Fafián, Rodeiro
parroquia civil do concello de Rodeiro
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Fafián.
Santiago de Fafián é unha parroquia que se localiza no concello de Rodeiro. Segundo o IGE en 2013 tiña 77 habitantes (39 homes e 38 mulleres), distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 132 habitantes.
Fafián | |
---|---|
Igrexa de Santiago de Fafián. | |
Concello | Rodeiro[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°39′17″N 7°54′58″O / 42.6547012, -7.9161536 |
Poboación | 77 hab. (2013) |
Entidades de poboación | 6[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Patrimonio
editarEntre os monumentos da parroquia salienta o Pazo de Trasulfe, edificado no século XVII polo conde de Montaos. A igrexa parroquial coñécese como Igrexa de Santiago e é de orixe románica pero no século XIX derrubouse a cabeceira para construír a casa reitoral, e tan só conserva uns poucos elementos románicos.
O sitio arqueolóxico coñecido como Porta de Arcos, que foi escavado en 1972 polo Museo de Pontevedra, descubrindo restos dunha vila romana.
Lugares e parroquias
editarLugares de Fafián
editarLugares da parroquia de Fafián no concello de Rodeiro (Pontevedra) | |
---|---|