía, que non é admitida nin por Serbia, nin por Bulgaria, nin por Grecia.

Os vellos problemas rebrotan para cuestionar, unha vez máis, a viabilidade do estado iugoslavo. E os acontecementos vividos ao longo de 1992 parece que, definitivamente, levan ao final o soño da unión dos eslavos do sur.

O fin de Iugoslavia

editar
Artigo principal: Guerras iugoslavas.

Os conflitos

editar

As guerras e outros feitos bélicos que puxeron fin ao estado iugoslavo, coñecidos como guerras iugoslavas, foron unha serie de conflitos nos territorio da antiga Iugoslavia que se sucederon durante dez anos, entre 1991 e 2001, e que comprenderon dous grupos de guerras sucesivas que afectaron ás seis ex-repúblicas iugoslavas e outros conflitos nos que se implicaron as potencias occidentais.

Estas guerras caracterizánse polos conflitos étnicos entre os pobos da ex-Iugoslavia, principalmente entre os serbios por un lado e os croatas, bosníacos e albaneses por outro, aínda que tamén, nun principio, entre bosníacos e croatas en Bosnia e Hercegovina.

As guerras iugoslavas terminaron con gran parte da ex-Iugoslavia reducida á pobreza, con desorganización económica masiva e inestabilidade persistente nos territorios onde ocorrían as peores loitas. Foron os conflitos máis sanguentos en solo europeo desde a fin da segunda guerra mundial, dos que resultaron unhas de 130 000 a 200 000 mortes [111] e millóns de desprazados dos seus fogares. Foron tamén os primeiros conflitos desde a segunda guerra mundial nos que foron formalmente xulgados os xenocidas, e nos que moitos dos individuos claves participantes foron consecuentemente acusados por crimes de guerra.

Co paso dos anos foi tomando corpo a hipótese, mantida por algúns medios (especialmente nos pro serbios), de que varias potencias mundiais, especialmente Alemaña e os Estados Unidos crearon o ambiente propicio para a fragmentación do país, a través da venda de armas ás repúblicas independentistas e da manipulación dos medios de comunicación, sobre todo con fins económicos.[112]

Estes conflitos poden dividirse en tres grupos:

  • Guerras durante o desmembramento da República Federal Socialista de Iugoslavia
    1. Guerra dos Dez Días ou guerra de Independencia eslovena (1991)
    2. Guerra de Croacia (1991-1995)
    3. Guerra de Bosnia (1992-1995)
  • Guerras en áreas poboadas por albaneses:
    1. Guerra de Kosovo (1999)
    2. Conflito do sur de Serbia (2001)
    3. Conflito de Macedonia (2001)
  • Campañas aéreas da OTAN contra os serbios:
    1. Bombardeo da República Serbia (1995-1996)
    2. Operación Allied Force ou bombardeo sobre Iugoslavia (1999)

O odio nacionalista

editar

O odio foi sempre a clave das guerras en Iugoslavia. Odios nacionalistas potenciados por odios relixiosos. Unhas diferenzas que se afondan máis aínda pola memoria histórica. A crueldade da guerra de Croacia, cos serbios entrando pola brava na asediada cidade de Vukovar, por exemplo, non se entenden sen saber que durante a segunda guerra mundial os croatas asasinaron na anexionada Bosnia 700 000 serbios só polo feito de seren serbios (ademais doutros cantos centos de miles de musulmáns). Os horripilantes relatos de serbios contra musulmáns, e ao revés, en Serbia-Hercegovina, tampouco non se comprenden fóra do fanatismo que enfronta islámicos e ortodoxos. Igual que mañá pode suceder en Kosovo, fronte aos albaneses (ou aos serbios). Ou en Macedonia, auténtico puzzle de nacionalidades.

Un nacionalista serbio asasinou en Saraxevo o herdeiro do Imperio Austro-Húngaro o 28 de xuño de 1914 e aí se data o comezo da primeira guerra mundial. E un nacionalista croata asasinou en Marsella o rei iugoslavo (serbio) Alexandre I en 1934, e a partir de aí veu abaixo a posibilidade de construír un novo país.

Dous nacionalistas musulmáns e un croata ametrallaron, o 1 de marzo de 1992, os asistentes a unha voda serbia en Saraxevo, e esa faísca contribuíu a desencadear o posterior conflito de Bosnia. A historia, desde logo, non a fan os exaltados, pero a súa presenza contribúe a provocar a parte irracional de todos os conflitos.

O fracaso da Comunidade Europea

editar

A Comunidade Europea tratou, durante todo o ano 1991, de evitar a guerra no centro do continente, pero á vista está que o resultado foi que non soubo, ou non foi capaz de facelo. Máis aínda, moitas veces contribuíu a botar leña ao lume, primeiro, tratando de todos os xeitos de evitar a desmembración de Iugoslavia cando esta era xa un feito, apoiando deste modo as ambicións panserbias de Milošević; máis tarde, coa súa precipitación no recoñecemento de Bosnia, sen ter previsto o futuro desta complicada república.

Durante unha primeira fase, que durou até decembro de 1991, a CE cre que a paz e a estabilidade de Iugoslavia dependen do seu proceso democratizador e dedícase a apoialo. Tamén se inclina polo mantemento dun órgano constitucional común -federal ou confederal- que servise para manter a configuración do Estado. O plan parecía a simple vista o máis sensato ante as dificultades que presentaban algunhas repúblicas con diferentes nacionalidades ou etnias dentro do seu espazo territorial (en realidade todas agás Eslovenia). En calquera caso, nesta fase a CE estaba convencida de que o desmembramento do país non era o camiño a elixir para alcanzar a paz.

Porén, parecían advertirse certas fisuras entre os países comunitarios. Alemaña estaba disposta a recoñecer e apoiar a secesión de Croacia e Eslovenia, mentres que Francia e España, por diferentes razóns, opinaban que sería mellor frear a vaga de separatismos (Francia, tradicional aliada de Serbia, talvez receaba dun rexurdimento do Imperio Austro-Húngaro, cunha Alemaña que manexase a unha Eslovenia e a unha Croacia monicreques; España -o goberno español- quizais temese un "contaxio" de vascos e cataláns).

Jacques Delors, presidente da Comisión Europea (Goberno da Comunidade), dicía entón aos iugoslavos: "Habería que buscar unha solución que poida reconciliar as aspiracións das repúblicas á soberanía e o interese evidente de manter un marco institucional común. Un marco compatíbel coas grandes correntes de integración europea". Decididamente, a CE pensaba a longo prazo e apostaba por un espazo común que non fragmentase o país. Pero o país xa estaba fragmentado.

Nos diversos nacionalismos iugoslavos non deixaban pegada as advertencias europeas. O mapa de Iugoslavia convertérase en repúblicas autistas encerradas na súa respectiva exaltación nacionalista e incapaces de dialogar.

Quen prendeu a mecha do posterior conflito? Quen tirou a primeira pedra? Como ocorre sempre, cada república bota a culpa á nacionalidade veciña e difícil sería encontrar un só culpábel. Se algo queda claro nestas guerras é que non hai inocentes, fóra as vítimas. Todos os gobernantes e a clase política son responsábeis.

En realidade, por escavar na prehistoria, o causante orixinario do desaguisado non sería outro que Josip Broz, Tito. Como bo ditador, gobernou coma se fose vivir sempre e como se tamén sempre fose existir o partido comunista. O seu esquema era simple: un home forte para dirixir con man dura e un aparato poderoso e único para amalgamar sen discusión posíbel as diferenzas.[113]

Sobre esta base, o mariscal Tito (de nacionalidade croata) -co seu principal ideólogo, Edvard Kardelj (de nacionalidade eslovena- freou o nacionalismo serbio, etnia maioritaria e que sempre aspirara a dirixir e asimilar (mesmo esmagar) os demais sudeslavos. Non existirá unha Iugoslavia forte sen unha Serbia débil, diría máis dunha vez. E en sucesivas reformas constitucionais foi ampliando os dereitos das outras nacionalidades, equiparándoos aos serbios, como xa vimos. Así concedería, a finais dos sesenta, o status de etnia aos musulmáns bosníacos, único caso no mundo en que unha denominación relixiosa se aplica con valor de nacionalidade (os musulmáns bosníacos -e os que viven noutras repúblicas- son da mesma "raza" que os serbios e os croatas, e falan o mesmo idioma; son eslavos descendentes dos serbios e croatas que se converteran ao islamismo durante a ocupación otomá, como vimos, non son "turcos").

Até tal punto fomentaría Tito esta exaltación nacionalista que, no censo de 1980, ano en que morreu, os cidadáns estaban obrigados a encher a correspondente cuadrícula elixindo unha nacionalidade e prohibíndoselles escribir nacionalidade: iugoslava. Os fillos dos matrimonios mixtos, por exemplo serbio-croata ou montenegrino-musulmán, podían elixir a da nai ou a do pai: Iugoslavia quedou sen cidadáns iugoslavos.[114] Pero tanto antes como despois do censo de 1980, os cidadáns que se autodefinían como iugoslavos sempre foron unha minoría (case sempre fillos de matrimonios mixtos).

O mosaico nacionalista

editar

Cunha poboación total de máis de 22 millóns de habitantes, en 1991 a distribución das distintas nacionalidades en Iugoslavia era a seguinte:

Poboación de Iugoslavia por repúblicas e provincias en 1991
Serbia
  
40.9%
Serbia propiamente dita
  
24.0%
Croacia
  
20.6%
Bosnia e Hercegovina
  
18.8%
Macedonia
  
8.8%
Voivodina
  
8.6%
Kosovo
  
8.4%
Eslovenia
  
8.2%
Montenegro
  
2.6%

Pero cómpre engadir que estes habitantes non se concentraban nas súas respectivas repúblicas e provincias, senón que, dentro de cada unha delas, a distribución das nacionalidades era a seguinte:

  • Serbia: serbios, 64%; albaneses, 13%; húngaros 4%; croatas, 2%; musulmáns, 2%; outros (*), 15%.
    • Voivodina: serbios, 54%; húngaros, 19%; croatas, 5%; outros (*), 22%.
    • Kosovo: albaneses, 68%; serbios, 12%; musulmáns (bosníacos), 2%; outros (*), 18%.
  • Croacia: croatas, 74%; serbios, 12%; outros (*), 14%.
  • Bosnia-Herrcegovina: musulmáns (bosníacos), 40%; serbios, 31%; croatas, 18%; outros (*), 11%.
  • Eslovenia: eslovenos, 88%; croatas, 3%; serbios, 2%; outros (*), 7%.
  • Macedonia: macedonios, 63%; albaneses, 18%; serbios, 11%; outros (*), 8%.
  • Montenegro: montenegrinos, 68%; musulmáns (bosníacos), 13%; macedonios, 7%; serbios, 3%; croatas, 1%; outros (*), 8%.

(*) Entre os outros inclúense, en porcentaxes aproximadas referidas á totalidade da poboación de Iugoslavia: romanís (xitanos), 0,7%; turcos, 0,5%; eslovacos, 0,4%; romaneses, 0,2%; búlgaros, 0,2%; valacos, 0,1%; rutenos, 0,1%; checos, 0,1%; italianos, 0,1%; ucraínos, 0,1%; alemáns, 0,1% e, con menos do 1%, rusos, xudeus, polacos e gregos.

Milošević prende o nacionalismo serbio

editar

O punto de partida da situación bélica pode fixarse no 4 de abril de 1987. Na rexión autónoma serbia de Kosovo, berce medieval dos serbios, producíranse xa incidentes entre a poboación albanesa (abrumadoramente maioritaria) e a serbia, xa que aqueles se queixaban (con razón) de que estes os tiñan discriminados e non recoñecían os seus dereitos nacionais.

 
Slobodan Milošević.
 
Milan Kučan.
 
Franjo Tudman.

Pero ese día, o daquela xefe dos comunistas serbios, Slobodan Milošević, pronunciou o primeiro discurso de exaltación do nacionalismo serbio. Cos ánimos ben quentes polos recentes sucesos, Milošević diría as dúas cuestións claves que a súa multitudinaria audiencia estaba esperando escoitar: "De agora en adiante, ninguén se atreverá a maltratarvos e Iugoslavia desintegraríase sen Kosovo" (en alusión á petición dos albaneses do estatuto de república federada para a súa provincia, que os serbios interpretaban como un paso para a súa posterior integración na "Gran Albania").

A resposta de Milošević foi a anulación do estatuto de autonomía de Kosovo e a prohibición do albanés nas escolas, na universidade e na administración pública (e, de paso, tamén suprimiu o da outra provincia autónoma de Serbia, Voivodina, cunha importante minoría húngara: a partir de entón serían gobernadas por serbios atentos ás ordes de Belgrado). Desde aquela, os enfrontamentos entre as dúas etnias sucedéronse de xeito cada vez máis grave, con intervencións do exército (con mandos maioritariamente serbios) para protexer, sobre todo, a minoría serbia.

A caída do muro de Berlín (1989) e o afundimento do mundo comunista agrava o problema das nacionalidades, que cada día adquiría maior virulencia por toda Iugoslavia. Até os partidos da liga de fútbol se interrompen antes de acabar ao enleárense en enfrontamentos violentos os seareiros dos equipos de diferentes repúblicas. O baleiro de poder federal, orixinado tras a morte de Tito e propiciado por el cunha presidencia rotatoria anual que impedía a aparición dun líder para todo o país, foi afectando a todos os organismos unitarios.

As peticións de Eslovenia e Croacia, as repúblicas máis occidentalizadas e desenvolvidas economicamente, de establecer unha unión confederal en Iugoslavia foron rexeitadas polos serbios, que seguían empeñados na construción da Gran Serbia. En xaneiro de 1990, nun Congreso extraordinario convocado en Belgrado, rompe a única organización común que había no país: eslovenos e croatas abandonan a Liga dos Comunistas Iugoslavos. Nos meses seguintes, os parlamentos de cada unha destas repúblicas inician o proceso secesionista e, nas sucesivas eleccións que van tendo lugar, os partidos de ámbito nacionalista varren aos seus opoñentes (en Eslovenia triunfa Milan Kučan, en Croacia Franjo Tudjman, ambos os dous comunistas reconvertidos; en Serbia, agora Milošević tampouco é comunista: lidera o Partido Socialista Serbio).

Ante o furor nacionalista, a minoría serbia en Croacia inquédase. Na rexión de Krajina comezan as protestas anticroatas e, o 17 de agosto, o goberno croata envía unidades especiais de policía para impedir que os serbios desta provincia celebren un referendo de autonomía. A comezos de 1991, a presidencia colexiada iugoslava ordena o desarmamento de todas as unidades paramilitares de Eslovenia e Croacia.

Desde había meses, en ambas as repúblicas, sobre todo en Croacia, empezara unha frenética actividade de compra de armas, principalmente procedentes de Hungría, Austria e Alemaña. As dúas repúblicas se negaron a obedecer as ordes. Croacia respondeu que "as únicas unidades paramilitares existentes son as formadas polos serbios en Krajina". E o goberno federal reaccionou dando instrucións ao Exército para que se encargase de desarmar as organizacións paramilitares e ordenando a busca e captura de Martin Spegelj, por importación ilegal de armas. Días despois, o parlamento croata decidiu que as leis federais non serían válidas na súa república.

As escaramuzas sucedéronse, salferidas de mortos, ante uns dirixentes políticos impávidos que só alentaban o nacionalismo radical. De nada serviu unha reunión celebrada en Split con asistencia dos seis presidentes das repúblicas e os dous das rexións ex autónomas. A máis mortos, maiores tensións étnicas.

Pero o golpe final deuno Milošević que, sectariamente, ao contar con catro dos oito votos da presidencia colexiada (os de Serbia, Voivodina e Kosovo, que controla directamente, máis o do seu aliado Montenegro, república habitada por serbios), veta o nomeamento de Presidente da República do croata Stjepan Mesić, ao que lle correspondía asumir, por orde rotatoria, o 12 de maio esta presidencia. Iugoslavia queda sen presidente durante varios meses e, por tanto, sen xefe das forzas armadas. Cando por fin Milošević levanta o veto, xa é demasiado tarde.

A guerra de Croacia

editar
Artigo principal: Guerra de Croacia.

Esta acefalia da República é aproveitada por Milošević, coa axuda de militares serbios adictos, para separar do exército ou condenar ao ostracismo os mandos non serbios ou montenegrinos, incluído o propio ministro de defensa, que era croata. O Secretario de Estado norteamericano, James Baker, visitou Iugoslavia coa intención de evitar a inmediata guerra. Ao finalizar a súa estancia, o 21 de xuño de 1991, declarou que o seu país apoiaba a unidade e a democratización de Igoslavia, e que non recoñecería ningún acto unilateral de separación.

 
Zonas poboadas por serbios en Croacia (segundo o censo de preguerra de 1991).

Pero a comunidade internacional esperara demasiado e xa era tarde. Catro días despois, Eslovenia e Croacia declaráronse independentes. Aos dous días os blindados do "Exército Federal" atravesaron Croacia para chegaren a Eslovenia e tomaren os postos fronteirizos instalados ás présas polos eslovenos. Comezara a loita armada nesta república. Por fortuna, duraría menos de dúas semanas debido, fundamentalmente, á homoxeneidade da poboación e á desastrosa actuación do exército federal, incluídas desercións en masa de soldados non serbios. O 18 de xullo, a presidencia iugoslava decidiu retirar ao exército de Eslovenia no prazo de tres meses.

Mentres tanto, os combates sucedíanse en Croacia. O presidente croata, Tudjman, chamaba á poboación a fin de que se preparase para a guerra xeneralizada. Os tiroteos entre croatas e a minoría serbia non cesaran desde comezos do ano, e nos enclaves de Krajina e Eslavonia os serbios valíanse da súa preponderancia para formaren gobernos secesionistas da, á súa vez, secesionista Croacia. O expansionismo panserbio de Belgrado axudábaos de bo grao, subministrándolles armamento do exército federal.

O papel mediador e aglutinador que podería desempeñar o exército durou moi pouco. En escaso tempo produciuse nos cuarteis unha deserción masiva de xefes, oficiais e soldados croatas e eslovenos (tamén macedonios), mentres que aqueles xefes destas nacionalidades considerados como "iugoslavistas" eran marxinados, como quedou dito máis arriba. A oficialidade serbia considerouse entón a salvadora da unidade de Iugoslavia, aliñándose co goberno de Belgrado. Decidiron permanecer nos seus cuarteis para protexer a poboación serbia do posíbel xenocidio croata.

 
A torre da auga de Vukovar, un dos primeiros edificios destruídos na guerra.

O goberno de Zagreb, ao igual que antes fixera o esloveno, procedeu a bloquear os cuarteis e a cortarlles as subministracións de auga, luz e alimentos. Esta decisión proporcionou unha nova misión e escusa aos xenerais serbios do exército federal: a misión, desbloquear os recintos militares, e a escusa, iniciar para iso o bombardeo das cidades onde xa non había poboación serbia que protexer, pero si compañeiros de armas. O cambio de táctica militar significaba, nin máis nin menos, que a extensión da guerra e ocasionou, á súa vez, un radicalismo nacionalista nos gobernos croata e serbio. Iso supuxo unha freada en seco ao desenvolvemento da incipiente democracia que ambas as repúblicas iniciaran.

 
Mapa estratéxico do plan de ofensiva do Exército popular iugoslavo (JNA) en Croacia, 1991.

O caso é que o xiro militar levou a Serbia a unha nova estratexia política. En vista da marcha dos acontecementos do verán de 1991, os gobernantes serbios deron xa por sentada a independencia croata. Era o momento de crear a Gran Serbia. Historicamente os serbios sempre pretenderon buscar as fronteiras alí onde se asentaban os últimos grupos da súa etnia, aínda que estivesen en exigua minoría. Ao contrario que os croatas, para os que sempre o decisivo era o territorio. Así que Belgrado decidiu construír unha nova Iugoslavia, marcar as fronteiras para que todos os serbios habitasen baixo un só estado e, por tanto, loitar para incorporar as zonas de Krajina e Eslavonia, onde o territorio cae do lado croata, pero a poboación conta con minorías serbias. (De Bosnia aínda non se falaba, pois considerábase parte desa nova Iugoslavia, o mesmo que Montenegro, Macedonia e as rexións ex autónomas de Voivodina e Kosovo, esta última co só un 10% de poboación de orixe serbia).

A extensión da guerra ocasionou o auxe do nacionalismo radical, alimento esencial do fascismo. Pronto aparecen en Serbia e Croacia partidos e organizacións paramilitares deste cariz, que os gobernantes non só toleran senón que ven con agrado ou, polo menos, en silencio, porque serven aos seus propósitos, antes totalizadores que democráticos. Cando comezan os conflitos, tanto Tudjman como Milošević consultan rara vez ao parlamento e, gradualmente, van aumentando o control sobre a actividade política e, por riba de todo, a televisión. En Zagreb e en Belgrado, intelectuais e disidentes do fervor nacionalista e contrarios á guerra teñen que optar entre o silencio ou marchar do país.

O resultado foi que o exército iugoslavo (onde gran parte da oficialidade era de orixe comunista -e serbia-), defensor do Estado, percibía que o conflito bélico estaba acabando coas institucións federais: primeiro, a Liga dos Comunistas; logo, a presidencia rotatoria; a continuación, o Parlamento e, finalmente, o goberno. Pero todo sucedía a tal velocidade que, antes de acabar o ano 1991, os militares encontrábanse loitando por un Estado que na práctica xa non existía. Só lles quedou aproveitar a súa indubidábel superioridade para reducir o territorio independente de Croacia. Pero tras as desastrosas operacións e os vergonzosos fracasos das primeiras semanas de combate, máis de 30 xenerais foron destituídos. O exército repregouse cara a Serbia, Bosnia-Hercegovina e Montenegro.

Bosnia, pola súa posición central no mapa e a súa extensión xeográfica, resultaba clave para o mantemento dunha Iugoslavia co resto das repúblicas e, militarmente, era vital porque no seu territorio estaba instalado o 80% da industria militar.

Independencia de Bosnia. A CE cambia de plans

editar

Organizada pola Comunidade Europea, o 7 de setembro de 1991 comeza a Conferencia da Haia, presidida por Lord Carrington, para tratar o problema da paz en Iugoslavia. Esta Conferencia de Paz inicia unha serie de reunións con serbios e croatas. Lord Carrington séntaos á mesa, pero a tinta da sinatura dos sucesivos alto o fogo aínda non se secara, cando xa volvían a soar as armas. Nin Croacia nin Serbia os respectaban porque non lles interesaba: pretendían seguir coa guerra na confianza de gañar máis polas armas que na paz. Referendos e votacións parlamentarias de secesión se suceden en todas as repúblicas. O 15 de outubro os parlamentarios croatas e musulmáns de Bosnia-Hercegovina aproban un documento do presidente Alija Izetbegović, musulmán, sobre a independencia da república. Os parlamentarios da minoría serbia (un 31% da poboación) abandonan a sesión.

 
Lord Carrington.
 
Cyrus Vance.

Na Haia (12 de outubro), os países occidentais elaboran unha Declaración. Agora, á vista das circunstancias e da marcha do conflito, propoñen que se recoñezan as repúblicas que se consideren soberanas, sempre que protexan os dereitos humanos e respecten os dereitos das minorías. Días máis tarde, en Bruxelas, os ministros de Asuntos Exteriores da CE aproban sancións económicas contra Serbia se antes do 4 de novembro non acepta as propostas de Lord Carrington. Neste novo documento, suprímese xa a posibilidade dunha volta ao status autonómico anterior ao ano 1990 como solución. Nin a política internacional do pau e a cenoria serve para frear a guerra. O 20 de novembro, despois de tres meses de asedio, a cidade croata de Vukovar, no oriente da rexión de Eslavonia, cae en mans dos serbios. Tras unha visita a Belgrado de Cyrus Vance, enviado especial do Secretario Xeral da ONU, o 27 de novembro apróbase unha resolución do Consello de Seguridade das Nacións Unidas sobre o envío de forzas de pacificación a Iugoslavia.

Tanta crueldade, con centenares de persoas mortas, milleiros de desprazados e cidades arrasadas, somerxe aos europeos na desilusión e comezan os nervios por acabar cos desastres como sexa. Vaise impoñendo o punto de vista de rematar o conflito canto antes. Que facer cando uns queren manter a unidade do país pola forza e outros acceder á independencia tamén pola forza? A CEE parece chegar a unha conclusión: xa que a paz non é posíbel nun novo marco de unidade libre, quizais abonde coa separación. Así que a Comunidade Europea imprime un xiro á súa política. Entra nunha segunda fase e decide abandonar o debilitado goberno federal e negociar cos novos homes fortes, os presidentes das distintas repúblicas. En definitiva, a CEE, á vista do seu fracaso anterior, aposta agora por alcanzar a ansiada paz pola vía do desmembramento. Alemaña advirte que, aínda que sexa pola súa conta, está disposta a recoñecer rapidamente a Croacia e Eslovenia.

O 16 de decembro de 1991, os ministros de Asuntos Exteriores da Comunidade, reunidos de novo en Bruxelas e presionados por Alemaña, acordan recoñecer como Estados independentes as repúblicas iugoslavas que o soliciten antes do prazo dun mes, sempre que se comprometan a solucionar os seus problemas pola vía pacífica dentro do marco da Conferencia de Paz sobre Iugoslavia. Esta decisión non pacificou o país senón que, polo contrario, trasladou o conflito de lugar.

Cando por enésima vez, o 3 de xaneiro de 1992 se firma outro alto ao fogo entre Croacia e Serbia, o cansazo da guerra, a desmoralización cidadá, farta dunha loita á que non ve saída e que comeza a volverse contra os seus respectivos dirixentes, máis a presión internacional, promoven finalmente o respecto á paz.

O 15 de xaneiro, ao rematar o prazo dado pola Comunidade Europea, Eslovenia, Croacia, Macedonia e Bosnia-Hercegovina piden o seu recoñecemento como Estados independentes. Montenegro non o fai e Serbia non o solicita porque pretende herdar a lexitimidade internacional de Iugoslavia e conservar os territorios de Croacia, que controla, aproximadamente un terzo, a través dos serbios de Eslavonia e Krajina, que aínda manteñen enfrontamentos armados esporádicos coas forzas croatas. Para acabar cos focos de loita nestes enclaves, o 1 de febreiro o Consello de Seguridade das Nacións Unidas decide, en votación unánime -Resolución 743-[115] o envío de 14 000 cascos azuis. Pacificábase unha república, pero pronto outra comezaría a arder en chamas.

A guerra de Bosnia. Campos de concentración. Limpeza étnica

editar
Artigo principal: Guerra de Bosnia.

O goberno de Bosnia-Hercegovina (musulmáns e croatas) convoca un referendo sobre a independencia o 29 de febreiro. A poboación serbia boicotéao coa abstención. Votou o 57% do censo, co resultado do 99% a favor. Pero aínda non se pecharan as urnas cando en varias cidades os serbios bosníacos xa levantaban algunhas barricadas, e os francotiradores dunha e outra etnias ocasionaban algúns mortos.

 
Alija Izetbegović.

Ao día seguinte unha parella de mozos serbios de Saraxevo, capital da república, decidiran casar e, como é costume nas vodas da zona, as bandeiras nacionais e a pólvora de vellas escopetas que disparan ao aire amenizaron o cortexo. O banquete era en pleno centro da cidade. A voda, allea á política e fixada con moita antelación, elixira un restaurante da zona musulmá. Ás 4 da tarde, dous musulmáns e un croata ametrallaron os comensais. Ás tres horas, os serbios, provistos de armas, percorreron a cidade disparando. Cada etnia levantou barricadas para protexer os seus barrios. Os musulmáns chamaron no seu auxilio aos da rexión do Sandjak de Novi Pazar, coñecidos pola súa fereza e odio aos serbios.

Cando ese mesmo día se deu a coñecer o resultado do referendo, os disparos das metralladoras e o sangue nas rúas de Saraxevo auguraban o que ía pasar. O líder dos bosníacos serbios, Radovan Karadzić, vaticinaría ao día seguiente: "Temo que xa é tarde para evitar unha guerra interétnica e relixiosa. Cualquera tipo de recoñecemento da independencia de Bosnia-Hercegovina faría arder Iugoslavia e os Balcáns". A presidencia da república, en reunión de emerxencia, fixo pública unha nota chamando á calma e anunciando que detería aos autores do ametrallamento dos comensais da voda serbia.

Para os iugoslavos, Bosnia sempre foi unha Iugoslavia en pequeno, o espazo onde vivían en harmonía musulmáns, serbios e croatas. Os musulmáns, descendentes dos eslavos convertidos ao islamismo durante a dominación turca, significaban o 40% da poboación, pero territorialmente apenas ocupaban a quinta parte dos 51 129 km2 da república. Vivían nas cidades e dedicábanse preferentemente ao comercio, os negocios e o traballo asalariado. Polo contrario, os serbios eran menos, o 31%, pero unha maioría deles eran campesiños e as súas granxas, terras e pobos significaban as dúas terceiras partes do territorio. Os croatas, o 18%, poboaban esencialmente a zona limítrofe con Croacia.

Este repartimento xeográfico resulta clave para entender a extensión da guerra e para explicar os motivos da chamada limpeza étnica. Todos os conflitos importantes estalaron naquelas zonas onde se rozaban poboacións duns e outros. O gañador creaba campos de internamento coa poboación contraria co fin de previr a eventualidade de ter potenciais inimigos ás súas costas. Armas para intimidar ou para matar non faltaban.

A Iugoslavia de Tito establecera desde o principio dous chanzos clave para a defensa do territorio. O mariscal preparara militarmente o país por se á URSS ou aos EUA lles daba por invadilo a causa dalgunha tensión extrema durante a época da guerra fría. O primeiro chanzo era o Exército Federal, sempre ben equipado e cunha oficialidade malcriada e privilexiada. O segundo chanzo compoñíano as Milicias. Cada comunidade, cada vila e atá cada fábrica dispoñían de armamento e persoal adestrado. Formaban a chamada Defensa Territorial que, sumada ao Exército, constituían o que se denominaba Defensa Integral Total.[116]

Cando comezou o proceso de desintegración do país, os compoñentes da Defensa Territorial de cada nacionalidade convertéronse no futuro exército desa república, ao que se sumou gran parte da oficialidade que nacera alí. Soldados, xefes e oficiais croatas e eslovenos pasáronse con armas e bagaxe a defender as súas respectivas nacións. Até 200 oficiais bosníacos de orixe musulmá desertarían contra finais de abril do 92, para ingresar na Defensa Territorial de Bosnia-Hercegovina.

Os serbios de Bosnia constituíron tamén a súa propia Defensa Territorial pero, sobre todo, contaron co apoio, o material e o armamento pesado do Exército Federal. O presidente iugoslavo, Dobrica Cosić, diría no parlamento durante a toma de posesión do novo xefe de goberno, o serbio-americano Milan Panić (14 de xullo), que o Exército Federal, ao abandonar Bosnia poucos días antes, entregara ás forzas irregulares serbo-bosníacas 24 avións de combate, 20 helicópteros, 300 tanques, 231 pezas de artillaría e outras armas para a infantaría. Pola súa parte, o lado musulmán apoderouse do seguinte arsenal bélico, tamén pertencente ao Exército Federal: 231 tanques, 27 lanzamísiles, 300 fusís e numerosas armas curtas.

 
Territorios controlados polas forzas serbias na guerra de Bosnia (1992-1995).

Á parte destes exércitos, máis ou menos regulares e cunha liña de mando obediente ao seu respectivo goberno, en Bosnia -como ocorría no resto da Iugoslavia en descomposición- operaban forzas paramilitares. Organizacións irregulares, unhas veces relacionadas con algún partido político extremista e outras constituídas por grupos armados que actuaban pola súa conta baixo as ordes dun líder particular. A prensa chegou a contar o caso de Ljubo Delić, un campesiño que vendeu a súa colleitadora para comprar un tanque a uns militares e facer a guerra pola súa conta, sen que ninguén o mandase. Pero máis perigosos que este exaltado agricultor eran os grupos paramilitares consentidos tacitamente polas autoridades. Dous exemplos. Os chetniks serbios de Zeljko Raznatović, Arkan, un pasteleiro de Belgrado (con contas pendentes coa xustiza sueca por atraco, anos atrás) que mobilizou máis de 1 000 homes, a Garda Serbia de Voluntarios, que entrou en combate en Croacia e despois en Bosnia. Os ustaše croatas, ás ordes do seu líder, Dobroslav Paraga, de non menor crueldade durante a guerra de Croacia e despois con actuacións, así mesmo, en Bosnia. Tales formacións tiñan mentalidade fascista, ultranacionalista e fundamentalista relixiosa.

Calcúlase que os gobernos de Bosnia, Croacia e Serbia controlaban a menos da metade das forzas que combatían no seu nome. A guerra civil de Bosnia convertérase así nunha explosiva mestura de guerra de relixión, de nacionalidade, de odios ancestrais e até de axuste de contas.

Mentres en Saraxevo (600 000 habitantes) as barricadas e os tiroteos anunciaban ao final do inverno o preludio da guerra en Bosnia, a república de Croacia aínda non estaba pacificada. O 5 de marzo chegou o primeiro continxente dos 14 000 cascos azuis enviados polo Consello de Seguridade das Nacións Unidas (UNPROFOR) co obxectivo de interpoñerse en toda a franxa croata dominada polos seus habitantes serbios da Krajina e Eslavonia. As forzas da ONU estableceron o seu cuartel xeral en Saraxevo coa intención de calmar no posíbel aquela latente polvoreira.[117]

O 6 de abril a Comunidade Europea, sen agardar a un posíbel entendemento mínimo entre as tres etnias, decidiu recoñecer oficialmente a Bosnia-Hercegovina como país independente. A alegría dos musulmáns só foi comparábel á irritación dos serbios, que esa mesma noite responderon á CE declarando a República Serbia de Bosnia-Hercegovina. Á mañá seguinte, a contestación, á súa vez, do goberno de Saraxevo: o presidente Izetbegović facía un chamamento aos cidadáns para que se incorposen á Defensa Territorial. O Exército Federal axudaba sen disimulos aos serbios bosníacos. A guerra civil en Bosnia comezara. Os cascos azuis non quixeron andar en leas e retiraron as súas forzas (uns 250 militares) da capital bosníaca, instalando o cuartel xeral en Belgrado. En Saraxevo quedou un pequeno número de observadores, ao que meses despois se sumarían uns mil soldados da ONU para protexeren o aeroporto.

O recoñecimento europeo ás repúblicas secesionistas acabara con Iugoslavia. Alemaña xogou un papel clave neste proceso de apoiar, sobre todo, a independencia de Croacia. Hans Dietrich Genscher, ministro alemán de Asuntos Exteriores, foi o promotor. Ante os sucesos de Bosnia, declarou que "o mundo tivo demasiada paciencia con Belgrado no pasado". O 27 de abril, Serbia e Montenegro proclamaron a nova República Federal de Iugoslavia e, un mes despois, Croacia, Eslovenia e Bosnia-Hercegovina foron admitidas na ONU.[118]

O terríbel bombardeo serbio desde os outeiros sobre Saraxevo duraba xa días, pero ninguén podía predicir que se alongaría durante meses. A presión internacional centrábase sobre a agresividade expansionista de Serbia. A Comunidade Europea facía unha declaración pública (11 de maio) advertindo que non recoñecería a nova Iugoslavia e cualificaba de exército de ocupación as forzas ex-federais en territorio de Bosnia. O 30 de maio, a ONU decretou o embargamento internacional a Serbia e Montenegro, segundo a súa resolución 757.[119] Ao día seguinte, mentres se celebraban eleccións parlamentarias, a oposición manifestábase en Belgrado, tamén contra o goberno, pero apenas se logrou reunir a 50 000 persoas. Un mes despois, coa gasolina racionada e escaseza dalgúns produtos como fariña, azucre ou café, outra nova manifestación contra o presidente Milošević reuniu a 100 000 persoas. Pero a oposición, moi dividida e sen liderado, carecía de forza.

Véxase tamén: Campos de concentración.

Oficialmente o Exército federal retirouse de Bosnia, pero a guerra estendeuse por todo o territorio. A comezos de xullo celebrouse en Helsinqui o cumio da Conferencia sobre Seguridade e Cooperación en Europa, á que acudiron 50 xefes de Estado e de goberno.[120] Á nova Iugoslavia non se lle permitiu a entrada e quedou suspendida á súa pertenza a este organismo até o 14 de outubro, aínda que a sanción podería prolongarse se non colaboraba coas misións de investigación. O presidente do goberno español, Felipe González, diría no seu discurso de Helsinqui: "Afastámonos do risco dunha ameaza global, pero estámonos acercando ao perigo dunha proliferación de conflitos locais. Europa, que coñeceu os efectos devastadores da exaltación nacionalista, non pode esquecer as leccións da historia".[121]

España, e quizais algún outro país europeo, comezaba a distanciarse da postura alemá e a arrepentirse de deixarse arrastrar en xaneiro a un precipitado recoñecemento das repúblicas balcánicas. Nunha rolda de prensa, ao finalizar o Cumio, o presidente González dixo que esa decisión foi "adecuada, pero que non tiña a convicción de que ese era o camiño para resolver a cuestión. Non estaba convencido -engadiu- de que ese mecanismo fose operativo, pero algo había que facer e por iso dei o meu acordo". O presidente ruso, Boris Eltsin, utilizaría tamén a tribuna de Helsinqui para advertir que "de seguir o camiño actual, os nacionalismos poden converterse na auténtica praga do século XXI".

Un memorando interno dos observadores da ONU en Croacia chegaba á sede de Nova York o 3 de xullo. No escrito comunicábase a existencia de campos de concentración, ao describir catro centros de detención serbios. Era a primeira vez que a expresión campos de concentración se refería ao continente europeo despois da segunda guerra mundial. Pero o asunto non transcendeu até que apareceron na prensa as primeiras imaxes. Entón volveu con todo o seu simbolismo e horror o recordo dos campos de concentración nazis.[122]

Ditos campos de prisioneiros, que ao principio se pensou que só eran serbios pero despois resultou que tanto musulmáns como croatas tamén dispoñían destes centros, servían para recluír non tanto a combatentes como a poboación civil, incluídos mulleres e nenos. Os nacionalistas servíronse deste procedimento para eliminar dos seus territorios as etnias en minoría. Unha limpeza inhumana que, en demasiadas ocasións, concluía co incendio de vivendas e propiedades. O escándalo internacional foi tan grande que serbios, musulmáns e croatas tiveron que acceder á inspección dos seus campos pola Cruz Vermella e outros organismos humanitarios. Chegaron a contabilizarse até 50 destes campos repartidos por Bosnia e en todo o mundo alzáronse voces pedindo a intervención directa de tropas de diversas nacionalidades. O Secretario de Defensa dos Estados Unidos, Richrad Cheney, preguntaba aos periodistas que o acosaban para que os Estados Unidos enviase soldados: "A cantos iugoslavos queredes que matemos para conseguir que deixen de matarse entre eles? Cantos soldados americanos estades dispostos a soportar que morran alí?" Non houbo máis resposta que o silencio porque o fantasma de Vietnam se estendía sobre os presentes.

Véxase tamén: Limpeza étnica.

No mes de agosto, o xeneral Lewis Mackenzie dicía que para pacificar Bosnia "pode que falemos dun millón de soldados. Os alemáns (referíase ás tropas de Hitler na Segunda Guerra Mundial) intentárono con 30 divisións e non o lograron". E en canto a quen culpaba do desastre respondía: "cando me preguntan a quen acuso, respondo que me digan en que día e en que mes, e entón contestarei. Á presidencia de Bosnia interésalle conseguir que os serbios se vinguen para convencer á comunidade internacional de que a intervención é unha boa idea. De modo que ás dúas partes".

Pola súa parte, noutra entrevista ao xornal londiniense The Independent, Lord Carrington, presidente da Conferencia de Paz sobre Iugoslavia, declaraba: "Respecto aos campos de detención, aínda que os serbios son os principais culpábeis, hai operacións de limpeza étnica en todas partes. En ocasións, foron os musulmáns os que provocaron os acontecementos. Hai probas diso. Da mesma forma que os croatas permaneceron tranquilos porque a presión é contra os serbios, pero eles mesmos fixéronse donos de gran parte de Bosnia".

Ante a crecente ameaza dunha invasión, o presidente da nova Iugoslavia, Dobrica Cosić, advertiría, o 8 de agosto, que, se se producía unha intervención militar estranxeira, se defenderían até o final: "Alemaña busca a hexemonía na rexión, e a Comunidade Europea, co dominio de Alemaña neste asunto, causou unha catástrofe en Iugoslavia co seu patrocinio do separatismo e a subversión das fronteiras estatais". Cinco días máis tarde, o Consello de Seguridade das Nacións Unidas autorizaba, na súa resolución 770, "que os seus Estados membros tomen todas as medidas necesarias para facilitar a subministración de axuda polas organizacións humanitarias a Saraxevo e a todas as demais zonas de Bosnia-Hercegovina en que sexa necesaria".[123] E na súa resolución 771 exixe ademais "que se dea ao Comité Internacional da Cruz Vermella e a outras organizacións humanitarias acceso inmediato, sen restricións e continuo, a campamentos, prisións e centros de detención dentro do territorio da ex Iugoslavia". Á par, condenaba enerxicamente toda violación do dereito humanitario internacional, incluídas as que entraña a práctica da limpieza étnica.[124]

Na última quincena de agosto, a visita dos organismos humanitarios aos campos e a apertura do aeroporto de Saraxevo para a chegada de avións con toneladas de alimentos e medicinas aliviaron a agonía da poboación civil. Porén, en todas as frontes seguía a loita con igual ou maior intensidade. Croacia, que o 22 de xullo firmara co presidente de Bosnia un acordo de amizade e cooperación que, de feito, formalizaba unha alianza política e militar de ambas as repúblicas en contra de Serbia, un mes despois dubidaba se conviña acercarse á tese serbia de repartirse o territorio.

Fin dos conflitos no norte e no oeste

editar

O primeiro dos conflitos, coñecido como a Guerra dos Dez Días ou guerra de independencia de Eslovenia rematou rapidamente mediante a negociación en Brioni, o 9 de xullo de 1991, cando Eslovenia e Croacia acordaron unha moratoria de tres meses sobre a secesión. O exército iugoslavo retirouse por completo de Eslovenia o 26 de outubro de 1991.[125]

O segundo conflito, a Guerra de independencia de Croacia demorouse máis. A súa solución comezou cando, en xaneiro de 1992 o Plan de Paz Vance-Owen determinou que a ONU tomaría o control dalgunhas zonas, o que acabou cos conflitos militares, aínda que até 1995 non se deterían definitivamente os ataques esporádicos de artillaría iugoslava sobre cidades croatas e as incursións ocasionais de forzas croatas en zonas baixo o control da ONU.[126]

Os combates en Croacia acabaron en 1995, despois de dúas operacións rápidas d o Exército Croata, de nome en clave Operación Flash e Operación Tormenta,[127] nas que conseguiron recuperar todo o seu territorio excepto a zona baixo control da ONU (UNPA) do Sector Leste. Todos os serbios destas zonas pasaron a ser refuxiados. O Sector Leste, controlado pola administración da ONU (UNTAES), foi reintegrado pacificamente a Croacia en 1998.

En 1994 os Estados Unidos xestionaron a paz entre Croacia e o Exército da República de Bosnia-Hercegovina. O masacre de Srebrenica e a ofensiva das tropas croatas en zonas baixo control serbio tras a Operación Tormenta provocou que os bosníacos perdesen zonas baixo o seu control, presionándose a todos os bandos para que deixasen as armas e negociasen un final á Guerra de Bosnia. A guerra acabou coa sinatura dos Acordos de Dayton o 14 de decembro de 1995.

Conflitos no sur

editar

En Kosovo, a República de Macedonia, e na propia Serbia, os conflitos caracterizáronse pola tensión política e étnica entre os gobernos eslavos e as maiorías albanesas que buscaban autonomía, ou independencia, como foi o caso de Kosovo. O conflito en Kosovo estalou nunha guerra a grande escala en 1999, mentres que os conflitos entre macedonios e serbios sureños caracterizáronse por choques armados entre as forzas estatais de seguridade e as guerrillas de etnia albanesa. Estes conflitos foron:

Guerra de Kosovo

editar
Artigo principal: Guerra de Kosovo.

O termo Guerra de Kosovo ou Conflito de Kosovo emprégase usualmente para describir dous conflitos armados e seguidos na sureña provincia serbia de Kosovo (oficialmente Kosovo e Metohija), parte da antiga Iugoslavia. En 2008 a provincia iugoslava autoproclamouse independente, cun mínimo recoñecemento internacional, co nome de República de Kosovo. Os dous conflitos foron:

 
Mapa de Kosovo.

1. 1996-99: Conflito de guerrilla entre os independentistas albaneses (o autoproclamado Exército de Liberación de Kosovo, UÇK, ou terroristas para os serbios) e as forzas de seguridade serbias e iugoslavas.
2. 1999: Guerra entre Iugoslavia e as forzas da OTAN entre o 24 de marzo e o 10 de xuño de 1999, período durante o cal as forzas da OTAN realizaron bombardeos continuos contra obxectivos iugoslavos. Os combatentes albaneses continuaron atacando äs forzas serbias e aos civís serbios de Kosovo, mentres que as forzas serbias continuaron atacando aos rebeldes e civís albaneses producindo unha limpeza étnica que culminou con desprazamentos masivos da poboación cara aos países veciños, onde se instalaron en condicións precarias, sen auga e alimentos, en campos de refuxiados.[128]

A tensión entre separatistas de orixe albanesa e o goberno central de Iugoslavia, liderado polo presidente nacionalista Slobodan Milošević aumentou ao longo de 1998. Guerrilleiros do UÇK [129] intensificaron as súas accións contra enclaves serbios e pasaron a controlar partes da provincia. A reacción de Belgrado despertou preocupación na comunidade internacional, con sospeitas de atrocidades por parte do exército iugoslavo.

 
Edificio do Exército en Belgrado destruído na Operación Forza Aliada.
 
Zona residencial bombardeada.

A pesar de que Milošević decretou o alto ao fogo en decembro daquel ano, a violencia continuou. Un grupo de contacto entre serbios, líderes da comunidade albanesa en Kosovo e representantes das principais potencias mundiais formouse para negociar un acordo de paz que puxese fin aos conflitos. O tratado prevía a autonomía de Kosovo, a retirada das forzas serbias da provincia e a presenza de tropas de paz, baixo o mando da OTAN, para verificar o acordo no caso de que entrase en vigor.

A reunión celebrada en febreiro de 1999, no castelo de Rambouillet, Francia, fracasou.[130] Os diplomáticos serbios aceptaban conceder autonomía a Kosovo,[131] pero foi rexeitado polos independentistas albaneses.[132] Inversamente, os serbios recusaban a presenza da OTAN no territorio, a cal era desexada polos albaneses.[133]

Despois de fracasaren as negociacións de paz sobre o conflito separatista, a OTAN atacou a Iugoslavia o 24 de marzo de 1999,[134][135][136] dando inicio á Guerra do Kosovo. A OTAN exixía que Milošević aceptase as bases do acordo de paz de Rambouillet.[137] A ofensiva comeza con ataques a obxectivos militares, pero a estratexia ampliou as accións contra estudos de televisión, pontes, fábricas e o sistema de electricidade de Serbia.

Logo de 79 días de bombardeos, o 3 de xuño de 1999, os líderes occidentais e Milošević chegaron a un acordo para o fin da guerra: as tropas serbias retiraríanse e permitiría o estacionamento dunha forza internacional de paz en Kosovo.[138] O 10 de xuño, a cúpula militar de Iugoslavia asinou o acordo para acabar o conflito.[139][140]

Despois da entrada das tropas da OTAN en Kosovo, instaurouse un goberno provisional, baixo tutela da ONU. A maioría dos soldados do exército iugoslavo deixou a provincia, e ao mesmo tempo os refuxiados de orixe albanesa iniciaron o retorno ao territorio,[141] e preto de 200 000 serbios fuxiron para a Serbia[142] por temeren represalias.[143]

Conflito en Macedonia de 2001

editar

O conflito en Macedonia de 2001, tamén coñecido como a insurxencia na República de Macedonia, foi un conflito armado iniciado en xaneiro de 2001 cando o ELN albanés comezou a atacar as forzas de seguridade macedonias. O conflito prolongouse até novembro do mesmo ano.

 
Mapa étnico da Macedonia, onde se representa en cor laranxa as rexións con poboación maioritariamente albanesa.
 
Zonas de conflito en Macedonia en 2001.

A principios de 2001, principalmente na fronteira de Macedonia co Kosovo administrado pola ONU, os insurxentes actuaron cun patrón similar ao observado en Kosovo a finais de 1997 e até 1998, segundo o cal pouco a pouco se foron facendo cargo dunha aldea tras outra. Estas accións foron inicialmente pacíficas, aínda que a poboación non albanesa foi obrigada a abandonar esas zonas.[144] Porén, en xaneiro e febreiro de 2001 comezaron as accións de combate contra as autoridades lexítimas.

O goberno nun primeiro momento non fixo nada en contra da situación, porque se lle asegurou que o que estaba a pasar non ía dirixido contra Macedonia. Satisfeitas coa explicación, as autoridades esperaron durante case dous meses, e daquela a situación estaba xa case fóra de control, tanto que o goberno, soprendido, foi incapaz de prever as consecuencias.[144]

En xaneiro de 2001 xurdiu un grupo autodenominado Exército de Liberación Nacional (ELN), atribuíndose a responsabilidade polos ataques contra as forzas de policía. Os líderes deste ELN, incluíndo a Ali Ahmeti e a seu tío, Fazli Veliu, eran todos da Macedonia Occidental. Afirmaron que as súas forzas contaban con "entre varios centos e millleiros" de combatentes armados. Porén, non recibiron o apoio de ningún dos dous principais partidos políticos albaneses. O goberno macedonio afirmou que os rebeldes eran en realidade membros da Exército de Liberación de Kosovo (UÇK), que se infiltraran no país. De feito, os combatentes do ELN consideraban a Kosovo como un "refuxio" onde poderían retirarse no caso de grandes accións de Macedonia na súa contra.[145]

Cando oito membros das forzas armadas de Macedonia foron asasinados en Vejce, os macedonios tomaron as rúas dalgunhas cidades, atacando e prendendo lume ás tendas propiedade de albaneses e ás mesquitas. Estes ataques tiveron lugar principalmente en Prilep, Skopje e Bitola.[146] Cidadáns macedonios en Prilep exixiron armas para atacaren as vilas veciñas poboadas por albaneses despois de que dez macedonios e xitanos fosen asasinados nunha emboscada.

Despois do acordo de Ohrid, os rebeldes acordaron o cesamento das accións armadas, en xuño, aínda que houbo outros acordos en agosto, antes de concluír nun definitivo en xaneiro de 2002. No marco do acordo de Ohrid, o goberno macedonio comprometeuse a mellorar os dereitos da poboación albanesa. Estes dereitos inclúen facer da lingua albanesa a segunda lingua oficial, e o aumento da participación dos albaneses nas institucións gobernamentais, a policía e o exército. A parte albanesa acordou renunciar a calquera demanda separatista e recoñecer plenamente todas as institucións de Macedonia. Ademais, segundo este acordo, o Exército de Liberación Nacional debía desarmarse e entregar as súas armas a unha forza da OTAN.

A operación Essential Harvest comezou o 27 de agosto. Nesta misión de 30 días, participaron aproximadamente 3 500 soldados de Macedonia e da OTAN para desarmar o Exército de Liberación Nacional e destruír as súas armas. Apenas unhas horas despois de que a OTAN concluíse a operación, Ali Ahmeti, dixo nunha rolda de prensa que no bastión rebelde de Sipkovica estaba disolvéndose o Exército de Liberación Nacional e que era o momento da reconciliación étnica.

Pero varios meses despois do conflito, aínda persistían algunhas provocacións armadas. A máis grave ocorreu cando tres policías macedonios foron asasinados nunha emboscada tendida por homes armados de etnia albanesa o 12 de novembro de 2001.[147]

Conflito do sur de Serbia do 2001

editar
 
Concellos serbios envolvidos no conflito.

O conflito do sur de Serbia, tamén chamado conflito do val de Presevo foi unha loita entre o goberno federal iugoslavo e unha organización separatista albanesa coñecida como Exército de Liberación de Preševo, Medvedja e Bujanovac (UÇPMB), creada co obxectivo de anexionar esta zona do sur de Serbia a Kosovo, con vistas a unha posíbel independencia deste territorio, aínda que non necesariamente unirse a Albania.[148]

Despois do final da guerra de Kosovo de 1999, unha zona de tres millas cadradas, denominada Ground Safety Zone (GSZ) estableceuse entre Kosovo (gobernado polas Nacións Unidas) e o interior de Iugoslavia. As unidades do exército iugoslavo non tiñan acceso á zona, só a policía. A zona de exclusión incluía principalmente a vila albanesa de Dobrosin, pero non Presevo.[149]

En 2001, como unha continuación da crise de Kosovo, producíronse choques entre forzas de seguridade iugoslavas e guerrilleiros albaneses vinculados ao Exército de Liberación de Kosovo (UÇK). O obxectivo do movemento albanokosovar era tomar o control de Presevo e Bujanovac (e tamén de Medveda, fóra do val pero na mesma zona) e dominalos até que as terras adxacentes, Kosovo e Macedonia Occidental, tamén estivesen baixo control albanés. Isto debería permitir a gradual apertura das fronteiras.[150]

Fin dos confitos do sur

editar

A guerra en Kosovo terminou cos bombardeos da OTAN contra a República Federal de Iugoslavia,[151] aínda que posteriormente, en 2004 estalaron desordes xeneralizadas.

 
Torres da MINUK en Pristina.

Tras a derrota de Serbia, o Consello de Seguridade das Nacións Unidas adoptou a Resolución 1244 co fin de dar unha solución transitoria ao problema kosovar.[152] O territorio de Kosovo, aínda que se mantivo de iure como parte da República Federal de Iugoslavia, pasou a ser administrado de forma autónoma e provisional pola Misión de Administración Interina das Nacións Unidas en Kosovo (MINUK) mentres que a seguridade e estabilidade da zona e a conservación do alto ao fogo se encargou á forza multinacional KFOR. Pese a isto, realizáronse varios actos de vinganza por parte de albaneses contra a comunidade serbia, o que provocou o éxodo dos afectados cara á Serbia; aínda que as cifras varían segundo a fonte, son entre 65 000 e 250 000 os desprazados. Outros grupos de serbios formaron enclaves nalgunhas zonas do país, especialmente no sector ao norte do río Ibar.

Cos anos logrouse certa estabilidade en Kosovo, a excepción dunha vaga de violencia en 2004, rapidamente controlada. En 2001, a MINUK decidiu entregar parte do goberno á comunidade albanokosovar, formándose as Institucións Provisionais de Autogoberno ao abeiro do novo marco constitucional adoptado. Así, establecéronse a Asemblea de Kosovo, a presidencia e o cargo de primeiro ministro, para as cales se realizaron as primeiras eleccións nacionais en Kosovo a finais dese mesmo ano.

Segundo o establecido pola Resolución 1244, iniciouse un proceso destinado a lograr un acordo para o futuro status de Kosovo. Os representantes da República Federal de Iugoslavia (que en 2002 se converteu en Serbia e Montenegro, e que en 2006 sería representada unicamente pola República de Serbia) postulaban que a Resolución 1244 garantía que Kosovo seguise sendo parte íntegra do país con diversos graos de autonomía, mentres os líderes kosovares afirmaron que a única solución era a independencia. O 7 de outubro de 2005, a ONU recomendou ao Consello de Seguridade o inicio de conversacións para alcanzar un acordo sobre o status definitivo para a rexión, con base no informe elaborado polo enviado especial de Kofi Annan.

Os conflitos no sur de Serbia e na república de Macedonia terminaron con tratados de paz internacionalmente fiscalizados entre os insurxentes e o goberno, pero a situación en ambas as rexións segue a ser fráxil.[153][154]

As repúblicas ex-iugoslavas cara á Unión Europea

editar
Artigo principal: Alongamento da Unión Europea.

Eslovenia e Croacia

editar

Eslovenia asinou en xuño de 1996 un acordo de asociación coa Unión Europea, como paso formal previo ao seu ingreso como membro. Unha das condicións da UE (en particular, de Italia) foi a inclusión na constitución eslovena dunha cláusula que permitise aos estranxeiros adquiriren bens no país. Esta medida estaba motivada, en parte, pola perda de propiedades que cidadáns italianos sufriran despois de 1945 en territorio esloveno.

 
Janez Drnovsek, segundo presidente de Eslovenia, baixo o mandato do cal Eslovenia se integrou na UE (2004).

E o 1 de maio de 2004, Eslovenia, sen maiores dificultades, foi admitida no seo da Unión Europea xuntamente con sete países da Europa oriental (República Checa, Estonia, Hungría, Letonia, Lituania, Polonia e Eslovaquia, e mais as illas mediterráneas de Malta e Chipre, na que foi a maior ampliación en termos tanto humanos coma de territorio (pero a menor no tocante ao PIB). Porén, a natureza pouco desenvolvida destes países inquietou a algúns dos vellos membros da UE, que estableceron restricións nas viaxes e dereitos de traballo dos cidadáns do leste que fosen a estes países.

En xaneiro do ano 2007 Eslovenia tamén pasaba a formar parte da eurozona. E o 21 de decembro de 2007 asinou o Acordo de Schengen. Desde xaneiro de 2008 presidiu o Consello de Europa, converténdose no primeiro país do antigo bloque comunista en asumir dita responsabilidade.

O 1 de xaneiro de 2007 tivo lugar a sexta ampliación da UE ao ingresaren nela Romanía e mais Bulgaria,[155] países que segundo a Comisión Europea non estaban preparados para entraren no 2004. Ao igual cós países que ingresaron naquel ano, Bulgaria e Romanía sufriron algunhas restricións. A falta de progreso nalgunhas áreas fixo que a UE os avisase de que ían ser vixiados severamente en tres puntos críticos: a corrupción e o crime organizado, o uso dos fondos europeos e a seguridade alimentaria.[156]

Segundo a Unión Europea,[157] a sinatura do tratado de adhesión de Romanía e Bulgaria "completa a quinta ampliación da UE". Xaora, a ampliación do 2004 constituíu a primeira fase da Quinta ampliación. Elmar Brok, membro alemán do Parlamento Europeo e presidente do seu Comité de Asuntos Exteriores, engadiu "nós non pensamos que Croacia sexa parte da futura ampliación da UE. Croacia constitúe a derradeira ampliación en curso da ampliación segundo a fórmula de 10 máis 2 máis 1."

 
As bandeiras de Europa e Croacia, nun edificio do Ministerio de Asuntos Exteriores e Integración Europea, en Zagreb.

Croacia solicitara o ingreso na Unión Europea en 2003, e a Comisión Europea recomendou facela candidata oficial a principios de 2004. As negociacións de entrada comezaron en outubro de 2005, poñéndose en marcha tamén o proceso de investigación. Esperábase que Croacia se adherise ao redor do ano 2010, pero xurdiron algunhas dúbidas sobre a ampliación da UE despois do rexeitamento de Irlanda ao Tratado de Lisboa nun referendo.[158] Pero tras a aprobación e a entrada en vigor deste tratado este temor pasou,[159] e Croacia puido continuar, e finalizar, con éxito as negociacións.

Despois de Eslovenia, Croacia é quen mellor se recuperou da disolución de Iugoslavia e espera pasar a ser a segunda exrepública iugoslava en ser membro da UE. Ten unha economía de mercado estábel e está por diante de estados membros da UE como Polonia, Bulgaria e Romanía no que se refire ao PIB per cápita.

O intento de adhesión de Croacia foi posíbel debido á consolidación das institucións do país, reforma electoral, incrementos dos fondos para o Tribunal Constitucional e o Defensor do Pobo, e melloras nos dereitos das minorías e o retorno e integración de refuxiados. Así como a solución, na medida do posíbel, dalgúns temas de disputa como

  • a cooperación co TPII;
  • os desacordos fronteirizos con Eslovenia, e
  • a propiedade da terra.

Croacia tivo que extraditar a varios do seus cidadáns ao Tribunal Penal Internacional para a ex-Iugoslavia (TPII). As relacións de Croacia con este Tribunal eran un dos asuntos que requiría máis melloras, segundo a UE, o que fixo que a ratificación do Acordo de Estabilización e Asociación da UE con Croacia se detivese.

O Consello Europeo, no cumio do 20 de decembro de 2004, estableceu o 17 de marzo de 2005 como a data para comezar as negociacións de entrada, sempre que Croacia continuase cooperando co TPII. Pero o 16 de marzo, o día anterior ao do previsto para iniciar as reunións, a UE pospuxo o seu comezo porque o TPII avaliou os esforzos croatas para capturar ao xeneral fuxitivo Ante Gotovina, acusado polo TPII por crimes de guerra e crimes contra a humanidade, como inoportunos e insuficientes.

O 7 de decembro de 2005, a policía española arrestou finalmente a Ante Gotovina en Tenerife (coa axuda do goberno croata), que foi levado á Haia para ser xulgado por crimes de guerra. Co arresto de Ante Gotovina, o asunto do TPII semella estar por agora resolvido, xa que as negociacións de entrada comezaron despois de certificar a fiscal do Tribunal, Carla Del Ponte, de que Croacia cooperaba plenamente.

Croacia tamén debeu enfrontarse con temas fronteirizos que veñen de antigo con Eslovenia, disputas que ameazaban o apoio de Eslovenia á adhesión de Croacia. Desde que se escindiran da antiga Iugoslavia, as dúas ex-aliadas contra Belgrado non lograran determinar de común acordo a fronteira marítima, que non existía na ex-confederación.

 
Disputas territoriais no golfo de Trieste.

Eslovenia, en efecto, bloqueou o progreso de Croacia no seu acceso á UE, poñendo en cuestión o plan de Zagreb de concluír en 2009 o proceso, para entrar na UE en 2010 ou 2011. Liubliana alegaba que o facía porque nos documentos presentados a Bruxelas, Zagreb prexulgaba a solución do litixio fronteirizo bilateral no mar Adriático. Croacia insistía en que a baía de Piran (ou golfo de Piran) se dividise pola metade, mentres que Eslovenia consideraba que ten dereito a máis superficie, para poder ter unha saída propia ás augas internacionais.

Croacia insistía en que o caso se resolvese polo Tribunal da Haia, e consideraba que o veto de Eslovenia na UE era unha chantaxe que os seus veciños, "fríos e abusadores", utilizaban aproveitándose inxustamente da súa calidade de membro dos Vinte e sete. O comisario da UE para a ampliación, Olli Rehn, negociou unha solución que estaría mediada polo premio Nobel da Paz Marti Ahtisaari, expresidente finlandés. O intento dos nacionalistas eslovenos de impediren a planeada entrada de Croacia na OTAN o 3 de abril mediante a convocatoria dun referendo fracasou, xa que a iniciativa reuniu só 1 089 das necesarias 40 000 sinaturas eslovenas.[160]

 
Jadranka Kosor.
 
Borut Pahor.

O acordo asinado o 11 de abril de 2009 en Estocolmo entre os primeiros ministros de Croacia -Jadranka Kosor- e Eslovenia -Borut Pahor- compromete a ambos os dous países a unha arbitraxe organizada pola Unión Europea que deberá pór fin ao litixio. O acordo impide así mesmo que Eslovenia poida bloquear a Croacia no seu camiño á UE, coa que Zagreb planea concluír as negociacións de acceso en 2010 para entrar como membro de pleno dereito. Despois, o acordo presentouse aos dous Parlamentos para á súa ratificación. O acordo establece que o litixio será resolvido por un Tribunal de Arbitraxe formado por cinco expertos en Dereito internacional, tres deles dunha lista proposta por Bruxelas, que determinará a fronteira entre os dous países, a conexión de Eslovenia con mar a fóra e o réxime de navegación na zona fronteiriza.[161]

Finalmente, a libre adquisición de terreos polos estranxeiros era un asunto moi sensíbel en Croacia. Concirne particularmente aos italianos, especialmente en Istria. Mentres que esta mantén fortes vínculos culturais e históricos con Italia, os acontecementos en torno á segunda guerra mundial (cando Istria pasou do Reino de Italia á República Federal Socialista de Iugoslavia) gardan moita relación con este actual. Numerosos políticos italianos expresaron o seu descontento no referente á incapacidade dos italianos de poderen adquirir terreos en Croacia, considerándoo como un trato discriminatorio.

Croacia negou esta discriminación, sinalando que a lexislación croata dá o mesmo trato a todos os cidadáns da UE no que a este asunto se refire. A mediados de 2006, Croacia e Italia puxéronse de acordo e agora os cidadáns italianos poden comprar terreos en Croacia e viceversa.

Resolvidos, ou encamiñados cara á solución, estes problemas, as negociacións para a entrada de Croacia na UE remataron o 30 de xuño de 2011, polo cal entraría a formar parte da UE o 1 de xullo de 2013.[162] Finalmente, o 9 de decembro de 2011 produciuse a sinatura do tratado de adhesión e Croacia converteuse, efectivamente, o 1 de xullo de 2013 no 28º membro da UE. "Hoxe Croacia volve ao grupo das nacións europeas, unha familia á que sempre pertenceu", declarou a primeira ministra do país, Jadranka Kosor, no seu discurso durante a cerimonia celebrada en Bruxelas.

Tras a firma por parte de todos os líderes europeos, o goberno de Zagreb organizará un referendo nos primeiros meses do ano 1012 para que os croatas dean a súa aprobación ao ingreso na UE, mentres que o resto de Estados membros procederá á ratificación pola vía que marca cada lexislación nacional. Así Croacia será, despois de Eslovenia, o segundo país da antiga Iugoslavia que ingresa na Unión Europea. A partir de xaneiro do 2012 comezará a asistir aos cumios e reunións ministeriais en calidade de observador.[163] .[164]

O 22 de xaneiro de 2012 os croatas celebraron o referendo de adhesión que, con escasa participación (o 43,58%, moi inferior á rexistrada nas eleccións lexislativas celebradas en decembro de 2011), foi aprobado polo 66% dos cidadáns.[165]

O Tratado de adhesión, asinado en decembro por Croacia, necesita, de todos os xeitos, ser ratificado por cada un dos 27 Estados membros da UE para concluír a entrada do país no bloque europeo o 1 de xullo de 2013.

Unha vez adherida á Unión Europea, Croacia contará con sete votos no Consello, dun total de 352. Requiriranse polo menos 260 votos para adoptar lexislacións por maioría cualificada. O croata recoñecerase como lingua oficial da UE, e todas as actas da UE redactaranse igualmente en croata.[166]

Bosnia e Hercegovina

editar

A adhesión de Bosnia e Hercegovina á Unión Europea enfróntase a moitos problemas económicos e políticos. O país veu realizando progresos lentos, pero seguros, incluída a cooperación co Tribunal Penal Internacional para a ex Iugoslavia da Haia.

As negociacións sobre un Acordo de Estabilización e Asociación coa UE -o primeiro paso antes da adhesión- comezou en 2005 e orixinariamente esperábase o seu peche a finais de 2007.[167] As negociacións chegaron a un punto morto debido a un desacordo sobre a reforma policial. O acordo iniciouse o 4 de decembro de 2007 e, despois da aprobación das reformas da policía en abril de 2008, asinouse o 16 de xuño de 2008.[168][169] Javier Solana sinalou que Bosnia e Hercegovina podería chegar a ser candidato á UE na primavera de 2009.

Montenegro e Macedonia

editar

A Comisión Europea, no seu informe sobre a Estratexia de ampliación 2011-2012, demandou aos nove países que aspiran a entrar na Unión Europea un compromiso claro con respecto á liberdade de expresión e á independencia dos medios de comunicación. Mentres destaca os avances que está facendo Montenegro, advirte á República de Macedonia (e sobre todo, a Turquía), que non poden seguir con actuacións que embazan a súa consideración dos xornalistas e os medios. Bruxelas ve como unha "fonte de preocupación" que haxa nacións candidatas a formaren parte da UE que non respectan debidamente a liberdade de información e comunicación.[170]

Serbia

editar

O acceso de Serbia á Unión Europea depende de importantes factores. Mentres que tanto o goberno serbio como a Unión Europea están de acordo na posibilidade de que este país pase a formar parte da Unión, a necesidade dunha reforma interna en Serbia significa que este país non pasará a integrarse antes de 2015. Serbia non está aínda recoñecida como país candidato, xa que só é un "candidato potencial".

O 7 de novembro de 2007, iniciou os trámites do Acordo de Estabilización e Asociación (SAA) coa Unión Europea. Á sinatura do SAA opuxéronse os gobernos dos Países Baixos e Bélxica. Božidar Djelić asinou o SAA o 29 de abril de 2008. Vojislav Koštunica, primeiro ministro de Serbia, dixo o 1 de maio que o ministro de Asuntos Exteriores ruso, Sergéi Lavrov, estaba de acordo cando el dixo que o SAA tiña que firmarse. Pero un día despois, o 2 de maio de 2008, xurou que anularía o tratado despois das eleccións, xa que consideraba unha trampa, o Tratado de Solana e a sinatura de Tadić-Djelić.

Despois das eleccións parlamentarias serbias de 2008, o novo parlamento renovouse considerabelmnente, e os políticos que se opoñían ao SAA foron desbancados. O novo primeiro ministro serbio, Mirko Cvetković, anunciou que "unha das primeiras accións do novo goberno sería presentar a ratificación do SAA coa Unión Europea ante o parlamento".

A condición esencial imposta polo máximo organismo comunitario ao goberno serbio para o seu ingreso na Unión era a captura e entrega ao Tribunal Penal Internacional para a ex Iugoslavia dos presuntos criminais de guerra Ratko Mladić e Goran Hadžić, que se supoñía que se ocultaban en territorio serbio.

O 22 de decembro de 2009, o presidente Boris Tadić presentou oficialmente a solicitude de ingreso de Serbia na Unión,[171] referendado pola captura de Mladić o 26 de maio de 2011 e de Hadžić o 20 de xullo do mesmo ano.

Os socios europeos atrasarán até marzo de 2012 a designación de Serbia como país candidato para incorporarse á UE, segundo un borrador das conclusións que se presentarían ao termo do cumio, o que posporá até a próxima reunión de xefes de Estado e de Goberno nesa data, pese á recomendación favorábel enviada pola Comisión Europea.

Serbia logrou a primeiros de decembro do 2011 un acordo con Kosovo para xestionar as fronteiras comúns, un paso importante na mellora das relacións entre ambos os países. A UE fixara este progreso como unha das condicións antes de outorgarlle o status de país candidato, pero considera que aínda se deben facer máis esforzos, xa que Serbia tivera nos últimos meses choques coas forzas da OTAN encargadas de garantir a orde no norte de Kosovo, a parte onde máis conflito existe.

A outra condición, alcanzada xa por Belgrado, era entregar o derradeiro prófugo reclamado polo Tribunal Penal Internacional para a Antiga Iugoslavia.[172][173]

O conflito de Macedonia e Grecia

editar

Co nome de disputa sobre o nome de Macedonia coñécese un conflito entre Grecia e a República de Macedonia causado polo desacordo entre os dous países polo uso do termo Macedonia. O goberno grego oponse ao uso de dita denominación por parte do goberno macedonio debido á ambigüidade que este termo crea entre a República de Macedonia e a rexión grega de Macedonia. Esta disputa intensificouse até o punto de requirir mediación internacional por parte da Organización das Nacións Unidas.

 
A República de Macedonia (en vermello) e a Macedonia grega (en verde).
 
Bandeira da República de Macedonia entre 1992 e 1995 co Sol de Verxina no centro.
 
Bandeira actual da República de Macedonia.
 
A bandeira azul coa estrela arxéada, usada na rexión grega de Macedonia.

Frecuentemente úsase a referencia provisional "Antiga República Iugoslava de Macedonia" (ARIM polas súas siglas en galego, FYROM polas siglas en inglés de Former Yugoslav Republic of Macedonia) por parte daqueles países que non recoñecen o nome constitucional República de Macedonia. Pese a iso, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas aceptará calquera conclusión que acabe coa disputa entre ambos os países.[174] O debate causado polas posturas de ambas as nacións involucrou a participación de políticos, académicos e medios de comunicación.[175]

Realizáronse toda unha serie de negociacións para a resolución da disputa, incluíndo o cumio da OTAN de 2008 en Bucarest. Porén, estes intentos de resolver a contenda fracasaron e impediron o ingreso de Macedonia na OTAN debido a obxecións por parte de Grecia.

Despois da independencia da República de Macedonia en 1991, atrasouse constantemente o seu ingreso na Organización das Nacións Unidas e na Comunidade Económica Europea (CEE) (despois de 1992, Unión Europea (UE), tras o Tratado da Unión asinado en Maastricht), pola oposición de Grecia. A CEE durante o Comité de Arbitraxe Badinter declarou que a República de Macedonia satisfacía as condicións para o seu recoñecemento internacional, aínda que o goberno grego declarou a súa inconformidade respecto a esta declaración polas súas diferenzas co goberno macedonio polo nome do país, a súa constitución a a súa bandeira (debido ao uso do símbolo do Sol de Verxina ou estrela arxéada, un símbolo propio da histórica rexión grega de Macedonia).[176][177]

Nun intento de invalidar a decisión do recoñecemiento internacional da República de Macedonia, o goberno grego intentou persuadir (infrutuosamente) á CEE para que aprobase un decreto de recoñecemento pero coa condición de vetalo, se sostiña "unha posición hostil cara a Grecia mediante o uso de propaganda e dunha denominación que implique reclamacións territoriais".[178]

Os máis importantes partidos políticos de Grecia acordaron o 13 de abril de 1992 que a palabra Macedonia non podería usarse no nome do novo país.[179] A diáspora grega nos Estados Unidos tamén apoiou a decisión do goberno grego por medio de anuncios nas edicións do New York Times entre o 26 de abril e o 10 de maio de 1992 que exhortaban ao presidente George Bush a "non ignorar as inquedanzas do pobo grego recoñecendo a República de Skopie como Macedonia".[180] Como consecuencia, o Consello Europeo en 1992 expresou a súa disposición de "recoñecer a Antiga República Iugoslava de Macedonia e as súas fronteiras (...) baixo un nome que non incluíse o termo Macedonia".[181]

Macedonia intentou ingresar na ONU o 30 de xullo de 1992, pero só uns poucos países como Bulgaria e Turquía recoñeceran o seu nome constitucional antes da súa admisión na ONU, en 1993.[182] O estalido na rexión da guerra de Bosnia, ocorrida en Bosnia e Hercegovina e Croacia, obrigou á comunidade internacional a acelerar a estabilización de Macedonia. O conflito motivou o envío da misión de paz por parte da UNPROFOR en decembro de 1992 para evitar posíbeis violacións das fronteiras por parte de Serbia.[183][184] Grecia e a República de Macedonia estableceron un acordo provisional firmado en Nova York o 13 de setembro de 1995 con mediación da ONU. Baixo este convenio, a República de Macedonia retirou o símbolo do Sol de Verxina da súa bandeira, así como as cláusulas da súa constitución de 1991 que fomentaban o irredentismo.[185]

Este compromiso permitiu a integración da República de Macedonia en varios organismos internacionais como o Consello de Europa, a Organización para a Seguridade e a Cooperación en Europa e a Asociación para a Paz.[186] Así e todo, non houbo un consenso en identificar a cada un dos países polo seu nome, o que evitou o rexeitamento dos representantes gregos a usar o termo Macedonia para referirse a este país.[187] Finalmente o acordo fíxose efectivo o 15 de outubro de 1995, e Grecia levantou o embargamento económico a Macedonia.

Porén, o diferendo segue sen resolverse, e aínda en outubro de 2010 o presidente do Consello Europeo Van Rompuy pedía, nunha visita a Skopje unha solución ao litixio sobre o nome de Macedonia.[188]

O contencioso de Kosovo, persiste

editar

Como vimos, segundo o establecido pola Resolución 1244 do Consello de Seguridade da ONU, en Kosovo establecérase un proceso destinado a lograr un acordo para o seu futuro status. Pero o goberno de Serbia entendía que dita resolución garantizaba que Kosovo seguiría sendo parte íntegra do país, mentres os líderes kosovares afirmaron que a única solución era a independencia.

Os serbios que viven no norte de Kosovo opóñense a calquera extensión da soberanía de Kosovo, que proclamou de forma unilateral a súa independencia en 2008, e acusan ás misións internacionais de sairse do seu mandato de neutralidade e axudar a Pristina a estender a súa autoridade na zona.

 
Mapa étnico de Kosovo:     Albaneses     Serbios     Xitanos     Bosníacos     Goranis     Turcos     Outras

Desde 1999 até a súa secesión foi administrada pola ONU de xeito interino, como resultado da derrota do exército serbio na Guerra de Kosovo, como vimos. A misión KFOR da OTAN aprobouse co obxectivo de evitar as represalias e ataques entre as poboacións de etnias serbia e albanesa. A pesar de que Kosovo formalmente seguía pertencendo a Serbia, en virtude do cumprimento da resolución 1244, na práctica o Goberno serbio non interviña na administración da súa provincia.

A resolución de devandita guerra trouxo como consecuencia o éxodo de 200 000 kosovares de orixe serbia cara ao resto de Serbia, mentres que se reafirmou a maioría étnica albanesa. No momento da secesión, o 90% da poboación pertencía a devandita etnia, mentres que a comunidade de orixe serbia representaba o 10%, localizada principalmente en enclaves no norte da rexión.

Antes de chegar á solución da independencia unilateral, sucedéronse varios feitos e acontecementos ao redor do futuro status que debería ter Kosovo. O expresidente de Finlandia e premio Nobel Martti Ahtisaari, enviado especial da ONU a Kosovo, elaborou un infome no que propoñía como solución ao status da antiga provincia serbia a adopción dunha independencia tutelada pola comunidade internacional, a cooficialidade dos idiomas serbio e albanés, a laicidade do novo estado, a adopción de medidas para garantir a seguridade da minoría serbia de Kosovo, a adopción de símbolos nacionais (bandeira, himno etc.), a presenza militar de forzas internacionais lideradas pola OTAN, exército profesional, multiétnico e democrático composto de 2 500 membros activos e 800 reservistas, o dereito dos refuxiados e desprazados a retornaren a Kosovo e á restitución das súas propiedades, un sistema xudicial integrado e independente do serbio e a posibilidade de que Kosovo puidese ingresar en organismos internacionais como a ONU[189]. Este plan foi rexeitado polas autoridades serbias por consideraren que abría a porta a que Kosovo se independizase de Serbia[190]

O 17 de febreiro de 2008 o Parlamento kosovar, nun acto unilateral, declaraba a escisión da entón provincia de Serbia, dando lugar á creación dun novo Estado independente baixo a supervisión dos Estados Unidos e a Unión Europea.[191][192]

A diferenza da primeira declaración de independencia de Kosovo acontecida o 7 de setembro de 1990, só recoñecida polas autoridades albanesas, a última declaración xa foi recoñecida por máis de 47 países a data do 7 de agosto do 2008, entre os que se achan Costa Rica, Afganistán, os Estados Unidos, o Reino Unido, Francia, Alemaña, Turquía, Bélxica, Perú, Polonia, Suíza, Austria e Dinamarca, sen contar os demais países nos que o recoñecemento está pendente.

Porén, existen 18 países, incluíndo Arxentina, Bolivia, Casaquistán, Chipre, España, Kirguizistán, Romanía, Rusia, Serbia, Sri Lanka, Taxiquistán, Vietnam e Venezuela que rexeitaron explicitamente o recoñecemento da república. Serbia declarou que retiraría todos os seus embaixadores dos países que recoñeceron a independencia de Kosovo.

As tensións no norte kosovar son continuas desde xullo de 2011, cando os serbokosovares cortaron as estradas de acceso aos postos fronteirizos de Jarinje e Brnjak en protesta pola decisión de Pristina de enviar policías de fronteiras e funcionarios de alfándegas a estes pasos con Serbia. A KFOR, encargada do mantemento da orde en Kosovo, despregouse nos dous pasos fronteirizos, que declarou como "zonas militares", e intentou en varias ocasións levantar as barricadas.

En novembro, varios soldados da forza da OTAN (KFOR) resultaron feridos durante un enfrontamento con manifestantes serbios no norte de Kosovo. En Pristina, fontes da KFOR confirmaron os enfrontamentos e un número indeterminado de feridos. Nun comunicado, o continxente aliado informou de que "a última hora da tarde, os manifestantes usaron armas de fogo e cócteles Molotov contra as tropas da KFOR. Unha vez máis, varios soldados resultaron feridos".

O ministro serbio para Kosovo, Goran Bogdanović, exixiu o 27 de novembro de 2011 aos serbios do norte kosovar e á forza da KFOR que se absteñan do uso da forza. "Pido contención tanto á KFOR como aos serbokosovares, e que non intenten solucionar pola forza o problema. A KFOR é a que debe garantir a seguridade de todos os cidadáns", e que "son horas de que cese a violencia e que se dea a oportunidade ao diálogo para que se logre unha solución aceptábel para todos", indicou o ministro.[193]

  1. Organización das Nacións Unidas (10 de xuño de 1999). "Résolution 1244 (1999) adoptée par le Conseil de sécurité sur la situation en Kosovo" (en francés). Consultado o 5/12/2011. 
  2. BBC News. "Serbs form rival Kosovo assembly" (en inglés). Consultado o 5/12/2011. 
  3. El Mundo (17 de febreiro de 2008). "Kosovo declara su independencia" (en español). Consultado o 5/12/2011. 
  4. Polibio, Historias I.13.1
  5. Charlton T. Lewis, Charles Short, A Latin Dictionary en Perseus, Illyria (en inglés).
  6. Apolodoro, Biblioteca mitolóxica III.61
  7. Wilkes, J. J. (1992). The Illyrians. pp. 81 e 183. ISBN 0-631-19807-5. . Consultada o 5/12/2011.
  8. En realidade, e máis exactamente, os Γέται (Gétai), singular Γέτης (Gétēs), era o nome dado polos gregos a diversas tribos tracias ou dacias que ocupaban as rexións ao sur do baixo Danubio, na rexión do actual norte de Bulgaria, e ao norte do baixo Danubio, na Romanía. A rexión ocupaba o hínterland das colonias gregas da costa do mar Negro, o que propiciou aos xetas o contacto cos gregos desde tempos moi antigos.
  9. Segundo outras versións, foi capturado, e aínda outros afirman que escapou e finalmente foi apresado e morto.
  10. Heródoto, Historia 1.56, 8.43.
  11. Homero, Odisea Canto VII, 106.
  12. Dicionario Oxford Grego-Inglés LSJ
  13. Hammond, N.G.L. (1962). The Classical Review, New Ser. Vol 12 Nº3. pp. 270–271. 
  14. Borza, Eugene N. (1982). Atenienses, macedonios y el origen de la Casa Real Macedonia. Hesperia Supplements, Vol. 19, Estudios en epigrafía, historia y topografía de Ática. Presentado a Eugene Vanderpool. pp. 7–13. doi:10.2307/1353964.  (en castelán)
  15. Tucídides, Historia da Guerra do Peloponeso IV,83,1.
  16. Berranger, Danièle; Cabanes, Pierre e Berranger-Auserve, Danièle (2007): Épire, Illyrie, Macédoine: Mélanges Offerts au Professeur Pierre Cabanes. Clermont-Ferrand, France: Presses Universitaires Blaise Pascal. ISBN 2-84516-351-7.
  17. Lewis, David Malcolm e Boardman, John (1994): The Cambridge Ancient History, Volume 6: The Fourth Century BC. Cambridge, United Kingdom: Cambridge University Press. ISBN 0-521-23348-8.
  18. Encyclopædia Britannica. "Slav (people)".
  19. Barford, P. M. (2001): The Early Slavs: Culture and Society in Early Medieval Eastern Europe. London: British Museum Press. ISBN 978-0-7141-2804-7.
  20. Curta, F. (2001): The Making of the Slavs: History and Archaeology of the Lower Danube Region. Cambridge: Cambridge University Press. ISBN 0 521 80202 4.
  21. Vlasto, P. (1970): The Entry of the Slavs into Christendom, An Introduction to the Medieval History of the Slavs. Cambridge: Cambridge University Press. ISBN 978-0-521-10758-7.
  22. Fine, J. V. A. (1983): The Early Medieval Balkans. University of Michigan Press páxs. 35-41.
  23. Cyril Mango. Byzantium: The Empire of New Rome. Scribner's, 1980. Cap. 1 Arquivado 17 de xaneiro de 2013 en Wayback Machine. (en inglés) Consultado o 7/12/2001.
  24. Jozko Šavli, Karantanija, Editorial Humar, Nova Gorica, 2007.
  25. Dom Martin Bousquet, Recueil des historiens de Gaules et de la France, Paris, 1739. (en latín) Consultada o 7/12/2011.
  26. Mais la plupart des historiens de la France se sont obstinés à voir "Sens" dans l'expression de Fredegaire. S'il s'agissait de Sens, il y aurait civitas ou urbs et non pagus; il y aurait Senonia ou Senonum civitas et non Senonagus. Ce nom anciennement donné à Soignies aussi bien que 'Sonegiœ' et 'Sogniacum' dans le moyen âge, vient pourtant de Senones, parce que Soignies fut fondée à ce que l'on croit, au temps de Clovis, par des marchands de Sens, que le roi de Tournai y attira. Voyez Bruzen de la Martinière etc. in "Fastes Militaires": Pero a maioría dos historiadores de Francia empeñáronse en ver "Sens" na expresión de Fredegario. É dicir, se o fora, habería unha civitas ou urbs e non un pagus; habería unha Senonia ou Senoiam civitas e non un Senonagus. Este nome dado antigamente a Soignies así como 'Sonegiœ' e 'Sogniacum' na Idade Media, vén porén de Senones, porque Soignies foi fundada, polo que se cre, no tempo de Clovis, polos comerciantes de Sens, que o rei de Tournai aí atraera. Véxase Bruzen de la Martiniere etc. in "Fastes Militaires" V. infra.
  27. "Fastes militaires des Belges", T.1, Bruxelles, 1835. (en francés) Consultada o 7/12/2001.
  28. Théophile Lejeune, Historia civil e eclesiástica da cidade de Soignies in Société des Sciences, des Arts et des Lettres du Hainaut, Concours, 1868-1869. (en francés) Consultada o 7/12/20011.
  29. De acordo coa crónica de Fredegario, Anno 623, páx. 131: "O ano corenta do reinado de Clotario".
  30. Crónica de Fredegario, Anno: 630, páx. 161.
  31. Die "terra sclavorum" und das Königreich Samos. (en alemán) Consultada o 7/12/2011.
  32. Cirilo (827–869) e Metodio (815–885), tamén coñecidos como os apóstolos eslavos, foron dous irmáns oriúndos de Tesalónica, no Imperio bizantino, que levaron o cristianismo primeiro a Crimea e despois ao Imperio da Gran Moravia. Ambos os irmáns misioneiros están canonizados na Igrexa Ortodoxa (coa consideración de isoapóstolos) e, na Igrexa Católica, subiron aos altares en 1880. O papa Xoán Paulo II elevounos á categoría de patronos de Europa en 1980. A súa conmemoración é o 14 de febreiro nas igrexas católica, evanxélica e anglicana; a igrexa ortodoxa dedica o 14 de febreiro a Cirilo e o 11 de maio a ambos os irmáns.
  33. Sypeck, Jeff (2006): Becoming Charlemagne: Europe, Baghdad, and The Empires of A.D. 800. New York: Ecco/HarperCollins.
  34. Wilson, Derek (2005): Charlemagne: The Great Adventure. London: Hutchinson.
  35. Pavel Bělina, Petr Čornej & Jiří Pokorný (1995): Histoire des Pays tchèques. Paris: Seuil, páxs. 16-18.
  36. Nystazopoulou The "Macedonian Question". Middel Ages. Nystazopoulou-Pelekidou, Maria (1992): The "Macedonian Question". A Historical Review. Corfu: Ionian University (en inglés). Consultada o 16/12/2011.
  37. Dzino, Danijel (2010): Becoming Slav, Becoming Croat: Identity Transformations in Post-Roman and Early Medieval Dalmatia. Brill, páx. 183. ISBN 90-04-18646-8
  38. Riché, Pierre (1993): The Carolingians: a family who forged Europe. University of Pennsylvania Press, páxs. 158–159. ISBN 0-8122-1342-4
  39. Duckett, Eleanor (1988): Death and Life in the 10th Century. Ann Arbor Paperback [1].
  40. Brigitta Mader (1986): Die Alpenslawen in der Steiermark. Wien. Verlag der Österreichischen Akademie der Wissenschaften. ISBN 3-7001-0769-2
  41. Karl Jordan, Henry the Lion. A Biography, ISBN 0-19-821969-5
  42. Bohemia (en inglés) Consultada o1/2/2012.
  43. Teodorico o Grande conquista en 488 a península de Italia por orde do Emperador de Oriente Zenón I, sacándoo así das proximidades de Constantinopla onde as súas tropas xa mostraran a súa forza. Na península gobernaba Odoacro, quen antes destronara ao derradeiro emperador romano de Occidente, Rómulo Augústulo, en 476. En 497, Teodorico conquistou Rávena, onde Teodorico en persoa matou a Odoacro. O poderío dos ostrogodos estaba nese momento na súa cima en Italia, Sicilia, Dalmacia e nas terras ao norte de Italia.
  44. Edward Gibbon, John Bagnell Bury & Daniel J. Boorstin (1995): The Decline and Fall of the Roman Empire. New York: Modern Library. páxs. 330-335. ISBN 978-0-679-60148-7. [2] Consultada o 1/2/2012.
  45. Mužić (2007), páxs. 249–293
  46. Mužić (2007), páxs. 157–160
  47. Mužić (2007), páxs. 169–170
  48. Antun Ivandija (1968). "Pokrštenje Hrvata prema najnovijim znanstvenim rezultatima / Cristianización dos croatas segundo os estudos máis recentes". Bogoslovska smotra (en croata) (Universidad de Zagreb, Facultade de Teoloxía Católica) 37 (3–4): 440–444. ISSN 0352-3101. 
  49. Mužić (2007), páxs. 195–198
  50. Bury, J. B. (1923): History of the later Roman empire from the death of Theodosius I to the death of Justinian. Macmillan Publishers. páx. 408. [3]
  51. Ivan Mužić (2007): Hrvatska povijest devetoga stoljeća, (Povjesnice Hrvata 3). Split. ISBN 978-953-263-034-3
  52. Madgearu, Gordon & Alexandru, Martin (2008): The wars of the Balkan Peninsula: their medieval origins. Scarecrow Press. ISBN 0-8108-5846-0, páx. 57.
  53. Archdeacon, Thomas of Split (2006): History of the Bishops of Salona and Split – Historia Salonitanorum atque Spalatinorum pontificum. Budapest: Central European University Press. páxs. 60–61. (en latín e inglés) ISBN 963-7326-59-6
  54. CROATIA (en inglés) Consultada o 1/2/2012.
  55. Os Pacta Conventa (en latín, "acordos pactados") foron unhas capitulacións entre o rei Colomán de Hungría e a nobreza croata en 1102 (a data é discutida, varios autores sitúano en 1100). Con iso deu comezo a unión dinástica entre Hungría e Croacia. O cambio dinástico acontecido tras a derrota de Mohács de 1526, que deu o trono á dinastía Habsburgo e levou á unión posterior con Austria non cambiou a natureza xurídica do pacto. A historiografía húngara considéraos habitualmente unha falsificación, mentres que a croata os toma como auténticos. É de destacar a defensa da tese da falsificación polo croata Nada Klaić.
  56. Matjaž Klemenčič, Mitja Žagar (2004): The Former Yugoslavia's Diverse Peoples: A Reference Sourcebook. ABC-CLIO. páx. 16. ISBN 978-1-57607-294-3
  57. Malcolm, Noel (1994): Bosnia. A Short History. New York University Press. ISBN 0-8147-5520-8.
  58. Bosnia and Herzegovina -- Britannica Online Encyclopedia Bosnia and Herzegovina: Ancient and medieval periods
  59. Ćirković, Sima M. (2004): The Serbs. Blakwell Publishig, páx. 45. ISBN 0-631-20471-7 [4] (en inglés) Consultada o 1/2/2012.
  60. Velkonija, Mitja (2003): Religious Separation and Political Intolerance in Bosnia-Herzegovina. Texas A&M University Press. ISBN 1-58544-226-7 [5] Arquivado 25 de setembro de 2014 en Wayback Machine. (en inglés) Consultada o 1/2/2012.
  61. Steven Runciman, A history of the first Bulgarian empire, páx. 93, fonte primaria: De Administrando Imperio, páxs. 154—5.
  62. Fine, John Van Antwerp (1991): The Early Medieval Balkans: A Critical Survey from the Sixth to the Late Twelfth Century. Michigan: The University of Michigan Press. ISBN 0-472-08149-7
  63. Bury, J. B. (2008): History of the Eastern Empire from the Fall of Irene to the Accession of Basil: A.D. 802-867. Cosimo Classics. ISBN 1-60520-421-8
  64. Fine, John Van Antwerp (1983): The Early Medieval Balkans: A Critical Survey from the Sixth to the Late Twelfth Century. University of Michigan Press. ISBN 0-472-08149-7
  65. A última consecuencia disto —de momento— é que, a finais de 1992, a Comunidade Europea aínda seguía sen recoñecer a independencia de Macedonia porque Grecia vetaba este recoñecemento a causa da utilización polos macedonios deste nome histórico grego. Véxase sección O conflito de Macedonia e Grecia.
  66. Fine, John V. A. (1991): The early Medieval Balkans: A Critical Survey from the 6th to the Late 12th Century. Ann Arbor. The University of Michigan Press. ISBN 0-472-08149-7
  67. Fine, Jr., John V. A. (1991): "5. Bulgaria under Simeon, 893–927" in The Early Medieval Balkans: A Critical Survey from the Sixth to the Late Twelfth Century. Ann Arbor: University of Michigan Press. ISBN 978-0-472-08149-3.
  68. Geoffrey Parker, The Reader's Companion to Military History, Houghton Mifflin Books Arquivado 16 de xullo de 2011 en Wayback Machine. The Battle of Kosovo: Early Reports of Victory and Defeat, by Thomas A. Emmert (en inglés) Consultada o 16/12/201.
  69. Harris, Jonathan (2010): The End of Byzantium. New Haven and London: Yale University Press. ISBN 978 0 30011786 8
  70. Imber, Colin (2002): The Ottoman Empire. London: Palgrave/Macmillan. ISBN 0 333 613872
  71. Sugar, Peter F. (1983): Southeastern Europe Under Ottoman Rule, 1354–1804. University of Washington Press. ISBN 0-295-96033-7
  72. Halil Inalcik, An Economic and Social History of the Ottoman Empire, Vol. 1, Cambridge University Press, ISBN 0-521-57455-2
  73. Andrew Archibald Paton, Researches on the Danube and the Adriatic; or Contributions to the modern history of Hungary and Translvania, Dalmatia and Croatia, Servia and Bulgaria, páx. 226 (en inglés) Consultada o 16/12/2006.
  74. Nicoara Beldiceanu (1980): Le timar dans l'État ottoman (XIVe-XVe siècles) (en francés) Consultada o 16/112/2011.
  75. Halil Inalcik & Donald Quataert (1994): An economic and social history of the Ottoman empire: 1300-1914. Cambridge: Cambridge University Press.
  76. Brockett, L. P. Bogomils of Bulgaria and Bosnia. The Early Protestants of the East. (en inglés) Consultada o 16/12/2011.
  77. Geoadria, ano: 2001, Volume: 6, número: 1, Pages/record No.: 81-91, Hrvatsko geografsko društvo - Zadar, Odjel za geografiju, Sveučilište u Zadru, 2001.
  78. Empires and Peninsulas: Southeastern Europe Between Carlowitz and the Peace of Adrianople, 1699-1829, Plamen Mitev, Plamen Mitev, Ivan Parvev, Maria Baramova, Vania Racheva, LIT Verlag Münster, 2011, page 171.
  79. Van Antwerp Fine, John (2006): When ethnicity did not matter in the Balkans: a study of identity in pre-nationalist Croatia, Dalmatia, and Slavonia in the medieval and early-modern periods. University of Michigan Press. ISBN 0 4721 1414 X.
  80. Berger, Walter (1979): Baut dem Reich einen Wall. Das Buch vom Entstehen der Militärgrenze wider die Türken. Leopold Stocker Verlag. ISBN 3 7020 0342 8.
  81. Turnbull, Stephen (2003): The Ottoman Empire 1326–1699. New York: Osprey.
  82. Bideleux, Robert. & Jeffries, Ian (1998): A History of Eastern Europe: Crisis and Change, páx. 86. New York: Routledge. ISBN 0-415-16111-8
  83. Encyclopædia Britannica Treaty of Passarowitz (en inglés) Consultada o 16/12/2011.
  84. Schroedar, Paul W: The Transformation of European Politics 1763-1848, New York: Oxford University Press, páx. 35.
  85. Bundy, Frank J. (1988): The Administration of the Illyrian Provinces of the French Empire, 1809-1813. Taylor & Francis. ISBN 0-8240-8032-7
  86. Bundy, Frank J. Op. cit.
  87. Merchiers, Ingrid (2007): Cultural nationalism in the South Slav Habsburg lands in the early nineteenth century: the scholarly network of Jernej Kopitar (1780–1844). Munich: Sagner.
  88. Robert John Weston Evans (2006): Chapter "Nationality in East-Central Europe: Perception and Definition before 1848." Austria, Hungary, and the Habsburgs: Essays on Central Europe, c.1683-1867.
  89. Ramet, Sabrina P. (2006): The three Yugoslavias: state-building and legitimation, 1918-2005. Indiana University Press. ISBN 0-253-34656-8
  90. Seton-Watson, R. W. (1939-1940): "The Austro-Hungarian Ausgleich of 1867". The Slavonic and East European Review 19 (53/54): páxs. 129-140. The Austro-Hungarian Ausgleich of 1867 (en inglés) Consultada o 16/12/2011.
  91. Il Giornale. 30-12-2007. Paola Setti. "Il Veneto vuole la secessione. Dal Regno d’Italia" Arquivado 30-05-2020 en Wayback Machine. (en italiano) Consultada o 16/12/2011.
  92. Alexis Troude, Géopolitique de la Serbie, éditions Ellipses, páx. 32. ISBN 2-7298-2749-8.
  93. Plamen Mitev, Ivan Parvev, Maria Baramova, Vania Racheva (Eds.) (2011): Empires and Peninsulas: Southeastern Europe Between Carlowitz and the Peace Adrianople (1699-1829). Lit Verlag. ISBN 978-3-643-10611-7 (en inglés) Consultada o 7/1/2012.
  94. Dušan T. Bataković: Belgrade in the Nineteenth Century. An Historical Survey. Arquivado 23 de xullo de 2020 en Wayback Machine. (en inglés) Consultada o 8/1/2012.
  95. Alexis Troude, Géopolitique de la Serbie, éditions Ellipses, páx. 32. ISBN 2-7298-2749-8
  96. 96,0 96,1 A history of Servia, and the Servian revolution
  97. S. J. Shaw, The Ottoman Empire and the Serb Uprising, Cap. "The First Serb Uprising (1804-1813)". Ed. W. Vucinich, páx. 77.
  98. Twenty-Five Lectures on Modern Balkan History. Lecture 5: The Serbian Revolution and the Serbian State. (en inglés) Consultada o 1/2/2012.
  99. Jelavich, Barbara & Jelavich, Charles (1986): The establishment of the Balkan national states, 1804-1920. University of Washington Press. ISBN 978-0-295-96413-3, páxs. 216-219.
  100. Jelavich, Barbara & Jelavich, Charles (1986): The establishment of the Balkan national states, 1804-1920. University of Washington Press. ISBN 978-0-295-96413-3, páxs. 219-221.
  101. The Corfu Declaration (en inglés) Consultada o 16/12/2011.
  102. Karsh, Efraim (2001): Empires of the Sand: The Struggle for Mastery in the Middle East. Harvard University Press.
  103. Naimark, Norman M. (2003): Yugoslavia and its Historians: Understanding the Balkan Wars of the 1990s. Stanford: Stanford University Press.
  104. Davis, Robert T., ed (2010): U.S. Foreign Policy and National Security: Chronology and Index for the 20th Century. 1. Santa Barbara, California: Praeger Security International. ISBN 978-0-313-38385-4.
  105. Malbone W. Graham (October 1944): "The Legal Status of the Bukovina and Bessarabia". The American Journal of International Law (American Society of International Law) 38 (4): 667–673.
  106. En plural ustaše; ás veces escrito ustasha, plural ustashe.
  107. Roberts, Walter R. (1973): Tito, Mihailovic, and the Allies, 1941-1945. Rutgers University Press. ISBN 978-0-8135-0740-8.
  108. Artola, Ricardo (1995): La II Guerra Mundial. De Varsovia a Berlín. Madrid: Alianza.
  109. Cartier, Raymond (1968): La Segunda Guerra Mundial. Barcelona: Planeta.
  110. Gamble, A.et al. (1999): Marxism and Social Science. London: Macmillan. ISBN 0-333-65596-6.
  111. De re Militari: Muertos en Guerras, Dictaduras y Genocidios (en castelán) Consulatada o 14/12/2011.
  112. Michel Collon: Médicos del Mundo reconoce que su campaña para sensibilizar sobre la limpieza étnica en Yugoslavia estuvo manipulada (en castelán) Consultada o 14/12/2011.
  113. E, remontándose un algo máis nesta prehistoria podería botárselle a culpa ao emperador Xustiniano, cando dividiu o Imperio romano.
  114. O seguinte censo rectificaría este surrealista asunto.
  115. [6] Arquivado 27 de febreiro de 2014 en Wayback Machine. ONU. Consejo de Seguridad (en castelán).
  116. Documentos históricos del Consejo de Seguridad. Biblioteca Dag Hammarskjöld de las Naciones Unidas Arquivado 14 de marzo de 2012 en Wayback Machine. (en castelán)
  117. [7] Arquivado 14 de marzo de 2012 en Wayback Machine. Agirre Aramburu, Xabier (1977): Yugoslavia y los ejércitos: la legitimidsad militar en tiempos de genocidio. Madrid: Los Libros de la Catarata. ISBN 84-8198-195-8.
  118. [http://www.un.org/es/members/ UN Estados Miembros de las Naciones Unidas. Resolución A/RES/46/237 da Asemblea Xeral, de 22 de maio de 1992. (en castelán)
  119. ONU. Consejo de Seguridad (en castelán)
  120. [http://www.osce.org/es/mc/39535 (en castelán)
  121. González, F., "Discurso en la CSCE". Helsinqui, 9/xullo/1992, páxs. 9-10.
  122. [http://www.unhchr.ch/tbs/doc.nsf/(Symbol)/CERD.C.247.Add.1.Sp?Opendocument ONU. Documentos presentados de conformidad con una decision del Comité: Bosnia and Herzegovina. 11/04/1995.(en castelán)
  123. [https://web.archive.org/web/20140227164117/http://daccess-dds-ny.un.org/doc/UNDOC/GEN/N92/379/69/IMG/N9237969.pdf?OpenElement Arquivado 27 de febreiro de 2014 en Wayback Machine. ONU. Consello de Seguridade. (en castelán)
  124. [https://web.archive.org/web/20140227182415/http://daccess-dds-ny.un.org/doc/UNDOC/GEN/N92/379/75/IMG/N9237975.pdf?OpenElement Arquivado 27 de febreiro de 2014 en Wayback Machine. ONU. Consello de Seguridade. (en castelán)
  125. CIDOB. "Eslovenia. Milan Kucan". Arquivado dende o orixinal o 04/02/2015. Consultado o 12/12/2011.  (en castelán)
  126. ACNUR. "La guerra en Croacia y en Bosnia y Herzegovina" (PDF). Consultado o 12/12/2011..  (en castelán)
  127. Euronews. "Investigación sobre la operación “Tormenta” tras la emisión de varios vídeos". Arquivado dende o orixinal o 22/09/2011. Consultado o 1/12/2011.  (en castelán)
  128. "Operación Forza Aliada" (en inglés) Consultada o 10/12/20011.
  129. Saiba o papel do ELK na crise Folha de São Paulo, 17 de xuño de 1999. (en portugués) Consultada o 10/12/20011.
  130. Resolución sobre a situación en Kosovo Arquivado 09 de xaneiro de 2009 en Wayback Machine. Parlamento Europeo, 11de febreiro de 1999.
  131. Princípio de acordo é firmado Folha de São Paulo, 8 de febreiro de 1999. Consultada o 10/12/2011. (en portugués)
  132. Rebeldes de Kosovo insistem em independência e dificultam acordo Folha de São Paulo, 22 de febreiro de 1999. (en portugués) Consultada o 10/12/2011.
  133. Samary,Catherine: "Da Federação aos protectorados europeus" Le Monde Diplomatique, xaneiro de 2006. (en portugués) Consultada o 10/12/2012.
  134. El Mundo. "Yeltsin amenaza con la Tercera Guerra Mundial si la OTAN invade Yugoslavia" (en español). Consultado o 21 de decembro de 2009. 
  135. Otan ataca a Iugoslávia com mísseis; país promete resistir Folha de São Paulo, 25 de marzo de 1999. (en portugués) Consultada o 10/12/2011.
  136. Otan cumpre ameaça e ataca a Iugoslávia Arquivado 14 de marzo de 2012 en Wayback Machine. - JC Online, 25 de marzo de 1999. (en portugués) Consultada o 10/12/2011.
  137. Otan ataca a Iugoslávia - Deutsche Welle, 1999 (en portugués) Consultada o 10/12/2011.
  138. Iugoslavia recúa e acepta acordo de paz para Kosovo Folha de São Paulo, 4 de xuño de 1999. (en portugués) Consultada o 10/12/2011.
  139. Otan prepara suspensão de bombardeios Folha de São Paulo, 10 de xuño de 1999. (en portugués) Consultada o 10/12/2011.
  140. Acordo militar visa impedir "vácuo de poder" Folha de São Paulo, 10 de xuño de 1999 (en portugués) Consultada o 10/12/2011.
  141. Saiba mais sobre os refugiados[Ligazón morta] Folha de São Paulo, 16 de xuño de 1999. (en portugués) Consultada o 10/12/2011.
  142. Vingança e humilhação ameaçam paz Folha de São Paulo, 16 de xuño de 1999. (en portugués) Consultada o 10/12/2011.
  143. Principais momentos históricos da Iugoslávia Arquivado 23 de febreiro de 2009 en Wayback Machine. - BBC Brasil, 30 de agosto de 2001. (en portugués) Consultada o 10/12/2011.
  144. 144,0 144,1 Macedonia, 2001 Arquivado 08 de febreiro de 2012 en Wayback Machine. (en inglés) Consultada o 112/12/2011.
  145. Macedonia, 2001 Arquivado 08 de febreiro de 2012 en Wayback Machine. (en inglés) Consultada o 12/12/2011.
  146. CNN.com Riot targets ethnic Albanians Arquivado 25 de marzo de 2010 en Wayback Machine., May 1, 2001. (en inglés) Consultada o 12/12/2011.
  147. "Macedonia police killed in ambush" BBC News, November 12, 2001 (en inglés) Consultada o 12/12/2011.
  148. Morton, Jeffrey S. (2004). Reflections on the Balkan Wars. Palgrave Macmillan. páx. 57. (en inglés) Consultada o 12/12/2011.
  149. Morton, Jeffrey S. (2004). Reflections on the Balkan Wars. Palgrave Macmillan. páx. 18-21. (en inglés) Consultada o 12/12/2011.
  150. Presevo valley tension BBC News (en inglés) Consultada o 12/12/2011.
  151. El Mundo. "Yeltsin amenaza con la Tercera Guerra Mundial si la OTAN invade Yugoslavia" (en español). Consultado o 14 de dicembro de 2009. 
  152. ONU. Resolución 1244 (en castelán) Consultada o 14/12/2011.
  153. Carp, Mihai (2002): "Alejarse del abismo". Revista de la OTAN Arquivado 10 de maio de 2009 en Wayback Machine. (en castelán) Consultado o 14/12/2011.
  154. La Nación (Argentina) Arquivado 26 de febreiro de 2014 en Wayback Machine. (en castelán) Consultado o 14/12/2011.
  155. A Unión crece até os 500 millóns de europeos Galicia Hoxe, 02/01/2007. Consultada o 14/12/2011.
  156. A UE aproba a entrada de Romanía e Bulgaria en xaneiro do 2007 Vieiros.com, 27/09/2006. Consultada o 14/12/2011.
  157. sitio oficial da Comisión Europea Arquivado 10 de maio de 2006 en Wayback Machine. Consultada o 14/12/2011.
  158. Smyth, Jamie (05-08-2008). "Karadzic's arrest hailed as victory for EU enlargement policy". Irish Times. Arquivado dende o orixinal o 07-03-2012. Consultado o 14/12/2011. 
  159. "Bruselas prevé que Croacia sea miembro de la EU antes de 2013". ABC de España. Arquivado dende o orixinal o 30/05/2013. Consultado o 14/12/2011.. 
  160. Diario El Mundo (en castelán) Consultada o 15/12/2011.
  161. Diario El Mundo (en castelán) Consultada o 15/12/2011.
  162. "Croacia entrará a la UE el 1 de julio de 2013". Arquivado dende o orixinal o 02 de xullo de 2013. Consultado o 15 de decembro de 2011. 
  163. Diario El Mundo (en castelán) Consultada o 10/12/2011.
  164. Diario El Mundo, 9/12/2011. (en castelán)
  165. univision Croacia respalda adhesión a UE con 66 % de votos en referéndum (oficial) Arquivado 25 de febreiro de 2014 en Wayback Machine. (en castelán) Consultada o 23/1/2012.
  166. Cosejo de Europa. Bienvenida a Croacia. Arquivado 02 de marzo de 2012 en Wayback Machine. (en castelán) Consultada o 15/12/2011.
  167. "Germany prepares to take over EU presidency". SETimes.com. 2006-12-19. Consultado o 15/12/2001.  (en inglés)
  168. Bosnia and Herzegovina initials pre-membership agreement with EU, Chiawiew, [2007-12-05 (en inglés) Consultada o 15/12/2011.
  169. Bosnia signs EU pre-accession deal, EUobserver, 2008-06-17 (en inglés) Consultada o 15/12/2011.
  170. Diario El Mundo, 16/10/2011. (en castelán) Consultado o 8/12/2011.
  171. Serbia solicita la adhesión a la UE Diario El País. (en castelán) Consultada o 16/12/2011.
  172. Diario El Mundo 2/12/2011.
  173. Diario El Mundo, 9/12/2011. (en castelán) Consultada o 16/12/2011.
  174. "Macedonian Airport Lifts Name Dispute to New Heights". Balkan Investigative Report Network (en inglés). 18/1/2007. Consultado o 16/12/2011. 
  175. Danforth, Loring M. (1997): The Macedonian Conflict. páx. 28.
  176. Hamilakis, Yannis (2007): The Nation and Its Ruins: Antiquity, Archaeology, and National Imagination in Greece. Oxford University Press, páx. 131.
  177. Cowen, Regina (1993): Central and Eastern Europe: The Challenge of Transition. Oxford University Press, páx.191.
  178. Veremis, Thanos (2004): Greece: The Modern Sequel: from 1831 to the Present. C. Hurst & Co. Publishers, páx. 316.
  179. Couloumbis, Theodore C. & al (2003): Greece in the Twentieth Century. Routledge, páxs. 146-147.
  180. Shea, John (1997): Macedonia and Greece: The Struggle to Define a New Balkan Nation. McFarland & Company. páxs. 185-186.
  181. "European Council in Lisbon 26/27 June 1992 (pdf)" (PDF) (en inglés). Consultado o 16/12/2011. 
  182. Jeffries, Ian (2003): The Former Yugoslavia at the Turn of the Twenty-first Century. Routledge, páx. 54
  183. Pachón, Mabel (2006): Diccionario Enciclopédico Mega Siglo XXI. Editorial Norma, páx. 552
  184. United Nations. Department of Public Information. Former Yugoslavia - UNPROFOR 31/8/1996 (en inglés) Consultada o 16/12/2011.
  185. Grecia y Macedonia firman un primer acuerdo diplomático vinculante y normalizan relaciones Diario El Mundo, 14/9/1991. (en castelán) Consultada o 16/12/2011.
  186. Osmańczyk, Edmund Jan (2002): Encyclopedia of the United Nations and International Agreements, páx. 1355.
  187. Frowein, Jochen A. (1998): Max Planck Yearbook of United Nations Law 1997. Martinus Nijhoff Publishers, páx. 239-240
  188. http://www.elmundo.es/elmundo/2010/10/20/union_europea/1287574519.html Van Rompuy pide una solución al litigio sobre el nombre de Macedonia] Diario El Mundo (España), 20/10/2010. (en castelán) Consultada o 16/12/2011.
  189. Bandeira, himno e representación en organismos internacionais Arquivado 12/03/2016, en Wayback Machine. La Voz de Galicia, 2/2/2017. (en castelán) Consultada o 16/12/2011.
  190. Serbia rexeita o plan da ONU para Kosovo por prever a súa independencia Arquivado 12/03/2016, en Wayback Machine. La Voz de Galicia, 2/2/2017. (en castelán) Consultada o 16/12/2011.
  191. World court backs Kosovo breakaway Arquivado 06 de marzo de 2016 en Wayback Machine. Morning Star on line. (en inglés) Consultada o 16/12/2011.
  192. Sejdiu says Kosovo could apply for UN membership next year SETimes.com (en inglés) Consultada o 16/12/2011.
  193. Al menos ocho soldados de la OTAN heridos en choques con serbios Diario El Mundo (España), 28/11/2011. (en castelán) Consultada o 16/12/2011.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Allcock, John B. (2000): Explaining Yugoslavia. Nova York: Columbia University Press. ISBN 1-85065-535-9.
  • Boardman, John (1982): The Prehistory of the Balkans and the Middle East and the Aegean World, Tenth to Eighth Centuries B.C.. Cambridge, United Kingdom: Cambridge University Press. ISBN 0-521-22496-9.
  • Cigar, Norman L. (1995): Genocide in Bosnia: The Policy of "Ethnic-Cleansing". College Station: Texas A&M University Press. ISBN 978-0-89096-638-9.
  • Cohen, Lenard J. (1993): Broken Bonds: The Disintegration of Yugoslavia. Boulder, CO: Westview Press.
  • Dragnich, Alex N. (1992): Serbs and Croats. The Struggle in Yugoslavia. Nova York: Harcourt Brace Jovanovich.
  • Hoare, Marko A. (2007): A History of Bosnia: From the Middle Ages to the Present Day. Londres: Saqi. ISBN 978-0-86356-953-1.
  • Jelavich, Barbara (1983): History of the Balkans: Eighteenth and Nineteenth Centuries, Volume 1. New York: American Council of Learned Societies. ISNB 978-0-5212-7458-6.
  • Jelavich, Barbara (1983): History of the Balkans: Twentieth Century, Volume 2. New York: American Council of Learned Societies. ISBN 978-0-5212-7459-1.
  • Kinder, Hermann & Hilgemann (1972): Atlas histórico mundial*. De los orígenes a la Revolución Francesa. Madrid: Ediciones Itsmo. (Akal, ed. de maio de 2006. ISNB 978-84-4602-458-3).
  • Kinder, Hermann & Hilgemann (1972): Atlas histórico mundial**. De la Revolución Francesa a nuestros días. Madrid: Ediciones Itsmo. (Akal, ed. de maio de 2006. ISBN 978-84-460-2459-0).
  • Lewis, David Malcolm e Boardman, John (1994): The Cambridge Ancient History, Volume 6: The Fourth Century BC. Cambridge, United Kingdom: Cambridge University Press. ISBN 0-521-23348-8.
  • Papazoglu, Fanula (1978): The Central Balkan Tribes in Pre-Roman Times: Triballi, Autariatae, Dardanians, Scordisci and Moesians. Amsterdam: Adolf M. Hakkert. ISBN 90-256-0793-4.
  • Ramet, Sabrina (2006): The Three Yugoslavias: State-building and Legitimation, 1918–2003. Bloomington, In: Indiana University Press. ISBN 0-253-34656-8.
  • Wilkes, John J. (1995): The Illyrians. Oxford, United Kingdom: Blackwell Publishers Limited. ISBN 0-631-19807-5.

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar