Manuel García Gil
Manuel García Gil, nado en San Salvador de Camba (Rodeiro) o 4 de maio de 1802 e finado en Zaragoza o 28 de abril de 1881, foi un monxe e prelado galego do século XIX, que actuou activamente no Concilio Vaticano I en 1869 - 1870.
Manuel García Gil | |
---|---|
Cardeal da Igrexa católica | |
Biografía | |
Nacemento | 4 de maio de 1802 en San Salvador de Camba, Rodeiro |
Pasamento | 28 de abril de 1881 en Zaragoza |
Ordes | |
Ordenación sacerdotal | 10 de marzo de 1827 |
Consagración episcopal | 23 de abril de 1854, por Miguel García Cuesta |
Creado cardeal | 12 de marzo de 1877, por Pío IX |
Orde relixiosa | Orde de Predicadores (dende o 1826) |
Arcebispo de Zaragoza | |
1858 - 1881 | |
Predecesor | Manuel María Gómez de las Rivas |
Sucesor | Francisco de Paula Benavides |
Traxectoria editar
Fixo estudos eclesiásticos no Seminario Conciliar de Lugo, ordenouse como diácono e rexentou algunha parroquias entre elas Montecubeiro. Pero en 1826 ingresou na Orde de San Domingos. En 1853 foi electo bispo de Badaxoz, pasando desde o 23 de decembro de 1858 a presidir o arcebispado de Zaragoza, ministerio que exerceu até a súa morte en 1881.
Entre 1869 e 1870, García Gil estivo presente nas sesións do Concilio Vaticano Primeiro, en Roma, convocado polo papa Pío IX. Alí foi encargado de redactar a bula que decretaba o dogma da infalibilidade papal.
No consistorio do 12 de marzo de 1877, García Gil foi creado cardeal polo papa Pío IX.
Véxase tamén editar
Bibliografía editar
- Vázquez Crespo, Armando; González Alén, Daniel (1989). A Comarca do Deza. Pontevedra: Deputación Provincial. ISBN 84-89690-21-9.